Mulleres
Maos tratos ás mulleres.
Actualidade
Un programa de futuro para o sector lácteo galego.
Ferrolterra: unha comarca en emerxéncia.
Breves
Actividades do BNG en política exterior.
En defensa dos direitos fundamentais.
O BNG dispon-se a celebrar a sua VIII AsembIea Nacional, convocada oficialmente
polo Consello na sua reunión do 24 de Xaneiro. Non debe ser un mero
trámite para dar cumprimento a un mandato estatutário, limitando-se
á renovación dos cargos representativos que emanan da sua
competéncia. Tampouco seria oportuno a reiteración ou posta
en debate dos princípios políticos e organizativos xa definidos,
e que reportaron éxitos indiscutíbeis no ascenso do nacionalismo.
A via seguida amosa un traxecto expedito e de trazado seguro, no que o
ritmo da marcha non debe entorpecer-se con freadas inexpertas. Desde a
última cita congresual, celebrada en Ferrol a finais do 95, o BNG
foi atinxindo as metas que se tiña proposto como obxectivos c imediatos,
na perspectiva da lograr a hexemonia social e institucional dentro
do país. Conseguiu introducir nacionalista nas Cortes do Estado.
Ainda sen vermos cumprida a aspiracion pór fin á maioria
conservadora no Governo da Galiza, as pasadas eleicións autonómicas
significaron unha modificación substantiva do panorama político
galego, situandonos como alternativa séria de recámbio de
cara ao prñoximo futuro. Tan evidentes foron os avances, capaces
inclusive de provocar a alarma dos que restrinxen o xogo democrático
aos moldes dunha alternáncia que non uItra pase o modelo do Estado
tradicional, xacobino, unitário, arrulado en todo caso por un rexionalismo
sen maiores estridéncias que o son da pandeireta. Asi se explica
a boa acollida que en certos sectores teñen os desfiles de gaiteiros,
actualización pouco inspirada dos "Coros e Danzas" da época
franquista.
O descanso é lexítimo, e mesmo necesário, se o
repouso serve para correxir erros e facer acópio de enerxias. Este
é o reto da próxima AsembIea Nacional: equipar a nave para
a nova travesia. Diante están as eleicións europeas e municipais,
sen contar cunha previsíbel convocatória para a renovación
das Cortes Xerais. Tres citas que o nacionalismo ten que aproveitar para
avanzar no proxecto de impor a sua hexemonia. lncrementando a cuota
de representación, acedendo ao govemo de vilas e cidades importantes;
dando-lle á nosa presenza nas institucións do Estado un peso
que o faga evoluir nunha dirección que teña en conta o carácter
plurinacional do mesmo; conseguindo que Europa saiba que en Galiza, ademais
de emigrantes e de gaitas, existe tamén unha nación.
Unha nación que non albisca outra maneira de insertar-se na comunidade internacional que non sexa através do recoñecimento efeitivo dos direitos inerentes á sua identidade. Apartir de aqui, deste recoñecimento, deste exercício de direitos, o nacionalismo está en condicións e ten a vontade de contribuir ao concerto harmónico dos povos, asumindo as responsabilidades exixidas pola convivéncia mútua, pero nunca aceitando renúncias impostas para manter situacións de priviléxio. Neste sentido convén, en base aos princípios irrenunciábeis e xa definidos de autodeterminación, soberania nacional, auto-governo, proxectar o noso modelo no contexto internacional, con capacidade para vertebrar unha sociedade máis xusta, sen explotacións, na que ás relacións de império substitua a coIaboración solidária.
E debemos facé-lo perfilando as formas de inserción no contexto próximo, quer por viciñanza xeográfica ou afinidade cultural, quer por imperativo económico e histórico. Portugal, Estado Español, Unión Europea, comunidade internacional. O modelo vixente, caduco por despótico e inxusto, só pode salvar-se do naufráxio botando man do elemento represor. Camiño trabucado, pois poden as armas conseguir o extermínio, pero a paz está na reflexión.
Debemos desbotar das nosas análises a pretensión de facé-las
tratados exaustivos de teoria política ou converté-las en
decálogo de alternativas programáticas. Para iso, o Consello
Nacional simplificou o ámbito dos textos a debate, procurando centrar
a discusión naqueles aspectos que teñen maiores posibilidades
de fortalecermos e dotarnos de coeréncia interna. Seguro que esta
é a opinión compartida polo conxunto da militáncia,temos
a certeza de que a Asemblea Nacional que nos dispomos a celebrar vai-nos
abrir a porta de saída para asegurar-nos o éxito dos obxectivos
a cobrir a curto prazo: avanzar un treito importante cara á hexemonia
institucional do nacionalismo. Deter-se en miudezas, dar-lle ao anecdótico
carácter de esencial é facer do camiño lugar de acampada,
comportamento impróprio dunha organización que nunca practicou
a trasumáncia .
Mulleres
A violéncia específica dos varóns sobre as mulleres está testemuñada de vello.O poder que na nosa cultura as distintas comunidades foron outorgando aos varóns e a subordinación na que se ten mantido ás mulleres chega ate os nosos dias pesie a que tantas cousas teñan cambiado.
Nos últimos meses, por fin!, a opinión pública dos distintos povos do Estado Español conmoveu-se, e espantou-se, polo número de mulleres mortas a mans de maridos ou compañeiros sentimentais.
Os meios de comunicación, os poderes públicos, mulleres con cargos institucionais, expresaron a sua indignación, contribuindo (outra vez por fin!) a proxectar luz sobre un gravísimo problema que remanecia no siléncio da privacidade da família, do matrimónio, das relacións entre varóns e mulleres.
Afortunadamente agora parece que a maioria social está sensibilizada. Os governantes prometen e oferecen medidas e reformas, mesmo do Código Penal, para paliar a violéncia doméstica que padecenas mulleres (1). Unha violéncia que se inxire e explica á luz da máis xeral violéncia que padecen as mulleres porque son mulleres.
Unhas explicacións atribuen tal violéncia ao proceso de liberación da muller; outras din que abondan máis no seo de familias tradicionais e onde as mulleres son en exclusiva amas de casa. Outras máis afirman que se dá ali onde alcolismo, miseria e un nível educativo cativo, etc.
A realidade demostra teimudamente que os maos tratos ás mulleres se dan en todas as capas sociais e non hai un retrato robot nen da muller vítima nen do home maltratador.
