A CHAMADA DE ACUARIA
Texto en Galego, que se publica completo en junio 2005 en InternetINSTRUCCIÓNS DA NAI TERRA AOS ESPÍRITOS HUMANOS
PARA O INICIO DO TERCEIRO MILENIO
Mensaxe de libre difusión en 7 textos recebido polo aventureiro galego Xosé de Fisterra na Amazonia Brasileira, cara 1988, e presentado por Manuel Castelin.
Quedan permitidas as súas copias para lectura, pero demandarase xudicialmente e se reclamará indemnización a quen o plaxie ou edite sen autorización e con ánimo de lucro.
PRÓLOGO: Esta "Chamada", ou Mensaxe de Acuaria, inspirada cara 1988 ou 1989, no corazón da Amazonia, a un buscador de si mesmo polo seu Eu Maior, a quen el vía como "Amazona Acuaria, Espírito da Selva", recolle as supostas instruccións que a Nai Terra, o espírito rector do noso Planeta, transmite aos seus fillos, ou sexa a nós, os seres humanos, coa intención de nos axudar a preparar o cambio de mentalidade que se fai necesario para que logremos unha correcta transición entre o final da Era de Piscis e o principio da de Acuarius, transición na cal xa nos atopamos -a miúdo sen o saber-, a maioría de nós, aínda que os seres humanos máis adiantados e xeniais xa comezaron a vivir Acuarius conscientemente fai moitísimo tempo. A persoa que nos presenta esta Chamada, o aventureiro Xosé Fisterra, aparece a penas como un simple transmisor; un canal sensible do Espírito da Selva, que entregou ao mundo, por medio dun compatriota, os seus escritos recebidos sen sequera pensar en asiná-los, antes de se perder selva adentro definitivamente. Unha obra de creación persoal ou unha verdadeira revelación? Non hai maneira de asegurar unha ou outra posibilidade. tampouco creo que importe moito asegurá-lo: a validez, profundidade e ata utilidade desta obra faráseche evidente tan só se dase en ti, leitor, desde o principio, (e así se deu en min), unha resonancia persoal e subxectiva coa súa vibración, como está escrito no primeiro parágrafo do seu primeiro capítulo.
O transmisor de "A CHAMADA DE ACUARIA" é un europeo que andou máis de dez anos pola América Tropical toda, fascinado pola Selva e polo seu misterio. O Espírito da Selva, que sentía como feminino, cósmico e amigo, falou con el moitas veces desde o seu interior, igual que fala a Inspiración cos poetas. Repito que, por máis voltas que lles dei, me resulta imposible precisar se estes textos son unha verdadeira revelación ou unha creación literaria de Xosé Fisterra, nun momento de grande exaltación mística. Son esas fronteiras da alma humana demasiado neblinosas como para facer unha análise categórica e concluinte. En calquera caso, o que importa, se é que importa algo desta obra, é a mensaxe. Por iso atrevemonos a publicá-la.
Coñecín a Xosé en 1984, na aldea indíxena de Kushiviani, Junín, Perú, onde se estaba a celebrar o "Encontro entre o Cóndor e a Águia", organizado por un dos máis antigos grupos declaradamente acuarianos dos que teño noticia, o cal trataba de pór en contacto entre si aos anciáns gardiáns das diversas Tradicións Iniciáticas mundiais, para o cal fixeran o esforzo de traer, naquela ocasión, a tres líderes espirituais dos chamados "Peles Vermellas" norteamericanos, para que mostrasen os seus rituais e técnicas de sanación aos indíxenas amazónicos da nación Asháninka, mal chamados Campas ou Kampas polos brancos, a causa de que os primeiros misioneiros dos conquistadores confundiron a súa saudación co seu nome de tribo. Durante varios días, os nativos norteamericanos -un gran xefe navaxo, un vello chamán apache e o dirixente da Native American Church, que utilizaba a inxestión de Peiote nos seus ritos- fixeron calquera clase de liturxias e de maxias ante os amazónicos, que o vían como quen está a ver un filme por primeira vez, absorbéndoo todo con enorme atención, abertos ao externo, mais herméticos, sen soltar nin unha palabra sobre os seus propios coñecementos. Mesmo participaron, en medio daquela tremenda calor tropical, nun "inipi" ou tenda de suación (unha especie de sauna liberadora de enerxías represadas), que os norteamericanos construiron con pólas e mantas. Aínda que os Asháninkas foron enormemente hospitaleiros, a nosa convivencia precisaba dunha estructura material moi laboriosa -xa que nós, ademais de ter maiores necesidades de acomodación cós indios, debíamos corresponder á súa hospitalidade e colaborar con eles- pero a maioría do grupo de brancos que acompañabamos aos organizadores do Encontro, pasabamos o tempo absorbendo a máxima cantidade de coñecemento teórico posible. E, entrementes, só uns poucos se volcaron ao traballo duro e fraternal, para que todos pudésemos comer, durmir a cuberto e agasallar aos nosos anfitrións con algunhas enchentes colectivas, para o cal houbo que mercar e transportar alimentos e bagaxes desde Satipo, o poboado "civilizado" máis próximo. Toda esta actividade estructural era levada a cabo na sombra por catro persoas, que se multiplicaban, conseguindo milagres; catro verdadeiros Guerreiros do Arco Iris que conformaban, rexamente, as catro patas da mesa que nos sostiña a todos: Un era peruano, outro mexicano, outro norteamericano e o cuarto un paisano meu, español e galego como eu, un deses galegos trotamundos que un se atopa no máis peregrino lugar de calquera continente. Chamábanlle Xosé e o seu apelido non logro lembrá-lo ben, talvez fose Isla ou Ínsua, ou Illa, ou algo semellante. De xeito que, en lugar de apelido, usarei, nesta presentación, o nome da súa terra natal... Naceu Xosé en Fisterra ou Finisterre, xunto ao cabo