MANIFESTO UNABOMBER
A Sociedade Industrial e o seu Futuro
Por F.C.
INTRODUCCIÓN
2. O sistema
tecnolóxico-industrial pode sobrevivir ou pode fracasar. Se sobrevive,
PODE conseguir pouco a pouco un nivel baixo de sufrimento físico e
psicolóxico, pero só despois de pasar a través dun periodo
de axuste longo e moi penoso e só co coste permanente de reducir
ó ser humán e a outros moitos organismos vivos a productos de
enxeñería e meros engranaxes da maquinaria social.
Ademáis, se o sistema sobrevive, as consecuencias serán
inevitables: non hai modo de reformar ou modifica-lo sistema así como de
prevílo de privar á xente de liberdade e autonomía.
3. Se o sistema fracasa as consecuencias
inda serán máis penosas. Pero canto máis medre o sistema
máis desastrosos serán os resultados do seu fracaso, así
que, se vai fracasar, será millor que o faga antes que despois.
4. Por iso nós abogamos por unha
revolución contra o sistema industrial. Esta revolución pode ou
non usa-la violencia: pode ser súbita ou pode ser un proceso
relativamente gradual abarcando poucas décadas. Non podemos predicir
nada diso. Pero sí deliñamos dunha forma xeral as medidas que
aqueles que odian o sistema industrial deberían tomar pra prepara-lo
camiño pra unha revolución contra esta forma de sociedade. Non
debe ser unha revolución POLíTICA. O seu obxeto non será
derribar gobernos, senon as bases económicas e tecnolóxicas da sociedade
actual.
5. Neste artículo prestamos atención
só a algúns dos acontecimentos negativos que engordaron demasiado
co sistema tecnolóxico-industrial. Ademáis, mencionamos tales
acontecimentos só brevemente ou os ignoramos na súa totalidade.
Isto non quere dicir que observemos estes outros acontecimentos como triviais.
Por razóns prácticas, temos que limita-las nosas
discusións a áreas que non recibiron suficiente atención
polo público ou nas que temos algo novo que dicir. Por exemplo, dende
que están ben reveladas as tendencias ambientais e desérticas,
temos escrito moi pouco sobre a degradación do medio ou a
destrucción da natureza salvaxe, incluso inda que consideremos isto de
gran importancia.
A PSICOLOXÍA DO
ESQUERDISMO MODERNO
6. Casi todo o mundo estará
dacordo en que vivimos nunha sociedade profundamente molesta. Unha das
manifestacións máis extendidas da tolemia do noso mundo é
o esquerdismo, así que unha discusión sobre a psicoloxía
do esquerdismo pódenos servir de introducción ó debate dos
problemas da sociedade moderna en xeral.
7. Pero, ¿qué é o
esquerdismo? Durante a primeira mitade do século XX pudo ser
prácticamente identificado co socialismo. Hoxe o movimento está
fragmentado e non está claro a quen se lle pode chamar propiamente esquerdista.
Cando neste artículo falamos de esquerdistas pensamos principalmente en
socialistas, colectivistas, "políticamente correctos",
feministas, activistas polos homosexuais e os discapacitados, activistas polos
dereitos dos animais. Pero non tódolos que están asociados nun
destos movimentos é un esquerdista. Ó que intentamos chegar
é que non é tanto un movemento ou unha ideoloxía como un
tipo psicolóxico, ou, millor dito, unha colección de tipos
relacionados. Así, o que queremos dicir con "esquerdista"
aparecerá con máis claridade no curso da discusión da
psicoloxía esquerdista. (Tamén, ver parágrafos 227-230).
8. Incluso así, a nosa
concepción quedará menos clara do que desexaríamos, pero
non parece haber nengún remedio pra isto. Todo o que intentamos facer
é indicar dunha maneira tosca e aproximada as dúas tendencias
psicolóxicas que cremos son as principais forzas conductoras do
esquerdismo moderno. Con isto non pretendemos estar dicindo TODA a verdade.
Ademáis, a nosa discusión cíñese só ó
esquerdismo moderno. Deixamos aberta a pregunta de con qué extensión
pode ser aplicada ó esquerdismo do século XIX e principios do XX.
9. As dúas tendencias
psicolóxicas que serven de base ó esquerdismo moderno as chamamos
"sentimentos de inferioridade" e
"sobresocialización". Os sentimentos de inferioridade son característicos
de todo esquerdismo, mentres que a sobresocialización é só
característica dun determinado segmento do esquerdismo moderno, pero
este segmento é altamente influínte.
SENTIMENTOS DE INFERIORIDADE
10. Por "sentimentos de
inferioridade" non só nos referimos ós sentimentos de
inferioridade no sentido estricto, senon a todo o espectro de rasgos
relacionados: baixa autoestima, sentimentos de impotencia, tendencias
depresivas, derrotismo, culpa, autoaborrecimento, etc. Argumentamos que algúns
esquerdistas modernos tenden a estes sentimentos (máis ou menos
reprimidos) e que éstes son decisivos en determinar a dirección
do esquerdismo moderno.
11. Cando alguén interpreta como
despectivo casi todo o que se dí del (ou acerca de grupos cos que se
identifica), concluimos que ten sentimentos de inferioridade ou baixa
autoestima. Esta tendencia está pronunciada entre os defensores dos
dereitos das minorías, tanto se pertencen como se non á
minoría á cal defenden os dereitos. Son hipersensibles sobre as
palabras usadas pra designar a éstas. Os términos
"negro", "oriental", "discapacitado",
"ruliña" pra un africano, un asiático, unha persoa
imposibilitada ou unha muller orixinalmente non tiñan unha
connotación despectiva. "Broad1 " e
"ruliña" eran simplemente os equivalentes femeninos pra
"tío", "rapazolo" ou "mozo". As
connotacións negativas foron agregadas a estos termos polos propios
activistas. Algúns defensores dos dereitos dos animais chegaron tan
lonxe como pra rechaza-la palabra "mascota" e insistir no seu
reemplazo por "animal de compaña". Antropólogos
esquerdistas chegan demasiado lonxe ó non querer dicir nada acerca de
persoas primitivas que poida ser interpretado como negativo: queren
reempraza-la palabra "primitivo" por "iletrado". Parecen
casi paranoicos sobre calquer cousa que lles suxira que algunha cultura
primitiva é inferior á nosa. (Non queremos dicir que as culturas
primitivas SON inferiores á nosa. Soamente apuntamos a
hipersensibilidade destes antropólogos).
12. Aqueles que son máis delicados
sobre a terminoloxía "políticamente correcta" non son
os negros medios habitantes do gueto, inmigrantes asiáticos, mulleres
maltratadas ou persoas imposibilitadas, senon unha minoría de
activistas, moitos deles non pertenecen a ningún grupo
"oprimido", senon que veñen de estratos sociais privilexiados.
A corrección política ten o seu maior arraigo entre os profesores
de universidade, os cales teñen traballo seguro con salarios
confortables e, a maioría deles, son varóns brancos heterosexuais
de familias de clase media.
13. Moitos esquerdistas teñen
unha intensa identificación cos problemas de grupos que teñen
unha imaxen de débiles (mulleres), derrotados (indios americanos),
repelentes (homosexuais), ou polo que sexa inferiores. Nunca admitirán
no seu foro interno que teñen tales sentimentos, pero é
precisamente pola súa visión destes grupos como inferiores polo
que se identifican cos seus problemas. (Non suxerimos que as mulleres, os
indios, etc., SON inferiores; só estamos facendo un apunte sobre a psicoloxía
esquerdista).
14. As feministas están
ansiosamente desesperadas por demostrar que as mulleres son tan fortes e tan
capaces como os homes. Elas están claramente machacadas polo medo de que
as mulleres poidan NON ser tan fortes e capaces como os homes.
15. Os esquerdistas odian todo o que
teña unha imaxen de ser forte, bon e exitoso. Eles odian América,
odian a civilización occidental, odian ós varóns brancos,
odian a racionalidade. As razóns que dan pra odiar occidente, etc.
claramente non coinciden cos seus motivos reais. DIN que odian occidente porque
é guerreiro, imperialista, sexista, etnocéntrico, pero cando as
mesmas faltas aparecen en países socialistas ou culturas primitivas,
topan excusas pra eles ou, como moito, o admíteno REFUNFUÑANDO,
mentres que sinalan (e moitas veces exaxerando en exceso) estas faltas cando
aparecen en civilizacións occidentais. Así, está claro que
estas faltas non son os motivos reais pra odiar América e occidente:
odian América e occidente porque son fortes e exitosos.
16. Palabras como
"autoconfianza", "seguridade nun mesmo",
"iniciativa", "empresa", "optimismo", etc. xogan
un papel moi pequeno no vocabulario liberal e esquerdista. O esquerdismo
é antiindividualista, é procolectivista. Queren á
sociedade pra resolve-las necesidades de todo o mundo por eles, pra coidar
deles. Non son a clase de persoas que teñen un sentido interior de
confianza nas súas propias habilidades pra resolve-los seus propios
problemas e satisface-las súas propias necesidades. O esquerdista
é antagonista ó concepto de competición porque,
interiormente, síntese como un perdedor.
17. As formas de arte que apelan
ós intelectuais do esquerdismo moderno tenden a enfocarse na sordidez, a
derrota e a desesperación ou, por outro lado, toman un tono orxiástico,
renunciando ó control racional, como se non houbera esperanza de lograr
nada a través do cálculo racional e todo o que quedou fora o
sumerxirse na sensación do momento.
18. Os filósofos esquerdistas
modernos tenden a rechaza-la razón, a ciencia, a realidade obxetiva e
insisten en que todo é culturalmente relativo. É certo que un
pode facer preguntas serias sobre os fundamentos do saber científico e
sobre todo cómo o concepto de realidade obxetiva pode ser definido. Pero
é obvio que estos filósofos non son simplemente lóxicos de
cabeza fría que sistemáticamente analizan os fundamentos do
coñecemento. Están profundamente envoltos emocionalmente no seu
ataque á verdade e á realidade. Atacan estos conceptos polas
súas necesidades psicolóxicas. Por unha cousa, o seu ataque
é unha saída prá hostilidade, e ó ser exitoso,
satisfai o impulso polo poder. Máis importante, os esquerdistas odian a
ciencia e a racionalidade porque clasifican certas crenzas como verdadeiras (é
dicir, éxito, superior) e outras crenzas como falsas (é dicir,
fracaso, inferior). Os sentimentos esquerdistas de inferioridade corren tan
profundamente que non poden tolerar ningunha clasificación de algo como
exitoso ou superior e outra cousa como fracasada ou inferior. Isto tamén
subliña o rechazo de moitos de enfermidade mental e da utilidade das
probas de intelixencia. Son antagonistas das explicacións
xenéticas das habilidades ou conductas humanas porque estas
explicacións tenden a facer aparecer a algunhas persoas como superiores
ou inferiores a outras. Preferen dar á sociedade o mérito ou a
culpa pra unha habilidade ou carencia individual. Así, se unha persoa
é "inferior" non é a súa culpa, senon da
sociedade, porque non foi educada correctamente.
19. O esquerdista non é típicamente
a clase de persoa á cal os seus sentimentos de inferioridade a convirten
nun bravucón, un egoísta, un valentón, un promotor de
sí mesmo, un competidor cruel. Esta clase de persoa non perdeu
totalmente a súa confianza. Ten un déficit no seu sentido de
poder e no seu valor, pero inda se pode concebir ca capacidade pra ser forte, e
os seus esforzos por fortalecerse producen o seu comportamento desagradable.
Alegamos que TODOS, ou case todos, os fanfarróns e os competidores
despiadados sufren sentimentos de inferioridade. Pero o esquerdista está
demasiado lonxe pra iso. Os seus sentimentos de inferioridade están tan
arraigados que non pode concebirse como un individuo forte e valioso. De
ahí o colectivismo do esquerdista: só pode sentirse forte como membro
dunha organización grande ou un movimento de masas co cal identificarse.
20. Atención á tendencia
masoquista das tácticas esquerdistas. Protestan tumbándose ante
os vehículos, provocan intencionadamente á policía ou
ós racistas pra que os maltraten, etc. Estas tácticas a
miúdo poden ser efectivas, pero moitos as usan, non como medios pra un
fin, senon porque PREFIREN tácticas masoquistas. O odio por un mesmo
é a característica esquerdista.
21. Poden pretender que o seu activismo
está motivado pola compasión ou por principios morais, e os
principios morais xogan un papel prós esquerdistas do tipo
sobresocializado, pero a compasión e os principios morais non poden ser
os principais motivos pró seu activismo. A hostilidade é un
componente demasiado distinguido do comportamento esquerdista, igual que o
impulso polo poder. Ademáis, moitos dos comportamentos esquerdistas non
están racionalmente calculados pra servir de beneficio á xente a
quen claman estar intentando axudar. Por exemplo, se un cre que as accións
afirmativas son boas prá xente negra, ¿ten sentido demandar
accións afirmativas en términos hostís ou
dogmáticos? Obviamente será mais productivo tomar unha
aproximación diplomática e conciliadora que polo menos faga
concesións verbais e simbólicas ás persoas brancas que
pensan que as accións afirmativas os discriminan. Pero os activistas
esquerdistas non tomarán semellantes aproximacións porque non
satisfarán as súas necesidades emocionais. Axudar á xente
negra non é a súa verdadeira finalidade. En vez diso, os
problemas raciais serven pra eles como unha excusa pra expresa-la súa
propia hostilidade e frustración pola súa necesidade de poder.
Facendo isto eles realmente fan dano á xente negra, porque a actitude
hostil dos activistas cara a maioría branca tende a intensifica-lo odio
racial.
22. Se a nosa sociedade non tivera
nengún problema social, terían que INVENTAR problemas co obxeto
de conseguir unha excusa pra organizar un alboroto.
23. Enfatizamos que o precedente non
pretende ser unha descripción exacta de todo o mundo que poida
considerarse un esquerdista. É só unha indicación tosca
dunha tendencia xeral.
SOBRESOCIALIZACIÓN
24. Os psicólogos usan o
término "socialización" pra designa-lo proceso polo cal
os nenos son entrenados pra pensar e actuar como demanda a sociedade.
Díse dunha persoa que está ben socializada se cre e obedece o
código moral da súa sociedade e encaixa ben como parte do
funcionamiento desta. Pode parecer con pouco sentido dicir que moitos esquerdistas
están sobresocializados, dende que o esquerdista é percibido coma
un rebelde. Sen embargo, a posición pode ser defendida: moitos non son
tan rebeldes como parecen.
25. O código moral da nosa
sociedade é tan exixente que ninguén pode pensar, sentir e actuar
dunha forma completamente moral. Por exemplo, suponse que non podemos odiar a
ninguén, sen embargo casi todo o mundo odia a alguén algunha vez,
ben o admita a sí mesmo ou non. Algunha xente está tan altamente
socializada que intenta pensar, sentir e actuar moralmente,
impoñéndose unha severa carga. Co obxeto de eludir sentimentos de
culpa, continuamente teñen que enganarse sobre os seus propios motivos e
topar explicacións morais pra sentimientos e accións que en
realidade non teñen unha orixe moral. Usámolo término
sobresocializado pra describir a ésta xente. Durante o periodo
Victoriano moita xente sobresocializada sufriu serios problemas
psicolóxicos como resultado de reprimir ou do intento de
represión dos seus sentimientos sexuais. Freud aparentemente basa as
súas teorías en xente deste tipo. Hoxe en día o foco da
socialización trasladouse do sexo á agresión.
27. Deducimos que un segmento moi
importante e influínte da esquerda moderna está sobresocializado
e que a súa sobresocialización é de gran importancia na
determinación da dirección do esquerdismo moderno. Os
esquerdistas do tipo sobresocializado tenden a ser intelectuais ou membros da
clase media alta. Nótese que os intelectuais universitarios, sen
incluír necesariamente ós especialistas en
enxeñería ou a ciencia "hard", constitúen o
segmento máis altamente socializado da nosa sociedade e a facción
máis esquerdista.
28. O esquerdista do tipo
sobresocializado trata de fuxir da súa correa psicolóxica e
reafirma-la súa autonomía rebelándose. Pero normalmente
non é suficientemente forte como pra se rebelar contra os valores máis
básicos da sociedade. Normalmente, as finalidades dos esquerdistas de
hoxe NON están en conflicto ca moral establecida. Antes que iso, a
esquerda toma un principio da moral establecida, adóptao o seu xeito e
entón acusa á corrente maioritaria da sociedade de violar ese
principio. Exemplos: igualdade racial, igualdade dos sexos, axudar á
xente probe, paz como oposto á guerra, xeralmente pacifistas, liberdade
de expresión, amabilidade cos animais. Inda máis fundamental, a
obriga da persoa de servir á sociedade e a obriga da sociedade de
facerse cargo da persoa. Todos estos foron valores profundamente arraigados da
nosa sociedade (ou polo menos por moito tempo da súa clase media e
alta). Hai bastantes persoas da clase media e alta que se resisten a
algúns destes valores, pero normalmente a súa resistencia
está máis ou menos encuberta. Tal resistencia aparece nos medios
de masas só cunha extensión moi limitada. O principal impulso da
propaganda na nosa sociedade é en favor dos valores declarados. A
principal razón de que estos valores resultaran, por así dicilo,
como os valores oficiais da nosa sociedade é que lle son útiles
ó sistema industrial. A violencia desapróbase porque transtorna o
funcionamento do sistema. O racismo desapróbase porque os conflictos
étnicos tamén o transtornan, e a discriminación malgasta o
talento dos membros dun grupo minoritario que poden ser útiles
pró sistema. A probeza debe ser "curada" porque a clase baixa
causa problemas ó sistema e o contacto con ésta abate a moral das
outras clases. As mulleres son animadas a ter carreiras porque o seu talento
é valioso pró sistema e, inda máis importante, por medio
de traballos regulares as mulleres están millor integradas no sistema e
quedan atadas directamente a él antes que as súas familias. Isto
axuda a debilita-la solidaridade familiar. (Os líderes do sistema din
que queren fortalece-la familia, pero o que realmente queren dicir é que
procuran que a familia sirva como ferramenta eficaz pra socializar ós
fillos dacordo cas súas necesidades. Razoamos nos parágrafos 51,
52 que o sistema non pode permitir á familia ou a outro grupo social de
pequena escala ser forte e autónomo). Estos valores son
explícitamente ou implícitamente expresados ou presupostos en
gran parte do material presentado polos medios de comunicación de corrente
de opinión maioritaria e polo sistema educativo. Os esquerdistas
especialmente do tipo sobresocializado, normalmente non se rebelan contra estos
principios, senon que xustifican a súa hostilidade á sociedade
afirmando (con algo de razón) que esta non está vivindo conforme
a eles.
29. Vexan unha ilustración da
forma en como o esquerdista sobresocializado ensina o seu apego real ás
actitudes convencionais da nosa sociedade mentres pretende estar en
rebelión contra elas. Moitos promoven accións afirmativas, pra
mover á xente negra dentro dos traballos prestixiosos, pra millora-la
educación nas escolas de negros e invertir máis cartos nelas; a
forma de vida da "clase baixa" negra consérvana como unha
desgracia social. Queren integra-lo home negro dentro do sistema, facer del un
executivo de negocios, un xuíz, un científico, simplemente coma
xente branca de clase media alta. Responderán que a última cousa
que queren é facer do home negro unha copia do home branco; senon que
queren preserva-la cultura afroamericana. ¿Pero en qué consiste
esta preservación? Pode consistir simplemente en comer co estilo de
comida negra, escoitar música negra, vestir roupa ó estilo negro
e ir a unha igrexa ou mezquita negras. Noutras palabras, só poden
expresarse nos problemas superficiais. En tódolos aspectos ESENCIAIS
máis esquerdistas do tipo sobresocializado queren armoniza-lo home negro
respecto ós ideais de clase media do home branco. Queren face-lo pai
negro "responsable", queren que as bandas negras se volvan non violentas,
etc. Pero estos son exactamente os valores do sistema
tecnolóxico-industrial. O sistema non pode preocuparse menos da clase de
música que un home escoita, qué clase de roupa leva ou en
qué relixión cre, mentres estudie na escola, teña un
traballo respetable, ascenda na escala social, sexa un pai
"responsable", sexa non violento e así sucesivamente. En
efecto, porque moitos poden negalo, o esquerdista sobresocializado quere
integrar o home negro no sistema e facer que adopte os seus valores.
30. Certamente non postulamos que os
esquerdistas, incluso os do tipo sobresocializado, NUNCA se rebelen contra os
valores fundamentais da nosa sociedade. Claramente algunhas veces o fan.
Algúns esquerdistas sobresocializados chegaron demasiado lonxe ata rebelarse
contra un dos principios máis importantes da sociedade moderna atraendo
a violencia física. Pola súa propia conta, a violencia é
pra eles unha forma de "liberación". Dito doutra forma,
cometendo violencia atravesan as restriccións psicolóxicas que
foron experimentadas no seu interior. Porque están sobresocializados
estas restriccións foron máis limitantes pra eles que pra outros;
polo tanto necesitan ceivarse delas. Pero normalmente xustifican a súa
rebelión en términos de valores da corrente de opinión
principal. Se se comprometen na violencia postulan estar loitando contra o
racismo ou algo parecido.
31. Comprendemos que se poden
poñer de realce moitas obxecións ó pequeno esbozo
precedente. A situación real é complexa, e algo como unha
descripción completa ocuparía varios volumes, incluso se os datos
necesarios estiveran dispoñibles. Afirmamos só ter indicado moi
aproximadamente as dúas tendencias máis importantes na
psicoloxía do esquerdismo moderno.
32. Os problemas do esquerdismo son
indicativos dos problemas da nosa sociedade como conxunto. Baixa autoestima,
tendencias depresivas e derrotismo non están restrinxidos á
esquerda. Inda que son especialmente notables nesta, están extendidos na
nosa sociedade. E a sociedade de hoxe trata de socializarnos a un maior alcance
que calquera sociedade previa. Incluso os expertos nos din cómo comer,
cómo face-lo amor, cómo educar ós nosos fillos e
así sucesivamente.
O PROCESO DE PODER
33. Os seres humáns teñen
unha necesidade (probablemente basada na bioloxía) por algo que
chamaremos o "proceso de poder". Isto está estreitamente
relacionado á necesidade de poder (que está ampliamente
recoñecida) pero non é exactamente a mesma cousa. O proceso de
poder ten catro elementos. Os tres máis claramente deliñados
chamámolos finalidade, esforzo e logro da finalidade. (Todo o mundo
necesita ter finalidades que requiran esforzo, e necesita triunfar logrando
polo menos algunha das súas finalidades). O cuarto elemento é
máis difícil de definir e pode que non sexa necesario pra todos.
Chamámolo autonomía e discutirémolo máis tarde
(parágrafos 42-44).
34. Considerémo-lo caso
hipotético dun home que poida ter todo canto quixera simplemente con
desexalo. Tal home ten poder, pero desenrolará problemas
psicolóxicos serios. O principio terá moita diversión,
pero conforme siga estará agudamente aburrido e desmoralizado.