A maioria dos maltratadores (segun alguns estudos o 90%) son cidadáns considerados normais noutras facetas das suas relacións personais.
É certo que vivimos en sociedades violentas (fortes desigualdades
sociais, o capitalismo neoliberal campando ás suas anchas, o exceso
de ruído, as presas, a competitividade desmesurada, o tránsito
viário que colapsa zonas urbanas, o paro, o convite a un consumo
desordenado, a carencia dunha educación pacífica que nos
ensine a resolver os conflitos con serenidade e ánimo tranquilo...)
que contribuen a que as tensións sociais, laborais, políticas,
emocionais...se expresen dun xeito agresivo e violento.
Isto é moi certo, mais a violéncia específica
que padecen as mulleres, ainda que se inxire neste contexto, ten unhas
raíces diferentes, e as causas que a fornecen hai que buscá-las
en factores ideolóxicos e sociais: Na idea que maioritariamente
se ten das mulleres. Do seu papel, da sua función, da sua valia.
A nosa sociedade "segue repartindo" os traballos (talleres, empresas, mar, casa, responsabilldades económica, administración...) desigualmente segun sexas varón ou muller, outorgando aos varóns espazos, categorias e salários que confiren poder e ás mulleres espazos, contratos, salários e funcións que as atan á subordinación e á dependencia.
Este xeito de estar organizada patriarcalmente a sociedade reproduce-se desde os primeiros anos das nosas vidas na família e na escola, transmitindo-nos, máis ou menos imperceptibelmente, unha fondísima desigualdade entre os sexos atraves deses mecanismos que con tanta forza perpetuan esa tradición (mitos, imaxes visuais, linguaxe verbal e corporal, costumes, moral social).
Se queremos bater e combater a violéncia que padecemos as mulleres, precisamos encarar a realidade sen lentes que non torzan nen escurezan ese flaxelo do varón, tan abondoso por outro lado, que teima en deixar claro quen manda, en ratificar unha vez e outra quen exerce o domínio e quen é o ser subordinado.
Bater na violéncia machista significa poñer a proa a todos os factores que confiren poder aos varóns (o poder económico, un conxunto de ideas e valores que se transmiten na família, na escola e através dos meios de comunicación e da literatura, a forza así como o respaldo que ser varón obtén na vida social), e confire-lle poder sobre as mulleres e ordenan a vida social sobre a base da desigualdade entre ambos sexos.
Non é cousa de insistir en máis cárcere, máis penas, máis castigo e máis severidade na aplicación da lei, como se escoita a eito. A letra, con sangue non entra, por mais que se precisen castigos para reparar e correxer o dano feito. É cousa de cambiar a sociedade e cambiar aos seres que a habitamos, a facemos e conformamos, refugando vellas e pesimes tradicións herdadas, e ir poñer as bases dunhas relacións entre os sexos baseadas na igualdade...nesa igualdade que se asenta na idea de que unhas e outros somos seres diferentes pero asistidos pola mesma consideración e apoio social e político tocante a direitos, oportunidades e valia.
(1) Paga a pena 1embrar que o número de mulleres mortas en
1997 a mans dos compañeiros ou excompa ñeiros sentimentais
ten sido máis pequeño que en anos anteriores e se ben é
certo que as denúncias por maos tratos no seo do fogar teñen
medrado non é porque haxa máis homes maltratadores
nen máis cantidade de maos tratos (cousa por outro lado ben
dificil de medir cos dados que posuimos), se non porque as mulleres teñen
máis conciéncia dos seus direitos e están menos dispostas
a áturar esta violéncia. Por outra parte se conseguimos que
se denuncien todos os delitos de maos tratos que se cometen tal vez a sociedade
se escandalizaria. Estudosos destes delito estiman, nos casos máis
optimistas, que se denuncian aproximada mente un 1O% dos que acontecen.
Ademais, as mulIeres cando se deciden a denunciar levan anos -de sete para
arriba -padecendo-os.
Parlamento Galego
Os orzamentos da Administración Autonómica para 1998 foron apresentados coincidindo cunha dupla circunstáncia. Dunha banda, a exibici6n de prepoténcia represiva protagonizada polas autoridades do PP para "celebrar" o seu triunfo eleitoral do 19-OU do ano pasado. E pola outra a singular campaña publicitária de Manuel Fraga demandando un acordo con sindicatos e patronal para combater o desemprego.
Pedir un pacto polo emprego despois de ter xestionado, durante os últimos oito anos, os recursos públicos postos á disposición da Xunta constitui, polo menos, un ímplícito recoñecimento do fracaso no governo dunha cuestión de semellante transcendéncia social. Se, ademais, este grande acordo nacional é solicitado mentres se practica, simultaneamente, a máxima intoleráncia -represión polícial incluída- coas organizacións labregas que reclaman a paralización da supertaxa, o cinismo de Fraga acada níveis antolóxicos: como se pode falar da vontade de criar emprego, cando se aceita a lóxica dunha política agrária comunitária que afoga a capacidade xeradora de postos de traballo que posui o sector lácteo no noso País?
En todo caso, os orzamentos son a proba do algodón das intencións proclamadas polo gabinete Fraga. E analisadas o volume e as características dos mesmos, a conclusión resulta indiscutíbel: estamos ante uns orzamentos substancialmente continuistas dos anteriores. Semella que o responsábel máximo do governo ordenou aplicar a vella máxima de "mudar algo para que todo siga igual": cambia-se o nome dalgunhas partidas pero non se alteran as opcións fundamentais do gasto público.
A cosmética actúa para sintonizar coas necesidades do momento. Despois do sucedido no cúmio de Luxemburgo, o governo Aznar quere compensar a penosa imaxe proporcionada coa sua negativa aos modestos acordos acadados no devandito cumio e mobilizou todos os seus recursos propagandísticos. Fraga decideu aportar o único que ten: palabras, palabras e palabras. O nominalismo consiste, por exemplo, en substituir a denominación "Mellora da competitividade en grupos de interese galego" (utilizada para designar diversos programas de gasto no ano 1997) pola de "Plan de crecimento e emprego". Debaixo da nova etiqueta están as mesmas cousas de sempre.
