Anarcoprimitivismo



 1. O Anarco-Primitivismo é, básicamente, buscar unha alternativa ecolóxica e antiautoritaria a esta demencial Civilización Capitalista, e loitar descentralizadamente e revolucionariamente por ela.

 2. Cremos que durante o 99% da Historia humán –ata fai uns 10 ou 12.000 anos- a xente viviu en Anarquía Primitiva, isto é, sen Estado nen xerarquizacións autoritarias, moi posiblemente sen forma algunha de sexismo, sen traballo (tal e como o concebimos agora), sen explotación económica, e en estreito contacto ca natureza.

 3. Non cremos no mito do bon salvaxe, pero non somos tan cortos de miras como pra non querer incorporar cousas das formas de vida cazadoras-recolectoras, como pode ser o respeto á natureza de algunhas bandas, o rechazo do binomio Capital/Traballo (é dicir, Explotación/Auto-inmolación) sustituíndoos por unha eco-nomía basada no troco, o regalo, a reciprocidade e a autoxestión. Queremos tamén recuperar delas o carpe diem, o vivir sensual e instintivamente o presente e non estar sempre vivindo pró futuro, sacrificándonos por un porvenir miserable.

 4. O primitivismo non é querer volver ás cavernas, ¡é querer saír delas!. Non pretendemos voltar atrás. Pretendemos realizar unha síntesis entre a Anarquía Primitiva e o Anarco-ecoloxismo moderno. O primitivismo é un PROCESO de simplificación do social, de descentralización das sociedades, de aumento da autonomía persoal e social acercándose á natureza e contra a Sociedade de Masas, seguindo a idea de “o pequeno é fermoso”.

 5. O primitivismo é un movimento intelectual e de loita social que existe porque existe este Sistema. A Civilización Capitalista, ca súa explotación, opresión, sexismo, enfrentamento nacional, destrozo da natureza, vida artificial, frenética e prefabricada é a causa da actual crise ecolóxica e psicolóxica. O “desenrolo sostenible” é propaganda do Sistema que non fará mais que seguir esquilmando a natura e provocando guerras polo control dos recursos cada vez mais escasos (petróleo, auga potable, etc.). A psicoloxía é unha ferramenta do sistema pra forzar á xente a ser “normais” e bota-la culpa da inadaptación a este sistema maquinal ó individuo que non consigue convertirse en máquina.

 6. O primitivismo é unha loita sen tregua na defensa do planeta e das nosas vidas. Pra nós liberdade e felicidade son a mesma cousa; e por elas estamos en loita.

Re-EVOLUCIÓN! Iniciativa Anarquista Verde