Eventualmente pode convertirse en clínicamente deprimido. A historia
ensínanos a esos aristócratas ociosos, que tenden a convertirse
en decadentes. Isto non é certo en aristócratas loitadores que
tiñan que esforzarse pra mante-lo seu poder. Pero os aristócratas
ociosos e seguros, que non tiñan necesidade de esforzarse, normalmente
convertíanse en aburridos, hedonistas e desmoralizados, incluso inda que
tiveran poder. Isto mostra que o poder non é suficiente. Un debe ter
finalidades cas que poder exercitalo.
35. Todos temos finalidades; se non hai
nada máis, obte-las necesidades de vida: comida, auga e calquer prenda e
refuxio que sexan necesarios polo clima. Pero os aristócratas ociosos
obteñen estas cousas sen esforzo. A consecuencia disto é o seu
aburrimento e desmoralización.
36. O non lograr finalidades importantes
conleva a morte, se estas son necesidades físicas, e a
frustración, se son compatibles ca supervivencia. Consecutivas derrotas
ó intentar alcanzalas ó longo da vida resulta en derrotismo,
baixa autoestima ou depresión.
37. Así, co obxeto de eludir
problemas psicolóxicos serios, o ser humán necesita finalidades
que requiran esforzo, e debe ter un éxito razonable
conseguíndoas.
ACTIVIDADES SUSTITUTORIAS
38. Pero non todo aristócrata
ocioso se voltaba aburrido e desmoralizado. Por exemplo, o emperador Hirohito,
na vez de afundir nun hedonismo decadente, volveuse un apaixonado da
bioloxía marítima, un campo no que se distinguiu. Cando a xente
non ten que esforzarse en satisface-las súas necesidades físicas
a miúdo crea finalidades artificiais pra eles mesmos. En moitos casos
persiguen estas finalidades ca mesma enerxía e compromiso emocional que
houberan posto doutro modo en buscar as súas necesidades físicas.
Así, os aristócratas do Imperio Romano tiñan as
súas pretensións literarias, moitos aristócratas europeos
fai poucos séculos invertían moito tempo e enerxía en
cazar, inda que non necesitaban a carne, outros aristócratas rivalizaban
pola posición social a través de elaborados despregues de
riqueza, e uns poucos aristócratas, como Hirohito, xiraron cara á
ciencia.
39. Usámolo término
"actividade sustitutoria" pra designar unha actividade que persigue
directamente unha finalidade artificial que a xente ensalza pra eles mesmos
meramente co obxeto de ter algunha finalidade pola que traballar, ou,
pódese dicir, simplemente pola razón da satisfacción que
consiguen ó perseguir dita finalidade. Aquí temos unha regra
fácil prá identificación de actividades sustitutorias.
Dada unha persoa que dedica moito tempo e enerxía á
persecución da finalidade X, pregúntate isto: ¿se tivera
que dedica-la maioría do seu tempo e enerxía a satisface-las
súas necesidades biolóxicas, e este esforzo lle requirira usa-las
súas posibilidades físicas e mentais dun modo variado e
interesante, ¿sentiríase privado seriamente por non alcanza-la
finalidade X? Se a resposta é non, entón a persecución da
finalidade X é unha actividade sustitutoria. Os estudios de Hirohito de
bioloxía marítima constitúen claramente unha actividade
sustitutoria, xa que é bastante seguro que se Hirohito tivera que
inverti-lo seu tempo traballando en tareas interesantes non científicas
co obxeto de obte-las necesidades de vida, non se tería sentido privado
por non saber todo acerca da anatomía e dos ciclos de vida dos animais
mariños. Por outro lado, a persecución do sexo e do amor (por
exemplo) non é unha actividade sustitutoria, porque moita xente, incluso
se a súa existencia fora doutro modo satisfactoria, sentiríanse
privados se pasaran as súas vidas sen ter nunca unha relación cun
membro do sexo oposto. (Pero perseguir unha cantidade excesiva de sexo,
máis do que un necesita realmente, pode ser unha actividade sustitutoria).
40. Na sociedade industrial moderna
só é necesario un mínimo esforzo pra satisface-las
necesidades físicas propias. É suficiente o atravesar un programa
de entrenamento pra adquirir algunha pequena escala técnica, despois
chegar ó traballo puntal e exercer un esforzo moi modesto pra mantelo.
Os únicos requisitos son unha cantidade moderada de intelixencia e, a
maior parte de todo, simple OBEDIENCIA. Se un ten isto, a sociedade
ocúpase dun dende a cuna ata a sepultura. (Sí, hai unha clase
baixa que non pode garantizarse as necesidades físicas, pero aquí
estamos falando da corrente principal da sociedade). Así, non é
sorprendente que a sociedade moderna esté chea de actividades
sustitutorias. Isto inclúe o traballo científico, as proezas
atléticas, o traballo humanitario, a creación artística e
literaria, o ascender o escalón corporativo, a adquisición de
diñeiro e bens materiais máis alá do punto que deixan de
dar satisfaccións físicas adicionais e o activismo social cando
as cuestións ás que se dirixe non son importantes pró
activista persoalmente, como no caso de activistas brancos que traballan polos
dereitos das minorías que non son brancas. Estas non son sempre
actividades sustitutorias puras, dende que pra moita xente poden ser motivadas
en parte por outras necesidades que a necesidade de ter algunha finalidade que
perseguir. O traballo científico pode estar en parte motivado por un
impulso de prestixio, a creación artística por unha necesidade de
expresar sentimentos, o activismo social militante pola hostilidade. Pero pra
moita xente que as persegue estas actividades son finalmente parte de
actividades sustitutorias. Por exemplo, a maioría dos científicos
estarán de acordo probablemente en que a autorrealización que
adquiren dos seus traballos é máis importante que o
diñeiro e o prestixio que gañan.
41. Pra algunha, se non pra moita xente,
as actividades sustitutorias son menos satisfactorias que o perseguir
finalidades reais (éstas son finalidades que a xente querría
alcanzar incluso se a necesidade do proceso de poder estivera xa realizada).
Unha mostra disto é o feito de que, en moitos ou na maior parte dos
casos, a xente que está profundamente comprometida en actividades
sustitutorias non está nunca satisfeita. Así o que fai
diñeiro esfórzase constantemente por obter máis e
máis riqueza. O científico tan pronto como resolveu un problema
móvese ó seguinte. O corredor de longa distancia impúlsase
a correr máis lonxe e máis rápido. Moita xente que
persigue actividades sustitutorias dirá que consigue máis
satisfacción déstas actividades da que consiguen dos negocios
"mundanos" de satisfacer as súas necesidades
biolóxicas, pero isto é porque na nosa sociedade o esforzo
necesario pra satisfacer as necesidades biolóxicas foi reducido á
trivialidade. Máis importante, na nosa sociedade a xente non
satisface-las súas necesidades biolóxicas AUTóNOMAMENTE xa
que funcionamos como parte dunha inmensa máquina social. En contraste, a
xente ten xeralmente bastante autonomía perseguindo as súas
actividades sustitutorias.
AUTONOMÍA
43. É certo que algunhas persoas
parecen ter pouca necesidade de autonomía. O seu impulso polo poder
é débil ou satisfano identificándose con algunha
organización poderosa á cal pertencen. E entón hai
irreflexivos, tipos de animal que parecen estar satisfeitos cun sentido
puramente físico de poder (o bon soldado de combate, que obtén o
seu sentido de poder desenvolvendo habilidades de loita que está
bastante contento de usar en obediencia cega os seus superiores).
44. Pero a maioría da xente pasa
a través do proceso de poder tendo unha finalidade, facendo un esforzo
AUTÓNOMO e alcanzándoa adquire esa autoestima, autoconfianza e un
sentido de poder. Cando un non ten oportunidades adecuadas pra pasar a
través do proceso de poder, as consecuencias son (dependendo da persoa e
da forma na que o proceso de poder se desorganizou) aburrimento,
desmoralización, baixa autoestima, sentimentos de inferioridade,
derrotismo, depresión, ansiedade, culpabilidade, frustración,
hostilidade, abuso da parella e de nenos, hedonismo insaciable, conducta sexual
anormal, desordes do sono, desordes alimenticios, etc. Algúns dos
síntomas enumerados son similares a aqueles que mostran os animais en
cautividade. Pra explicar como surxen estos síntomas da privación
respecto ó proceso de poder: o sentido común do entendimento da
natureza humana dille a un que a falta de finalidades que requiran esforzo
conduce ó aburrimento e este, continuado longamente, a miúdo leva
á frustración e á depresión. O fracaso á
hora de obter finalidades conduce á frustración e a baixa-la
autoestima. A frustración leva ó enfado, e este á
agresión, a miúdo na forma de abuso da parella ou de nenos. Tense
demostrado que a frustración continuada comúnmente dirixe
á depresión, e esta tende a causar ansiedade, culpabilidade, desordes
do sono, desordes alimenticios e malos sentimentos sobre un mesmo. Aqueles que
tenden á depresión buscan o pracer como un antídoto; en
consecuencia recurrindo ó hedonismo insaciable e ó sexo excesivo,
con perversións querendo significar conseguir diversións novas. O
aburrimento tamén tende a causar excesiva búsqueda do pracer xa
que, a falta doutras, a xente usa con frecuencia éste como unha
finalidade. Ver diagrama. O precedente é unha simplificación, a
realidade é mais complexa e por suposto a privación con respecto
ó proceso de poder non é a ÚNICA causa dos síntomas
descritos. Por certo, cando falamos da depresión non queremos dicir
necesariamente a que é o suficientemente severa como pra ser tratada por
un psiquiatra. A miúdo están comprometidas formas de depresión
suaves. E cando falamos de finalidades non queremos dicir necesariamente que
estas sexan de periodo longo e moi pensadas. A través da longa historia
da humanidade pra moita ou a maior parte da xente, as finalidades precarias da
existencia (simplemente proporcionarse a un e a súa familia a comida do
día a día) foi por completo suficiente.
DIAGRAMA ORIXE DOS PROBLEMAS
SOCIAIS
45. Calquera dos síntomas
precedentes poden ocurrir en calquer sociedade, pero na sociedade industrial
moderna están presentes nunha escala masiva. Non somo-los primeiros en
mencionar que hoxe o mundo parece estar toleando. Esta clase de cousas non son
normais en sociedades humanas. Hai boas razóns pra crer que o home
primitivo sufría menos tensión e frustración e estaba
máis satisfeito ca súa forma de vida do que está o home
moderno. É certo que nas sociedades primitivas non todo era un
camiño de rosas. O abuso ás mulleres era común entre os
aboríxenes australianos, a transexualidade era bastante común
entre algunhas tribus dos indios americanos. Pero parece que FALANDO EN XERAL a
clase de problemas que nomeamos no párrafo precedente eran moito menos
comúns entre as persoas primitivas do que o son na sociedade moderna.
46. Atribuimos os problemas sociais e
psicolóxicos da sociedade moderna ó feito de que esta require
xente que viva baixo condicións radicalmente diferentes daquelas baixo
as que a raza humana se desenrolou e a formas de comportarse que entran en
conflicto cos patróns de comportamento que desenrolaba mentres
vivía baixo as condicións iniciais. Queda claro polo que xa temos
escrito que consideramos a falta de oportunidade de experimentar propiamente o
proceso de poder como a máis importante das condicións anormais
que a sociedade moderna fai pasar á xente. Pero non á a única.
Antes de proceder co colapso do proceso de poder como a orixe dos problemas
sociais discutiremos algunhas das outras orixes.
47. Entre as condicións anormais
presentes na sociedade industrial moderna están a excesiva densidade de
poboación, o aislamento do home da natureza, a excesiva rapidez do
cambio social e o colapso das comunidades naturais de pequena escala como a
familia prolongada, o pobo ou a tribu...
48. É ben sabido que o
hacinamento incrementa a tensión e a agresión. O grado de
hacinamento que existe hoxe e o aislamento do home da natureza son
consecuencias do proceso tecnolóxico. Tódalas sociedades
preindustriais eran predominantemente rurais. A Revolución Industrial
incrementou bastante as medidas das cidades e a proporción dos
habitantes que nelas vivían e a tecnoloxía agrícola
moderna fixo posible prá terra soportar unha densidade de
poboación maior da que nunca houbo antes. (Ademais, a tecnoloxía
agravou os efectos do hacinamento porque pon poderes desorganizadores
incrementados nas mans da xente. Por exemplo, unha variedade de aparato que
faga ruido: un segador potente, radios, motocicletas, etc. Se o uso destos
aparatos non está restrinxido, a xente que quere paz e silencio
está frustrada polo ruido. Se o uso está restrinxido, a xente que
usa os aparatos está defraudada polas regulacións. Pero se estas
máquinas non foran inventadas nunca habría o conflicto e a
frustración provocado por elas).
49. Prás sociedades primitivas o
mundo natural (que normalmente só cambiaba despacio) proporcionaba un
armazón estable e por iso unha sensación de seguridade. No mundo
moderno é a sociedade humana a que domina a natureza ó contrario
que antes, e a sociedade moderna transfórmase moi rápidamente
debido ó cambio tecnolóxico. Así que non hai un
armazón estable.
50. ¡Os conservadores son uns
aparvados! Quéixanse da decadencia dos valores tradicionais e sen
embargo soportan con entusiasmo o progreso tecnolóxico e o crecimento
económico. Aparentemente nunca se lles ocurriu que non podes facer
cambios rápidos e drásticos na tecnoloxía e na economía
da sociedade sen causar cambios rápidos en tódolos outros
aspectos desta, e que esos cambios rápidos inevitablemente rompen os
valores tradicionais.
52. Supoñamos que un funcionario
público ou un executivo dunha corporación nomea o seu primo, o
seu millor amigo ou o seu correlixionario pra unha posición antes que a
unha persoa millor cualificada pró traballo. Permitiu que a fidelidade
persoal reemplace a súa fidelidade polo sistema, e iso é
"nepotismo" ou "discriminación", pecados terribles
na sociedade moderna. Será que as sociedades industriais fixeron un
traballo probe de subordinación da fidelidade persoal ou local á
fidelidade ó sistema, xa que son normalmente moi ineficientes. (Mira
América Latina). Así unha sociedade industrial avanzada só
pode tolerar esas comunidades de pequena escala que estén castradas,
domesticadas e convertidas en ferramentas do sistema. Unha excepción
parcial pódese facer cuns poucos grupos pechados e pasivos, como os
Amish2, que teñen poucas consecuencias na sociedade lonxana.
Aparte destes, hoxe en día existen en América algunhas outras
comunidades de pequena escala xenuinas. Por exemplo, pandillas de xente nova e
"cultos". Todo o mundo os considera perigosos, e sono, porque os membros
destos grupos son primeiro leais uns ós outros antes que ó
sistema, polo tanto éste non os pode controlar. Ou consideremos
ós xitanos. Estos comúnmente escapan co roubo e o fraude porque
as súas lealtades son tales que sempre poden conseguir outros xitanos
pra dar testimonio que "probe" a súa inocencia. Obviamente o
sistema estaría nun serio problema se demasiada xente pertencera a tales
grupos. Algúns dos pensadores chinos de principios do século XX
que estaban interesados na modernización de China recoñeceron a
necesidade de acabar cos grupos sociais de pequena escala como a familia:
"(Según Sun Yat-sen) A xente china necesitaba unha nova oleada de
patriotismo, a cal deixaría transferir a lealtade da familia ó
Estado... (Según Li Huang) os apegos tradicionais, particularmente
á familia, tiñan que ser abandonados, se o nacionalismo
debía desenrolarse en China." (Chester C. Tan, "Pensamento
Político Chino no Século Vinte", páxina 125,
páxina 297).
53. O hacinamento, o cambio
rápido e a descomposición das comunidades foron ampliamente
recoñecidos como orixes dos problemas sociais, pero non cremos que sexan
suficiente pra relaciona-la amplitude dos problemas que hoxe vemos.
54. Unhas poucas cidades preindustriais
eran moi grandes e hacinadas, sen embargo os seus habitantes non
parecían sufrir problemas psicolóxicos na mesma extensión
que o home moderno. Hoxe todavía hai en América áreas
rurais que non están hacinadas, e topamos alí os mesmos problemas
que nas áreas urbanas, inda que tenden a ser menos agudos nas
áreas rurais. Así o hacinamento non parece se-lo factor decisivo.
55. Na idade de crecimento da fronteira
Americana durante o século XIX, a movilidade da poboación
probablemente rompeu, familias prolongadas e grupos sociais de pequena escala,
ata ó menos a mesma amplitude que o están hoxe. De feito,
algunhas familias nucleares elixen vivir ailladas, sen ter veciños en
varias millas, sen pertencer a ningunha comunidade; sen embargo, non parecen
ter desenrolado como resultado nengún problema.
56. Ademais, o cambio na fronteira
americana foi moi rápido e profundo. Un home pudo nacer e crecer nunha
barraca de madeira, fora do alcance da lei e a orde e alimentarse moito tempo
con carne salvaxe; e cando chegase a vello podía estar traballando
metódicamente e vivindo nunha comunidade ordeada con execución
efectiva das leis. Éste foi o profundo cambio que típicamente
ocurriu na vida dunha persoa moderna, sen embargo, non parece ter conducido a
problemas psicolóxicos. De feito, no século XIX a sociedade americana
tiña un tono optimista e de autoconfianza, completamente diferente que a
sociedade actual. Sí, sabemos que a América do século XIX
tiña os seus problemas, e serios, pero a necesidade de ser breves
oblíganos a expresarnos en termos simples.
57. Argumentamos que a diferencia
é que o home moderno ten a sensación (ben xustificada) de que o
cambio se lle IMPÓN, mentres que o home da fronteira do século
XIX tiña a sensación (tamén xustificada) de que creou o
cambio por sí mesmo, pola súa propia elección. Así
o pioneiro arraigado nun pedazo de terra baixo a súa propia
elección e convirtíndoo en granxa polo seu propio esforzo.
Naqueles días un condado enteiro podía ter só uns cantos
centos de habitantes e estaba moito máis aillado e tiña
máis entidade autónoma que un condado moderno. Polo tanto o
pioneiro dedicado á granxa participaba como membro dun grupo
relativamente pequeno na creación dunha comunidade nova e moderna. Un
pode preguntar con acerto se a creación desta comunidade foi unha
millora, pero en todo caso satisfacía a necesidade dos pioneiros polo
proceso de poder.
58. Sería posible dar outros
exemplos de sociedades nas que houbera cambios rápidos e/ou falta de
lazos estreitos entre comunidades sen a clase de conducta masiva aberrante que
vemos na sociedade industrial actual. Afirmamos que a causa máis
importante dos problemas sociais e psicolóxicos na sociedade moderna
é o feito de que a xente non ten suficientes oportunidades de
atravesa-lo proceso de poder dunha forma normal. Non queremos dicir que a
sociedade moderna é a única na que o proceso de poder foi
desorganizado. Probablemente moitas se non tódalas sociedades
civilizadas interferiron no proceso de poder cunha maior ou menor
extensión. Pero na sociedade industrial moderna o problema fíxose
particularmente agudo. O esquerdismo polo menos na súa forma recente (de
mitade ata finais do século XX), é en parte un síntoma da
privación con respecto ó proceso de poder.
COLAPSO DO PROCESO DE PODER
NA SOCIEDADE MODERNA
59. Dividimo-los impulsos humáns
en tres grupos: (1) aqueles impulsos que poden ser satisfeitos cun esforzo
mínimo; (2) aqueles que poden ser satisfeitos pero só co coste
dun esforzo serio; (3) aqueles que non poden ser satisfeitos adecuadamente, sen
importar canto esforzo fagamos. Cantos máis impulsos haxa no terceiro
grupo habrá máis frustración, cólera, as veces
derrotismo, depresión, etc.
60. Na sociedade industrial moderna os
impulsos humáns naturais tenden a ser desprazados ó primeiro e
ó terceiro grupo, e o segundo grupo tende a consistir cada vez
máis en impulsos creados artificialmente.
61. Nas sociedades primitivas, as
necesidades físicas xeralmente pertencen ó grupo 2: poden ser
satisfeitas, pero só co coste dun esforzo serio. Pero a sociedade
moderna coida de garantiza-las necesidades físicas de todo o mundo a
cambio dun mínimo esforzo, polo tanto as necesidades físicas son
desprazadas ó grupo 1. Deixamos aparte á clase baixa, estamos
falando da tendencia principal. (Pode haber desacordo sobre se o esforzo
necesario pra manter un traballo é "mínimo"; pero
normalmente, en traballos de grado medio ou baixo, todo o esforzo que se
require é meramente a obediencia. Séntaste ou levántaste
onde che foi dito que o fagas e fas o que se che encargou tal e como che
mandaron. Raramente tés que esforzarte seriamente, e en calquer caso
escasamente tés autonomía no traballo, así que a
necesidade polo proceso de poder non está ben cumprida).
62. As necesidades sociais, como o sexo,
o amor e a posición social, a miúdo permanecen no grupo 2 na
sociedade moderna, dependendo da situación da persoa. Algúns
científicos sociais, educadores, profesionais da "saúde
mental", están facendo o imposible pra despraza-los impulsos
sociais ó grupo 1 intentando facer ver que todo o mundo ten unha vida
social satisfactoria. Pero, excepto prás persoas que teñen un
impulso particularmente forte pola posición social, o esforzo requerido pra
comprace-los impulsos sociais é insuficiente pra satisfacer
adecuadamente a necesidade polo proceso de poder.
63. Así creáronse certas
necesidades artificiais ca fin de que correspondan ó grupo 2, polo tanto
serven prá necesidade do proceso de poder. Desenvolvéronse
técnicas de publicidade e mercado pra que moita xente sinta que necesita
cousas que os seus abuelos nunca desexaron ou incluso soñaron. Require
un serio esforzo o gañar suficiente diñeiro pra satisfacer estas
necesidades artificiais, polo tanto corresponden ó grupo 2. (Ver
parágrafos 80-82). O home moderno debe satisface-la súa
necesidade polo proceso de poder en gran parte a través da
persecución de necesidades artificiais creadas pola industria
publicitaria e de mercado e a través de actividades sustitutorias.
¿É o impulso pola adquisición ilimitada de bens materiais
unha creación artificial da industria da publicidade e de mercado?
Certamente non hai un impulso innato no home pola adquisición de bens
materiais. Houbo moitas culturas nas que a xente desexou pequenas riquezas
materiais máis alá do que era necesario pra satisface-las
súas necesidades físicas básicas (aboríxenes
australianos, campesiños mexicanos de cultura tradicional, algunhas
culturas africanas). Por outro lado tamén houbo moitas culturas preindustriais
nas que a adquisición material tivo un importante papel. Polo tanto non
podemos pretender que a cultura da adquisición, que nace hoxe en
día, é exclusivamente unha creación da industria da
publicidade e do mercado. Pero está claro que ésta tivo unha
parte importante na creación desta cultura. As grandes
corporacións que gastan millóns en publicidade non
estarían invirtindo esa cantidade de diñeiro sen probas
sólidas de que a reembolsarán incrementando as ventas. Un membro
de FC coñeceu un par de anos atrás a un director de ventas que
foi o suficientemente sinceiro como pra dicirlle, "O noso traballo
é facer que a xente merque cousas que non quere nen necesita". Logo
describiu como un novato sen experiencia podía presenta-las realidades
dun producto, e non facer ningunha venta en absoluto, mentres que un vendedor
profesional entrenado e con experiencia houbera feito moitas ventas á
mesma xente. Isto demostra que ésta é manipulada pra comprar
cousas que realmente non quere.