Se tomamos como ponto referencial os chamados "gastos non financeiros de capital" (que abranguen os capítulos VI -investimentos reais- e VII -transferéncias de capital- dos orzamentos) só é 'posíbel contabili zar, para 1998, un medre de 6500 mill6ns de pesetas (un 3,5%) a respeito do previsto en 1997. Neses capítulos de gasto reflicten-se aquelas asignaci6ns que teñen unha relación máis directa co desenvolvimento da nosa economia produtiva e, polo tanto, coa potencial criación de emprego. Pois ben, se contemplamos, desde 1993, as cifras indicativas do peso relativo dos "gastos non financeiros de capital" no conxunto orzamentário, concluimos que, agás no ano 1997, existe unha liña evolutiva nidiamente descendente. Ou sexa: nos últimos anos, o governo da Xunta dedicou menos recursos á criación de capital público e á promoci6n das iniciativas produtivas no seo do tecido econ6mico do noso País.
Unha das principais novidades do orzamento' de 1998 procede do funcionamento
da chamada Sociedade Pública de Investimentos (SPI), unha empresa
criada o ano pasado
cun capital social -500 millóns- desenbolsado integramente
pola Xunta de Galiza e cuxo obxectivo xenérico é promover
a realización de infraestruturas e equipamentos públicos.
A cifra prevista par as suas actuacións no presente ano -25.000
millóns, financiados mediante endebidamento da Sociedade como tal-
certifica a existéncia dun défice notábel na dotaci6n
de capital público -nomeadamente no sistema educativo- e confirma
os efeitos perversos da obsesi6n polo défice instalada nas políticas
oficiais. Polo demais, a posta en prática deste mecanismo destinado
a cumprir os requisitos de défice e endebidamento exixidos nos acordos
de Maastricht introduce unha notábel opacidade a respeito da xesti6n
dos fundos que manexa esa sociedade: o Parlamento non pode controlar, coa
mesma amplitude e intensidade, o funcionamento ordinário desta caste
de organismos de titularidade pública.
Outra das novidades do proxecto de orzamentos ten que ver coa aplicación do sistema de financiamento auton6mico aprobado no remate de 1996. Por primeira vez, as instituci6ns galegas dispuñan dunha limitada capacidade normativa sobre a porcentaxe cedida do IRPF e sobre outros impostos cuxa recadación xa formaba parte dos ingresos da Facenda galega. A utilización feita polo governo desas posibilidades legais ten sido extraordinariamente cativa. No caso do IRPF limita-se, unicamente, ao estabelecimento dunha dedución por descendentes nados durante 1993. Apesar da escandalosa apoloxia publicitária, estamos ante un simbólico regalo que se outorga só no ano do nacimento e que non vai ter nengunha trascendéncia na pretendida neutralización da diminución da taxa de natalidade.
Analisando os ingresos previstos para 1998, constatan-se as servidumes políticas do actual executivo galego. A xestión do imposto sobre a contaminación atmosférica evidéncia a claudicación ante as presións dos grandes grupos empresarais obrigados a contribuir cunha parte dos seus benefícios á reparación dos efeitos negativos da sua actividade sobre os recursos naturais do noso País. Dos 4.000 millóns de pesetas previstos para 1996, baixou-se aos 2.300 millóns para 1998 sob o falaz argumento de que existe "menos contaminación da que nós criamos".
A cifra dos recursos procedentes do Fundo de Compensación Interterritorial
(FCI) ilustra sobre a falta de peso político do governo Fraga nas
decisións da Administración Central. Entre os 25.000 millóns
que agora recebe a Xunta a os 60.000 millóns que podería
obter se o FCI tivera o volume requerido pola própria natureza dos
seus obxectivos está a distáncia que separa a prática
sumisa de hoxe da necesária dignidade dun governo galego merecente
de tal nome.
Actualidade
I.- lNTRODUCIÓN
O sector lácteo constitui un sector estratéxico na economia galega, tanto polo peso que ten directamente (na produción, no emprego, no comércio exterior, ...) como polos seus efeitos inducidos sobre outras ramas. Por outro lado; trata-se dunha actividade que alcanza especial releváncia en moitas comarcas rurais, polo que contribui de forma decisiva ao sostimento económico e demográfico de amplas áreas da nosa xeografia. A experiéncia da última década permite afirmar que estamos ante un sector dinámico e en condicións de competir na Unión Europea. Pero que para iso precisa: continuar co seu proceso de desenvolvimento, co fin de correxer as importantes deficiéncias que apresenta ainda (tanto no ámbito da produción como no da indústria transformadora, asi como na coordenación ou articulación entre ambos conxuntos).
Partindo da sua elevada potencialidade, os ( obstáculos fundamentais que veñen dificultando ese desenvolvimento situan-se no plano político, na caréncia dun adecuado respaldo institucional, tanto por parte da Xunta de Galiza como do Governo do Estado: aceitación inicial dunha cuota láctea para o conxunto do Estado claramente insuficiente e incapacidade posterior para lograr unha ampliación substancial da mesma, territorialización de facto das cuotas a nível español -claramente lesiva para as áreas de maior vocación láctea, como Galiza-, auséncia por parte da Xunta de Galiza dunha política real de reordenación do sector (deixando esta ao xogo "espontáneo" das forzas do mercado), etc.
Ese abandone institucional, nun período decisivo polas mudanzas ás que houbo de enfrontar-se o sector (integración na UE, reformas da PAC, comezo da aplicación dos acordos da Ronda Uruguai do GATT), provocou que este tivera que mover-se desde 1986 nun contexto de permanente incerteza e atrancos ao seu crecimento. A expresión máis candente diso é o conflito que se está a viver hoxe pola supertaxa da campaña 1996/1997 e que se ven repetindo periodicamente nos últimos anos.
O problema fundamental e máis acuciante que ten plantexado o
noso sector lácteo é a insuficiéncia da cuota asignada,
posto que isto está orixinando unha ameaza contínua de sancións
aos gandeiros, distorsionando o funcionamento do mercado e a meio prazo
pode impedir a continuación do proceso de reestruturación
produtiva e levar a un desabastecimento da indústria transformadora.