do Fin do Mundo, que era, me dixo unha vez, como ter nacido nun trampolín que continuamente lle convidaba a pular a un para ver o que había máis alá do tempestuoso Oceáno. Así, desde moi xove, se botou a andar polos camiños. Comezara por percorrer toda España e o norte de Africa; logo seguiu polos países célticos, as catro esquinas de Europa e o sur de Asia. Nalgún momento, dixo unha vez, superou o simple espírito de viaxeiro errante e entrou no espírito de peregrino, que xa é o de alguén que sabe o que busca no seu constante camiñar Agora levaba máis de dez anos percorrendo as Américas, desde a Patagonia ao Canadá, buscando con devezo na aventura unha luz auténtica que lle librase da negra sombra que atenazaba o seu corazón desde moi xove, e que facía que todo lle parecese pequeno e insatisfactorio na súa vida. Aquela mañá, mentres os Asháninkas e os seus visitantes brancos asistían aos ritos dos Peles Vermellas norteamericanos, eu axudaba a Xosé a envolver un tremendo pacote de carne e verduras en "biao" (que son unhas anchas e longas follas de plataniño silvestre), e a cociñá-lo nun grande buraco cheo de brasas acendidas que abríramos na terra, para despois cubrí-lo de novo e deixar que a comida coa que tíñamos que agasaxar ás indíxenas forneárase dentro. Pregunteille se aínda tiña familia en Galicia. -Tiña ata o ano pasado -respondeu -...a miña nai morreu e eu non me enteirei ata catro meses máis tarde. -Antes, a miña nai tíñame por un simple vagabundo - confesóume sorrindo, como querendo apartar a tristura-...pero eu íalle enviando as postais máis bonitas desde Irlanda ou Kopenhague, desde as illas gregas ou a India, desde Bali, desde California ou desde Colombia...- seguiu-... e así, fun ascendendo de categoría ante ela... a pobriña me tiña xa por todo un vagabundo internacional. Calou un rato, concentrándose en atar o pacote de comida; entón, sen erguer a cabeza, dixo, máis para si mesmo que para min: -...A min paréceme que ninguén se marcha de todo deste mundo... a miña nai estaba sempre en min cando vivía, aínda que eu estivese moi lonxe... e continúa estando igual. Todos somos a mesma persoa, sinto eu. Parecera que só hai unha persoa, realmente, neste universo... pero, como está tan soa, seguramente lle gusta disfrazarse de moitas, dunha morea de xente diferente, para poder xogar ao xogo do amor. Esa foi unha das raras ocasións en que Xosé me falou de si mesmo; seguro que era moito máis expresivo o que deixaban aboiando no aire os seus silencios ou as súas medias palabras, que o pouquiño que dicía. Durante aquel evento, por outra parte, non tivemos demasiadas oportunidades para conversar, porque el sempre estaba ocupadísimo traballando, e, cando eu o vía así, só podía demostrarlle a miña simpatía botándolle unha man, e non facéndolle perder o seu precioso tempo con lerias. O último día do encontro, cando parecía que xa os Peles Vermellas norteamericanos esgotaran o seu repertorio de efectos, os Asháninkas leváronllos aos tres aparte de nós, os brancos, e os puxeron nas mans das súas Mulleres Curadoras. Non sei o que farían cos outros, pero eu me deslicei agachado ata alá preto, e puiden ver como tiñan ao gran xefe navaxo, que era un hombrón corpulento como un urso, nu baixo unhas mantas, suando, resoprando, e coas pernas abertas sobre unha pota que fervía no chan, na que puxeran algunhas herbas a cocer. En poucos minutos vin que algo caía de entre as pernas do home á pota; unha das dúas chamanas que o atendían o recolleu cun pau en forma de forquiña e mostroullo; era como unha masa de metal amorfo e fundido do tamaño de dúas moedas. Con el, saiu do seu corpo, segundo asegurou despois, a continua dor dunha úlcera que o norteamericano padecía facía anos, e que os médicos do seu avanzado país non lograran curarlle. Máis tarde, os outros dous peles vermellas se nos xuntaron con relatos de curacións igualmente milagrosas, das que dicían terse beneficiado. Acabou o evento cunha grande roda na que todos nos apañamos da mans, desexando que se acabaran para sempre as suspicacias e os resentimentos entre as razas, e que marchásemos todos xuntos en harmonía cara a Nación do Arco Iris, é dicir, a Confederación Planetaria do próximo tempo de Acuarius. Houbo moita emoción naquela despedida, aínda que os máis conmovidos eran os tres "Indios Gringos": confesaron que eran os últimos depositarios dun Coñecemento Ligado á Natureza, que eles tiveran que resgatar das súas tradicións, xa moi perdidas, con celo de arqueólogos, ao que lle engadiran as súas propias interpretacións persoais para cubrir as inmensas lagoas de saber tradicional que se lles escapaban. Porén, durante aquilos días conviviran, dicían, con xentes da súa raza cuxa cultura non era arqueolóxica, senón viva, cotiá... e efectiva. Sentían no corazón que, de algunha maneira, tornaran a casa tras unha longuísima viaxe por terras estrañas. Os organizadores discursearon, se abrazaron, se felicitaron mutuamente e trocaron regalos. Eu, entón, botei a faltar alá, entre tanta figuración, aos catro homes que traballaran tan duro para que todo aquilo puidese facerse materialmente posible. Camiñei cara a choupana onde estaba aloxado Xosé, e atopeimo nu, chimpándose auga con deleite sobre o corpo cunha totuma. Pregunteille por qué non estaba na celebración e me respondeu que o traballo xa estaba feito, e que a súa maneira de celebralo consistía naquela marabillosa ducha de auga relaxante que por fin tiña oportunidade de gozar tranquilo... ata que eu interrompéralle.