64. Parece ser que pra algunha xente,
pode que prá maioría, estas formas artificiais do proceso de
poder son insuficientes. Un tema que aparece repetidamente nos escritos das
críticas sociais da segunda mitade do século XX é a
sensación de falta de obxetivos que entristece a bastantes na sociedade
moderna. (Esta falta de obxetivos é frecuentemente chamada
"anomic" ou "vacío da clase media"). Suxerimos que a
chamada "crisis de identidade" é actualmente unha
búsqueda do sentido de propósito, frecuentemente comprometido a
unha actividade sustitutoria conveniente. Pode que o existencialismo3
sexa en gran parte unha resposta á falta de obxetivos da vida moderna. O
problema da falta de obxetivos parécese ter convertido en menos serio
durante os últimos 15 anos aproximadamente, porque agora a xente sinte
menos seguridade física e emocional que antes e a necesidade de
seguridade proporciónalles unha finalidade. Pero a falta de obxetivos
foi sustituida pola frustración sobre a dificultade de obter seguridade.
Enfatizamo-lo problema da falta de obxetivos porque os liberais e os
esquerdistas desexarían resolve-los nosos problemas sociais por medio de
garantiza-la seguridade de todos a través da sociedade; pero se iso se
poidera facer só traería de novo o problema da falta de
obxetivos. O problema real non é se a sociedade proporciona ben ou
probemente a seguridade ás persoas, a molestia é que a xente
depende do sistema prá súa seguridade na vez de tela nas
súas propias mans. Isto, dito sexa de paso, é parte da
razón de porque algúns exáltanse sobre o dereito a portar
armas, a posesión dunha arma pon ese aspecto da súa seguridade
nas súas propias mans. Na sociedade moderna está moi extendida a
búsqueda da "realización", pero pensamos que prá
maioría unha actividade que teña por finalidade principal a
realización (isto é, unha actividade sustitutoria) non trae unha
realización completamente satisfactoria. Noutras palabras, non satisfai
completamente a necesidade polo proceso de poder. (Ver parágrafo 41).
Esa necesidade pode ser completamente satisfeita só por medio de
actividades que teñen algunha finalidade externa, como necesidades
físicas, sexo, amor, posición social, venganza, etc.
65. Ademais, onde as finalidades son
perseguidas enteiramente por gañar diñeiro, ascender na
posición social ou funcionar como parte do sistema de calquer outro
modo, moitos non están nunha posición de persegui-las súas
finalidades AUTóNOMAMENTE. A maioría dos traballadores son os
empleados dalguén e, como sinalamos no parágrafo 61, deben
emplea-los seus días facendo o que lles din da maneira que se lles dixo.
Incluso o que ten un negocio propio ten unha autonomía limitada. Unha
queixa crónica dos pequenos comerciantes e empresarios é que as
súas mans están atadas polas excesivas regulacións do
goberno. Algunhas destas regulacións son indudablemente innecesarias,
pero a maior parte son esenciais e partes inevitables da nosa extremadamente
complexa sociedade. Unha gran porción dos pequenos negocios de hoxe
operan co sistema de franquicia4. No Wall Street Journal
narrábase fai uns anos que moitas das compañías
adxudicatarias de franquicias pedían ós solicitantes destas pasar
unha proba de personalidade que está ideada pra EXCLUIR a aqueles que
teñen creatividade e iniciativa, porque esas persoas non son
suficientemente dóciles como pra seguir obedientemente co sistema de
franquicia. Isto exclúe de pequenos negocios os que máis
necesidade teñen de autonomía.
66. Hoxe en día a xente vive
máis pola eficacia do que o sistema fai POR eles ou PRA eles que pola
eficacia do que fan por eles mesmos. E o que fan por eles mesmos fano cada vez
máis polos cauces establecidos polo sistema. As oportunidades tenden a
ser aquélas que o sistema proporciona e éstas deben ser
explotadas dacordo cas regras e regulacións, e hanse de seguir as
técnicas prescritas polos expertos, se se quere topar unha oportunidade
de éxito. Os esforzos dos conservadores por disminui-la cantidade das
regulacións do goberno son de escaso beneficio pró home medio.
Por un lado, só unha fracción destas poden ser eliminadas porque
a maioría son necesarias. Por outro lado, a maioría das
regulacións afectan ós homes de negocios antes que á
persoa media, polo que o principal efecto é o de quitar poder ó
goberno pra darllo ás corporacións privadas. O que isto significa
pró home medio é que a interferencia do goberno na súa
vida é reemprazada pola interferencia das grandes corporacións, o
que pode ser permitido, por exemplo, pra verter máis productos
químicos que penetran no seu suministro de auga e lle producen
cáncer. Os conservadores toman ó home medio por un mamón,
explotando o seu resentimiento polo Gran Goberno pra promove-lo poder da Gran
Empresa.
67. Así o proceso de poder
colápsase na nosa sociedade a causa dunha deficiencia de finalidades
reais e de autonomía na persecución das finalidades. Pero
é tamén colapsado por aqueles impulsos humáns que
pertencen ó grupo 3: os impulsos que un non pode satisfacer
adecuadamente, sen importar canto esforzo faga. Un destes impulsos é a
necesidade de seguridade. A nosa vida depende de decisións feitas por
outras persoas; non temos control sobre estas decisións e incluso
normalmente non sabemos as persoas que as toman. ("Vivimos nun mundo no
que relativamente pouca xente -pode que 500 o 1000- toma as decisións
importantes" -Philip B. Heymann da escola de leis dde Harvard, citado por
Anthony Lewis, New York Times, 21 de Abril, 1995). As nosas vidas dependen de
se o modelo de seguridade está debidamente mantido nunha central
nuclear; ou de canto pesticida está permitido que penetre no nosos
alimentos ou de canta polución no noso ar; en cómo é de
hábil (ou de incompetente) o noso médico; se perdemos ou
conseguimos un traballo pode depender das decisións feitas polos
economistas gubernamentais ou dos executivos dunha corporación; e
así sucesivamente. A maior parte das persoas non están nunha
posición de asegurarse contra estas ameazas mais alá dun alcance
moi limitado. As persoas que buscan seguridade están por iso frustradas,
o que as conduce a un sentimento de impotencia.
68. Pódese obxetar que o home
primitivo estaba físicamente menos seguro que o home moderno, como se
pode ver pola súa corta expectativa de vida; polo tanto o home moderno
está máis seguro do que é normal en seres humáns.
Pero a seguridade psicolóxica non corresponde estreitamente ca
seguridade física. O que nos fai SENTIRNOS seguros non é tanto a
seguridade obxetiva como a sensación de confianza na nosa habilidade de
facernos cargo de nós mesmos. O home primitivo ameazado por un animal
fero ou pola fame, podía loitar pra se defender ou viaxar pra buscar
alimento. Non tiña a certeza de ter éxito nestes esforzos, pero
por término medio non estaba indefenso contra as cousas que o ameazaban.
Por outro lado a persoa moderna está indefensa ante moitas das cousas
que lle ameazan; accidentes nucleares, axentes canceríxenos na comida,
polución ambiental, guerra, aumento dos impostos, invasión da
súa vida privada por grandes organizacións, fenómenos
sociais ou económicos ó longo do país que poden
desorganiza-lo seu modo de vida.
69. É certo que o home primitivo
era impotente ante algunhas das cousas que o ameazaban; a enfermidade por
exemplo. Pero podían aceptar o risco da enfermidade estoicamente.
É parte da natureza das cousas, non é culpa dun, a non ser que
sexa a culpa de algo imaxinario, un demo impersoal. Pero os temores da persoa
moderna tenden a estar FEITOS POLO HOME. Xa non son o resultado do azar, son
IMPOSICIÓNS doutras persoas e como individuo, é incapaz de
influir nas súas decisións. Consecuentemente síntese
frustrado, humillado e furioso.
70. Deste modo o home primitivo ten a
súa seguridade na maior parte nas súas propias mans (tanto como
persoa como parte dun grupo PEQUENO). Mentres que a seguridade do home moderno
está en mans de persoas ou organizacións demasiado remotas ou
grandes como pra influír persoalmente sobre elas. Así o impulso
do home moderno pola seguridade tende a pertencer ós grupos 1 e 3;
nalgunhas áreas (comida, refuxio, etc.) a súa seguridade
está confiada ó coste dun esforzo trivial, mentres que noutras
áreas non pode conseguir seguridade. (O precedente simplifica
enormemente a situación real, pero indica toscamente e de maneira xeral
como a condición do home moderno difire da do home primitivo).
73. O comportamento non só
está regulado a través de regras explícitas e non
só polo goberno. O control está frecuentemente exercido a
través de coerción indirecta ou de presión ou
manipulación psicolóxica, e por outras organizacións a
parte do goberno, ou polo sistema como conxunto. Moitas grandes
organizacións usan algunha forma de propaganda pra manipula-la actitude
ou o comportamento do público. Cando alguén acepta o
propósito pró que a propaganda está sendo usada nun caso
determinado, xeralmente a chama "educación" ou lle aplica
algún eufemismo similar. Pero a propaganda é propaganda independentemente
do propósito pró que sexa usada. Ésta non está
limitada únicamente ós "clientes" e ós anuncios,
e incluso algunhas veces non é conscientemente intencionada pola xente
que a fai. Por exemplo, o contido da programación lúdica é
unha forma poderosa de propaganda. Un exemplo de coerción indirecta: non
hai ningunha lei que diga que teñamos que ir a traballar tódolos
días e segui-las ordes do noso xefe. Legalmente non hai nada pra evitar
que vaiamos a vivir á natureza como a xente primitiva ou de entrar nos
negocios pola nosa conta. Pero na práctica hai moi pouco campo salvaxe,
e na economía só hai sitio pra un número limitado de
pequenos propietarios de negocios. Polo tanto moitos de nós só
podemos sobrevivir como empleados dalgún outro.
74. Suxerimos que a obsesión do
home moderno pola lonxevidade, e con manter o vigor físico e o atractivo
sexual ata unha idade avanzada, é un síntoma da
irrealización resultante da privación con respecto ó
proceso de poder. Á "crisis dos cincuenta" tamén
é un síntoma semellante. Tal é a falta de interés
por ter fillos que é bastante común na sociedade moderna pero
casi inaudito na sociedade primitiva.
75. Nas sociedades primitivas, a vida
é unha sucesión de etapas. Habendo realizado as necesidades e
propósitos dunha, non había ningunha aversión en pasar
á seguinte. Un home novo atravesaba o proceso de poder
convirtíndose en cazador, cazando non por deporte ou realización,
senon pola carne que era necesaria pra alimentarse (nas mulleres novas o
proceso é mais complexo, con gran énfasis no poder social; non
discutiremos isto aquí). Habendo atravesado esta fase con éxito,
o home novo non tiña aversión en arraiga-las responsabilidades de
fundar unha familia. (En contraste, algunha xente moderna pospón
indefinidamente o ter fillos porque están demasiado ocupados buscando
algún tipo de "realización". Suxerimos que a
realización que necesitan é experimentar adecuadamente o proceso
de poder con finalidades reais na vez de finalidades artificiais de actividades
sustitutorias). De novo, tendo prosperidade criando os seus fillos, atravesando
o proceso de poder proporcionándolles as necesidades físicas, o
home primitivo sentía que o seu traballo estaba feito e que estaba
preparado pra acepta-la vellez (se sobrevivía ata entón) e a
morte. Moita xente moderna, por outra parte, está perturbada pola
perspectiva da morte, como se ve pola cantidade de esforzo que pasan tentando
mante-la súa condición física, apariencia e saúde.
Argumentamos que isto é debido á falta de realización
resultado do feito de non ter posto nunca en uso as súas forzas
físicas, nunca atravesaron o proceso de poder usando os seus corpos
dunha maneira seria. Non é o home primitivo, que usou diariamente o seu
corpo pra motivos prácticos, o que teme o deterioro pola idade, senon o
home moderno, que nunca tivo un uso práctico pró seu corpo
máis alá de andar do coche a súa casa. É o home que
satisfixo a súa necesidade polo proceso de poder durante a súa
vida o que está millor preparado pra acepta-lo final desta.
76. En resposta o argumento desta
sección alguén dirá, "a sociedade debe topar unha
forma de dar á xente a oportunidade de atravesa-lo proceso de
poder". Pra tales persoas o valor da oportunidade está perdido polo
mesmo feito de que a sociedade llas proporcione. O que necesita é topar
ou crea-las súas propias oportunidades. En tanto o sistema llas DE
aínda as terá cunha correa. Pra conseguir autonomía
débena quitar.
CÓMO SE AMOLDA
ALGUNHA XENTE
77. Non todo o mundo na sociedade
tecnolóxico-industrial sufre problemas psicolóxicos. Algunha
xente incluso declara estar bastante satisfeita da sociedade tal e como
é. Agora discutiremos algunha das razóns de porque a xente difire
tanto na súa resposta á sociedade moderna.
78. Primeiro, sen dúbida hai
diferencias na intensidade do impulso polo poder. Persoas cun impulso
débil poden ter relativamente pouca necesidade de atravesa-lo proceso de
poder, ou polo menos relativamente pouca necesidade de autonomía no
proceso de poder. Estos son tipos dóciles que houberan sido felices nunha
prantación de negriños no Vello Sur (Non nos queremos burlar das
"prantacións de negriños" do Vello Sur. A súa
apreciación, a maioría dos escravos NON estaban contentos ca
súa servidume. Burlámonos da xente que ESTÁ contenta ca
servidume).
79. Algunha xente pode ter un impulso
excepcional por perseguir o que satisface-la súa necesidade polo proceso
de poder. Por exemplo, aqueles que teñen un impulso inusualmente forte
pola posición social poden pasar toda a súa vida subindo de
escala social sen cansar nunca dese xogo.
81. Outros teñen unha
susceptibilidade baixa ós anuncios e técnicas de mercado. Son a
xente que non está interesada polos cartos. As necesidades materiais non
cumpren a súa necesidade polo proceso de poder.
83. Algunha xente satisfai en parte a
súa necesidade polo proceso de poder identificándose cunha
organización poderosa ou cun movemento de masas. O poder ou as
finalidades que lle faltan a unha persoa únense a un movemento ou a unha
organización, adopta as súas finalidades como propias, e traballa
por elas. Cando se consigue algunha das finalidades, a persoa, incluso inda que
o seu esforzo xogara só unha parte insignificante na consecución
destas, síntese (pola súa identificación co movimento ou
ca organización) como se tivera atravesado o proceso de poder. Este
fenómeno foi explotado polos fascistas, polos nazis e polos comunistas.
A nosa sociedade tamén o usa, inda que menos cruelmente. Exemplo: Manuel
Noriega era irritante prós EE.UU. (finalidade: castigar a Noriega). Os
EE.UU. invaden Panamá (esforzo) e castigan a Noriega (consecución
da finalidade). Os EE.UU. atravesaron o proceso de poder e moitos americanos,
pola súa identificación cos EE.UU., fixérono
indirectamente. Entón o dilatado público está conforme ca
invasión de Panamá; o que da á xente unha sensación
de poder. (Non estamos aprobando ou desaprobando a invasión de
Panamá. Só a usamos pra ilustrar un punto). Vemo-lo mesmo
fenómeno en exércitos, corporacións, partidos
políticos, organizacións humanitarias, movementos relixiosos ou
ideolóxicos. En particular os movementos esquerdistas tenden a atraer
xente que está buscando satisface-la súa necesidade polo poder.
Pero pra moita xente a identificación cunha gran organización ou
un movemento de masas non satisfai por completo a necesidade polo poder.
84. Outra maneira na que a xente
satisfai a súa necesidade polo proceso de poder é a través
de necesidades sustitutorias. Tal e como explicamos nos parágrafos
38-40, unha actividade sustitutoria é unha actividade que vai
directamente detrás dunha finalidade artificial, que a persoa persigue
pola razón do "recoñecemento" que consigue por
perseguila, non porque necesite alcanzala en sí mesma. Por exemplo, non
hai un motivo práctico pra desenrolar músculos enormes, golpear
unha pequena pelota dentro dun burato ou adquirir unha serie completa de sellos
de correos. Sen embargo moita xente na nosa sociedade conságrase con
pasión ó culturismo, ó golf ou á filatelia. Algunha
xente é máis "manipulable" que outra e por iso
darán máis importancia a actividades sustitutorias simplemente
porque a xente do seu redor as trata como importantes ou porque a sociedade
lles di que son importantes. É por iso polo que algunha xente se pon moi
seria sobre actividades esencialmente triviais como o deporte ou o bridge5,
ou o xadrez, ou os exercicios de arcanos eruditos, mentres que outros que
teñen a vista máis clara nunca ven estas cousas como algo
máis que as actividades sustitutorias que son, consecuentemente nunca
lles asignan suficiente importancia como pra satisfacer nesa dirección a
súa necesidade polo proceso de poder. Isto recórdanos que en
moitos casos a forma dunha persoa de utilizar unha vivencia é
tamén unha actividade sustitutoria. Non unha actividade sustitutoria
PURA dende que parte do motivo pra a actividade é adquirir necesidades
físicas e (pra algunhas persoas) posición social e as
suntuosidades que os anuncios lles fan querer. Pero bastante xente pon no seu
traballo moito mais esforzo do necesario pra gañar todo o diñeiro
e a posición que requiren, e este esforzo extra constitúe unha
actividade sustitutoria. Este, xunto ca inversión emocional que o
acompaña, é unha das forzas máis potentes que
actúan cara o continuo desenvolvemento e perfeccionamento do sistema,
con consecuencias negativas prá liberdade individual (ver párrafo
131). Especialmente, prós científicos e enxeñeiros
máis creativos, dos que o traballo tende a ser en gran parte unha
actividade sustitutoria. Este punto é tan importante que merece un
debate propio, que abordaremos nun momento (parágrafos 87-92).
85. Nesta sección explicamos
canta xente satisfai a súa necesidade polo proceso de poder na sociedade
moderna en maior ou menor extensión. Pero pensamos que prá
maioría da xente a necesidade polo proceso de poder non está
totalmente satisfeita. En primeiro lugar, aqueles que teñen un impulso
insaciable pola posición social, ou aqueles que se sinten firmemente
"enganchados" a unha actividade sustitutoria, ou os que se identifican
o suficientemente forte cun movemento ou unha organización pra
satisface-la súa necesidade polo poder desa forma, son personaxes
excepcionais. Outros non están satisfeitos cas actividades sustitutorias
ou ca identificación cunha organización (ver parágrafos
41, 64). En segundo lugar, o sistema impón demasiado control a
través de regulacións explícitas ou da
socialización, o que resulta nunha deficiencia de autonomía, e en
frustración debida á imposibilidade de conseguir certas
finalidades e a necesidade de reprimir demasiados impulsos.
86. Pero se a maioría da xente na
sociedade tecnolóxico-industrial estivera satisfeita, nós (FC)
inda nos enfrontaríamos a esta forma de sociedade, porque (entre outras
razóns) considerámolo rebaixarse pra realiza-la propia necesidade
polo proceso de poder a través de actividades sustitutorias ou a
través da identificación cunha organización, antes que a
través da persecución de finalidades reais.
OS MOTIVOS DOS
CIENTÍFICOS
89. O mesmo podría decirse de
tódolos científicos en xeral. Con posibles raras
excepcións, os seus motivos non son nen a curiosidade nen o desexo de
beneficiar á humanidade senon a necesidade de atravesa-lo proceso de
poder: ter unha finalidade (un problema científico que resolver), facer
un esforzo (investigación) e consegui-la finalidade (solución do
problema). A ciencia é unha actividade sustitutoria porque os
científicos traballan principalmente pola realización que
consiguen do traballo en si.
90. Por suposto, non é así
de simple. Outros motivos xogan un papel pra moitos científicos. O
diñeiro e a posición social por exemplo. Algúns poden ser
persoas do tipo que teñen un insaciable impulso pola posición
social (ver parágrafo 79) e isto pode proporcionar moita da
motivación polo seu traballo. Sen dúbida, a maioría, como
a maioría da poboación en xeral, son máis ou menos
susceptibles ós anuncios e ás técnicas de empresa e
necesitan cartos pra satisface-lo desexo de bens e servicios. Así, a
ciencia non é unha actividade sustitutoria PURA. Pero é en gran
parte unha actividade sustitutoria.
91. Así mesmo, a ciencia e a
tecnoloxía constitúen un movemento de masas poderoso, e moitos
científicos gratifican a súa necesidade polo poder a
través da identificación con este movimento de masas (ver parágrafo
83).
92. Así a ciencia camiña
na cegueira, sen mira-lo verdadeiro beneficio da raza humana ou a calquer outro
modelo, obedecendo únicamente ás necesidades psicolóxicas
dos científicos, dos funcionarios do goberno e dos executivos de
corporacións os cales posuen os fondos prá investigación.
A NATUREZA DA LIBERDADE
93. Imos a argumentar que a sociedade
tecnolóxico-industrial non pode ser reformada de tal modo, como pra
previla do progresivo estreitamento da esfera da liberdade humán. Pero,
porque "liberdade" é unha palabra que pode ser interpretada de
moitas maneiras, temos que deixar claro primeiro en qué clase de
liberdade estamos interesados.
94. Con "liberdade" nos
referimos á oportunidade de atravesa-lo proceso de poder, con
finalidades reais, non as finalidades artificiais das actividades
sustitutorias, e sen interferencias, manipulacións ou supervisión
de ninguén, especialmente de ningunha gran organización.
Liberdade significa ter control (tanto como unha persoa ou como membro dun
grupo PEQUENO) dos problemas da vida e da morte da existencia dun; comida,
vestido, refuxio e defensa contra calquer temor que poida haber no noso medio.
Liberdade significa ter poder, non o poder de controlar a outra xente senon o
poder de controla-la propia vida. Un non ten liberdade se calquer outro
(especialmente unha gran organización) ten poder sobre ti, non importa a
bondade, a tolerancia e a permisividade con que o poder poida ser exercido.
É importante non confundir liberdade con a mera permisividade (ver
parágrafo 72).