En consecuéncia, o primeiro obxectivo e a prioridade das actuacións
ten que ser o lograr unha ampliación substancial desa cuota. Pero,
xunto a iso, existen outras cuestións que tamén cómpre
abordar. Principalmente tres: o impulso da mellora produtiva das explotacións,
favorecendo unha produción de calidade e baseada no aproveitamento
dosrecursos forraxeiros; a potenciación na indústria transformadora
dos derivados que xeran un maior valor acrecentado e cun maior potencial
de crecimento do consumo; a constitución dunha verdadeira estrutura
interprofisional, que mellore a articulación entre sector produtor
e transformador. Trata-se, en definitiva, de que as nosas explotacións
lácteas non só alcancen unha produción e unha cuota
média suficiente, se non que obteñan ademais unha produción
de calidade e ao menor custo .(con sistemas extensivos), e reciban por
ela un prezo equiparábel á média europea (cousa que
non sucede hoxe). Diante desa situación, urxe que a Xunta de Galiza
e o conxunto das forzas políticas e sociais do país alcancen
un compromiso (un pacto de Estado) en torno á defensa e o impulso
do sector. Para isto o BNG, en coeréncia co Programa de Governo
defendido nas pasadas elecións e consciente da sua responsabilidade
como segunda forza política de Galiza, apresenta neste documento
as suas propostas dun PROGRAMA DE FUTURO PARA O SECTOR LÁCTEO GALEGO.
II.- DIRECTRICES XERAIS
No contexto actual o funcionamento do sector está condicionado polas decisións adoptadas a catro níveis: GATT-Organización Mundial de Comércio, Unión Europea-PAC, Estado Español e Comunidade Autónoma. Partindo desa estrutura institucional, as accións deben organizar-se en torno a dous grandes princípios: a) A defensa activa dos intereses do noso sector lácteo ante o Estado e os foros comunitários, co fin de lograr unhas "regras de xogo" que non hipotequen o seu futuro, b) A adopción pola Xunta de Galiza dunha verdadeira política de reordenación e desenvolvimento do sector que facilite o seu crecimento, e consolidación nun contexto de crecente competéncia exterior. A primeira liña de actuación ten especial releváncia no momento presente, dada a urxéncia de lograr unha ampliación da cuota galega e as importantes mudanzas que van ter lugar na política láctea europea durante os próximos anos (reforma da Organización Comun de Mercado no ano 2000, ampliación da UE aos países da Europa Central e Oriental, culminación da aplicación dos acordos da Ronda Uruguai do GATT e início en 1999 dunha nova rolda negociadora da OMC). Pero iso non debe levar a descoidar as actuacións internas, dirixidas á mellora estrutural e o reforzamento da competitividade do sector; actuacións nas que a responsabilidade principal, dadas as suas competéncias, corresponde á Xunta de Galiza.
Nun programa de futuro para o sector é imprescindíbel combinar a solución dos problemas imediatos (comezando pola supertaxa da campaña 1996/1997) con medidas a meio e longo prazo dirixidas á mellora, tanto do sector produtor como da indústria transformadora e a comercialización, asi como a adecuada articulación entre os diversos componentes da "cadea láctea"
III.- CONTIDO DAS PROPOSTAS
1.- O SlSTEMA DE CUOTAS: O PROBLEMA DA SUPERTAXA E A PRÓXIMA REFORMA DA OCM
1.1. - Análise da situación
En relación con este tema, o BNG defende como horizonte a meio prazo o lograr que a produción láctea galega non sexa limitada entanto o Estado Español non alcance o seu autoabastecimento neste sector.
Os problemas que o sistema de cuotas está orixinando en Galiza teñen a sua orixe principal na insuficiéncia da cuota global española. Pero existen tamén aspectos da normmativa aprobada polo Estado para a aplicación dese sistema no seu'território que son claramente lesivos para o noso país, e que dificultan unha reordenación adecuada do sector lácteo. Concretamente, para o BNG son dous os aspectos máis negativos: 1) A territorialización de facto das cuotas, que tende a reproducir no ámbito estatal o mesmo esquema existente a nível europeo (a conxelación do mapa produtivo), impedindo que aquelas zonas cunha maior vocación e un maior potencial lácteo -como Galiza- podan despregar o seu potencial produtivo e as suas vantaxes comparativas neste sector. 2) A primacia absoluta concedida ao mercado de cuotas como mecanismo de redistribución dos direitos de produción. O que, como pon de manifesto a experiéncia recente, benefícia únicamente ás maiores explotación, impedindo unha reordenación racional do sector.
Finalmente, en relación co sistema de cuotas, cómpre tamén mellorar a sua xestión a nível galego, evitando asi o que ven sucedendo: a drenaxe de "cuota morta" das explotacións galegas á reserva estatal, debido á deficiente xestión da Xunta de Galiza. En calquer caso, cómpre non esquecer que na actualidade está en marcha na UE o debate sobre a reforma da OCM de leite e produtos lácteos que terá lugar no ano 2000. O aspecto máis grave das propostas que sobre esta cuestión apresentou a Comisión na Axenda 2000 é que no documento non se contempla nengunha redistribución das cuotas; polo que parece pecharse, especificamente, a posibilidade do incremento da cuota global asignada ao Estado Español (sinal de que esta reivindicación non foi defendida até agora co énfase suficiente). A iso hai que unir ademais as outras medidas que se propoñen: redución dos prezos institucionais, e compensación diso coa introdución dunha dobre prima por vaca leiteira (unha na própria OCM dos produtos lácteos e outra na OCM da carne de bovino). O que fai inaceitábel para Galiza estas medidas non é o esquema xeral (substituir sostimento de prezos por axudas directas), se non a regulación ou articulación concreta destas axudas: as propostas da Comisión non contemplan nengunha modulación das primas en función,da dimensión das explotacións, nen tampouco a priorización das explotacións con sistemas de produción extensivos. E, en cámbio, estabelece-se que a cuantia da prima por vaca estará en función dos rendimentos (o que claramente favorece aos países mais desenvolvidos).