Cando volteille a ver, catro anos, para min intensísimos, pasaran. Foi en 1989 e no interior da Amazonia Brasileira, noutro fin do mundo chamado Mapiá, sede principal do Pobo de Xuramidán, unha singular pequena nación de mestizos no corazón da selva, creada para servirlles de Escola Iniciática. Un lugar e un ambiente propicios para medrar espiritualmente en comunidade, lonxe do "Mundo de Ilusión" e ben integrados na máis enxebre e potente Natureza. O que eu vivín en Mapiá, onda xente utilizaba ritualmente o Santo Daime (Ou Aiahuasca), para entrar en transo e comunicarse co seu Mestre Interno, é demasiado complexo e profundo como para abondar niso aquí, así que o conto noutro libro que se titula "A Bebida do Poder"... Cando eu chegaba, Xosé xa levaba seis meses en Mapiá e, precisamente, estaba a punto de marchar, xunto con outros guerreiros do Daime, ben cara dentro da xungla, xa que o Goberno Brasileiro concedera ao pobo de Xuramidán unha grande extensión de selva virxe máis ao norte, e debían ir preparando asentamentos aló para tomar posesión oficial dela. O meu paisano díxome que partía con eles porque lle encantaba a idea de contribuir a fundar unha nova vila onde nada existía, senón selva enmarañada; pero que, en canto o proxecto estivese en marcha, emprestaría a súa choza a outra persoa que quixese ir poboar e el marcharía río adiante, cunha canoa que acababa de construir, en busca dunha convivencia con indios amazónicos o máis enxebres e naturais posible, onde puidese ver e tocar -dicía- as raíces do Home. Axudeille a ir e vir do seu aloxamento á súa canoa portando víveres e ferramentas para o equipo de expedicionarios que ía partir nunha pequena frotilla... igual cá vez anterior, no Perú, de novo compartíamos máis traballo que palabras. Sen embargo, na última xira ata o seu aloxamento, colleu un caderno dunha táboa colgada en alto, que facía as veces de andel, e alongoumo. -Isto para ti -díxome-, para que o leves á nosa xente... É o que fun aprendendo polo mundo. E nada máis; acompañeino ao peirao co final da súa carga, o despedín cunha aperta de paisano e vino partir cara o verde e húmido labirinto da xungla, xunto cos seus compañeiros. Cando desapareceu a frotilla de canoas polo último recodo do río, quedeime pensando como se parecía á miña aquela xenuina alma céltica, estrela errante, peregrina, eterna buscadora, máis aló das néboas do fin do mundo, ao cabo da vida e da morte, se preciso fora, da mítica Illa do Paraíso, da Terra da Eterna Xuventude, do rostro belo e arelado Da Deusa... "cuxo abrazo sen fin -din o corazón-, é o único que pode apagar o meu incendio interno". Xamais volteino a atopar nin oín nada máis sobre el, como se llo tragara a Amazonia para sempre, igual cá tantos tolos ou sabios. Os meus amigos de Mapiá contáronme, abondos anos despois, que colaborou como o que máis a desbravar o mato e a erguer os novos asentamentos, na beira dun río que se chamaba algo así como Unauiní ou Pauiní -xa non lembro ben-. Pero un día, tal como avisara, cedeu a súa cabana a un recén chegado, embarcou só na súa canoa, con algunhas provisións e un machete, e perdeuse, seguindo a corrente, sen que ninguén que eu coñecese volvese a vé-lo.