95. Díse que vivimos nunha
sociedade libre porque temos un certo número de dereitos
constitucionalmente garantizados. Pero isto non é tan importante como
parece. O grado de liberdade persoal que existe nunha sociedade está mais
determinado pola estructura económica e tecnolóxica da sociedade
que polas súas leis ou pola súa forma de goberno. Cando as
colonias americanas estaban baixo o goberno británico había menos
garantías legais de liberdade e de menor efectividade que despois de que
a Constitución americana entrara en efecto, sen embargo había
mais liberdade na América preindustrial, ambas antes e despois da Guerra
da Independencia, que despois de que a Revolución Industrial tomara
asento neste país. Citamos de Violencia en América: Perspectiva
Histórica e Comparativa, editado por Hugh Davis Graham e Ted Robert
Gurr, capítulo 12 por Roger Lane, páxinas 476-478: "O
progresivo aumento do nivel de propiedade, e con él o incremento da
seguridade no oficial de execución da lei (na América do
século XIX)... era común a toda a sociedade... O cambio no
comportamento social é en termos tan prolongados e tan extendidos como
pra suxerir unha conexión co proceso social contemporáneo
máis fundamental; aquel da urbanización industrial en sí
mesma..." "Masachuset en 1835 tiña aproximadamente una
poboación de 660, 940, o 81% rural, abrumadoramente preindustrial e
nativa. Os seus cidadáns disfrutaban dunha liberdade persoal
considerable. Foran tronquistas, granxeiros ou artesáns, todos estaban
acostumados a dirixi-los seus propios inventarios, e a natureza do seu traballo
os facía físicamente independentes uns dos outros... Os problemas
individuais, faltas ou incluso crímes, non estaban causados xeralmente
por asuntos sociais lonxanos..." "Pero o impacto dos movementos de
irmandade ca cidade e tamén ca fábrica, simplemente ambas
reunións forzadas en 1835, tiveron un efecto gradual no comportamento
persoal ó longo dos séculos XIX e XX. A fábrica demandaba
regularidade de comportamento, unha vida gobernada pola obediencia ós
ritmos do reloxo e do calendario, as demandas do capataz e do supervisor. Na
cidade ou vila, as necesidades de vivir en barrios estreitamente encaixonados
impide moitas accións preliminarmente irreprochables. Ambos empleados de
pescozo azul-e branco-dependían mutuamente en grandes establecimentos
dos seus compañeiros; ó igual que o traballo dun home encaixaba
no do outro, así o negocio déste non sería por máis
tempo propio". "Os resultados da nova organización da vida e
do traballo eran claros hacia 1900. Cando cerca do 76% dos 2.805.346 residentes
de Masachuset eran clasificados como urbanitas. Moito comportamento violento ou
irregular que fora tolerable nunha sociedade ocasional e independente non foi
aceptable por máis tempo na atmósfera máis formalizada e
cooperativa do periodo máis tardío... O movemento ás
cidades producira, en resumen, unha xeración máis dócil,
máis socializada e máis 'civilizada' cás súas
predecesoras". Moitas das nacións indias de Nova Inglaterra eran
monárquicas, e moitas das cidades da Italia renacentista eran
controladas por dictadores. Pero lendo sobre esas sociedades a un lle queda a
impresión de que permitían máis liberdade persoal que a
nosa. En parte era porque faltaban mecanismos eficientes pra executa-la vontade
do gobernante: non había forzas policiais modernas ben organizadas,
comunicacións rápidas de longa distancia, cámaras de
vixilancia, historiais de información sobre a vida dos cidadáns
medios. Polo tanto era relativamente fácil evadi-lo control.
96. En canto os nosos dereitos
constitucionais, consideremos por exemplo iso da liberdade de prensa.
Certamente non queremos acabar con ese dereito: é unha ferramenta moi
útil pra limita-la concentración de poder político e pra
manter a aqueles que o teñen en liña expoñendo públicamente
calquer mala conducta pola súa parte. Pero a liberdade de prensa
é de moi pouca utilidade pró cidadán medio como
individualidade. Os medios de masas están na súa maior parte
baixo o control de grandes organizacións que están integradas no
sistema. Calquera que teña un pouco de diñeiro pode imprimir
algo, ou pode distribuílo en Internet ou dalgunha outra forma, pero o
que teña que dicir será sumerxido polo vasto volume de material
lanzado polos medios, polo tanto non terá un efecto práctico.
É por iso casi imposible pra moitas persoas e grupos pequenos facer un
efecto na sociedade con palabras. Tomémonos (FC) como exemplo. Se non
tivéramos feito nada violento e presentáramos os presentes
escritos a un editor, probablemente non terían sido aceptados. Se
houberan sido aceptados e publicados, probablemente non atraerían a
moitos lectores, porque é máis divertido ve-lo entretemento
lanzado polos medios que ler un ensaio sobrio. Incluso se estos escritos
tiveran moitos lectores, a maioría esquecería pronto o lido
porque as súas mentes serían anegadas pola masa de material
á que lles expoñen os medios. Ó fin de presenta-la nosa
mensaxe ante o público con algunha oportunidade de crear unha
impresión duradeira, tivemos que matar xente.
97. Os dereitos constitucionais son
útiles ata certo punto, pero non sirven pra garantizar moito máis
que o que pode ser chamada a concepción burguesa da liberdade.
Según a concepción burguesa, un home "libre" é
esencialmente un elemento dunha maquinaria social e ten só unha certa
serie de liberdades prescritas e delimitadas; liberdades que son designadas pra
servir ás necesidades da máquina social máis que aquelas
da persoa. Así o home "libre" burgués ten liberdade
económica porque iso promove o crecemento e o progreso; ten liberdade de
prensa porque a crítica do público restrinxe a mala conducta por
parte dos líderes políticos; ten dereito a un xuicio imparcial
porque a prisión ó antoxo do poderoso sería mala
pró sistema. Esta era claramente a actitude de Simón
Bolívar. Pra él, a xente merece liberdade só se a usa pra
promove-lo progreso (progreso como o conciben os burgueses). Outros pensadores
burgueses tomaron un punto de vista similar da liberdade, como mero medio pra
finalidades colectivas. Chester C. Tan, "Pensamento Político Chino
no Século XX", páxina 202, explica a filosofía do
líder do Kuomitang6, Hu Han-min: "Unha persoa ten
concedidos dereitos porque é un membro da sociedade e a vida da
súa comunidade require tales dereitos. Con comunidade Hu quere dicir a
totalidade da sociedade da nación". E na páxina 259, Tan
declara que, dacordo con Carsum Chang (Chang Chung-mai, cabeza do Partido
Socialista Estatal en China), a liberdade debe ser usada en interés do
Estado e das persoas como conxunto. Pero, ¿qué liberdade ten un
se só pode ser usada como algún outro prescribe? A
concepción de liberdade de FC non é como a de Bolívar, Hu,
Chang ou outros teóricos burgueses. O problema con tales teóricos
é que fixeron do desenrolo e a aplicación de teorías
sociais a súa actividade sustitutoria. Consecuentemente, as
teorías están ideadas pra servir ás necesidades dos
teóricos máis que as necesidades de calquer persoa que poida ter
tan pouca sorte como pra vivir nunha sociedade na que as teorías son
impostas.
98. Temos que ter en conta un punto
máis nesta sección: non debe ser asumido que unha persoa ten
suficiente liberdade simplemente porque DIGA que a ten. A liberdade está
en parte restrinxida polo control psicolóxico do que a xente é
inconsciente, e ademáis moitas ideas do que constitúe a liberdade
son gobernadas máis pola convención social que polas súas
necesidades reais. Por exemplo, probablemente moitos esquerdistas do tipo
sobresocializado dirían que moita xente, incluidos eles mesmos, están
moi pouco socializados antes que demasiado, sen embargo os esquerdistas
sobresocializados pagan un precio psicolóxico forte polo seu alto nivel
de socialización.
ALGÚNS PRINCIPIOS DA
HISTORIA
99. Pensade na historia como a suma de
dous compoñentes: un errático que consiste en eventos inapreciables
que siguen unha norma non discernible e un compoñente regular que
consiste en tendencias históricas de periodos longos. Aquí
estamos interesados nestas últimas.
100. PRIMEIRO PRINCIPIO. Se se fai un
PEQUENO cambio que afecte a unha tendencia histórica de periodo longo,
entón o efecto do cambio será casi sempre transitorio -a
tendencia pronto retrocederá o seu estado orixinal. (Exemplo: Un
movemento de reforma designado pra limpa-la corrupción política nunha
sociedade raramente terá máis que un efecto de duración
corto, antes ou despois os reformistas relaxaránse e a corrupción
deslizaráse outra vez dentro. O nivel de corrupción
política nunha sociedade dada tende a permanecer constante ou cambia
despacio só ca evolución da sociedade. Normalmente, unha limpeza
política só será permanente se vai acompañada de
cambios sociais xerais, un PEQUENO cambio na sociedade non será
suficiente). Se un pequeno cambio nunha tendencia histórica de periodo
longo se presenta como permanente, é só porque o cambio actúa
na dirección con que a tendencia se estaba a mover de anteman,
así a tendencia non se ve alterada, pero sí empuxada socialmente
un paso adiante.
101. O primeiro principio é casi
unha tautoloxía7. Se unha tendencia non fora estable con
respecto a pequenos cambios, vagaría ó azar antes que seguir unha
dirección definida; noutras palabras, non sería unha tendencia de
periodo longo.
102. SEGUNDO PRINCIPIO. Se se fai un
cambio que sexa o suficientemente grande como pra alterar permanentemente unha
tendencia histórica de periodo longo, iso alterará a sociedade no
seu conxunto. Noutras palabras, unha sociedade é un sistema no que
tódalas súas partes están interrelacionadas, e non podes
cambiar permanentemente ningunha parte importante sen cambiar tamén
tódalas outras.
103. TERCEIRO PRINCIPIO. Se se fai un
cambio que sexa o suficientemente grande como pra alterar permanentemente unha
tendencia de periodo longo, entón as consecuencias prá sociedade
como conxunto non poden predicirse de anteman. (A non ser que varias sociedades
teñan pasado a través do mesmo cambio e teñan
experimentado todas as mesmas consecuencias, en tal caso un, pode predicir en
terreos empíricos que outra sociedade que pase polo mesmo cambio
probablemente experimentará consecuencias similares).
104. CUARTO PRINCIPIO. Un novo tipo de
sociedade non se pode diseñar no papel. Isto é, non podes planear
un novo tipo de sociedade por adiantado, entón construíla e
esperar que funcione pró que foi diseñado.
105. O terceiro e o cuarto principio
resultan da complexidade das sociedades humáns. Un cambio no
comportamento humán afectará á economía dunha
sociedade e o seu medio físico; a economía afectará o
medio e viceversa, e os cambios na economía e o medio afectarán
ó comportamento humán dunha forma complexa e imprevisible. A rede
de causas e efectos é demasiado complexa pra ser desenmarañada e
entendida.
106. QUINTO PRINCIPIO. A xente non
escolle conscientemente e racionalmente a forma da súa sociedade. As
sociedades desenvólvense a través do proceso de evolución
social que non está baixo o control racional humán.
107. O quinto principio é unha
consecuencia dos outros catro.
108. Como ilustración: polo
primeiro principio, falando en xeral, unha tentativa de reforma social
actúa na dirección na que a sociedade se está
desenvolvendo de todas formas (así que simplemente acelera o cambio que
ocurriría en calquer caso) pois doutro modo só ten un efecto
transitorio, de modo que a sociedade pronto voltará a súa vella
rutina. Pra facer un cambio duradeiro na dirección do desenvolvemento de
calquer aspecto importante dunha sociedade, a reforma é insuficiente e
requírese unha revolución. (A cal non envolve necesariamente un
levantamento armado ou o derribo dun goberno). Polo segundo principio, unha
revolución nunca cambia só un aspecto dunha sociedade; e polo
terceiro principio o cambio que ocurre no houbera sido esperado ou desexado
polos revolucionarios. Polo cuarto principio, cando os revolucionarios ou
utópicos organizan unha nova clase de sociedade, nunca funciona como a
planearon.
110. Non obstante, un ten que usa-lo
sentido común na aplicación dos principios. Están
expresados nunha linguaxe imprecisa que permite amplitude prá
interpretación e pódense topar excepcións a eles.
Así que os presentamos non como normas inviolables senon como regras
sinxelas, ou guías pra pensar, que poden proporcionar un antídoto
parcial ás ideas inxenuas a cerca do futuro da sociedade. Os principios
teñen que estar constantemente na mente, e cando queira que un alcance
unha conclusión que entre no conflicto con eles un debe reexaminar
coidadosamente o seu pensamento e só reter a conclusión se ten
boas e sólidas razóns pra facelo.
A SOCIEDADE
TECNOLÓXICO-INDUSTRIAL NON SE PODE REFORMAR
111. Os principios precedentes axudan a ve-lo desesperadamente
difícil que sería reforma-lo sistema industrial como pra previlo
do estreitamento progresivo da nosa esfera de liberdade. Houbo unha tendencia
consistente, retrocedendo ó menos á Revolución Industrial,
no fortalecemento do sistema ca axuda da tecnoloxía a un alto coste de
liberdade individual e local. Polo tanto calquer cambio deseñado pra
protexe-la liberdade da tecnoloxía, sería contrario á
tendencia fundamental no desenvolvemento da nosa sociedade. Consecuentemente,
tales cambios serían transitorios pronto serían sumerxidos pola
corrente da historia ou, se foran o suficientemente grandes como pra ser
permanentes, alterarían a natureza de toda a nosa sociedade. Isto polo
primeiro e o segundo principio. Ademáis dende que a sociedade fora
alterada dunha forma que non se pode predicir de anteman (terceiro principio)
habría un gran risco. Cambios suficientemente grandes como pra facer
unha diferencia duradeira en favor da liberdade non se iniciarían porque
desorganizarían gravemente o sistema. Así que calquer tentativa
de reforma sería demasiado tímida como pra ser efectiva. Incluso
se se comezaran cambios o suficientemente grandes como pra conseguir unha
diferencia duradeira, botaríanse atrás cando os seus efectos
desorganizadores se fixeran aparentes. Así, cambios permanentes en favor
da liberdade pódense atraer só por persoas preparadas pra aceptar
alteracións radicais, perigosas e impredecibles de todo o sistema.
Noutras palabras, por revolucionarios, non por reformistas.
113. Así que, incluso en terreos moi xerais, parece improbable que
se poida topar algunha forma de cambio social pra reconcilia-la liberdade ca
tecnoloxía moderna. Nas seguintes seccións daremos razóns
máis específicas pra concluir que liberdade e progreso
tecnolóxico son incompatibles.
A RESTRICCIÓN
DA LIBERDADE É INEVITABLE NA SOCIEDADE INDUSTRIAL
114. Como explicamos nos parágrafos 65-67, 70-73, o home moderno
está encadeado pola rede de normas e regulacións, e a súa
condena depende das accións de persoas remotas a eles sen poder
influír nas súas decisións. Isto non é accidental
ou, o resultado das arbitrariedades de arrogantes burócratas. É
necesario e inevitable en calqueira sociedade tecnolóxicamente avanzada.
O sistema con obxeto de funcionar TEN QUE regula-lo comportamento humán
de cerca. No traballo, a xente ten que face-lo que lle digan que faga, doutra
forma a producción sería levada
ó caos. As burocracias TEÑEN QUE estar organizadas dacordo
con reglas ríxidas. Permitir algún inxenio persoal sustancial
ós burócratas de nivel baixo desorganizaría o sistema e
levaría a cargos de inxustiza debido ás diferencias na forma
individual en que exercerían o seu inxenio. É verdade que
algunhas restriccións da nosa liberdade se podrían eliminar, pero
FALANDO EN XERAL a regulación das nosas vidas por parte de grandes
organizacións é necesaria pró funcionamiento da sociedade
tecnolóxico-industrial. O resultado é un sentimento de impotencia
por parte da persoa media. Pode sen embargo, que as regulacións formais
tendan a ser reemprazadas por ferramentas psicolóxicas que nos fagan
querer face-lo que o sistema requira de nós (propaganda, técnicas
educacionais, programas de "saúde mental", etc.). (Ver
parágrafo 73).
115. O sistema TEN QUE forzar á xente a comportarse de formas que
son cada vez máis remotas ó modelo natural de comportamento
humán. Por exemplo o sistema necesita científicos,
matemáticos e inxeñeiros. Non pode funcionar sen eles.
Presiónase moito ós nenos pra sobresaír nestes campos. Non
é natural pra un ser humán adolescente consumir a maior parte do
seu tempo sentado nunha mesa absorbido polo estudio. Un adolescente normal
quere pasa-lo seu tempo en contacto activo co mundo real. Entre a xente
primitiva as cousas pra as que eran entrenados estaban en armonía cos
impulsos humáns naturais. Entre os indios americanos, por exemplo, os
mozos eran entrenados en exercicios activos ó ar libre -simplemente a clase de cousas que lles gusta facer. Pero
na nosa sociedade os nenos son empuxados a estudiar materias técnicas,
que a maioría fan refunfuñando.
116. Debido á constante presión que o sistema exerce pra
modifica-lo comportamento humán, hai un incremento gradual no
número de persoas que non poden ou non podrán axustarse ós
requerimentos da sociedade: sanguisugas
do benestar, xoves membros de bandas, cultistas, rebeldes antigubernamentais,
saboteadores medioambientais radicais, imperfectos e resistentes de varias
clases.
117. En calquer sociedade tecnolóxicamente avanzada a sorte das
persoas depende de decisións que elas non poden influir persoalmente en
ningunha gran extensión. Unha sociedade tecnolóxica non se pode
romper en comunidades pequenas e autónomas, porque a producción
depende da cooperación dun gran número de persoas e
máquinas. Dita sociedade ten que estar altamente organizada e as
decisións TEÑEN que facerse pra afectar a un gran número
de xente. Cando unha decisión, afecta digamos, a un millón de
persoas, entón cada unha das persoas ten, como media, só unha
millonésima parte en toma-la decisión. O que normalmente pasa na
práctica é que a decisión é tomada por funcionarios
públicos ou executivos de corporacións, ou por especialistas
técnicos, pero cando incluso o público vota unha decisión
o número de votantes ordinariamente é demasiado grande como pra
que o voto de calquera persoa resulte significativo. Topamos defensores do
sistema que citan casos nos que as eleccións foron decididas por un ou
dous votos, pero tales casos son raros. Así moitas persoas son incapaces
de influenciar mesurablemente a decisión maioritaria que afecta
ás súas vidas. Non hai forma concebible de remediar isto nunha
sociedade tecnolóxicamente avanzada. O sistema trata de
"solventar" este problema mediante o uso de propaganda pra facer
ás persoas QUERER as decisións que foron feitas pra elas, pero
incluso se esta "solución" fora completamente exitosa facendo
á xente sentirse millor, sería vexatoria.
118. Os conservadores e algúns outros abogan por unha maior
"autonomía local". Unha vez as comunidades locais tiveron
autonomía, pero foi cada vez menos posible porque se fixeron máis
complicadas e dependentes do sistema de gran escala como servicios
públicos, redes de ordenadores, sistemas de autopistas, medios de
comunicación de masas e o sistema de saúde moderno. Tamén
opera en contra da autonomía o feito de que a tecnoloxía aplicada
nunha localidade moitas veces afecte a xente doutras comunidades lonxanas. Así
os pesticidas ou os productos químicos usados cerca dun regato poden
contaminar os suministros de auga de centos de millas río abaixo, e o
efecto invernadoiro afecta a todo o planeta.
119. O sistema non existe e non pode existir pra satisface-las
necesidades humáns. En vez, é o comportamento humán o que
ten que ser modificado pra encaixar nas necesidades do sistema. Isto non ten
nada que ver ca ideoloxía política ou social que poida pretender
guiar o sistema tecnolóxico. É culpa da tecnoloxía, porque
o sistema non está guiado pola ideoloxía senon polas necesidades
técnicas. "Hoxe en día, nas rexións
tecnolóxicamente avanzadas, o home leva vidas moi similares a pesar das
diferencias xeográficas, relixiosas ou políticas. As vidas
diarias dun oficinista cristiano dun banco en Chicago, un oficinista budista
nun banco de Tokio, e un comunista en Moscú son moito máis
parecidas que a vida de calqueira deles cun home que vivira fai mil anos. Os
parecidos son o resultado dunha tecnoloxía común..." L.
Sprague de Camp, The Ancien Engineers, edicións Ballantine,
páxina 17. As vidas dos tres oficinistas de banco non son
IDÉNTICAS. A ideoloxía ten ALGÚN efecto. Pero
tódalas sociedades tecnolóxicas, a fin de sobrevivir,
teñen que evolucionar APROXIMADAMENTE ó longo da mesma
traxectoria. Por suposto o sistema satisfai moitas necesidades humáns,
pero falando en xeral, fai isto só na medida en que lle beneficia
facelo. Son as necesidades do sistema as que son supremas, non as dos seres
humáns. Por exemplo, o sistema provee á xente con comida porque
non pode funcionar se todo o mundo está morto de fame; atenta contra as
necesidades psicolóxicas da xente sempre que poida ser CONVENIENTE
facelo, porque non pode funcionar se demasiada xente se volve depresiva ou
rebelde. Pero o sistema por boas razóns, sólidas e prácticas,
ten que exercer presión constante sobre a xente pra moldea-lo seu
comportamento cara as súas necesidades. ¿Demasiada basura
acumulada? O goberno, os medios, o sistema educacional, os medioambientalistas,
todo o mundo nos inunda con masas de propaganda sobre o reciclado.
¿Necesita máis persoal técnico? Un coro de voces anima
ós rapaces a que estudien ciencias. Ninguén se para a preguntar
se é inhumán forzar ós adolescentes a consumi-la maior parte
do seu tempo estudiando materias que a maioría odian. Cando botan do seu
traballo a traballadores especializados e son sustituidos por técnicos
avanzados e teñen que sufrir "retencións",
ninguén pregunta se é humillante pra eles que os boten de esa
forma. Dase por suposto que todo o mundo ten que reverencia-la necesidade
técnica e por boas razóns: se as necesidades humáns foran
postas antes que a necesidade técnica habría problemas
económicos, paro, escaseces ou peor aínda. O concepto de
"saúde mental" na nosa sociedade está bastante definido
pra que o comportamento dunha persoa esté dacordo cas necesidades do
sistema e que o faga sen mostrar signos de tensión.
120. Os esforzos por facer sitio a un sentimento de proxecto e
autonomía no interior do sistema non son millor que unha broma. Por
exemplo: nunha compañía, en vez de ter cada un dos seus empleados
que montar só unha sección do catálogo, cada un ten que
monta-lo catálogo enteiro, e suponse que isto lles ten que dar un
sentimiento de proxecto e realización. Algunhas compañías
intentaron dar os seus empleados máis autonomía no seu traballo,
pero por razóns prácticas isto normalmente só pode ser
feito nunha extensión moi limitada e, en calquer caso, ós
empleados non se lles da autonomía como pra ultimar metas -- os seus esforzos
"autónomos" non poden ir nunca directamente detrás de
finalidades que seleccionan persoalmente, senon só detrás das
finalidades do xefe, tales como a supervivencia e o crecimento da
compañía. Calquer empresa pronto sairía dos negocios se
permitira actuar ós seus empleados doutro modo. Da mesma forma, en
calqueira empresa no interior dun sistema socialista, os traballadores
teñen que dirixi-los seus esforzos detrás das finalidades da
empresa, doutra forma ésta non servirá o seu propósito
como parte do sistema. Unha vez máis, por razóns puramente
técnicas non é posible pra moitas persoas ou grupos pequenos ter
moita autonomía na sociedade industrial. Incluso o pequeno propietario
dun negocio comúnmente ten só unha autonomía limitada.
Aparte da necesidade das regulacións do goberno, está restrinxido
polo feito de que ten que axustarse dentro do sistema económico e
someterse os seus requerimentos, por exemplo cando alguen desenvolve unha nova
tecnoloxía, a persoa do pequeno negocio a miúdo ten que usala
tanto se quere como se non, co obxeto de seguir sendo competitivo.