1.2.- Accións imediatas: o problema da supertaxa.
a) O Governo do Estado deberá eximir aos gandeiros do pagamento da supertaxa correspondente á campaña 1996/1997. Para facer isto efectivo deben anular-se de imediato as comunicacións das sancións xa enviadas, e abrir un proceso de negociación no que se concrete a solución na liña indicada.
b) Simultaneamente co anterior, o Governo do Estado debe comprometer-se a intensificar as xestións e a presión ante as autoridades comunitárias para lograr unha ampliación da cuota global española, concedendo a esta cuestión o mesmo rango que está dando aos problemas doutros produtos agrários, e sen vincular a sua negociación coa destas outras producións (oliveira, viño, plátano). Nese horizonte, un primeiro paso debe ser conseguir de xeito imediato un incremento da cuota española en 1 millón de toneladas, das cais Galiza, dada a produción real que ten actualmente e o seu potencial, deberia receber un mínimo de 400.000.
c) Para evitar, por un lado, que o proceso de ordenación e futuro a meio prazo do sector se vexan hipotecados e, polo outro, para reforzar ainda máis a própria reivindicación de incremento da cuota ante a UE, é imprescindíbel que, en tanto non se logre esa ampliación, o Governo español e a Xunta de Galiza arbitren os mecanismos e medidas necesários para que se manteña unha cláusula de excepcionalidade ou no seu defecto unha moratória de facto na aplicación da supertaxa (como veu sucedendo na prática até a campaña 1996/1997), co fin de que as explotacións lácteas podan proseguir co seu desenvolvimento e un crecimento razoábel da produción.
1.3. Modificación na aplicación do sistema de cuotas a nível do Estado. Reivindicamos do Estado, e invitamos á Xunta de Galiza a que se sume a esta petición, unha reforma dos seguintes aspectos da normativa :
- A Supresión levan á unha territorialización de
facto das cuotas.
- O estabelecimento d unha regulación das transferéncias
de cuota que permita unha redistribución ordenada das mesmas na
liña da que existe noutros países da UE (baseada en planos
de abandono e unha reasignación posterior que teña en conta
critérios sociais e a dependéncia desta produción
das distintas zonas).
1.4.- Medidas para conseguir a mellora da xestión do sistema de cuotas no que compete á Xunta de Galiza:
En consoáncia coas reformas citadas e para facilitar a sua aplicación críará-se un Ente Público, con participación das Organizacións Profisionais Agrárias, que xestione en Galiza o sistema de cuotas e teña como obxectivos: evitar a drenaxe de "cuota morta" cara á reserva estatal, poñer fin ao proceso especulador de compra-venda de cuotas e ordenar a sua redistribución.
1.5.- Alternativa a defender desde Galiza ante a próxima reforma da OCM:
Para ser aceitábel para o noso país, esa reforma deberia cumprir as tres condicions xa recollidos no Programa de Governo das pasadas elecións e que reiteramos a continuación:
1. A redistribución das cuotas a nível europeu, de tal
modo que estas deixen de estar vinculadas exclusivamente aos direitos históricos
e teñan en conta tamén outros critérios: nível
de autoabastecimento dos distintos estados, dimensión actual das
explotacións e potencial de crecimento, peso na economia rural das
distintas rexións e auséncia de alternativas produtivas.
2. O fomento dos sistemas de produción extensivos, co fin de
favorecer unha produción láctea de calidade, respetuosa co
meio ambiente e que valorice adecuadamente os recursos forraxeiros da UE
e das suas distintas zonas.
3. A modificación dos mecanismos de apoio á renda dos
produtores, de tal modo que este apoio (e os recursos destinados pola Facenda
Comunitária ao sector) se module en función da dimensión
das explotacións (progresividade social) e se condicione ao cumprimento
de certas condicións encanto aos sistemas produtivos (saúde
dos alimentos e toma en consideración dos problemas ambientais).
Solicitamos do Governo do Estado e da Xunta de Galiza que manifesten a sua oposición ás propostas actualmente recollidas na Axenda-2000. 0 BNG manifesta a sua disposición a contribuir e apoiar todas as iniciativas que vaian nesa direccion, asi como a sua determinación de defender activamente ante todos os foros e institucións nos que participe unha alternativa baseada nestes tres criterios xerais.
2.- MEDIDAS DE REESTRUCTURACIÓN E DESENVOLVIMENTO DO SECTOR
2.1.- Introdución:
Ao lado das accións anteriores, o outro grande vector da política
referida ao sector lácteo debe estar constituído polas medidas
dirixidas a impulsar a mellora produtiva e a consolidación, tanto
das explotacións como da indústria transformadora. Isto corresponde-se
esencialmente cunha actuación interna ao noso país, e na
que a responsabilidade principal, dadas as suas competéncias, é
da Xunta de Galiza.
En consecuéncia, demandamos do Governo galego a adopción
das medidas que se expoñen a continuación.
2.2.- Medidas para a Odenación e Mellora produtiva das explotacións:
2.2.1.- Critérios xerais:
É preciso a posta en marcha dunha política global de
ordenación e mellora produtiva das explotacións lácteas,
hoxe inexistente, dirixida a tres obxectivos esenciais:
1. A continuación de forma ordenada do proceso de reestruturación
(fronte á reestruturación "espontánea" que ven dando-se).
2. A reorientación do modelo produtivo, impulsando unha produción
láctea baseada nos recursos forraxeiros das explotacións,
co fin de optimizar os custos e aproveitar os recursos próprios.
O impulso do incremento da superfície forraxeira das explotacións
debe insertar-se nunha política global de reforma de estruturas
e mobilización produtiva da terra no noso agro: fomento da mobilidade
no mercado de terras, potenciación do arrendamento, penalización
ao mantimento de superfícies abandonadas ou infrautilizadas, ordenación
dos usos do solo (poñendo freo en concreto á forestación
indiscriminada de terras de elevado potencial agrário).
Este incremento da superficie forraxeira deberá ir unido a un
aproveitamento adecuado da mesma que permitan a optimización dos
custos nas explotacións, favorecendo a produción en base
a pastos e reducindo a actual dependencia das compras de alimentos concentrados.
3. 0 apoio á mellora da calidade do leite.
2.2.2.- Medidas concretas:
a) Elaboración nun prazo de seis meses dunhas "Directrices Xerais
dun Plano de Desenvolvimento das explotacións leiteiras" onde se
fixen os critérios para a priorización dos investimentos.
En concreto favorecerán-se aqueles que vaian dirixidos ao incremerto
e mellora da. superfície forraxeira, a racionalización do
uso dos inputs correntes e as equipas, e a mellora da calidade do leite.
b) Elaboración dun "Plano de Investimentos nas explotacións
leiteiras" baseado nas Directrices anteriores cunha duración de
4 anos. Este Plano terá como obxectivo potenciación das axudas
aos investimentos nas explotacións e contará coa dotación
orzamentária suficiente, mediante a aportación de fundos
que lle corresponda á Xunta de Galiza e a negociación do
cofinanciamento tanto da UE como do Estado.
c) Estabelecimento de liñas de axuda aos produtores e as suas
asociacións, de forma específica e con urxéncia, destinadas
á mellora da calidade do leite, co fin de que estes podan cumprir
coas exixéndas legais (R.D. 1679194) e reforzar ao mesmo tempo a
imaxe do leite galego como un produto san e de calidade.
d) Finalización da mellora da electrificación rural na
presente lexislatúra, co fin de superar as grandes deficiencias
que se manteñen neste ámbito e que impiden a muitas explotacións
lácteas desenvolver a sua actividade en condicións adecuadas.