Sen dúbida Xosé confeccionou por si mesmo o caderno que me pasara, apertando unhas cento cincuenta páxinas de papel lineado escolar, e coséndoas en forma de libro. A súa letra era limpa, clara, escrita a lápis e pequenísima, tanto que, ao principio, pensei que necesitaría unha lupa para entendela, aínda que, realmente, non chegou a facer falta. Estaba escrito, sen pretensión literaria ningunha, en Galaico-Portuñol ou Portugaliñol, esa mestura de Galego, Portugués e Castelán coa que acabamos pensando e falando os galegos no Brasil, e que (aínda que ningún académico o aceptaría como correcto, e ata levaríase as mans á cabeza, sobre todo véndoo escrito -todo cheo de inventadas contraccións, case taquigráficas-), é unha boa e práctica síntese do que teñen en común as tres linguas, e eu entendíao perfectamente. O corpo principal dos seus escritos o formaba "A Chamada de Acuaria", que estaba na mesma orde de sete TEXTOS ou capítulos en que eu a transcribo, aínda que permitínme a liberdade de lle engadir títulos e de numerar cada parágrafo ou grupo de parágrafos que falaban do mesmo, tal como se se seguisen, para poder atopar mellor o que me interesara. Había tamén notas soltas, mapas rudimentarios de home de selva, operacións aritméticas e xeométricas sinxelas, que con certeza tiñan que ver con construcción de cabanas, mobles ou a súa canoa, e un grupo de sete VERSOS de linguaxe completamente persoal, espallados sen orde nin concerto por varias follas do caderno... E gustáronme tanto que se me ocorreu que poderían ser unha boa entrada a cada un dos capítulos da "Chamada"... e alí os fun colocando, segundo como mellor me parecía -desculpa a licencia, Xosé.- As notas servíronme para entender un pouco o seu pensamento, e como se fora xestando A Chamada. Naquel tempo eu tiña outra cabeza e outro carácter, e o que el escribira parecíame demasiado fantasioso; especialmente as partes que se referían a anxos, a mestres extraterrestres ou á evolución dos animais. Conserveino como unha curiosidade entre as miñas lembranzas de viaxe e somente fixen unha síntese daqueles contidos Da Chamada que me parecían máis aceptables, usándoos como texto complementario dunha exposición de pinturas que, cando tornei a España, presentei en Vigo en 1992. Pero foron pasando nove anos desde que me entregara o caderno, e eu teño xa corenta e sete, e fun atopando tantas cousas raras polo mundo, moitas delas tan semellantes ás escritas na Chamada, as cales cada vez resoan máis coa miña propia evidencia da realidade... que xa nada do que di alá resúltame fantasioso, senón máis ben cordo, anticipado e profundo...
ÁS VECES, cando lémbrome daquel galego que me pasou o caderno, póñome a pensar que se a palabra "anxo" significa "mensaxeiro" parecera, realmente, un anxo encarnado o que pasou fugazmente pola miña vida, pola miña propia camiñada externa e interna en busca da Miña Verdade, impresionándome co seu firme e calado exemplo constructivo, coa súa personalidade de perfecto capitán de Acuarius, e con aquela Mensaxe... chea de sabias instruccións para a readaptación da nosa vella mentalidade ao novo momento evolutivo no que vivimos, da cal tiven o privilexio de ser o primeiro asombrado e indigno receptor. Porque unha cousa é saber o que nos convén, e outra, a vontade cotiá de o pór en práctica, xa que todo ao noso arredor parece empurrarnos ao auto-esquecimento, a adurmecer no automatismo.
...E estase a acabar o Segundo Milenio, e sinto algo así como un compromiso, unha obriga de pasar o que Xosé Fisterra encargoume para "a nosa xente". Por iso o traducín ao español e comeceino a estender oralmente, nas ondas dunha Radio Libre con vocación acuaríana, e pedinlle Á Vida que, se isto fose algo que merecese a pena, me fixera atopar, sen demasiado esforzo pola miña parte, cun bo editor que se interesase en publicalo no momento oportuno. Xosé chamaba Amazona Acuaria -el escribía, realmente, "Amazona Aquaria", en portugués-, á Señora da súa Inspiración, o Espírito da Selva e do Ciclo; algo así como Don Quixote chamaba Dulcinea ao amor da súa alma. Nestes dous nomes feitos un, fundiríanse a mensaxe eterna da Natureza ao Home, e a mensaxe básica específica que a suposta Era que actualmente estamos a comezar dirixe aos seus Fillos. A mensaxe que captou ten máis de visión de artista que de revelación de profeta. É claro que falo daquel tipo de visión artística cósmica que tiñan os bardos gregos e célticos... para resoar con esta chamada non se necesita ter un espírito relixioso; abonda con ser un espírito sensible de mente aberta. "A Selva ten moitas voces, pero todas falan do mesmo. A Selva é o Corazón do Mundo e a Porta do Astral", lembro que me dixera. No medio dela, a vaidade da personalidade humana vólvese tan insignificante que, de pronto, se pode producir un silencio no seu parolar constante. O silencio é unha porta que se abre ás voces da nosa Selva Subconsciente interna. De entre as néboas dos seus máis profundos pantanos foi emerxendo cara a comprensión do transmisor a "Chamada". Xosé deulle, á súa maneira, esta forma, para por sí mesmo entendé-la. Túa é A Chamada de Acuaria, se en ti resoa. Unha máis entre as múltiples mensaxes que A Vida espalla ao vento continuamente, como espallan as súas sementes, ás veces insignificantes en tamaño, os grandes xigantes do bosque. Dun xeito ou doutro, todos os Fillos Da Terra somos postos ao corrente dos plans da súa nai en cada un dos seus momentos evolutivos. Nada novo, xa que todo o Programa atopábase nos nosos xenes desde antes de que nacésemos. Se cadra, será só un recordatorio para o corazón esperto, ese de antena alzada, que capta e recoñece. Tampouco importa moito recoñecé-lo e lembrá-lo. O que importa é que quen o recoñeza e o lembre se anime a pó-lo en práctica. Cando un número suficiente de recoñecedores deron o primeiro paso realizador cara adiante, disque o avance global precipítase por si só. Os científicos chaman "resonancia mórfica" a esa lei do subconsciente colectivo da especie que amosa como un pequeno avance dun individuo ou dun grupo fai avanzar, case axiña, a toda a Humanidade no seu conxunto. Parece que todos acabamos chegando, tarde ou cedo, ao máis alto das nosas posibilidades para cada período da nosa eterna evolución. Realmente, o lóxico é que O Ser non se pode completar ata que a máis alonxada das súas partes se reintegre nel. Pero hai unha diferencia entre facer o camiño conscientemente, ledamente, e co entusiasmo do pioneiro, ou facé-lo de forma pasiva e inconsciente, deixándose a penas arrastrar pola incontenible marea xeral. Para os entusiastas Pioneiros e Pioneras da Era de Acuarius é esta Chamada. A elas e a eles, "a nosa xente", eu creo que dedicaría o autor con amor o seu escrito, se por aquí aparecese de improviso.