AS PARTES
"MALAS" DA TECNOLOXíA NON SE PODEN SEPARAR DAS PARTES
"BOAS"
121. Ademáis, unha razón de porque a sociedade industrial
non se pode reformar en favor da liberdade é que a tecnoloxía
moderna é un sistema unificado no cal tódalas partes dependen
unhas das outras. Non te podes desfacer das partes "malas" da
tecnoloxía e conservar só as partes "boas".
Consideremos como exemplo a medicina moderna. O progreso na ciencia médica
depende do progreso en química, física, bioloxía, ciencia
de ordenadores e outros campos. Os tratamentos médicos avanzados
requiren equipamento caro e de alta tecnoloxía que só unha
sociedade avanzada tecnolóxicamente e económicamente rica pode
facer dispoñible. Claramente non podes ter moito progreso en medicina
sen a totalidade do sistema tecnolóxico e todo o que conleva.
122. Incluso se o progreso médico se poidera manter sen o resto do
sistema tecnolóxico, traería en sí certos males.
Supoñamos por exemplo que se descubrira unha cura prá diabetes. A
xente cunha tendencia xenética á diabetes serían capaces
de sobrevivir e reproducirse tan ben como calquer outro. A selección
natural contra os xenes da diabetes pararía e se dispersarían
pola poboación. (Isto pode estar ocurrindo xa a certa extensión,
dende que a diabetes, se ben non é curable, pode ser controlada mediante
o uso de insulina). O mesmo ocurrirá con moitas outras enfermidades,
sendo afectada a súa sensibilidade pola degradación
xenética da poboación. A única solución
sería algunha clase de programa de euxenesia8 ou de
enxeñería xenética extensiva de seres humáns, polo
que o home no futuro non sería por máis tempo unha
creación da natureza, ou da casualidade, ou dun deus (dependendo das
túas opinións relixiosas ou filosóficas), senon un
producto manufacturado.
123. Se pensas que un gran goberno interfire AGORA demasiado na
túa vida, simplemente espera ata que comece a regula-la
constitución xenética dos teus fillos. Tal regulación
inevitablemente irá seguida da introducción de enxeñería
xenética de seres humáns, porque as consecuencias dunha
enxeñería xenética non regulada serían desastrosas.
Simplemente pensa que un enxeñeiro xenético irresponsable
podría crear moitos terroristas.
A TECNOLOXÍA
É UNHA FORZA SOCIAL MÁIS PODEROSA CÁ ASPIRACIÓN DE
LIBERDADE
125. Non é posible facer un compromiso DURADEIRO entre
tecnoloxía e liberdade, porque a tecnoloxía é de lonxe a
forza social máis poderosa e invade continuamente a liberdade a
través de compromisos REPETIDOS. Maxina o caso de dous veciños,
cada un deles ó principio ten a mesma cantidade de terra, pero un deles
é máis poderoso có outro. O poderoso demanda un trozo de
terra do outro. O débil négase. O poderoso di, "Moi ben,
cheguemos a un acordo. Dame a metade do que che pedín". O
débil ten pouca alternativa senon é ceder. Algún tempo
despois o veciño poderoso demanda outro trozo de terra, outra vez hai un
acordo, e así sucesivamente. Forzando a unha longa serie de compromisos
ó home débil, o poderoso finalmente consegue toda a súa
tierra. Así funciona o conflicto entre tecnoloxía e liberdade.
126. Deixádenos explicar porqué a tecnoloxía
é unha forza social máis poderosa cá aspiración de
liberdade.
127. Un avance tecnolóxico que parece non ameazar a liberdade,
frecuentemente máis tarde resulta ameazala moi seriamente. Un paseante
nun principio podía ir onde quixera, ir ó seu propio paso sen
observar ningunha regulación do tráfico e era independente de
sistemas de soporte tecnolóxico. Cando se introduxeron os
vehículos a motor apareceron pra incrementa-la liberdade do home. Non
quitaron liberdade ó paseante, ninguén tiña que ter un
automóvil se non quería un e calquera que elixira comprar un non
podía viaxar moito máis rápido que o paseante. Pero a
introducción do transporte motorizado pronto cambiou a sociedade de tal
forma como pra restrinxir gravemente a liberdade de locomoción do home.
Cando os automóviles foron numerosos, foi necesario regula-lo seu uso
extensivo. Nun coche, especialmente en áreas densamente poboadas, un
simplemente non pode ir onde queira o seu propio paso; os movementos dun son
gobernados polo fluir do tráfico e por diferentes normas. Un está
restrinxido por diferentes obligacións: necesidade de permiso, exame de
conducir, renovación do rexistro, contrato do seguro, mantemento
requerido prá seguridade, pagos mensuais sobre precio firme. Ademais,
usar transporte motorizado non é endiante opcional. Dende a introducción
do transporte motorizado a distribución das nosas cidades cambiou de tal
forma que a maioría da xente xa non vive dentro dunha distancia do seu
lugar de traballo, das áreas de compra e das oportunidades de recreo que
pode facer andando, polo que TEN que depender do automóvil pra se
transportar. Se non, ten que usa-lo transporte público, en tal caso ten
menos control incluso do seu propio movemento que conducindo un coche. Incluso
a liberdade do paseante está ampliamente restrinxida. Na cidade tense
que parar continuamente e agardar nos semáforos, que están
deseñados principalmente pra servir ó tráfico. No campo, o
tráfico motorizado faino perigoso e desagradable pra andar ó
longo da estrada. (Sinalar o importante punto que ilustramos co caso do
transporte motorizado: cando un novo artículo se introduce como unha
opción que unha persoa pode aceptar ou non segundo elixa, non quere
dicir necesariamente que PERMANEZA opcional. En moitos casos a nova
tecnoloxía cambia a sociedade de tal forma que a xente vese máis
tarde FORZADA a usala).
128. Mentres o progreso tecnolóxico COMO TOTALIDADE continuamente
fai máis estreita a nosa esfera de liberdade, cada novo avance
técnico considerado EN Si MESMO semella desexable. Electricidade,
fontanería interior, comunicacións rápidas de longa
distancia... ¿como alguén podría argumentar contra
calquera destas cousas, ou contra calquer outro dos innumerables avances
técnicos que fixo a sociedade moderna? Houbera sido absurdo resisti-la
introducción do teléfono, por exemplo. Ofrece moitas ventaxas e
ningunha desventaxa. Sen embargo tal e como explicamos nos parágrafos
59-76, todos estes avances técnicos tomados xuntos crearon un mundo no
cal a sorte do home medio xa non está nas suas propias mans ou no dos
seus veciños e amigos, se non na dos políticos, executivos de
corporacións e remotos e anónimos técnicos e
burócratas nos que como individuo non ten poder pra influir. Posto que
algunha xente pode atopar paradóxica a noción de que un gran
número de cousas boas se poden sumar pra dar unha mala,
ilustrarémolo cunha analoxía. Supoñamos que o Sr. A
está a xogar ó xadrez co Sr. B. O Sr. C, un gran mestre,
está a ollar por enriba do hombro do Sr. A. Este por suposto quere
gaña-la partida, así que se o Sr. C indica un bó movemento
pró Sr. A, estálle a facer a éste un favor. Pero agora
supoñamos que o Sr. C lle indica ó Sr. A TODOS os seus
movementos. En cada intre particular fai ó Sr. A un favor
aprendéndolle o seu millor movemento, pero facendo TODOS estraga o xogo,
posto que non hai motivo en que o Sr. A xogue se algún outro fai
tódolos seus movementos. A situación do home moderno é
análoga á do Sr. A. O sistema fai a vida dunha persoa moito
máis fácil de innumerables formas, pero facéndoo priva a
esta do control sobre a súa propia sorte. O mesmo proceso
continuará no futuro. A enxeñería xenética, por
exemplo. Pouca xente se resistirá á introducción dunha
técnica xenética que elimine as enfermidades hereditarias.
Aparentemente non dana e prevén moito sufrimento. Así, un gran
número de milloras xenéticas tomadas xuntas fará dos seres
humáns un producto de enxeñería antes que unha libre
creación do azar (ou de deus, ou o que sexa, dependendo das tuas crenzas
relixiosas).
129. Outra razón de porque a tecnoloxía é unha forza
social poderosa é que, no contexto dunha sociedade dada, o progreso
tecnolóxico camiña nunha soa dirección; nunca pode dar
marcha atrás. Cando se introduciu unha inovación técnica,
a xente normalmente se volta dependente dela, a non ser que sexa
substituída por algunha inovación ainda máis avanzada. A
xente non só se volta dependente como individualidades dun novo producto
tecnolóxico, se non, mesmo en maior grado, o sistema como conxunto
vóltase dependente del. (Imaxina que lle pasaría ó sistema
actual se os ordenadores, por exemplo, fosen eliminados). Así o sistema
pódese mover nunha soa dirección, detrás dunha maior
tecnoloxización. A tecnoloxía forza repetidamente á
liberdade a dar un paso atrás – un pouco do derribo de todo o
sistema tecnolóxico.
131. Os técnicos (usamos este termo pra describir a todos aqueles
que realizan unha tarea especializada que require adestramento) tenden a estar
tan comprometidos co seu traballo (a súa actividade sustitutoria) que
cando xurde un conflicto entre éste e a liberdade, case sempre deciden
en favor do seu traballo técnico. Isto é óbvio no caso dos
científicos, pero tamén aparece noutras partes: educadores,
grupos humanitarios, organizacións de conservación, non vacilan
en usar propaganda ou outras técnicas psicolóxicas pra se axudar
a consegui-las súas loables finalidades. As corporacións e as
axencias gubernamentais, cando o atopan proveitoso, non vacilan en reunir
información sobre persoas sen respetar a súa intimidade. As
axencias de execución das leis están frecuentemente en
dificultades cos dereitos constitucionais dos sospeitosos e frecuentemente de
persoas completamente inocentes, e fan o que legalmente poidan (ou algunhas
veces ilegalmente) pra restrinxir ou burlar eses dereitos. Moitos destes
educadores, funcionarios gubernamentais e oficiais de leis cren na liberdade,
na intimidade e nos dereitos constitucionais, pero cando estes entran en
conflicto co seu traballo, normalmente sinten que o seu traballo é
máis importante.
132. É ben sabido que xeralmente a xente traballa millor e
máis persistentemente cando loita por un premio que cando tenta evitar
un castigo ou un resultado negativo. Os científicos e outros
técnicos están motivados principalmente polos premios que
consiguen a través do seu traballo. Pero aqueles que se opoñen
á invasión técnica da liberdade están a traballar
pra evitar un resultado negativo, consecuentemente son uns poucos os que
traballan persistentemente e ben nesta tarea desalentadora. Se algunha vez os
reformistas realizan unha victoria notable que semella erguer unha barreira
sólida contra futuras erosións da liberdade a través do
progreso técnico, moitos tenderán a relaxarse e desvia-la
súa atención a empeños máis agradables. Pero os
científicos permanecerán atareados nos seus laboratorios e a
tecnoloxía, como progresa, atopará camiños, a pesar de
calquer barreira, pra exercer máis e máis control sobre as
persoas e facelas máis dependentes do sistema.
133. Ningún acordo social, sexan leis, institucións,
costumes ou códigos éticos, pode proporcionar unha
protección permanente contra a tecnoloxía. A historia ensina que
tódolos acordos sociais son transitorios; todos cambian ou fracasan
á longa. Pero os avances tecnolóxicos son permanentes dentro do
contexto dunha civilización dada. Supoñamos por exemplo que se
fose posible chegar a algún acordo social que prevese que a
enxeñaría xenética fose aplicada a seres humáns, ou
previlo de tal xeito como pra non ameazar a liberdade e a dignidade. Non
obstante, a tecnoloxía permanecerá esperando. Antes ou despois o
acordo social fracasará. Probablemente antes, dando paso á
oportunidade na nosa sociedade. Entón a enxeñería
xenética comezará a invadi-la nosa esfera de liberdade, e esta
invasión será irreversible (estando lonxe dun fracaso da
civilización tecnolóxica en si). Calquer ilusión a cerca
de conseguir algo permanente a través de acordos sociais debería
disiparse polo que actualmente está a pasar ca lexislación
ambiental. Fai uns poucos anos semellaba que había barreiras legais
seguras previndo alomenos ALGUNHAS das peores formas de degradación
ambiental. Un cambio no vento político e esas barreiras comezan a
derrubarse.
134. Por tódalas razóns anteriores, a tecnoloxía
é unha forza social máis poderosa cá aspiración de
liberdade, pero esta declaración require unha importante
calificación. Semella que durante as próximas décadas o
sistema tecnolóxico-industrial experimentará unha severa cuota de
tensión en problemas económicos e ambientais e, especialmente, en
problemas de comportamento humán (alienación, rebelión,
hostilidade, unha variedade de dificuldades sociais e psicolóxicas).
Esperamos que a tensión que o sistema probablemente atravesará
lle causará un colapso, ou alomenos o debilitará o suficiente
como pra que ocurra unha revolución e teña éxito.
Entón, nese momento particular, a aspiración pola liberdade
mostrarase máis poderosa cá tecnoloxía.
135. No parágrafo 125 usamos unha analoxía dun
veciño débil deixado desvalido por un veciño forte que lle
saca toda a súa terra forzándoo a un serie de compromisos. Pero
supoñamos agora que o veciño forte cae enfermo, polo que é
incapaz de se defender. O veciño débil pode forzar ó forte
a devolverlle a súa terra ou pode matalo. Se deixa sobrevivir ó
home forte e só o forza a devolverlle a súa terra, é un
inxenuo, porque cando o home forte se recupere voltará a quedar con toda
a terra pra el. A única alternativa sensata pró home débil
é matar ó forte mentres ten unha oportunidade. Do mesmo xeito,
mentres o sistema industrial está enfermo debemos destruílo. Se
transiximos e lle deixamos recuperarse da súa enfermidade á longa
destruirá toda a nosa liberdade.
OS PROBLEMAS SOCIAIS
MÁIS SIMPLES MOSTRÁRONSE INTRATABLES
136. Se alguén ainda imaxina que sería posible reforma-lo
sistema de tal xeito como pra protexe-la liberdade da tecnoloxía,
déixalle considera-lo chafalleira e, prá maior parte,
desafortunada que a nosa sociedade foi tratando outros problemas sociais que
son moito máis simples e globais. Entre outras cousas, o sistema fallou
en para-la degradación ambiental, a corrupción política, o
tráfico de drogas ou o abuso doméstico.
137. Tomemo-los nosos problemas ambientais, por exemplo. Aquí o
conflicto de valores é completo: actualmente a conveniencia
económica contra a salvación dalgún dos nosos recursos
naturais prós nosos netos. Aquí estamos a considerar só un
conflicto de valores dentro da corrente de opinión principal. Pola
razón de simplificar deixamos fora do cadro de valores
"estraños" como a idea de que a natureza salvaxe é mais
importante que a prosperidade económica humana. Pero nesta materia
só obtemos moita burla e ofuscación por parte da xente que ten o
poder, e nada como unha liña de acción clara e consecuente, e
continuamos acumulando os problemas ambientais cos que terán que
vivi-los nosos netos. Os intentos de resolve-lo problema ambiental consisten en
loitas e compromisos entre diferentes faccións, algunha das cales
ascenden nun momento, outras noutro momento. A liña de loita cambia ca
corrente actual de movimento da opinión do público. Éste
non é un proceso racional, nen tampouco é apto pra conducir a
unha solución conveniente e próspera ó problema. Os
principais problemas sociais, se algunha vez son "resoltos",
raramente ou nunca o son a través dun plano racional e comprensible.
Simplemente resólvense por si mesmos a través dun proceso no que
varios grupos competidores perseguindo os seus propios intereses (normalmente
de período corto) chegan (principalmente debido á sorte) a
algún modus vivendi9 máis ou menos estable. (Os
propios intereses non son necesariamente intereses MATERIAIS. Poden consistir
en realizar algunha necesidade psicolóxica, por exemplo, promove-la
ideoloxía ou relixión propia.) De feito, os principios que formulamos
nos parágrafos 100-106 fan semellar dubidoso que os planos sociais
racionais de período longo poidan ser ALGUNHA VEZ prósperos.
138. Así queda claro que a raza humana ten no millor dos casos
unha capacidade moi limitada pra resolver incluso problemas sociais
relativamente globais. Entón ¿como vai a resolve-lo problema
moito máis dificil e sutil de reconciliar liberdade e tecnoloxía?
A tecnoloxía presenta avances materiais ben delimitados, mentres que a
liberdade é unha abstracción que significa cousas diferentes pra
xente diferente, e a súa perda é confundida pola propaganda e a charla
imaxinativa.
139. E nótese esta importante diferencia: é concebible que
os nosos problemas ambientais (por exemplo) poidan algun día
estabilizarse a través dun plano comprensivo e racional, pero se isto
pasa será porque está no interese de período longo do
sistema o resolver estes problemas. Pero NON lle interesa o preserva-la
liberdade ou a autonomía de pequenos grupos. polo contrario,
impórtalle ter baixo control o comportamento humán na extensión
máis amplia posible. Unha nota: ó sistema lle corresponde
permitir nalgunhas competencias un certo grado de liberdade prescrito. Por
exemplo, a liberdade económica (con convenientes limitacións e
prohibicións) demostrouse efectiva na promoción do crecimento
económico. Pero só a liberdade planeada, circunscrita e limitada
interesa ó sistema. A persoa ten que ser mantida cunha correa, mesmo se
a correa é algunhas veces longa (ver parágrafos 94, 97).
Así, mentres consideracións prácticas poden forzalo
á longa a tomar unha aproximación racional e prudente ante os
problemas ambientais, iguais consideracións prácticas forzarano a
regula-lo comportamento humán cada vez máis de cerca
(probablemente por medio de medios indirectos que disfrazarán o avance
sobre a liberdade). Isto non é simplemente a nosa opinión.
Eminentes científicos sociais (por exemplo James Q. Wilson) enfatizaron
a importancia de "socializar" á xente con máis
efectividade.
A REVOLUCIÓN
É MAIS FÁCIL CÁ REFORMA
140. Esperamos ter convencido ó lector de que o sistema non pode
ser reformado de tal maneira como pra reconciliar liberdade e
tecnoloxía. A única saída é librarnos do sistema
tecnolóxico industrial no seu conxunto. Isto implica a revolución,
non necesariamente un erguemento armado, pero certamente un cambio radical e
fundamental na natureza da sociedade.
CONTROL DO
COMPORTAMENTO HUMÁN
143. Dende o comezo da civilización, as sociedades organizadas
tiveron que presionar ós seres humáns a causa do funcionamento do
organismo social. Os tipos de presión varían enormemente dunha
sociedade a outra. Algunhas son físicas (dieta probe, traballo excesivo,
polución ambiental), algunhas son psicolóxicas (ruído,
hacinamento, forzar o comportamento humán ó molde que a sociedade
require). No pasado, a natureza humán foi aproximadamente constante, ou
de calquer modo variou só preto de certos lindes. Consecuentemente, as
sociedades foron capaces de empurrar á xente só ata certos limites.
Cando se adianta o límite da resistencia humana, as cousas comezan a ir
mal: rebelión, ou crime, ou corrupción, ou evasión do
traballo, ou unha taxa minguante de nacimento ou algunha outra cousa, polo que
a sociedade tamén se colapsa, ou o seu funcionamento se volve demasiado
ineficiente ou é (rápidamente ou gradualmente, a través de
consecuencias, desgaste ou evolución) substituída por algunha
outra forma máis eficiente de sociedade.
144. Así, a natureza humana puxo certos límites no pasado
ó desenvolvemento das sociedades. A xente podía ser empurrada a
un punto e non mais alá. Pero hoxe isto pode estar a cambiar, porque a
tecnoloxía moderna está desenvolvendo formas de modificar
ós seres humáns.
145. Imaxina unha sociedade que somete á xente a condicións
que os fan terriblemente infelices, entón lles dá drogas pra
sacarlles a súa infelicidade ¿Ciencia ficción? Xa
está a pasar en certa extensión na nosa sociedade. É ben
sabido que a taxa de depresións clínicas se incrementou
enormemente nas décadas recentes. Creemos que isto é debido
ó colapso do proceso de poder, como explicamos nos parágrafos
59-76. Pero mesmo se estamos enganados, o incremento da taxa de
depresións é certamente o resultado de ALGUNHAS condicións
que existen na sociedade de hoxe. En vez de extirpa-las condicións que
fan que a xente estea deprimida, as sociedade moderna lles dá drogas
antidepresivas. En realidade, os antidepresivos son un medio de modifica-lo
estado interno dun individuo de tal maneira que lle permita tolera-las
condicións sociais que doutra maneira toparía intolerables. (Si,
sabemos que a depresión é con frecuencia de orixen puramente
xenética. Aqui estámonos a referir a eses casos nos que o medio
xoga un papel predominante).
146. As drogas que afectan á mente son só un exemplo dos
métodos de control do comportamento humán que a sociedade moderna
está a desenvolver. Vexamos algúns outros.
147. Pra comezar, están as técnicas de vixilancia. As
videocámaras ocultas úsanse na actualidade na maioría dos
almacens e noutros moitos lugares, os ordenadores úsanse pra recoller e
procesar enormes cantidades de información sobre persoas. A
información así obtida aumenta enormemente a efectividade da
coacción física (é dicir lei de aplicación). (Se
pensas que unha lei de aplicación máis efectiva é boa porque suprime o crime, entón
lembra que o crime como o define o sistema non é necesariamente o que Ti
chamarías crime. Hoxe en día fumar marihuana é un
"crime", e, nalguns sitios de EE.UU., tamén o é a
posesión dunha pistola sen rexistar. Mañá, a
posesión de CALQUER arma de lume, rexistrada ou non, pode ser
contemplado como delito, e o mesmo pode acontecer con métodos
desaprobados de criar ós nenos, tales como os azoutes. Nalgúns países,
expresións de disidencia política son un crime, e non hai certeza
de que isto non ocorra nos EE.UU., xa que ningunha constitución ou
sistema político dura pra sempre. Se unha sociedade necesita o
establecemento dunha lei de aplicación amplia e poderosa, entón
algo grave ocorre con esa sociedade; ten que haber xente suxeita a
presións severas se tantos se negan a segui-las regras, ou seguilas
só porque están forzados. No pasado moitas sociedades
amañáronas con poucas ou ningunha lei de aplicación formal).
Tamén están os métodos de propaganda, prós que os
medios de comunicación de masas proporcionan vehículos efectivos.
Desenvolvéronse técnicas eficientes pra gañar
eleccións, vender productos, influír na opinión
pública. A industria do entretemento sirve como importante ferramenta
psicolóxica do sistema, posiblemente mesmo cando se están a
repartir grandes cantidades de sexo e violencia. O entretemento proporciona
ó home actual un medio de escape. Mentres é absorbido pola
televisión, os vídeos, etc. pódese esquece-la
tensión, o desacougo, a frustación, a insatisfacción.
Moita xente primitiva, cando non ten ningún traballo que facer,
está contenta dabondo como pra se sentar durante horas por un tempo sen
facer nada, porque están en paz consigo mesmos e co seu mundo. Pero a
maioría da xente moderna debe estar constantemente ocupada ou entretida,
doutro modo "abúrrense", é dicir vólvense
inquedos, incómodos, irritables.
