|
GALEGUIDADE SOMOS OS GALEGOS, os homes e mulleres do Extremo Occidente Ibérico e Europeo, os fillos da verde terra recortada por rías, que asisten cada tarde á ardente entrega do Pai Sol nos brazos da Nai Mar, más aló do Fisterra.
Ademais de ser galegos, compartimos idioma con os nosos irmáns portugueses, brasileiros, e os de tódalas partes do mundo a onde Portugal atrevéuse a chegar... vimos do mesmo rexo tronco de carballo que os astures, e temos muitísimo en común, nas raíces, cos pobos célticos dos outros Fisterras atlánticos: Bretaña, Gales, Escocia, Irlanda... aínda que tambén añoramos a sabiduría e o sentimento estético de liberdade individual do abó grego.
A nosa cultura moderna está totalmente impregnada de férrea civilización romana e de belicoso cristianismo medieval, suavizados por séculos de loitas e conquistas sociais do bon pobo chán europeo, co que nos mantuvimos comunicados a través do Camiño de Santiago, do intercambio marítimo, e pola influencia a distancia ou polo retorno dos emigrantes... Gracias á ilustración e ós ideais democráticos emanados da evolución xeral de Europa e de Occidente, fómonos liberando do feudalismo opresor e oscurantista dos nosos caciques, xá seglares ou laicos. Ninguén cre máis neles, oficialmente, aínda que haber, hailos.
...E, por casi mil anos de compartir historia xuntos, sentímonos profundamente españoles. E temos a sorte de encontrarnos en familia cos muitos millóns de persoas que, en ducias de nacións do mundo, falan castellano; e empregamos o castelán como lingua universal coa mesma naturalidade e propiedade coa que usamos o galego entre nós, regresando ó castellano inmediatamente, se consideramos que algún presente poidera sentirse extraño... Pareceríanos unha imperdonable falta de delicadeza, pola nosa banda, que alguén se sentise extraño entre nós... sobre todo tratándose de outros hispanos ou lusos. Na América do Sur chámase "gallegos" ós españoles, sexan de onde sexan (e no Brasil ás persoas de cabelo louro). Alí donde existe unha Casa de Galicia, esa é a Casa de España.
Non somos separatistas, porque temos viaxado, e o viaxeiro vólvese aberto, unificador. Non menospreciamos a ninguén, porque temos unha débeda de eterna gratitude con muitísimas xentes de boa vontade que nos acolleron nos seus países. Somos ciudádans do mundo. e parécenos ben que vaian uníndose as nacións do planeta, e cremos que xá é hora de que todos poñamos todo o noso empeño para que esa unión sexa o máis armoniosa posible, preservando tódalas diferencias positivas, as que enriquecen a variedade humana; e botando ó lixeiro da historia tódalas diferencias negativas... aquelas que nos fan recear ós uns dos outros, ou ata enfrentarnos violentamente, con xusticia ou sen ela. Falando enténdese a xente.
|
POR ESA UNIÓN ARMONIOSA imos traballar desde esta revista virtual...comezando pola propia unión dos galegos espallados polo mundo, e aproveitando as facilidades tecnolóxicas da nova era na que acabamos de entrar...a era das ondas... ondiñas veñen e van, rianxeira... BOA ONDA, IRMÁS E IRMÁNS DA GALEGUIDADE CAMIÑANTE...que a Boa Onda nos una e nos abrace. |
|
|||||
ADEMÁIS DE SER UN PAÍS
EXPORTADOR DE CAMIÑANTES, tocóunos o destino de ser un país
receptor de Camiñantes ...Fisterra exerce sobre xentes de todo o mundo o mesmo atractivo
fascinante que puxóu aos nosos antepasados a recorrer todo o continente europeo, ata
establecerse xunto ó cabo remoto ante o que o Disco Solar déitase no cáliz
íntimo da Señora do Mar...ese é o símbolo do proceso de morte iniciática do home
vello, para que o novo poda amencer, que refléxase, cristianizando as súas etapas con
sete cruceiros, no escudo de Galicia. Tocóunos un destino viaxeiro, como o do Sol pola
Vía Láctea, e un patrón que é o de tódolos que se buscan a sí mesmos no Camiño. ASI POIS, DEDICAMOS O NOSO TRABALLO TANTO ÓS CAMIÑANTES QUE
ACUDEN A GALICIA... COMO ÓS QUE CONTINUAN OS SEUS CAMIÑOS DE SANTIAGO LONXE DELA,
MOVIDOS POR UN VISCERAL E INEXPLICABLE IMPULSO.
FELIZ VIAXE E FELICES ENCONTROS...
|
|
Galicia chegou a espallar polo
mundo a dous millóns e medio de fillos seus como emigrantes. Hoxe acollemos a uns trinta
mil inmigrantes. "O POBO QUE
MENOSPRECIA
|
O patrón dos
camiñantes, de España e de Galicia, o Señor Santiago,
non só representa o espírito iniciador ós coñecementos que O Viaxar da, papel que,
antes da cristianización, representaron o céltico Lug, o grego Hermes ou o romano
Mercurio...senón que tambén é o modelo puro da máis nobre hospitalidade, corazón
continental que acolle, sen descriminar, a todos cantos teñen valor dabondo para
sair a buscarse a sí mesmos
no sendeiro do non habitual...
ir
a "O XOGO DA VIDA" |
Ir a "A CHAMADA DE ACUARIA" mensaxe inspirado a Xose Fisterra polo Espírito da Selva. NOVELA "VIAJE DE ORFEO AL FIN DEL MUNDO" |
¡NOVO! PARQUE VIRTUAL DO FIN DO MUNDO EN FISTERRA E ILLAS ATLÁNTICAS o buscador galego |
|||||||||||||
|