Que algún día voltemos a saber de ti, Xosé de Fisterra. Camiñantes somos, e no Camiño, a medida que ímolo construindo, nos iremos atopando.
Manuel Castelin
Mapiá, Amazonia, Brasil, 1989
Illa de Mallorca, España, 1999
NOTAS POSTERIORES:
A través das notas do seu caderno, das miñas propias andanzas por algúns dos sitios por onde andou Xosé e por conversacións con persoas que o coñeceron, puiden irme facendo unha idea acerca de algunhas das súas fontes de coñecemento e de información e de varios dos mestres e escolas iniciáticas que lle influiron. Talvez algún día atrévame a escribir algo sobre iso, pero arestora non quero contaminar este prólogo con especulacións, nin falar indiscretamente, sen proxección dabondo no tempo, de persoas que aínda están vivas e en activo. Sen embargo, non creo que quedase demasiado con algunha delas, nin que se comprometera formalmente con ningunha liña iniciática en concreto, xa que se trataba dun espírito esencialmente libre e móbil, que dixería e personalizaba canto coñecía e comprendía, despois de seleccioná-lo intuitivamente como "resoante" ou "non resoante" coa sabedoría innata do seu propio corazón, ou, eu diría mellor, do seu Feminino Interno, ao que debía estar moi amorosamente conectado polo seu ancestral sentimento galaico. Persoalmente, e con todos os meus respectos cara el, a min paréceme que "A Chamada" é máis un documento que retrata o momento mental final da Era de Piscis, un resumo ecléctico do seu misticismo esperanzado, que unha mensaxe do primeiro momento de Acuarius, cuxas claves terían que ser moito máis científicas que míticas ou místicas. O signo Acuarius marca, polo seu carácter uraniano, o punto onde o que ata agora chamábase mística ou magia se converte en ciencia explicable e técnica ou métodos aplicables a desenrolar unha mellor, mais sá e mais consciente vida para todos.
O 11 de Marzal de 1998 comezou "A Chamada de Acuaria", un programa de radio que se emitía na Emisora Libre "A Radio das Boas Noticias", de Palma de Mallorca. O 15 de Decembro de 1999, a dúas semanas do Novo Milenio, se colocou "A Chamada de Acuaria" en Internet, un medio en verdade ben acuariano, a disposición gratuita de todo o que tivera interés. Em 3 de MAIO DE 2002 engadin uma nota, falando que cando presentara por primeira vez en Europa esta mensaxe, o mundo me parecía moito máis estable que agora mesmo. Eu pensaba que os grandes cambios que se anuncian nel non se producirían, como moi cedo, ata 2015... Porén, os acontecimentos se precipitaram e O CHAMADO estábame parecendo cada vez mais acertado, urxente e atual. Cotexo o que me chega a través dos medios de comunicación de masas do sistema, coas informacións astrolóxicas que me proporcionou o meu amigo, o sabio e profundo profesor de Astroloxía Claudio Boquet, digno de toda a minha confianza.
Segundo Claudio Boquet, desde Xuño-Xulio do mítico 2001, comezou un intenso ciclo de oposición entre SATURNO, rexente da economía e do mundo laboral e material, e PLUTÓN, señor da morte e dos infernos, a enerxía planetaria de enfrontamento extremo de contradiccións, que busca producir unha transformación profunda, unha destrucción que xa se cai de puro vello e obsoleto, e unha renovación xeral. Estas poderosas influencias cósmicas sobre o programa evolutivo da Terra e os seus habitantes, causaron, ademais de cambios climáticos inusuais e terremotos, uma situación mundial de extrema tensión, que deu lugar a unha regresión económica nos Estados Unidos que influiu en todo o mundo, especialmente nos países máis pobres, o que produciu unha exaltación do fundamentalismo islámico opositor, o terrible atentado das Torres Xemelgas en Nova Iork e a guerra de Afganistán. Entretanto, os congresos de Nova Iork e Porto Alegre e o saqueo e o desastre económico do pobo argentino viñeron a mostrar o cumprimento das teorías mundializadoras contrapostas á do sistema, e as claras consecuencias dunha globalización egoísta, parcial e manipuladora, centrada unicamente no lucro económico dos espertos equilibristas da cúpula do poder, e non no interés integral xeral e mundial. Ao mesmo tempo comezou o progresivo recrudecimento do eterno conflicto entre Israelís e Palestinos, etc... A nivel individual, a maioría das persoas sentiron agudizarse os seus conflictos familiares, laborais e internos. Todo o que non era firme ou verdadeiro cambaleou ou se rompeu. O medo ao cambio e as rutinas deixaron de servir como falso pegamento.