148. Outras técnicas zoupan máis profundamente que as
precedentes. A educación xa non é un simple asunto de mallar nun
rapaz cando non se sabe a lección e de lle dar unha palmadiña no
lombo cando a sabe. Estase a convertir nunha técnica científica
pra controla-lo desenvolvemento do neno. Os Centros de aprendizaxe Sylvan, por
exemplo, tiveron moito éxito motivando ós nenos ó estudio
e tamén usaron técnicas psicolóxicas con máis ou
menos éxito en moitas escolas convencionais. As técnicas de
"paternidade" que se ensinan ós pais están
deseñadas pra facer que os nenos acepten os valores fundamentais do
sistema e se comporten da maneira que éste atopa desexable. Os programas
de "saúde mental", as técnicas de
"intervención", a psicoterapia e así sucesivamente
están ostensiblemente deseñadas pra beneficiar ós
individuos, pero normalmente na práctica serven como métodos pra
inducir a pensar e comportarse como o sistema require. (Non hai ningunha
contradicción aqui; un individuo que os seus actos ou o seu
comportamento lle levan a un conflicto co sistema está en contra dunha
forza demasiado poderosa como pra conquistala ou escapar dela, polo tanto é
probable que sufra tensión, frustación, derrota. A sua
patoloxía será moito máis fácil se pensa e se
comporta como desexa o sistema. Neste sentido estáse a actuar en
beneficio do individuo cando se lle lava o cerebro pra que estea conforme).
Desapróbase o abuso de nenos nas súas formas máis
indecorosas e óbvias, se non en todas, na maioría das culturas.
Atormentar a un neno por ningunha razón ou por unha sen importancia
é algo que horroriza a case todo o mundo. Pero moitos psicólogos
interpretan o concepto de abuso moito máis extensamente. ¿Son os
azoutes, cando se usan como parte dun sistema de disciplina racional e
consecuente, unha forma de abuso? En última instancia a resposta
será decidida por se os azoutes tenden ou non a producir comportamentos
que fagan a unha persoa encaixar ben co sistema existente de sociedade. Na
práctica a palabra "abuso" tende a ser interpretada pra
incluír calquer método de criar nenos que produza comportamentos
inconvenientes pró sistema. Así, cando van máis alá
da prevención da crueldade óbvia e privada de sentido, os
programas pra previ-lo "abuso de nenos" son dirixidos cara o control
do comportamento humán por parte do sistema.
149. Presumiblemente, a investigación continuará pra
incrementa-la efectividade das técnicas psicolóxicas de control
do comportamento humán. Pero pensamos que é improbable que
só as técnicas psicolóxicas sexan suficiente pra adaptar
ós seres humáns á clase de sociedade que a tecnoloxía
está a crear. Probablemente terán que usar métodos
biolóxicos. Xa mencionamo-lo uso de drogas en relación con isto.
A neuroloxía pode proporcionar outros camiños de
modificación da mente humana. A enxeñería xenética
en seres humáns está xa comezando a darse na forma da
"terapia de xen"10, e non hai razón pra asumir que
tales métodos non serán usados á longa pra modificar
aquilos aspectos do corpo que afectan ó funcionamento mental.
150. Como mencionamos no parágrafo
151. O colapso social que hoxe vemos non é dende logo o resultado
do simple azar. Só pode se-lo resultado das condicións de vida
que o sistema impón á xente. (Argumentamos que a condición
máis importante é o colapso do proceso de poder). Se o sistema
ten éxito impoñendo suficiente control sobre o comportamento
humán pra asegura-la súa propia supervivencia, pasarase un
momento crítico na historia da humanidade. Mentres antigamente os
límites da resistencia humana impuxeron límites ó
desenvolvemento das sociedades (tal como explicamos nos parágrafos
143,144) a sociedade tecnolóxico-industrial será capaz de
traspasar eses límites modificando ós seres humáns, xa
sexa por métodos psicolóxicos, biolóxicos ou por ambos. No
futuro, os sistemas sociais non estarán adaptados pra se axustar
ás necesidades dos seres humáns. En cambio, os seres
humáns estarán adaptados pra se axustar ás necesidades do
sistema. Pra ser exactos, as sociedades pasadas tiveron medios de influencia-lo
comportamento humán, pero estes foron primitivos e de baixa efectividade
comparados cos medios tecnolóxicos que se están a desenvolver
agora.
152. Falando en xeral, o control tecnolóxico sobre os seres
humáns probablemente non será introducido cunha intención
totalitaria nin siquera a través dun desexo consciente de restrinxi-la
liberdade humana. Sen embargo, algúns psicólogos expresaron
públicamente opinións indicando o seu desprezo á liberdade
humana. E o matemático Claude Shannon foi citado en Omni (agosto de
1987) dicindo "visualizo un tempo no que seremos prós robots o que
os cans son prós humáns, e eu estou a apoiar ás
máquinas". Cada novo escalón na afirmación do control
sobre a mente humana será tomado como unha resposta racional a un
problema ó que se enfrente a sociedade, tal como cura-lo alcoholismo,
reduci-la taxa de crime ou inducir á xente nova a que estudie ciencia e
enxeñería. En moitos casos, habrá unha
xustificación humanitaria. Por exemplo, cando un psiquiatra prescribe un
antidepresivo a un paciente deprimido, estalle a facer claramente un favor a
esa persoa. Sería inumano nega-la droga a alguén que a necesita.
Cando os pais mandan ós seus fillos ós Centros de aprendizaxe
Sylvan pra que sexan manipulados pra que se entusiasmen cos seus estudios, fano
dende a preocupación do benestar dos seus fillos. Pode que algúns
destes pais desexen que un non tivese que ter adestramento especializado pra
conseguir un traballo e que o seu neno non tivese que sufrir un lavado de
cerebro pra se convertir nun curmán dos ordenadores. Pero, ¿que
poden facer? Non poden cambia-la sociedade, e o seu fillo pode estar no paro se
non ten certas destrezas. Así que o mandan a Sylvan.
153. Así, o control sobre o comportamento humán será
introducido non pola decisión calculada das autoridades, se non a
través dun proceso de evolución social (evolución
RÁPIDA, de calquer maneira). O proceso será imposible de
resistir, porque cada avance, considerado en si mesmo, semellará
beneficioso, ou, alomenos, o mal envolto en face-lo avance semellará ser
menor do que resultaria non facelo. (Ver parágrafo 127). A propaganda,
por exemplo, úsase pra moitos propósitos bós, tales como
desalenta-lo abuso ós nenos ou o ódio racial. A educación
sexual é óbviamente útil, a pesar de todo o efecto desta
(ata o punto de que ten éxito) é saca-la formación de
actitudes sexuais da familia e poñelas nas mans do Estado, representado
polo sistema da escola pública.
154. Supoñamos que se descubre un risco biolóxico que
incrementa a probabilidade de que un neno medre pra ser un criminal, e
supoñamos algunha clase de terápia xenética que poida
extirpar ese risco. Por suposto, a maioría dos pais con fillos que
posúan o risco someteríano á terápia. Sería
inumano facelo doutra maneira, posto que o neno probablemente tería unha
vida miserable se medrase pra ser un criminal. Pero moitas ou a maioría
das sociedades primitivas teñen unha taxa baixa de crimes en
comparación ca nosa, ainda que non tivesen nen métodos de alta
tecnoloxía pra criar ós nenos, nen sistemas crueis de castigo. Xa
que non hai razón pra supoñer que máis homes modernos que
primitivos iniciaron tendencias depredadoras, a alta taxa de crimes na nosa
sociedade ten que ser debida ás presións que as condicións
modernas poñen na xente, ás cales moitos non poden ou non
podrán axustarse. Así, un tratamento deseñado pra extirpar
tendencias criminais potenciais é, alomenos en parte, unha maneira de
redeseñar á xente pra que se axusten ós requerimentos do
sistema. Isto non é ciencia ficción! Despois de escribir este
parágrafo atopamos un artigo en Scientific American segundo o cal
están a desenvolver activamente técnicas pra identificar posibles
futuros criminais e pra tratalos cunha combinación de medios
biolóxicos e psicolóxicos. Algúns científicos
abogan pola aplicación do
tratamento, que pode estar disponible no futuro próximo. (Ver
"Buscando o Elemento Criminal" por W. Wayt Gibbs, Scientific American,
marzo 1995). Pode que penses que isto está ben porque o tratamento
será aplicado a aqueles que poidan convertirse en criminais violentos.
Pero, por suposto, non pararía ahí. O seguinte, un tratamento
sería aplicado a aqueles que poidan convertirse en conductores borrachos
(tamén poñen en perigo a vida humana), igual entón
á xente que azouta ós seus fillos, entón ós
medioambientalistas que sabotean equipamento prá tala de árbores,
no futuro a calquera que o seu comportamento sexa inconveniente pró
sistema.
156. No parágrafo 127 sinalamos que se o uso dun novo
artículo tecnolóxico é INICIALMENTE opcional,
necesariamente non SE MANTÉN como opcional, porque a nova
tecnoloxía tende a cambiar de tal forma a sociedade que se volve dificil
ou imposible pra unha persoa o funcionar sen usar esa tecnoloxía. Isto
tamén é aplicable á tecnoloxía do comportamento
humán. Nun mundo no que a maioría dos nenos son lanzados a través
dun programa pra os entusiasmar polo estudio, uns pais veranse forzados a poñer ó seu
fillo a través de tal programa, porque se non o fan, entón o neno
medrará pra ser, falando comparativamente, un ignorante, e polo tanto, un
parado. Ou supoñamos que se descubre un tratamento biolóxico que,
sen efectos secundarios, gradualmente reducirá a tensión
psicolóxica que demasiada xente sufre na nosa sociedade. Se unha grande
cantidade de persoas escolle experimenta-lo tratamento, entón o nivel
xeral de tensión reducirase, polo que será posible pró
sistema incrementa-las presións que producen a tensión. Isto
conducirá a que máis xente experimente o tratamento e así
sucesivamente, polo que no futuro a tensión pódese convertir en
tan pesada que pouca xente poida sobrevivir sen sufri-lo tratamento de
reducción da tensión. De feito, algo como isto semella ter pasado
xa cunha das ferramentas psicolóxicas máis importantes da nosa
sociedade pra permitir á xente o reducir (ou alomenos escapar
temporalmente) a tensión, chamados, entretementos de masas (ver
parágrafo 147). O noso uso deles é "opcional": ningunha
lei nos obriga a que vexamo-la televisión, oiamo-la radio, leamos
revistas. Sen embargo os entretementos de masas son un medio de escapar e de
reduci-la tensión ós que moitos de nós nos voltamos
dependentes. Todo o mundo se queixa da mala calidade da televisión, pero
case todo o mundo a ve. Uns poucos deron un puntapé ó
hábito da televisión, pero sería unha persoa rara a que
poidese pasar hoxe sen usar NINGUNHA forma de entretemento de masa (sen embargo
ata hai ben pouco na historia da humanidade a maior parte da xente
levábao moi ben sen outro entretemento que o que cada comunidade local
creaba para si mesma). Sen a industria do entretemento o sistema probablemente
non fose capaz de poñer impunemente en nós tanta presión
de producción de tensión como o fai.
157. Asumindo que sobreviva a sociedade industrial, é probable que
a tecnoloxía adquira á longa algo próximo ó control
completo sobre o comportamento humán. Estableceuse máis
alá de calquera dúbida racional que o pensamento e o
comportamento humán teñen unhas importantes bases
biolóxicas. Como demostraron os experimentadores, sentimentos como o
desexo, o pracer, a cólera e o medo poden ser conectados e desconectados
mediante a estimulación eléctrica das partes apropiadas do
cerebro. Danando outras partes pódense destruír recordos ou traer
á superficie mediante a estimulación eléctrica. As drogas
poden inducir alucinacións ou cambios de humor. Pode haber ou non unha
alma humana inmaterial, pero, se a hai, é claramente menos poderosa que
os mecanismos biolóxicos do comportamento humán. Posto que, se
ese non fose o caso, entón as investigacións non podrían
manipular tan fácilmente os sentimentos e o comportamento humán con
drogas e correntes eléctricas.
158. Presumiblemente, non sería práctico que toda a xente
tivese electrodos insertados na cabeza pra poder ser controlada polas
autoridades. Pero o feito de que os pensamentos e os sentimentos humáns
estean tan abertos a intervencións biolóxicas mostran que esta
cuestión é principalmente un problema técnico; un problema
de neuronas, hormonas e moléculas complexas; a clase de asunto que
é accesible ó ataque científico. Dada a marca destacada da
nosa sociedade en resolver problemas técnicos, é abrumadoramente
probable que os grandes avances se farán no control do comportamento
humán.
159. ¿A resistencia do público previrá a
introducción do control tecnolóxico do comportamento
humán? Seguramente, se fixesen un tento de introducir tal control dunha
soa vez. Pero xa que será introducido a través dunha longa
secuencia de pequenos avances, non habrá resistencia racional e
efectiva. (Ver parágrafos 127, 132, 153).
A RAZA HUMANA NUNHA
ENCRUCILLADA
161. Pero adiantámonos na nosa historia. Unha cousa é
desenvolver no laboratorio unha serie de técnicas psicolóxicas ou
biolóxicas pra manipula-lo comportamento humán e outra o integrar
estas técnicas dentro do funcionamento dun sistema social. O segundo
problema é o máis dificil dos dous. Por exemplo, mentres que as
técnicas de educación psicolóxicas funcionan sen
dúbida bastante ben nas "escolas laboratorio" onde son
desenvolvidas, non é necesariamente fácil o aplicalas
efectivamente ó longo do noso sistema educativo. Todos sabemos como son
moitas das nosas escolas. Os profesores están demasiado ocupados sacando
ós nenos coitelos e pistolas como pra sometelos ás últimas
técnicas pra convertilos en curmáns dos ordenadores. Así,
a pesar de tódolos seus avances técnicos referentes ó
comportamento humán, o sistema ata a data non foi notablemente
afortunado en controlar ós seres humáns. A xente con
comportamentos bastante bós baixo o control do sistema son aqueles do
tipo que pode ser chamado "burgués". Pero hai un número
crecente de persoas quen dun modo ou outro son rebeldes ó sistema:
sanguisugas do benestar, bandas de xóvenes, cultistas, satanistas,
nazis, medioambientalistas radicais, milicianos, etc.
162. Actualmente, o sistema está ocupado nunha loita desesperada
pra superar certos problemas que ameazan a súa supervivencia, entre os
que os máis importantes son os do comportamento humán. Se
prospera en adquiri-lo control suficiente sobre éste o bastante deprisa,
probablemente sobrevivirá. Doutra maneira fracasará. Pensamos que
o problema será resolto, o máis probable, dentro das
próximas décadas, digamos de
163. Supoñamos que o sistema sobrevive á crise das
próximas décadas. Pra entón ten que ter resolto, ou
alomenos sometido a control, os principais problemas ós que se enfronta,
en particular aquel da "socialización" dos seres
humáns; isto é, facer á xente o suficientemente dócil
como pra que o seu comportamento non o ameace por máis tempo.
Levándose iso a cabo, non semella que houbera ningún novo
obstáculo ó desenvolvemento da tecnoloxía, e
presumiblemente avanzaría cara a súa conclusión
lóxica, que é o control total sobre todo na Terra,
incluíndo seres humáns e o resto de organismos importantes. O
sistema pódese convertir nunha organización unitaria e
monolítica, ou pode estar máis ou menos fragmentado e constituir
un número de organizacións que coexistan nunha relación
que inclúa elementos tanto de cooperación como de
competición, exactamente como ocurre hoxe co goberno, as
corporacións e outras grandes organizacións que tanto cooperan
como competen as unhas cas outras. Case toda a liberdade humana
desaparecerá, porque os individuos e os grupos pequenos serán
impotentes respecto das grandes organizacións armadas con
supertecnoloxía e un arsenal de ferramentas psicolóxicas e
biolóxicas avanzadas pra manipular ós seres humáns,
ademais de instrumentos e de vixilancia e coacción física.
Só un pequeno número de xente terá algún poder real
e probablemente mesmo estes terán unha liberdade moi limitada, porque o
seu comportamento tamén será regulado; exactamente como ocurre
hoxe cas nosas políticas e executivas de corporacións que poden
manter as súas posicións de poder só en tanto que o seu
comportamento permaneza dentro de certos límites abondo estreitos.
164. Non imaxines que o sistema parará de desenvolver novas
técnicas pra controlar ós seres humáns e á natureza
unha vez teña acabado a crise das próximas décadas e o
incremento do control non sexa necesario por máis tempo prá
súa supervivencia. Ó contrario, unha vez teñan acabado os
tempos duros, o sistema incrementará o control máis
rápidamente, porque non lle estorbarán as dificuldades do tipo
que experimentou actualmente. A supervivencia non é o motivo principal
do control. Como explicamos nos parágrafos 87-90, os técnicos e
os científicos continúan co seu traballo en gran parte como unha
actividade sustitutoria, satisfan a súa necesidade de poder resolvendo
problemas técnicos. Continuarán facendo isto con entusiasmo
inmoderado e entre os problemas máis interesantes e desafiantes de
resolver pra eles serán aqueles do entendemento do corpo e a mente
humana e intervir no seu desenvolvemento. Polo "ben da humanidade",
por suposto.
165. Pero supoñamos, por outra parte, que a tensión das
décadas vindeiras poida ser demasiado pró sistema. Se se colapsa
pode haber un periodo de caos, un "tempo de problemas" tales como
aqueles que a historia experimentou en varias épocas no pasado. É
imposible predici-lo que xurdirá dese tempo de problemas, pero, sexa
como sexa, á raza humana se lle dará unha nova oportunidade. O
maior perigo é que a sociedade industrial poida comezar a reconstituirse
por si mesma dentro dos primeiros anos despois do colapso. Dende entón
habrá moita xente (especialmente do tipo famentos de poder) que
estará cobizosa por voltar a poñer en marcha as fábricas.
166. Polo tanto aqueles que odian a servidume á que o sistema
industrial está a reducir á raza humana enfrentaranse a
dúas tareas. En primeiro lugar, temos que traballar pra aumenta-la
tensión social dentro do sistema así como incrementa-la
probabilidade de que se colapse ou sexa debilitado o suficiente pra que unha
revolución contra él sexa posible. En segundo lugar, é
necesario desenvolver e propagar unha ideoloxía que se opoña
á tecnoloxía e ó sistema industrial. Tal ideoloxía
pode convertirse nas bases dunha revolución contra a sociedade
industrial sempre e cando o sistema se debilite o suficiente. E tal
ideoloxía axudará a asegurar que, sempre e cando a sociedade
industrial se colapse, os seus restos sexan feitos pedazos irreparables, polo
que non podrá ser reconstruída. As fábricas deben ser
destruídas, os libros técnicos queimados, etc.
SUFRIMENTO
HUMÁN
167. O sistema industrial non se colapsará puramente como
resultado dunha acción revolucionaria. Non será vulnerable
ó ataque revolucionario a non ser que os seus propios problemas internos
de desenvolvemento o leven a dificuldades moi serias. Polo que se o sistema se
colapsa o fará tamén espontáneamente ou a través
dun proceso que é en parte espontáneo pero axudado polos
revolucionarios. Se o colapso é repentino, moita xente morrerá,
xa que a poboación mundial se volveu tan dependente que non pode
alimentarse a si mesma por máis tempo sen tecnoloxía avanzada.
Mesmo se o colapso é o suficientemente gradual pra que a
reducción da poboación poida acontecer máis a
través da reducción da taxa de nacimento que a través do
ascenso da taxa de morte, o proceso de desindustrialización
probablemente será moi caótico e implicará moito
sufrimento. É inxenuo pensar que probablemente a tecnoloxía pode
reducirse por etapas amañándoas suavemente, dun modo ordeado,
especialmente dende entón os tecnófilos loitarán
tercamente en cada escalón. ¿Polo tanto é cruel traballar
pró colapso do sistema? Pode, pero pode que non. En primeiro lugar, os
revolucionarios non serán capaces de colapsa-lo sistema a non ser que
éste xa estea con problemas abondo pra que haxa unha boa oportunidade do
seu eventual colapso por si mesma de todas maneiras; e canto máis medre,
máis desastrosas serán as consecuencias do colapso, polo que pode
ser que os revolucionarios, acelerando o comezo, estarán a reduci-la
extensión do desastre.
168. Un ten que contrapesar o loitar e morrer contra a perda da liberdade
e a dignidade. Pra moitos de nós, a liberdade e a dignidade son
máis importantes que unha vida longa ou o evita-lo sufrimento
físico. Ademais, todos temos que morrer algunha vez e pode ser millor
morrer loitando pra sobrevivir, ou por unha causa, que vivir unha vida longa
pero valeira e carente de sentido.
169. En terceiro lugar, non é en absoluto certo que a
supervivencia do sistema levará a un menor sufrimento do que fará
o seu colapso. O sistema xa causou, e continuará causando, un sufrimento
intenso en todo o mundo. As culturas antigas que deron á xente unhas
relacións interpersoais e co seu medio satisfactorios durante centos ou
miles de anos, foron feitas pedazos polo contacto ca sociedade industrial, e o
resultado foi un catálogo enteiro de problemas económicos,
ambientais, sociais e psicolóxicos. Un dos efectos da intrusión
da sociedade industrial foi que moitos dos controis tradicionais da
poboación no mundo se desequilibraron, provocando o estoupido
demográfico, con todo o que implica. Ademais, hai un sufrimento
psicolóxico que está estendido por tódolos supostamente
afortunados países de occidente (ver parágrafos 44-45). Ninguén
sabe o que pasará como resultado da reducción do ozono, do efecto
invernadoiro e doutros problemas ambientais que ainda non se poden prever. E,
como a proliferación nuclear ensinou, a nova tecnoloxía non se
pode manter fora das mans de dictadores e das nacións irresponsables do
terceiro mundo. Gustaríache especular sobre o que Iraq ou Korea do Norte
farán ca enxeñería xenética.
170. "¡Ou!" din os tecnófilos, "¡a
ciencia vai amañar todo iso! Venceremo-la fame, eliminaremo-lo
sufrimento psicolóxico, faremos a todo o mundo saudable e feliz!"
Si, seguro. Iso é o que dixeron fai 200 anos. Supónse que a
Revolución Industrial ía elimina-la probeza, facer a todo o mundo
feliz, etc. O resultado actual foi completamente diferente. Os
tecnófilos son inxenuos (ou
engánanse a si mesmos) na súa comprensión dos problemas
sociais. Non se dan conta (ou escollen ignorar) do feito de que cando se
introducen grandes cambios, mesmo os aparentemente beneficiosos, nunha
sociedade, levan a unha longa secuencia doutros cambios, dos que moitos son
imposibles de predicir (parágrafo 103). O resultado é o colapso
da sociedade. Polo que é moi probable que, nos seus intentos por acabar
ca probeza e a enfermidade, o enxeñeiro dócil, as personalidades
contentas e todo iso, os tecnófilos crearán sistemas sociais que
son terriblemente axitados, mesmo máis que o presente. Por exemplo, os
científicos presumen de que acabarán ca fame creando novas
prantas alimenticias xenéticamente. Pero isto permitirá á
poboación humana continuar expandíndose indefinidamente, e
é ben sabido que o hacinamento conduce a incrementa-la tensión e
a agresión. Isto é un
exemplo dos problemas PREDECIBLES que se presentarán. Enfatizamos que,
como mostrou a experiencia pasada, o progreso técnico conducirá a
outros novos problemas que NON poden predicirse por anticipado
(parágrafo 103). De feito, despois da Revolución Industrial, a
tecnoloxía estivo a crear novos problemas á sociedade bastante
máis rápidamente do que estivo a resolve-los vellos. Así
levará ós tecnófilos un período longo e dificil de
ensaio e erro o resolve-los microbios do seu Mundo Feliz (se algunha vez o
consiguen). No tempo intermedio habrá un grande sufrimento. Polo que non
está claro que a supervivencia da sociedade industrial vaia implicar
menos sufrimento có seu colapso. A tecnoloxía ten á raza
humana nun apreto do cal non é probable que haxa ningunha saída
fácil.