2.3.- Accións no ámbito da transformación (lndústria):
2.3.1.- Critérios xerais:
As medidas a aplicar aqui han da ter como obxectivos xerais:
1. Acadar a transformación nas indústrias instaladas
no país de todo o leite producido (ainda hoxe hai un 25% que é
exportado en bruto a outras zonas).
2. A obtención de produtos con saída no mercado e que
permitan maximizar o emprego e o valor acrecentado.
2.3.2.- Medidas concretas:
1. Estabelecimento de liñas de axuda e incentivos destinados
a:
a) Renovación de equipos e maquinária obsoleta, primando
aquelas indústrias que teñan os centros de decisión
no noso país.
b) Impulsar as liñas de producón de maior valor engadido,
con apoio complementário á comercialización e investigación.
c) Dar solución ás cuestións ambientais (tratamento
axeitado dos subprodutos, soros de queixeria, etc. ).
2. Apoio ao desenvolvimento do Grupo Lácteo Galego, favorecendo
a incorporación doutras empresas co fin de consolidar a sua posición
de liderato. Neste sentido, considerará-se a sua potenciación
con apoio público, pero sen correr riscos inecesários que
podan poñer ert perigo a viabilidade global do proxecto.
3. Impulso da criación de pequena indústrias de produtos
lácteos (queixo, requesón, etc.) de tipo artesanal, que poñan
no mercado produtos con denominación de orixe, coas seguintes medidas:
a) O estabelecimento dunha liña específica de axudas.
b) A articulación de apoio técnico e dun seguimento da
hixiene e calidade desde a própria administración.
2.4.- Medidas para a mellora da comercialización e distribución:
2.4.1.- Critérlos xerais:
Os esforzos neste terreo deben dirxirse prioritariamente a:
a) Consolidar e ampliar as cuotas de mercado no resto do Estado, que
é hoxe o principal destino dos nosos produtos lácteos e onde
existe un maior potencial de crecimento do consumo de toda a UE. Sen renunciar
por iso á apertura de novos mercados noutros países da UE
e mesmo extracomunitários.
b) Configurar un sistema de prezos transparente, que garanta seguridade
e estabilidade aos produtores.
c) Ordenación da recoilida e transporte das indústrias
lácteas.
2.4.2.- Medidas concretas:
1. Posta en funcionamento da Interprofisional Láctea que, mediante
as oportunas negociacións, estabelecerá contratos homologados
para cada campaña, nos que se fixen os prezos baixo critérios
obxectivos de aplicación de primas e descontos. Ao mesmo tempo,
a Interprofisional deberá servir para unha mellor articulación
entre sector produtor e transformador, e para a adopción de iniciativas
comuns en todo o que poda contribuir a consolidar o complexo lácteo
galego.
2. lmpulso á criación de Asociacións de Produtores
(APA) que se constituan en primeiros compradores, estabelecendo liñas
de axuda aos primeiros compradores de base cooperativa.
3. Elaboración e posta en prática dun "Plano para a Consolidación
e Ampliación dos mercados dos produtos lácteos gal egos"
que contemple as seguintes actuacions :
a) Axudas á loxística de distribución.
b) Criación de consórcios públicos con participación
de empresas privadas.
c) Criación dunha empresa única de capital misto (público-cooperativo)
que impulse a comercialización dos productos lácteos artesanais.
d) Apoio a promoción de produtos.
e) Apoio específico á comercialización de produtos
lácteos con denominación de orixe, sempre que conten con
Consellos Reguladores que garantan a calidade dos produtos e actuen con
rigor evitando os fraudes.
Actualidade
A situación pola que está a atravesar a comarca de Ferrolterra, máis alá dos resultados producidos polo feito singular do acidente do DISCOVERER ENTERPRISE, está a pór en evidéncia toda unha série de cuestións de releváncia a respeito do tradicional illamento desta Comarca no aspecto infraestrutural e, por engadido, das dificultades adicionais que esta situación reviste para a superación definitiva dunha fase na que o desmantelamento industrial foi a tónica permanente. Nesa liña, pois, é onde haberia que situar o debate sobre do que está a acontecer e, fundamentalmente, das propostas para superar tal situación e dos mecanismos para efectivizá-las.