No dia 26 de Maio do 2002 houve um eclipse da Lua, onde se deu a OPOSIÇÃO EXATA DE PLUTÃO E SATURNO NO CICLO. O AUGE, O APOGEU DO CONFLITO. O 1 de Agosto 2002 ENTROU XÚPITER EN LEO, marcando O CONFLICTO NA SÚA MÁXIMA POTENCIA: crítica, caótica situación.
Seguindo as indicacións de Claudio Boquet escribin que NO ANO SEGUINTE, 2003, entraría URANO EN PISCIS, o que abriu un novo ciclo moi facilitador dunha introspección espiritual dirixida ao cambio interno (é dicir, á auto-construcción previa dos constructores do mundo mellor de Acuarius), DURANTE 7 ANOS, (ATA O 2010). Porén, os TRES PRIMEIROS (os próximos 2-3 anos, DO 2003 AO 2006), marcarán UNHA REACCIÓN CONSERVADORA EXTREMA das forzas involutivas internas e externas, que se resistirán, por todos os medios, a desaparecer.
O que se captaba primeiro entón, em 2002, era a progresiva renuncia, por parte dos gobernos de centro-dereita que lideran os países occidentais, a un efectivo control, tanto sobre a contaminación e as guerras producidas pola minoría rica do planeta para perpetuar o seu irresponsable modo de vida mentres o planeta aturar, como sobre a liberdade de acción especuladora e desestabilizadora das grandes empresas multinacionais......O cal é parexo ao aumento da emigración ilegal, da explotación submersa e incontrolada dun novo lumpenproletariado, do aumento do paro e da degradación dos dereitos dos traballadores occidentais, que tanto sangue custou conseguir... A liberdade total de mercado, propiciada por un neo-liberalismo salvaxe que inhibe aos gobernos de pór barreiras á temeridade cobizosa e inconsciente dos especuladores, destrui a ecoloxía e as clases medias, ao non poder competir os pequenos empresarios cos productos introducidos polos intermediarios, a baixo custo, desde países doutro lado do mundo de países do outro lado do mundo, especialmente China e o Sudeste Asiático, onde a poboación traballa por salarios de verdadeira miseria PARA A PENAS SOBREVIVIR. Algún tempo mais tarde comenzaría a desmontaxe das empresas europeas e o seu deslocamento a países onde se pudese aproveitar a fondo a mán de obra escrava.
Con iso aumenta o malestar do cidadán ante un futuro incerto, a causa da precariedade no emprego, o stress, o desacougo, a delincuencia, a inseguridade cidadá, e a medranza, a consecuencia diso, da extrema dereita feixista e racista, como acaba de se ver nas eleccións francesas, unido a unha proposta, inclusive, de separación de Francia da Unión Europea, que tivo un bo eco nos grupos máis reaccionarios do Reino Unido, Italia (onde o empresario practicamente monopolizador dos medios de manipulación de masas aupouse, a través deles, ao posto de presidente do goberno), e noutros países.
NOTA DO 13 de MAIO DO 2004: Desde 1999 estivo en Internet a Chamada de Acuaria, moitas persoas entraron nela e copiárona e algunhas me escribiron, pedindo aclaracións que eu fun engadindo ao final. Entretanto, parece que non caben dúbidas de que, efectivamente, entramos nos "algo mais de dous anos de REACCIÓN CONSERVADORA EXTREMA" anunciados polo astrólogo Claudio Boquet na nota anterior. Unha mafia desaprensiva de ultraderechistas totalitarios apoderouse do poder na nación hexemónica, os Estados Unidos de América, e incluso arrastrou tras de si, entre outros serviles sicarios, ao último goberno conservador do meu país, España, a unha impresentable invasión e ocupación de Iraq que non parece senón unha cortina de fume para ocultar aos cidadáns a degradación xeral dos sistemas democráticos que adoptaron o modelo de globalización uniforme do capitalismo neoliberal, productor do acaparamento da riqueza mundial por uns poucos terroristas explotadores que xustifican as suas accións bélicas e imperialistas, cada vez máis controladoras e manipuladoras dos meios de información do sistema, co pretexto de que están a loitar contra o terrorismo fundamentalista dos países islámicos. O cal, como é lóxico, se volve mais estenso, duro e vingativo, canto mais se humilla, se tortura, se asasina e se despoxa á poboación en nome dos mercantiles ideais con os que a Sociedade de Consumo Occidental emporcalla a palabra Liberdade. Iso produciu que o meu país se tivese que vestir de loito o 11 de Marzo deste ano por causa do atentado máis brutal da historia europea ata agora, ao que os españois reaxiron retirando do poder, co seu voto, ao goberno sicario. Este cambio radical, segundo Boquet, marca o punto de inflexión de Saturno pasando por Cancro en xusto a metade do período de reacción conservadora, o que favorece, por efeito dominó ou carambola, un movimento de evolución e progreso (cando entra Xúpiter en Libra), do que España faise punta de lanza. A oposición de Saturno e Quirón comezou fai un ano e durará catro. Veñen, primeiro, dúas oposicións en Cancer-Capricornio que marcan o énfase do vello (estamos na segunda) e logo seguen outras dúas en Leo-Acuario. Claudio supón que significan o proceso de superación da barreira evolutiva, cuxa resolución podrase ver cara o 2006.