O FUTURO
171. Pero supoñamos agora que a sociedade industrial sobrevive as
próximas décadas e que os microbios á longa saen do
sistema, polo que funciona suavemente. ¿Que clase de sistema
será? Consideremos algunhas posibilidades.
172. Primeiro permítenos postular que os científicos de
ordenadores son afortunados desenvolvendo máquinas intelixentes que
poden facer todo millor que os seres humáns. Nese caso presumiblemente todo
o traballo farano enormes sistemas de máquinas altamente organizadas e
non será necesario ningún esforzo humán. Calquera dos dous
casos pode ocorrer. Pódese permitir ás máquinas que tomen
as súas propias decisións sen supervisión humana ou
pódese reter o control humán das máquinas.
173. Se se permite ás máquinas toma-las súas propias
decisións non podemos facer ningunha conxetura ata os resultados, porque
é imposible adiviñar como se comportarán. Só
sinalamos que a sorte da raza humana estará á súa vontade.
Pódese argumentar que nunca será tan estúpida como pra
entregar todo o poder ás máquinas. Pero non estamos a suxerir que
a raza humana voluntariamente trasfira o poder ás máquinas nen
que estas se apoderen del deliberadamente. O que suxerimos é que fácilmente
se permita derivar a unha posición tal de dependencia que non
tería elección prática se non aceptar tódalas
súas decisións. Como a sociedade e os problemas con que se
enfrenta se volven máis e máis complexos e as máquinas
máis e máis intelixentes, a xente deixará que tomen cada
vez máis decisións por eles, simplemente porque éstas
conducirán a millores resultados que as feitas polos seres
humáns. Á longa pódese alacanzar unha etapa na que as
decisións necesarias pra mante-lo sistema en marcha serán tan
complexas que os seres humáns serán incapaces de tomalas
intelixentemente. Nesa etapa as máquinas posuirán o control
efectivo. A xente non poderá simplemente apagalas, porque terán
tal dependencia que desenchufalas equivalería ó suicidio.
174. Por outra parte é posible que se conserve o control
humán sobre as máquinas. Nese caso o home medio pode tener
control sobre certas máquinas propias, como o seu coche ou o seu
ordenador persoal, pero o control sobre grandes sistemas de máquinas
estará nas mans dunha
minúscula élite simplemente como é hoxe, pero con
dúas diferencias. Debido á millora das técnicas a
élite terá maior control sobre as masas e, como non será
necesario por máis tempo o traballo humán, as masas serán
superfluas, unha carga inútil no sistema. Se a élite é
despiadada, simplemente decidirán exterminalas. Se son humáns,
poden usar propaganda ou outras técnicas psicolóxicas ou
biolóxicas pra reduci-la taxa de nacimento ata que se extingan, deixando
ó mundo á élite. Ou, se ésta consiste en liberais
bondadosos, poden decidir desempeña-lo papel de bons pastores do resto
da humanidade. Pra isto, encargaranse de que todo o mundo satisfaga as
súas necesidades físicas, que tódolos nenos se
críen baixo condicións psicolóxicamente hixiénicas,
que todo o mundo teña unha afición san pra mantelo ocupado e que
calquera que poida estar insatisfeito reciba un "tratamento" pra
cura-lo seu "problema". Por suposto, a vida estará tan
vacía de sentido que a xente terá que estar deseñada
biolóxica ou psicolóxicamente, sexa pra extirpa-la súa
necesidade polo proceso de poder ou pra facelos "sublimar" o seu
impulso polo poder nunha afición inofensiva. Estos seres humáns
deseñados poden ser felices en tal sociedade, pero dende logo a
maioría non serán libres. Terán sido reducidos á
categoría de animais domésticos.
175. Pero supoñamos agora que os científicos de ordenadores
non son afortunados desenvolvendo a intelixencia artificial, polo que o
traballo humán seguirá a ser necesario. Inda así, as
máquinas coidarán de cada vez máis tareas sinxelas polo
que haberá un excedente de traballadores humáns nos niveis
máis baixos de habilidade. (Vemos que isto xa está a pasar. Hai
bastante xente que topa difícil ou imposible topar un traballo, porque
por razóns intelectuais ou psicolóxicas non poden adquiri-lo
nivel de entrenamento necesario pra se facer útiles no presente
sistema). Pra aqueles que están empleados as exixencias irán
sempre en aumento: necesitarán máis e máis entrenamento,
máis e máis habilidade, e terán que ser incluso
máis fieis, conformistas e dóciles, porque serán cada vez
máis como células dun organismo xigante. As súas tareas
serán cada vez máis especializadas, polo que o seu traballo
estará, nun sentido, fora de contacto co mundo real, estando concentrados
nunha minúscula porción de realidade. O sistema terá que
usar calquer medio que poida, sexa psicolóxico ou biolóxico, pra
deseñar á xente pra ser dócil, pra te-las habilidades que
requira o sistema e "sublimar" o seu impulso polo poder nalgunha
tarea especializada. Pero a afirmación de que a xente de tal sociedade
terá que ser dócil pode requerir reservas. Esta pode topar
útil a competitividade, sempre que se topen formas de dirixila dentro de
canais que sirvan ás necesidades do sistema. Imaxinamos unha sociedade
futura na que hai unha competición inacabable pola posición de
prestixio e poder. Pero moi pouca xente alcanzará a cima, onde
está o verdadeiro poder. (Ve-lo final do párrafo 163). Unha
sociedade na cal unha persoa pode satisface-la súa necesidade de poder
só empurrando a gran cantidade doutra xente fora do camiño e
privándoos da SÚA oportunidade polo poder é moi repunante.
176. Un pode imaxinar escenarios que incorporen aspectos de máis
dunha das posibilidades que acabamos de tratar. Por exemplo, pode ser que as
máquinas se encarguen da maioría do traballo que sexa de
importancia real e práctica, pero que se manteñan ocupados
ós seres humáns dándolles traballos relativamente
triviais. Suxeriuse, por exemplo, que un gran desenvolvemento das industrias de
servicios pode dar traballo ós seres humáns. Así, a xente
pasaría o seu tempo limpándose os zapatos uns ós outros,
levándose uns ós outros en taxi, facéndose
artesanía, esperando na mesa de outros, etc. Parécenos unha forma
profundamente desprezable de rematar, e dudamos que moita xente tope a
súa vida realizante en tal atareado traballo sen sentido.
Buscarán outras perigosas saídas (drogas, crime,
"cultos", grupos de odio) a non ser que estén deseñados
biolóxica ou psicolóxicamente pra adaptarse a semellante clase de
vida.
177. Sobra dicir que os escenarios enriba esbozados non agotan
tódalas posibilidades. Só indican a clase de resultados que nos
parecen máis probables. Pero podemos imaxinar escenarios
inverosímiles que son máis aceptables que os que acabamos de
describir. É arrolladoramente probable que, se o sistema
tecnolóxico-industrial sobrevive os próximos
178. O caso pode ser calquera outro, pero é seguro que a
tecnoloxía está a crear un novo ambiente físico e social
radicalmente diferente ó espectro de medios ós que a
selección natural adaptou á raza humán física e
psicolóxicamente. Se o home non se adapta a ese novo ambiente, sendo
redeseñado artificialmente, entón o fará a través
dun proceso longo e dooroso de selección natural. O primeiro é
bastante mais probable que o segundo.
179. Sería millor desfacerse de todo o fétido sistema e
atura-las consecuencias.
ESTRATEXIA
180. Os tecnófilos estánnos a levar a unha viaxe totalmente
imprudente ó descoñecido. Moita xente entende algo do que o
progreso tecnolóxico nos está a facer sen embargo toma unha
actitude pasiva porque pensa que é inevitable. Pero FC non pensa que o
sexa. Pensamos que se pode parar, e daremos aquí algunhas
indicacións de como amañalas pra paralo.
181. Como afirmamos no parágrafo 166, as duas tareas principais
pró presente son promove-la tensión social e a inestabilidade na
sociedade industrial e desenvolver e propagar unha ideoloxia que se
opoña á tecnoloxia e ó sistema industrial. Cando o sistema
esté suficientemente inestable e con tensión, pode que sexa
posible unha revolución contra a tecnoloxía. O modelo
sería similar ó da Revolución Francesa e Rusa. A sociedade
francesa e a rusa, algunhas décadas anteriores ás suas
respectivas revolucións, mostraron un incremento dos signos de
tensión e debilidade. Mentres tanto, desenvolvéronse
ideoloxías que ofrecían unha nova visión do mundo que eran
bastante diferentes á vella. No caso ruso, os revolucionarios
traballaban activamente pra mina-la vella orde. Entón, cando o vello
sistema foi posto baixo suficiente tensión adicional (por medio dunha
crise financieira en Francia e en Rusia por unha derrota militar) foi barrido
polos revolucionarios. O que propoñemos é algo na mesma
liña.
182. Obxectarase que a Revolución Francesa e Rusa fracasaron. Pero
moitas revolucións teñen dúas finalidades. Unha é
destruir unha forma vella de sociedade e a outra é establecer a nova
forma imaxinada polos revolucionarios. A revolución Francesa e Rusa
fracasaron (afortunadamente) en crear a nova clase de sociedade que
soñaban, pero foron bastante afortunadas destruindo a vella sociedade.
Non temos ilusións sobre a facilidade de crear unha nova forma de
sociedade ideal. A nosa finalidade só é destruir a forma
existente.
183. Pero unha ideoloxía, con obxecto de gañar apoio
entusiasta, ten que ter un ideal positivo asi como un negativo; ten que estar A
FAVOR de algo así como CONTRA algo. O ideal positivo que
propoñemos é a Natureza. Isto é, natureza SALVAXE: aqueles
aspectos do funcionamento da Terra e as súas cousas vivintes que son
independentes da administración humana e libres da sua interferencia e
control. E ca natureza salvaxe incluimo-la natureza humán, co que
queremos dicir aqueles aspectos do funcionamento da persoa que non están
suxeitos a regulacións pola organización social se non que son
productos do azar, ou do libre albedrío, ou deus (dependendo das tuas
opinións relixiosas ou filosóficas)
185. E encanto ás consecuencias negativas de elimina-la sociedade
industrial ben, non te podes come-lo pastel e telo ó mesmo tempo. Pra
gañar unha cousa tes que sacrificar outra.
186. Moita xente odia o conflicto psicolóxico. Por esta
razón odia calquer pensamento serio sobre cuestións sociais
difíciles, e lles gusta que eses asuntos lles sexan presentados en
termos simples: ISTO é todo bó e AQUELO é todo malo. Polo
tanto, a ideoloxía revolucionaria débese desenvolver en dous
niveis.
187. No nivel máis sofisticado débese dirixir a persoas que
sexan intelixentes, pensativas e racionais. O obxectivo debe ser crear un
núcleo de persoas que se oporían ó sistema industrial con
bases racionais e sensatas, con total apreciación dos problemas e
ambigüidades implicadas, e o prezo que hai que pagar pra se desfacer do
sistema. É particularmente importante atraer a xente deste tipo, xa que
son xente capaz e contribuirán a influír noutras. Esta xente debe
ser dirixida a un nivel tan racional como sexa posible. Nunca se deben
deforma-los feitos intencionadamente e débese de evitar a linguaxe
inmoderada. Isto non quere dicir que non se pode apelar ás
emocións, pero háse de ter coidado pra evitar falsea-la verdade
ou facer algunha outra cousa que destruíse a respetabilidade intelectual
da ideoloxía.
188. No segundo nivel, débese de propagar dunha forma simplificada
que permita á maioría pouco pensante ve-lo conflicto da
tecnoloxía contra a natureza en termos que non sexan ambiguos. Pero,
mesmo neste segundo nivel, a ideoloxía non se debe expresar nunha
linguaxe demasiado mala, inmoderada ou irracional que aliene ás persoas
do tipo pensativo e racional. Algunhas veces a propaganda mala e inmoderada
topa ganancias de periodo corto impresionantes, pero será máis
ventaxoso a longo prazo o mante-la lealdade dun pequeno número de
persoas intelixentes e comprometidas que acordar as paixóns dunha
multitude pouco pensante e inconstante que mudará a súa actitude
tan pronto como alguén veña cun truco millor de propaganda. De
calquer maneira, pode ser necesaria propaganda do tipo populacho entusiasta
cando o sistema esté preto do punto de colapsarse e haxa unha loita
final entre ideoloxías rivais pra determinar cál se
convertirá en dominante cando a vella visión do mundo se afunda.
189. Antes desa loita final, os revolucionarios non deben esperar ter
unha maioría de persoas ó seu lado. A historia está feita
por minorías activas e resolvidas, non pola maioría, que rara vez
ten unha idea clara e consistente do que realmente quere. Ata que chegue o
momento do empurrón final prá revolución, o traballo
será menos gaña-lo apoio superficial da maioría que
construír un núcleo pequeno de xente profundamente comprometida.
Xa que prá maioría, será suficiente facelos conscientes da
existencia da nova ideoloxía e lembrárllelo frecuentemente; ainda
que por suposto sería desexable ter un apoio maioritario ata o punto de
que isto se poida facer sen debilitar ó núcleo de xente
comprometida seriamente.
190. Calquer clase de conflicto social axuda a desestabiliza-lo sistema,
pero un debe ser coidadoso sobre a clase de conflicto que estimula. A
liña de conflicto débese dibuxar entre a masa de xente e a
élite que sustén o poder na sociedade industrial (políticos,
científicos, executivos de negocios de alto nivel, funcionarios
gubernamentais, etc.). NON se debe dibuxar entre os revolucionarios e a masa de
xente. Por exemplo, sería mala estratexia o condenar ós
americanos polos seus hábitos de consumo. En vez, ó americano
medio débeselle retratar como a unha víctima dos anuncios da
industria de mercado, que o absorberon pra mercar moito lixo que non necesita e
que é unha compensación moi probe a cambio da súa
liberdade perdida. Calquera aproximación dos dous é consecuente
cos feitos. É unha
cuestión de actitude se culpas á industria publicitaria de
manipular ó público ou ó público por permitir ser
manipulado. Por unha cuestión de estratexia xeralmente un debe evitar
culpar ó público.
191. Un debe pensalo dúas veces antes de estimular calquer outro
conflicto social que o da élite que sustenta o poder (a cal manexa a
tecnoloxía) e o público en xeral (sobre os que a
tecnoloxía exerce o seu poder). Por un lado, outros conflictos tenden a
distrae-la atención do problema importante (entre o poder da
élite e a xente normal, entre a tecnoloxía e a natureza); por
outro lado, á longa outros conflictos poden tender a estimula-la
tecnoloxización, porque cada lado en tal conflicto quere usa-lo poder
tecnolóxico pra aventaxar ó seu adversario. Isto vese claramente
na rivalidade entre nacións. Tamén aparece en conflictos
étnicos dentro de éstas. Por exemplo, en América moitos
lideres negros están cobizosos por gañar poder prós
afroamericanos situando persoas negras na élite tecnolóxica.
Quérenos alí pra que haxa moitos funcionarios gubernamentais,
científicos e executivos de corporacións negros, e asi
sucesivamente. Nese sentido, están a axudar a que a subcultura
afroamericana sexa absorbida polo sistema tecnolóxico. Falando en xeral,
un debe estimular só aqueles conflictos sociais que podan encaixar no
marco do conflicto do poder da élite contra a xente normal, da
tecnoloxía contra a natureza.
192. Pero a forma de se opoñer ó conflicto étnico
NON é a través da militancia partidaria dos dereitos das
minorías (ver parágrafos 21, 29). En vez, os revolucionarios
deben enfatizar que éstas tamén sufren máis ou menos
desventaxas, e que son dunha transcendencia periférica. O noso inimigo
real é o sistema tecnolóxico-industrial e na loita contra el as
distincións étnicas non teñen importancia.
194. Probablemente os revolucionarios deben mesmo EVITAR asumir poder
político, sexa por medios legais ou ilegais, ata que o sistema
industrial teña a suficiente tensión ata un punto perigoso e
probase ser un fracaso ós ollos de moita xente. Supoñamos por
exemplo que algún partido "verde" gañase o control do
congreso de Estados Unidos nunha elección. Pra evitar traicionar ou
arruina-la súa propia ideoloxía deberían tomar medidas
vigorosas pra voltar ó crecemento económico en redución
económica. Ó home medio os resultados semellarianlle desastrosos:
habría paro masivo, falta de comodidades, etc. Mesmo se os peores
efectos se poidesen evitar a través dunha administración
superhumanamente hábil, ainda asi a xente teria que comezar a renunciar
ós luxos ós que se voltaron adictos. Medraria a insatisfacción,
o partido "verde" seria botado do despacho e os revolucionarios
sufririan unha seria demora. Por esta razón non deben tentar adquirir
poder político ata que o sistema se teña convertido en tal
confusión que calquer apuro será visto como resultado do fracaso
do sistema industrial e non da política dos revolucionarios. A
revolución contra a tecnoloxía probablemente terá que ser
dende fora, unha revolución dende abaixo non dende enriba.
196. Os revolucionarios poden considerar unha medida favorable que a
economía mundial tenda a atarse nun conxunto unificado. Acordos de libre
comercio como NAFTA e GATT11 son probablemente perxudiciais a medio
e corto prazo, pero a longo prazo ó millor poden ser ventaxosos porque
fomentan a interdependencia económica entre nacións. Será
mais facil destrui-lo sistema industrial en bases mundiais se a economía
está tan unificada que o colapso en calquera nación principal
leve ó colapso en tódalas nacións industrializadas.
197. Algunha xente toma a liña de que o home moderno ten demasiado
poder, demasiado control sobre a natureza; pretenden unha actitude máis
pasiva por parte da raza humana. No millor dos casos estanse a expresar con
pouca claridade, porque non distinguen entre o poder prás GRANDES
ORGANIZACIÓNS e o poder prás PERSOAS e os PEQUENOS GRUPOS.
É un erro pretende-la impotencia e a pasividade, porque a xente NECESITA
poder. O home moderno como entidade colectiva, ésta é, o sistema
industrial, ten un imenso poder sobre a natureza, e nós (FC)
consideramos isto funesto. Pero as PERSOAS e os GRUPOS PEQUENOS DE PERSOAS
actuais teñen bastante menos poder do que nunca tivo o home primitivo.
Falando en xeral, o poder abrumador do home actual sobre a natureza
exércese non polas persoas ou polos pequenos grupos se non por grandes
organizacións. Ata o punto de que a PERSOA media actual pode exercer o
poder da tecnoloxía pero só dentro de estreitos limites e
só baixo a supervisión e o control do sistema. (Necesitas unha
licencia pra todo e con ela veñen regras e regulacións). A persoa
só ten aqueles poderes tecnolóxicos que o sistema escolle
proporcionarlle. O seu poder PERSOAL sobre a natureza é pequeno.
198. As persoas e os grupos pequenos primitivos en realidade tiñan
un poder considerable sobre a natureza, ou pode que sexa millor dicir poder
dentro da natureza. Cando o home primitivo necesitaba comida sabía como
atopar e preparar raices comestibles, como segui-la pista á caza e
atrapala con armas feitas na casa. Sabía como protexerse da calor, do
frío, da chuvia, dos animais perigosos, etc. Pero fixo relativamente
pouco dano á natureza porque o poder COLECTIVO da sociedade primitiva
era insignificante comparado co poder COLECTIVO da sociedade industrial.
199. En vez de pretende-la impotencia e a pasividade, un debe argumentar
que o poder do SISTEMA INDUSTRIAL debe romperse, e que isto INCREMENTARÁ
amplamente o poder e a liberdade das PERSOAS e os PEQUENOS GRUPOS.
200. Ata que o sistema industrial sexa destruído minuciosamente,
ésta debe ser a única finalidade. Outras finalidades
distraerían a atención e a enerxia da principal. Máis
importante, se os revolucionarios se permiten ter calquera outra finalidade,
veranse tentados a usa-la tecnoloxía como unha ferramenta pra alcanzar
esa outra finalidade. Se ceden a esa tentación, caerán
directamente na trampa tecnolóxica, porque a tecnoloxía moderna
é un sistema unificado e estreitamente organizado, polo que, con obxecto
de conservar ALGO de tecnoloxía, un tópase obrigado a conservar A
MAIOR PARTE, polo tanto acánbase sacrificando só sumas
testemuñais desta.
201. Supoñamos por exemplo que os revolucionarios tomasen a
"xustiza social" como finalidade. Sendo como é a natureza
humana, a xustiza social non se daría, tería que ser forzada. Con
este obxecto os revolucionarios terían que reter as organizacións
e o control central. Pra iso necesitarían transporte rápido de
longa distancia e comunicación, e polo tanto toda a tecnoloxía
necesaria pra sostelos. Pra alimentar e vestir á xente pobre terian que
usar tecnoloxía agrícola e de manufactura. E asi sucesivamente.
Polo que o intento de asegura-la xustiza social lles forzaría a rete-la maior
parte do sistema tecnolóxico. Non é que teñamos nada
contra a xustiza social, pero non debe permitirse que interfira no esforzo de
acabar co sistema tecnolóxico.
202. Seria desesperado tentar ataca-lo sistema sen usar ALGUNHA
tecnoloxía moderna. Se nada máis teñen que usa-los medios
de comunicación pra propaga-la súa mensaxe. Pero deben usar
tecnoloxía moderna pra UN só propósito: ataca-lo sistema
tecnolóxico.
203. Imaxina un alcohólico sentado cun tonel de viño en
fronte. Supón que comeza a dicirse, "o viño non é
malo se se usa con moderación, porque pequenas cantidades son mesmo
boas..." Ben, xa sabes o que vai pasar. Non esquezas nunca que a raza
humana é simplemente como un alcohólico cun tonel de viño.
204. Os revolucionarios deben ter tantos nenos como poidan. Hai unha
forte evidencia científica de que as actitudes sociais son nunha
extensión significativa herdadas. Ninguén suxire que unha
actitude social é o resultado directo da constitución
xenética dunha persoa, pero semella que os rasgos da personalidade son
en parte herdados e que alguns deles tenden, dentro do contexto da nosa
sociedade, a facer a unha persoa máis probable de soster esta ou aquela
actitude social. Tense planteado algunha obxeción a estas recomendacións,
pero son débiles e semellan estar motivadas ideolóxicamente. En
calquera acontecimento, ninguén nega que como media os nenos tenden a
soster actitudes sociais similares ós dos seus pais. Dende o noso punto
de vista non importa moito se as actitudes pasan xenéticamente ou a
través da formación na infancia. En calquer caso pasan.