A idea de promover unha actuación conxunta dos divesos sectores da comarca para exixir a execución urxente dos diversos investimentos en infraestruturas, sempre inseridos dentro dun PIano de Desenvolvimento lntegral, foi unha das teimas sobre as que o BNG estivo a traballar nos últimos tempos, concretando-a mesmo nunha proposta de actuación global através dun documento de traballo "FERROLTERRA: UNHA VIA DE FUTURO", que tiñamos elaborado en Maio de 1994. Certo foi que a estratéxia proposta pola nosa organización non puido plasmar-se na prática, debido fundamentalmente á existéncia dunha dinámica onde semellaba que o único interese dalgunhas forzas era precisamente o promover a mobilización pasiva, dando lugar a unha progresiva frustración da sociedade comarcal. O entender a problemática da comarca cunha visión exclusivamente "sindical", mesmo prescidindo da necesária participación activa das organizacións empresariais, de comerciantes, das institucións locais...; pode explicar en grande medida que a Administración Autonómica tentase facer borrón e conta nova da complexa problemática da comarca coa situación no ano 92 daquel malchamado "Plano Especial", que como é ben sabido rematou co flagrante incumprimento das cativas medidas que nel se tiñan enunciado. Mentres qué isto acontecia, ao BNG tocou-nos de levar un traballo de concienciación social e de traballo nas institucións, dirixido precisamente a criar as condicións para que se fixese viábel a articulación dunha nova xeira na que a sociedade comarcal conseguise dunha vez arrincar das diversas administracións -Xunta e Governo Central- os investimentos concretos, os orzamentos correspondentes e os prazos para efectivizar as infraestruturas básicas para Ferrolterra. Interesa subliñar aqui a batalla permanente na defensa do mantimento e modernización dos camiños de ferro, da existéncia de vias de comunicación dignas entre os diversos concellos, da necesária axilización da autovia Fene-Ferrol coa necesária construción dos acesos para as localidades de Neda e Narón; da articulación dunha solución para desconxestionar a saída na localidade de Fene (a chamada "Ronda Oeste"), a defensa da permanéncia do transporte maritimo pola Ria... Necesidades básicas e urxentes para que a realidade da comarca fose mudando en positivo e, asimesmo, condicións indispensábeis para a realización de novos investimentos e proxectos industriais. Un antes e un despois do 13-1-98. Sen dúbida algunha, pois, que o acidente do pasado 13 de Xaneiro non fixo máis que obrigar a re-situar a realizade comarcal no ponto onde verdadeiramente se atopa, pondo sobre a mesa as claves dunha verdadeira situación de emerxéncia, máis temén a necesidade de afrontar vias de actuación ao respeito, partindo daquela máxima que hai que facer da necesidade virtude. Eis, a articulación da Plataforma Cidadá "Ferrolterra en Emerxencia" -na que o BNG desenvolve un importante traballo colectivo co conxunto das organizacións políticas, sindicais, empresariais e porfisionais da nosa comarca- que fora constituída no mesmo dia do acidente para exixir actuacións imediatas que paliasen os efeitos producidos polo mesmo, está a constituir-se na prática como un foro de sensibilización e mesmo de interlocución da sociedade comarcal coas institucións supra-municipais na procura de compromisos claros. É precisamente o impulso á participación individual e colectiva, o recuperar a confianza da sociedade comarcal como verdadeira protagonista do seu futuro, o chegar a xerar novas formas de mobilización que mesmo podan xerar a ircorporación de sectores tradicionalmente remisos as mesmas, etc..., o que está a conseguir rachar a dinámica anterior, abrindo perspectivas que non podemos máis que calificar de positivas, que xa están a constatar-se en cámbios cualitativos no xeito de afrontar a situación de Ferrol-terra. Vexa-se, se non, o feito relevante que supón o acordo adoptado por unanimidade polo Parlamento Español o pasado 17 de Febreiro, no que resultaba aprobada unha MOCIÓN apresentada polo BNG, na que se insta ao Govemo Español a que, partindo da asunción da situación de emerxéncia, se adopten as medidas oportunas para paliar dun xeito definitivo as caréncias que temos no plano infraestrutural, como cuestión básica para o noso desenvolvimento económico e social. Relevante, dixemos, e máis ben haberia que calificalo como histórico, na medida en que tanto o nível de arroupe acadado na votación como o próprio contido dos acordos van permitir que a sociedade comarcal poda exixir ainda con máis contundéncia que os mesmos cheguén a efectivizar-se na prática.
Interesa resgatar, neste ponto, unha parte da intervencióri do Deputado do BNG nas Cortes do Estado, Francisco Rodriguez, na que en certo xeito fica resumida a filosofia dos acordos adoptados: "Sensibilizar ao Governo é a intención desta Moción que apresentamos. É unha cuestión construtiva, colectiva, de eficácia política e pensamos que, no caso de aprobar-se, redundará en benefício das institucións democráticas que ben necesitadas de crédito están..."
Por certo, tamén a sociedade comarcal e mesmo do conxunto do País pode contrastar máis unha vez o papel que están a cumprir os seus representantes políticos. Que sexa precisamente o BNG (curiosamente con dous represenantes que, segun dixera o Sr. Fraga "..ian perder-se polos corredores do Congreso...") o que consiga non só facer chegar ao Pleno do Congreso a situación crítica dunha comarca, se non mesmo conseguir tan elevado degrau de consenso á hora de tomar acordos, é tamén revelador dun cámbio cualitativo na perspectiva da actuación política.
Neste caso, a capacidade política do BNG demostra unha vez máis que non só é importante ter representación política, senon, fundamentalmente, utilizá-la en benefício do País. O Partido Popular, illado da sociedade. Curiosamente, semella que son os representantes do PP os únicos que non acreditan nesta nova situación, levando a extremos verdadeiramente esperpénticos a política minimización e ocultamento de toda aquela realidade que non lles é favorábel. O camiño escollido poils representantes do PP, tanto en Ferrolterra como mesmo a nível galego, non só representa unha visión sectária e antidemocrática do que ten que ser a política institucional; se non que ademais os sitúa no máis absoluto dos ridículos, se é que tal calificativo pode ser adxudicado a quen se preocupan de utilizar a representación política atribuída polo povo xustamente ao revés: facendo de testaferros da nefasta política daqueles aos que tiñan que estar a demandar-lles actuacións concretas. O feito de que o mesmo dia en que se adoptara o acordo unánime no Congreso, a maioria do PP no Parlamento Galego impedise a constitución dunha COMlSIÓN NON PERMANENTE que puidese elaborar un PLANO DE ACTUACIÓN PARA FERROLTERRA, ao tempo que o seguimento das promesas en curso, deixa ben ás claras que nen sequer están dispostos a que o Parlamento cumpra -mesmo no plano teórico- as funcións que resultan esenciais. Sen dúbida, teria resultado grave que nun debate destas características os representantes do PP no Parlamento Autonómico tivesen rexeitado unha iniciativa similar á que aproban en Madrid, pero o feito de que mesmo impidan coa súa maioria a posibilidade de que poda discutir-se resulta revelador da progresiva degradación e involución que se está a producir nos últimos tempos na vida parlamentar, tantas veces denunciada pola nosa organización e agora posta de manisfesto unha vez máis. É mesmamente -como expresión de que ese abandono é planificado e nen sequer se tenta tapar cunha política de xestos- nos Orzamentos da Comunidade Autónoma atopamo-nos co verdadeiro compromiso da Xunta coa nosa comarca: os investimentos reais para o presente ano para Ferrolterra só representan o 0,73070 do total dos orzamentos galegos, mesmo baixando da porcentaxe do pasado ano, que non pasara do 0,81%. Agora comezamos a entender as razóns polas que o Sr. Fraga, na visita relámpago feita a Ferrol logo do sinistro, garantia o "...total apoio do executivo central coa comarca" era o adianto de que a Xunta tiña pensado desentender-se completamente do tema...