NOTA FINAL Á TRADUCCIÓN AO GALEGO E PORTUGUÉS, Marzal 2005:
Nestas alturas, na metade dos tres anos de REACCIÓN CONSERVADORA EXTREMA das forzas involutivas internas e externas, o mundo que me rodea aquí en Europa (xa non digamos nos USA), tanto o imperial como o local, paréceme claramente facha, tanto mire un para ás dereitas como para ás esquerdas, moito máis facha que o dos tempos do feixismo que coñecín na miña xuventude, porque daquela os fachas sabían que o eran, ademais de saber que eran vellos, carcas, dinosaurios, por pouca idade que tivesen. En tanto que agora, calquera identidade, calquer valor, semella confuso, e máis entre a xente xove. É o Imperio do Vitelo de Ouro. Dispóñome a partir de novo para a América Tropical, lonxe das mediocres e insensibles rutinas do chamado Primeiro Mundo, tan cobizadas fóra. Vou ao encontro dun grupo de xente da que antes chamabamos acuariana (agora parece que eses termos quedaron pasados de moda), para intentar, máis unha vez, levantar, no medio da natureza, unha Comunidade Alternativa, ou Ecoaldea Terapéutica, ou de Crecemento Interno, ou Poboado da Paz, un lugar onde, como se dicía na nota anterior, do ano 2002, entregar toda a enerxía-consciencia que aínda queda ao importante: A CONSTRUCCIÓN PROPIA E A DA PROPIA OBRA COLECTIVA. Deixo Galicia coa minha muller amada, deixo a miña amada terra natal onde vivín dabondo feliz os últimos catro anos. Mais antes de deixá-la quis rematar con algo que sentía como unha asignatura pendente. Durante o últimos tempos dediqueime a estudiar a lingua galega actual (esa traballosa e polémica síntese do Galego Normativo ou Académico), sobre todo pola miña propia conta, traducindo do castelán novelas miñas, e tamén a CHAMADA, dicionario na man. Sen embargo, veredes que mantive os VERSOS do inicio de cada texto no portugaliñol persoalísimo do autor, coas estrañas e caprichosas contraccións, unións, simplificacións ou invencións de palabras que el mesmo colocou así no seu caderno, talvez para darlles unha nova significación, de acordo coa cosmogonía unicista do seu sentimento. A continuación, pasei o texto en Galego para Portugués Brasileiro, axudado na corrección por Maria, unha querida antiga camarada da Comunidade Frater do Brasil. Está prometida tamém para o grande encontro de alternativos do "Chamado do Beixa Flor" na Chapada dos Veadeiros, no Brasil em Setembro 2005, unha tradução ao Inglés pola amiga Gladys da California. "O CHAMADO DE AQUÁRIA" retorna ao país onde foi inspirado, vestido com a sua doçe língua. Agora si, Xosé, agora si que entrego os teus papeis para "a nosa xente", que non é a que vive en Galicia ou no Brasil ou em qualquer outro lugar, senón no espacio do ideal esperanzado e activo da construcción do Novo Mundo Posible, interno e externo. Hei de contarvos, por último, que Xosé o de Fisterra apareceu. Foi no verán 2003. Entrou en Galicia polo Camiño de Santiago cunha filla súa, unha linda indiña amazónica chamada Navia, que "quería ser europea", como tantos inmigrantes e "retornados", como tantos descendentes de vellos emigrantes galegos que están fartos de miseria e ninguneira e que aspiran a seren admitidos no Paraíso do Consumo "para ser alguén". Xosé sorprendeuse muito de todo o que eu tinha feito co seu caderno. Levouse unha copia e, ao cabo dun tempo, devolveuma com algunhas correccións que xa están aquí incluídas. Calquera outro día, cando me sobre un tempo, vos contarei como lles foi a el e a Navia na Nai Patria dela, que para el é a súa Nai Matria.