205. O problema é que moita da xente que está inclinada a
rebelarse contra o sistema industrial está tamén preocupada sobre
o problema da poboación, polo tanto cren oportuno ter poucos ou
nengún neno. Desta forma poden estar cedendo o mundo a xente que
mantén ou alomenos acepta o sistema industrial. Pra asegura-la
resistencia da próxima xeración de revolucionarios a actual debe
reproducirse abundantemente. Facéndoo empeorará o problema da
poboación só lixeiramente. E o problema importante é
acabar co sistema industrial, porque unha vez pasase a poboación mundial
necesariamente decaerá (ver parágrafo 167); mentres, se o sistema
industrial sobrevive, continuará desenvolvendo novas técnicas de
producción de comida que poden permitir á poboación
mundial incrementarse case indefinidamente.
206. Respecto á estratexia revolucionaria, nos únicos
puntos nos que insistimos absolutamente son que a única finalidade
predominante ten que se-la eliminación da tecnoloxía moderna e
que ningunha outra finalidade pode permitirse que compita con esta. Pró
resto, débese tomar unha aproximación empírica. Se a
experiencia indica que algunha das recomendacións feitas nos parágrafos
precedintes non vai dar bós resultados, entón débense
descartar.
DÚAS CLASES
DE TECNOLOXÍA
207. Un argumento que probablemente se plantexará contra a nosa
proposta de revolución é que ten o deber de fracasar, porque
(pretenden que) a través da historia a tecnoloxía progresou
sempre, nunca o fixo ó revés, asi a regresión
tecnolóxica é imposible. Pero esta pretensión é
falsa.
208. Distinguimos entre dúas clases de tecnoloxía, que
chamamos tecnoloxía de pequena escala e tecnoloxía dependente de
organizacións. A primeira é a que poden usar comunidades de
pequena escala sen asistencia exterior. A segunda é a que depende de
organizacións sociais de gran escala. Non somos conscientes de casos
significativos de regresión de tecnoloxía de pequena escala. Pero
na tecnoloxía dependente de grandes organizacións Si que hai
regresión cando a organización social da que depende se colapsa.
Exemplo: Cando o Imperio Román caeu, a súa tecnoloxía de
pequena escala sobreviviu porque calquer artesán intelixente dunha aldea
podía construír, por exemplo, unha roda de auga, calquer ferreiro
xeitoso podía obter aceiro por métodos románs... e
así sucesivamente. Pero a tecnoloxía dependente de
organizacións Si que sufríu unha regresión. Os seus
acueductos desmoronáronse e non se reconstruíron nunca.
Perdéronse as súas técnicas de construcción de
calzadas. O sistema romano de saneamento urbano esqueceuse, polo que non se
fixo ata tempos máis ben recentes o das cidades europeas igual a
aquél da antiga Roma.
210. Polo que está claro que se o sistema industrial fora unha vez
profundamente colapsado, a tecnoloxía frigorífica sería
rápidamente perdida. O mesmo pasaria con outras tecnoloxías
dependentes de organizacións. E unha vez se perdese por unha
xeración ou así levaría séculos o
reconstruíla, simplemente como custou séculos o construíla
a primeira vez. Os libros técnicos supervivintes serían poucos e
espallados. E a sociedade industrial, se fose construída dende o
principio sen axuda externa, só se podría facer nunha serie de
etapas: necesitas ferramentas pra facer ferramentas pra facer ferramentas pra
facer ferramentas... requírese un longo proceso de desenvolvemento
económico e na organización social. E, mesmo en ausencia dunha
ideoloxía oposta á tecnoloxía, non hai razón pra
pensar que alguén estaría interesado en reconstrui-la sociedade
industrial. O entusiasmo polo "progreso" é un fenómeno particular
da forma moderna de sociedade, e semella non ter existido antes do
século XVII ou por ahí.
211. Na última parte da Idade Media, había catro
civilizacións importantes que estaban igualmente "avanzadas":
Europa, o mundo islámico, India, e o Lonxano Oriente (China,
Xapón, Corea). Tres destas civilizacións permaneceron máis
ou menos estables e só Europa dinamizouse. Ninguén sabe porque
Europa o fixo neste período, os historiadores teñen as suas teorías,
pero só son especulacións. De todas formas, está claro que
o desenvolvemento rápido cara unha forma tecnolóxica da sociedade
só ocorre baixo condicións especiais. Polo que non hai
razón pra dar por sentado que unha regresión tecnolóxica
duradeira non pode ocorrer.
212. ¿Podría a sociedade Á LONGA desenvolverse de
novo cara unha forma tecnolóxica? Se cadra, pero non hai que se
preocupar por isto, porque nós non podemos predicir ou controla-los
acontecimentos de dentro de 500 ou 1000 anos. Eses problemas teñen que
ser solucionados pola xente que viva entón.
O PERIGO DO
ESQUERDISMO
213. Debido á súa necesidade pola rebelión e por ser
membros dun movemento, os esquerdistas ou as persoas de tipo psicolóxico
similar son a miúdo atraídos por movementos de rebeldía ou
activistas cuxos obxectivos e membros non son inicialmente esquerdistas. O
resultado da entrada de esquerdistas pode, fácilmente, mudar un
movemento non esquerdista nun esquerdista, polo que as finalidades esquerdistas
substitúen ou mudan os obxectivos iniciais do movemento.
214. Pra evitar isto, un movemento que exalta a natureza e que se
opón á tecnoloxía, debe tomar un acordo contra os
esquerdistas e debe evita-la colaboración con estes. O esquerdismo
está ó fin e ó cabo en contradicción ca natureza
salvaxe, ca liberdade humana e ca eliminación da tecnoloxía
moderna. O esquerdismo é colectivista; está a buscar vincula-lo
mundo enteiro (ambos, a natureza e a raza humana) nun todo unificado. Pero isto
implica o manexo da natureza e da vida humana por unha sociedade organizada, e
require tecnoloxía avanzada. Non podes te-lo mundo unido sen medios de
transporte rápidos e sen comunicacións, non podes facer que todo
o mundo se queira sen técnicas psicolóxicas sofisticadas, non
podes ter unha "sociedade deseñada" sen a base
tecnolóxica necesaria. Ademais de todo, o esquerdismo está
conducido pola necesidade de poder, e o esquerdista require o poder en bases
colectivistas, a través da identificación cun movemento de masas
ou unha organización. O esquerdismo é inverosímil que
nunca renuncie á tecnoloxía, porque a tecnoloxía é
unha fonte demasiado valiosa do poder colectivo.
215. O anarquista tamén busca o poder, pero búscao en bases
individuais ou de pequenos grupos; quere que estes sexan capaces de controlar
as circunstancias das súas propias vidas. Opónse á
tecnoloxía porque fai que pequenos grupos dependan de grandes
organizacións. Esta declaración refírese a un determinado
tipo de anarquismo. Unha ampla variedade de actitudes sociais foron chamadas "anarquistas",
e pode ser que moitos que se consideran anarquistas non acepten esta
declaración. Debe ser apuntado, por outra parte, que hai un movemento
anarquista non-violento e seus membros probablemente non aceptan a FC como
anarquista e seguro que non aprobarán os nosos métodos violentos.
216. Algúns esquerdistas podría semellar que se
opoñen á tecnoloxía, pero só se oporán
mentres sexan intrusos e o sistema tecnolóxico estea controlado por non
esquerdistas. Se algunha vez o esquerdismo dominase a sociedade, polo que o
sistema tecnolóxico se convertira nunha ferramenta nas súas mans,
usaríano e
promocionarían o seu crecimento. Facendo isto estarían a
repeti-lo patrón que o esquerdismo ensinou unha e outra vez no pasado.
Cando en Rusia os bolcheviques eran intrusos, opúñanse
vigorosamente á censura e á policia segreda, defendían a
autodeterminación das minorías étnicas, etc; pero tan
pronto como tomaron o poder, impuxeron unha censura implacable e crearon unha
policía segreda máis dura que ningunha das que existira baixo os
zares e esmagaron ás minorias étnicas alomenos tanto como o
fixeron estes. Nos Estados Unidos, fai un par de décadas cando eran unha
minoría nas nosas universidades, os profesores esquerdistas eran os que
propuñan vigorosamente a liberdade académica, pero hoxe, naquelas
universidades onde pasaron a ser maioría, víronse preparados pra
sacar ó resto a liberdade académica. (Isto é
"corrección política"). O mesmo ocorrerá cos
esquerdistas e a tecnoloxía: utilizarana pra esmagar ós
demáis se algunha vez cae baixo o seu propio control.
217. Nas revolucións recentes, os esquerdistas máis
famentos de poder, repetidamente, colaboraron primeiro cos revolucionarios non
esquerdistas, tanto como cos esquerdistas dunha inclinación máis
libertaria, e máis tarde os enganaron pra agarrar eles o poder. Isto
fixoo Robespierre na Revolución Francesa, os bolcheviques na
Revolución Rusa, os comunistas fixérono na España de 1938
e Castro e os seus seguidores en Cuba. Dada a historia pasada do esquerdismo,
sería totalmente necio prós revolucionarios non esquerdistas de
hoxe o colaborar con estes.
218. Diversos pensadores sinalaron que o esquerdismo é un tipo de
relixión. Non o é no estrito sentido da palabra porque esta
doctrina non postula a existencia de ningun ser supranatural. Pero prós
esquerdistas, a súa doctrina xoga o mesmo papel psicolóxico que
pra moita xente a relixión. NECESITAN crer no esquerdismo, xoga un papel
vital na súa economía psicolóxica. As súas crenzas
non son fácilmente modificables pola lóxica ou polos feitos.
Teñen unha profunda convicción de ser moralmente Correcto cunha C
maiúscula e que non só ten o dereito se non o deber de
impoñe-la súa moral a todo o mundo. (De todos modos, moita da
xente á que nos referimos como "esquerdistas" non pensan en si
mesmos como tales e non describirían o seu sistema de crenzas como
esquerdismo. Usamos este termo porque non atopamos un máis apropiado pra
designa-lo amplo espectro de crenzas que inclúa ós movementos
feministas, ós dereitos dos homosexuais, á corrección
política, etc., e porque estes movementos teñen unha forte
afinidade ca vella esquerda). (Ver parágrafos 227-230).
219. O esquerdismo é unha forza totalitaria. Ondequeira que estea
nunha posición de poder tende a invadir toda parcela privada e forza a
todo pensamento a un molde esquerdista. En parte é polo carácter
case relixioso deste, todo o que sexa contrario ás suas crenzas
representa o Pecado. Máis importante, o esquerdismo é unha forza
totalitaria debido ó impulso polo poder dos seus seguidores. Busca satisface-la
súa necesidade polo proceso de poder a través da
identificación cun movemento social e trata de atravesa-lo proceso de
poder axudando a perseguir e consegui-las finalidades do movemento (ver
parágrafo 83). Pero non importa o lonxe que chegue o movemento
conseguindo o seu obxectivo, o esquerdista nunca está satisfeito, porque
o seu activismo é unha actividade sustitutoria (ver parágrafo
41). Isto é, o seu verdadeiro motivo non é conseguir as
ostensibles finalidades do esquerdismo; en realidade está motivado polo
sentido de poder que obtén loitando por unha finalidade social e logo
vomitala. Moitos están motivados tamén pola hostilidade, pero
ésta probablemente resulta en parte dunha necesidade de poder frustada.
Consecuentemente, non está nunca satisfeito co conseguido, a súa
necesidade polo proceso de poder lle conduce sempre a perseguir algún
novo fin. Quere igualdade de oportunidades prás minorias. Cando
está conseguido insiste en igualdade estadística de éxito
pras minorias. E mentres alguén albergue nalgún recuncho da
súa mente unha actitude negativa cara algunha minoría,
terá que reeducalo. E as minorias étnicas non son suficiente, a
ninguén se lle pode permitir o ter unha actitude negativa cara os homosexuais,
a xente discapacitada, gorda, vella, fea, etc. Non é suficiente que o
público estea informado sobre os riscos de fumar, ten que ser estampado
un aviso en cada paquete de cigarrillos, teñen que restrinxirse ou ser
prohibidos os anuncios de cigarrillos. Os activistas non estarán nunca
satisfeitos ata que o tabaco esté fora da lei, e despois diso
será o alcohol, despois a comida basura, etc. loitaron contra os brutais
abusos a nenos, o que é razoable. Pero agora queren parar todo castigo
físico. Cando fixesen iso quererán prohibir algunha outra cousa
que consideren malsana, entón outra cousa e entón outra. Nunca
estarán satisfeitos ata que teñan control total sobre as
prácticas de educación dos nenos. E entón moveránse
a algunha outra causa.
220. Supoñamos que pides a un esquerdista facer unha lista de
TODAS as cousas que están mal na sociedade e entón
supoñamos que institúes tódolos trocos que demandan.
É seguro que despois dun par de anos a maioría dos esquerdistas
atoparán algo novo sobre o que protestar, algun novo "mal"
social que correxir porque, unha vez máis, están menos motivados
pola angustia das enfermidades da sociedade que pola necesidade de satisface-lo
seu impulso polo poder impendo as suas solucións neste.
221. Debido ás restriccións emprazadas nos seus pensamentos
e comportamentos polo seu alto grado de socialización, moitos
esquerdistas do tipo sobresocializado non poden persegui-lo poder da maneira na
que o fai outra xente. Pra eles o impulso polo poder só ten unha
saída moral aceptable, e esa é a loita pra impoñer a
súa moral a todo o mundo.
222. Os esquerdistas, especialmente do tipo sobresocializado, son
Verdadeiros Creentes no sentido do libro de Eric Hoffer, O Verdadeiro Creente.
Pero non tódolos Verdadeiros Creentes son do mesmo tipo
psicolóxico que os esquerdistas. Presumiblemente, un Verdadeiro Creente
nazi, por exemplo, é moi
diferente ó Verdadeiro Creente esquerdista. Debido á súa
capacidade de devoción a unha soa causa, os Verdadeiros Creentes son
útiles, pode que un ingrediente necesario, de todo movemento revolucionario.
Isto presenta un problema que debemos recoñecer non sabemos como tratar.
Non estamos seguros de como aproveita-las enerxias do Verdadeiro Creente pra
unha revolución contra a tecnoloxía. No presente, todo o que
podemos dicir é que ningún Verdadeiro Creente fará un
bó enganche á revolución, a non ser que o seu compromiso
sexa á destrucción da
tecnoloxía. Se está comprometido tamén con outra idea,
pode que queira usa-la tecnoloxía como unha ferramenta pra perseguir
outro ideal (ver parágrafos 220, 221).
223. Algúns lectores poden dicir, "este asunto sobre o
esquerdismo é unha morea de merda. Coñezo a Jhon e a Jane que son
esquerdistas e non teñen todas estas tendencias totalitarias".
É completamente certo que moitos, mesmo posiblemente unha maioría
numérica, son xente decente que cren sinceramente na tolerancia doutros
valores (ata certo punto) e non queren utilizar métodos arbitrarios pra
consegui-las súas finalidades sociais. As nosas observacións
sobre o esquerdismo non son por termo medio aplicables a toda persoa
esquerdista, pero si sirven pra describir o carácter xeral do movemento.
E este carácter xeral non ten que estar necesariamente determinado polas
proporcións numéricas das distintas clases de persoas comprometidas
en dito movimento.
225. Este fenómeno apareceu claramente en Rusia e noutros paises
nos que tomaron o poder os esquerdistas. De igual maneira, antes do fracaso do
comunismo na U.R.S.S., os esquerdistas de ocidente raramente criticaron ese
país. Se se lles pincha admitirán que a U.R.S.S fixo moitas
cousas mal, pero despois tentarán topar excusas prós comunistas e
comezarán a falar sobre os erros do oeste. Sempre se opuxeron á
resistencia militar de occidente á agresión comunista. Os
esquerdistas de todo o mundo protestaron vigorosamente pola acción
militar dos EE.UU. en Vietnam, pero cando a U.R.S.S. invadiu Afganistán
non fixeron nada. Non porque aprobaran a acción soviética, se non
pola súa fé esquerdista, simplemente non poideron resistir opoñerse
ó comunismo. Hoxe naquelas das nosas universidades onde a
"corrección política" se convertiu en dominante,
probablemente hai esquerdistas que desaproban en privado a supresión da
liberdade académica, pero prosiguen con iso de todas formas.
226. Asi o feito de que moitas persoas esquerdistas sexan persoalmente
moderadas e abondo tolerantes non prevén ó esquerdismo como
conxunto de ter tendencias totalitarias.
228. Pero será de axuda o catalogar algúns criterios pra
diagnosticalo. Estes non poden ser aplicados dunha maneira impasible. Algunhas
persoas poden reunir algúns dos criterios sen ser esquerdistas,
algúns esquerdistas poden non reunir ningún dos criterios. De
novo, só tes que usa-lo teu xuízo.
229. O esquerdista está orientado cara un colectivismo a grande
escala. Enfatizamos a obriga do individuo de servir á sociedade e a
obriga da sociedade de coidar do individuo. Ten unha actitude negativa cara o
individualismo. A miúdo usa un ton moralista. Tende a estar polo control
de armas, a educación sexual e outros métodos psicolóxicos
de educación "ilustrada", polo planteamento, a acción
afirmativa, o multiculturalismo. Tende a identificarse cas vítimas.
Tende a estar contra a competición e a violencia, pero atopa excusas pra
aqueles esquerdistas que usan a violencia. Gústalle moito usar
tópicos correntes da esquerda como "racismo",
"sexismo", "homofobia", "capitalismo",
"imperialismo", "neocolonialismo", "xenocidio",
"cambio social", "responsabilidade social". Pode que o
millor diagnóstico é a característica de tender a
simpatizar cos seguintes movementos: feminismo, dereitos dos homosexuais,
minorías étnicas e discapacitados, dereitos dos animais,
corrección política. Calquera que simpatice con forza con TODOS
estes movementos é case con certeza un esquerdista. É importante
o entender que queremos dicir alguén que simpatice con estes MOVEMENTOS
tal e como existen hoxe na nosa sociedade. Un que crea que as mulleres, os
homosexuais, etc., deben ter dereitos igualitarios non é necesariamente
un esquerdista. Os movementos feministas, polos dereitos dos homosexuais, etc.,
que existen na nosa sociedade teñen un ton ideolóxico particular
que caracteriza ó esquerdismo e, se un cre, por exemplo, que a mulleres
deben ter dereitos igualitarios non se sigue necesariamente que un ten que
simpatizar co movemento feminista tal e como existe na actualidade.
230. Os esquerdistas máis perigosos, que son, aqueles que
están mais famentos de poder, están frecuentemente caracterizados
pola arrogancia ou por un foque dogmático da ideoloxía. Non
obstante, os máis perigosos de todos poden ser certos tipos
sobresocializados quenes evitan despregues irritantes de agresividade e
refréanse de facer publicidade do seu esquerdismo, pero traballan
rápido e discretamente promovendo valores colectivistas, técnicas
psicolóxicas "ilustradas" pra socializar ós nenos, a
dependencia do individuo ó sistema, e todo iso. Estes
cripto-esquerdistas (como os podemos chamar) están próximos a
certos tipos burgueses no que atañe a accións prácticas,
pero difiren deles en psicoloxía, ideoloxía e motivación. O
burgués corrente tenta levar á xente baixo o control do sistema
pra protexe-lo seu modo de vida, ou faino simplemente porque as súas
actitudes son convencionais. O cripto-esquerdista tenta levar á xente
baixo o control do sistema porque é un Verdadeiro Creente nunha
ideoloxía colectivista. Diferénciase do esquerdista medio do tipo
sobresocializado polo feito de que o seu impulso de rebeldía é
máis débil e está máis firmemente socializado.
Diferénciase do burgués corrente ben socializado polo feito de
que hai unha profunda carencia no seu interior que lle fai necesario
consagrarse a unha causa e mergullarse nunha colectividade. E pode que o seu
impulso (ben subliminado) polo poder sexa mais forte que aquel do
burgués medio.
NOTA FINAL
231. Ó longo deste artigo, fixemos declaracións imprecisas,
outras que debían ter toda clase de calificacións e salvedades
adxuntas a elas e algunhas outras, poden ser terminantemente falsas. A falta de
suficiente información e pola necesidade da brevidade fáisenos
imposible formula-las nosas afirmacións máis precisamente ou engadir
tódalas calificacións necesarias. E, por suposto, nunha
discusión desta natureza un ten que confíar excesivamente nun
xuízo intuitivo e iso algunhas veces pode estar mal. Polo que non
pretendemos que este artigo exprese máis que unha ruda
aproximación á verdade.
232. Con todo, estamos razoablemente seguros de que o boceto xeral do
cadro que pintamos é máis ou menos correcto. Retratamos ó
esquerdismo na súa forma moderna como un fenómeno peculiar do
noso tempo e como síntoma do colapso do proceso de poder. Pero
posiblemente podemos estar enganados sobre isto. Os tipos sobresocializados que
tentan satisface-lo seu impulso polo poder impoñendo a súa
moralidade a todo o mundo certamente estiveron a dar voltas dende fai tempo.
Pero PENSAMOS que o papel decisivo xogado polos sentimentos de inferioridade, a
baixa autoestima, a impotencia, a identificación cas víctimas de
xente que non son víctimas, é unha peculiaridade do esquerdismo
moderno. A identificación cas víctimas de xente que non son
víctimas pódese ver en certa extensión no esquerdismo do
século XIX e no cristianismo primitivo pero, ata onde o podemos
explicar, os sintomas de baixa autoestima, etc., non eran case tan evidentes
nestes movementos, ou en ningún outro, como o son no esquerdismo
moderno. Pero non estamos nunha posición como pra alegar con seguridade
que ningún destes movementos existise antes xunto ó esquerdismo
moderno. Esta é unha pregunta significativa á que os
historiadores deberían presta-la súa atención.
NOTAS
1. "Broad" no orixinal.
2. Amish: movimento que naceu
en Suiza no 1525 cos menonitas, outro grupo relixioso, baixo a influencia de
Martín Lutero. O nome "amish" procede de Jacob Amman, un
líder relixioso do século XVII, que sinalaría determinados
preceptos concretos que marcarían as diferencias entre amish e os
demás cristiáns. Chegaron a América no 1720.
3. Existencialismo: doctrina
filosófica contemporánea que trata de funda-lo coñecemento
de toda realidade sobre a experiencia inmediata da existencia propia. Os seus
problemas arrancan do ser humán mesmo, no de canto os envolve.
Algúns existencialistas son Kierkegaard, Heidegger, Jaspers, Sartre,
Marcel, etc.
4. Sistema de
franquicia: exención total ou parcial que se concede a unha persona pra non
pagar dereitos polas mercancías que introduce ou extrae, ou polo
aproveitamento dalgún servicio público.
5. Bridge: xogo de cartas.
6. Kuomintang: no dialecto chino
de Pekín, partido popular nacionalista.
7.
Tautoloxía: repetición dun mesmo pensamento expresado de
distintas maneiras.
8. Euxenesia: aplicación
das leis biolóxicas da herdanza ó "perfeccionamiento"
da especie humana.
9. Modus vivendi: modo de vivir, base
ou regla de conducta, arreglo, axuste ou transacción entre dúas
partes.
10. Terapia de xen: tratamento mediante
a manipulación xenética.