Ferrolterra está en emerxéncia porque, efectivamente,
a realidade actual resulta dabondo crítica como para que se adopten
medidas excepcionais na liña de resolver con carácter urxente
as históricas caréncias da comarca. Mais Ferrolterra está
en emerxéncia debido a que, efectivamente, está a emerxer
un novo xeito de operar dos diversos axentes sociais -mesmo da cidadania
en xeral- que debera de obrigar á adopción de compromisos
efeitivos e urxentes por parte dos Governos Autonómicos e Central
co obxecto de saldar definitivamente as débidas históricas
coa nosa Comarca. Só cabe agardar, pois, que sexan eles os que decidan
tamén sair do illamento.
Breves
Catalunya. Entablamento de relacións con Convergència Democràtica
Unha delegación do BNG, na que participaron o voceiro nacional,
Xosé Manuel Beiras e os membros da Permanente: Mª Pilar Garcia
Negro, Guillerme Vázquez, Francisco Garcia e Encarna Otero, mantiveron
unha xuntanza de traballo cunha delegación de Convergencia de Catalunya
da que formaba parte o seu Secretário Xeral, Pere Esteve, os dias
10 e 11 de Decembro en Barcelona. Os temas que se trataron foron relativos
a organización, política municipal, política cultural
e lingüística; estudaron-se, tamén, os aspectos coincidentes
por ambas organizacións na visión do carácter plurinacional
do Estado e de Europa como realidade de nacións. Ademais deste primeiro
contacto de traballo, as xornadas serviron para coñecer a membros
do governo catalán e a persoas vinculadas á cultura, ao ensino
e á política lingüística. A delegación
do BNG realizou tamén visitas institucionais, entre as que cómpre
salientar a entrevista que mantiveron o Presidente da Generalitat, Jordi
Pujol e Xosé Manuel Beiras durante unha hora no Palau da Generalitat,
sede da Presidéncia, e na que -como ambos manifestaron na rolda
de prensa posterior- atoparon pontos coincidentes na visión plurinacional
do Estado e en aspectos da política europea, sinalando como idea
fundamental a necesidade da "criación dunha circunvalación
de intercámbio e traballo conxunto e de infomación entre
as tres nacións, recuperando asi o espírito do Galeuzca".
Declaración conxunta BNG-CD
Este primeiro encontro tivo a sua continuación os dias 26 e 27
de Febreiro en Santiago de Compostela onde unha delegación de Convergència,
encabezada polo seu Secretário Xeral, Pere Esteve, mantivo unha
intensa axenda de traballo co BNG. De resultas destes contactos ambas organizacións
subscrebiron unha declaración conxunta que deseguido reproducimos
:
BNG e CD nos encontros mantidos entre representantes políticos
e parlamentários acordaron o mantimento de relacións estabeis
entre ambos partidos, e expresan a
a sua coincidéncia en:
A necesidade de promover unha cultura política respeitosa coas identidades e acorde cun recoñecimento da realidade plurinacional do Estado. Este recoñecimento deberá ser impulsado pola actuación das forzas nacionalistas das respeitivas nacións sen Estado.
O interese por defender a presenza directa das nosas realidades nacionais nos foros internacionais e europeus. Neste caso, na necesidade de redifinir a circunscrición eleitoral europea.
A vontade de afirmar as nosas respeitivas culturas e normalizar as nosas
línguas, avogando, á sua vez, por un tratamento igualitário
das diversas culturas e língoas do Estado".
Bruxelas
O BNG participou como convidado na xuntanza que tivo lugar os
dias 11 e 12 de Novembro co nome "Forum 97" na sede do Parlamento Europeu
en Bruxelas cun programa de traballo no que figuraban como temas a tratar
a "Axenda 2000", as repercusións do euro nos povos de Europa, a
ampliación de países no seo da Unión Europea e os
acordos de Amsterdam. Neste foro, ademais do BNG, participaban como convidados
ou membros representantes de Escócia, lrlanda, País de Gales,
Catalunya, Euskadi, Flandes, Suécia, Finlándia e Dinamarca.
O Presidente deste Foro, e un dos organizadores do mesmo, foi o eurodeputado
do Scottish National Party, Dr. Allan Macartney, que xa participou co BNG
na Galiza en várias actividades durante as Eleicións Autonómicas
do 97. Entre os acordos tomados polo Foro cabe sinalar como máis
salientábel a de continuar con este programa de traballo en sesións
sucesivas para ver de acadar algun plano de traballo concreto e efectivizar
polos deputados e deputadas no Parlamento Europeu tras as eleicións
de 1999.
Montpellier (Ocitánia)
Unha delegación do Bloque Nacionalista Galego foi convidada a participar no "Foro da Mocidade Europea" que se celebrou no mes de Decembro nesta vila. A temática que expuxo o BNG foi referida ao proxecto de construción europea desde a realidade nacional dos povos sen Estado. As preguntas formuladas polas numerosas persoas que enchian a sala onde se celebraban as sesións para coñecer Galiza, o BNG e o seu proxecto político, indican nidiamente o prestíxio e coñecimento que o binómio Galiza-BNG esperta en Europa tras os resultados acadados nas pasadas elecións autonómicas.
Breves
O pasado 14 de Febreiro, miles de Galegos e Galegas, se manifestaron polas ruas de Santiago na defensa dos DIREITOS FUNDAMENTAIS.
A actuación das Forzas de Orden Público o pasado 20 de Xaneiro con motivo das mobilizacións dos Gandeiros Galegos amosaron con claridade cal é o camiño que pretende seguir o P.P.
"Se falo en primeiro termo de restaurarmos a democrácia, e non simplesmente de practicarmo-la, é porque a democrácia está a padecer un deterioro cada vez máis grave, que acada níveis alarmantes no concreto ámeto social e institucional da Comunidade Autónoma galega... Hoxe considero oportuno relembrá-lo para subliñar a necesidade de restaurarmos a práctica democrática e testemuñar a prol do noso compromiso a este respeito: os que padeceron a represión adoitan ser, na história, os máis reixos defensores das liberdades, porque empezaron por practicá-las fronte os tiranos de diversa caste".
Estas palabras están tiradas do discurso de Xosé Manuel Beiras, pronunciado o 19 de Outubro de 1996, na sua proclamación como candidato á Presidéncia da Xunta de Galiza. Non se equivocaba o BNG no seu diagnóstico. Unha vez máis, desgraciadamente, acertabamos.