SOBRE OUTRAS PROFECÍAS: Ademais da astroloxía occidental de Claudio Boquet me parece importante ter em conta o CALENDÁRIO MAIA desvelado por Jose Arguelles que conseguiu convocar a um enorme número de pioneiros de Acuarius de todos os continentes (en unha época na que ainda non tínhamos a vantaxe global da Internet) a resoar xuntos pola Nova Era na Converxencia Harmónica do 30 de junho de 1987. Segundo el estamos asistindo ao proceso final do experimento evolutivo do Homo Sapiens Sapiens, que durou um fractal de 26.000 anos. Dentro del, o último subfractal de 26 anos, é o tempo para recapitular o proceso do Homo Sapiens, até chegar ao peche do Ciclo, precisamente no 2013.Dentro dese fractal final, hai 2 subfractais de 13 anos. Un, dende a Converxencia Harmónica do 87, ata o 25 de xulio do ano 2000 e o outro, ata o 2013. Tódalas profecías de distintas fontes apontaran ao 2012-13 como o ano da GRANDE MUDANZA. E xa entramos no segundo. Dentro deste segundo subfractal, temos un derradeiro fractal, de 7 años, que comenzou o 26 de julho 2004, con o "Ano Tormenta de Cristal", no que se inicia O Misterio da Pedra. Os maias din que durante el debemos espertar e redimir os Nove Señores do Tempo e do Destino- O Bolontiku- do 2004 ao 2011. Cuando escribo isto, xa nos encontramos no período da grande oportunidade que só se da unha vez cada 2100 anos, como di Amazona Acuaria. Os 2013 da Era Cristá con os que se pecha o "Ciclo Sapiens" máis 98 anos, que é o tempo total de vida da xeneración que preparou e gestou o nascimento de Jesús. Tras estes sete anos da grande oportunidade nos cuais xa estamos, quedan dous até o 2013: debem server, segundo Arguelles, para culminar la Iniciación Noosférica, dando paso á Nova Era Solar de Iluminación do Homo Noosphericus- o Novo Adamus- O retorno ao Xardín Orixinal- o Edén, o Ceo na Terra, a Nova Jerusalén. Agradezo ao Dr. Rodrigo Alarcón de Medellín, Colombia, traductor de Arguelles, que me pasara estes datos do Calendario Maia. O Dr.Rodrigo vai tratar a fondo o tema durante o Encontro do "Chamado do Beija Flor" en Brasil, en Setembro 2005.
POR OUTRA BANDA, coinciden con as profecías maias as de Drunvalo MelquisedeqÑ , que fala de que o noso sistema solar completo se despraza pelo espacio en espiral, ou sexa, ligado a outro corpo estelar. Os astrónomos calcularon que sería a estrela Sirio A. Este movimento espiraliforme do noso Macrocosmos próximo en conxuntos planetarios é semellante ao que realiza a molécula de ADN no Microcosmos do nosso corpo individual, e igual que acontece com ela, o movimento de corpos ou partículas que compoñem cada conjxunto, produce alinhamentos, que son relacións e influencias entre eles, que desencadean procesos evolutivos que ata entón só eran potenciais. Pois resulta que agora mesmo se está a configurar um alinhamento con SirioA que só se produce unha vez cada 26.000 anos. Exactamente cada 25.920 anos os puntos equinocciais entran nunha nova constelación equinoccial. Se na vez anterior iso nos afastou do centro da nosa galaxia, agora recomenzamos, dende 180 graus dela, o movemento de aproximación ao noso eixo local. Acabam os 2000 anos de Kali Yuga, é dicir, o período de maior adurmecemento da nosa consciencia global, producido polo máximo grau de afastamento, e espertamos a um novo amañecer que irá propiciando, cada vez máis, unha maior lucidez e conexión global e holística, que axudará a que os pioneiros de Acuarius transformen con a súa perseveranza conxuntada, a mentalidade e o paradigma da Humanidade toda, conducíndolla da terceira á cuarta dimensión, onde aquilo que se proxecta no mental se materializa nas dimensións mais densas da realidade sen a demora, nin as resistencias, nin os efectos colaterais inesperados aos que estabamos acostumados. Chega o tempo de asumir plenamente, sen máis obstáculos, o noso potencial de co-creadores do noso proprio universo.
SEN NECESIDADE DE MÁIS PROFECÍAS, para quen ten os ollos abertos en canto ao desenvolvemento da situación mundial, o cambio climático e a contaminación do planeta, está claro que chegou o momento crucial do BO COMBATE. Iso significa non submeter mais a nosa atención aos medios do sistema, sempre comerciais e tendenciosos, para non restar nin um gramo de energía-consciencia ao importante: centrar toda a atención, non en continuar reaxindo pasivamente ás accións dos dirixentes mundiais, senón en planear e comezar a construir, conscientemente e pouco a pouco, un presente e un futuro alternativos, empezando por adecentar e fortalecer o propio interior e o ánimo, de maneira que sexa capaz de adaptarse a calquera mudanza que poidese producirse, ao mesmo tempo que aumentando a colaboración solidaria, cordial e armónica coa familia, os amigos e os círculos de afíns, sem deixar de formar redes universais de colaboración. É fundamental CENTRARSE NA PROPIA AUTO-CONSTRUCCIÓN EVOLUTIVA E NA DO ENTORNO PRÓXIMO, DESLIGÁNDOSE DO "CORREO DAS MALAS NOTICIAS", PROCEDENTE DO MANIPULADOR E SEMPRE PESIMISTA DISCURSO VULGAR, ese que se expresa a través dos medios de información masificados, e facé-lo CHEOS DE FE NO MUNDO MELLOR DE ACUARIUS, aínda que se derrube no teu torno todo o que parecía ser un orde sólido, así como os propios esquemas adquiridos. Mesmo aínda que a maioría da xente que che rodea entre en pánico, mesmo que chegasem a dor e a morte. Um guerreiro ou guerreira da luz non cre na morte definitiva, sabe que a dor é limpeza e sanación e que a ressurrección ou a ascensión a unha cuarta dimensión é a lógica colleita de quem sementou consciência dentro de si mesmo e no seu entorno, en tanto que vivía na terceira.
Chegou o tempo de se preparar a seguir avanzando en medio da presión da tempestade. Indomables templos camiñantes, valerosas naves en busca de um mundo novo, inalcanzables polo desalento ou polo medo. Todo pasa, todo supérase, e aVida é eterna. Só non traizoar á propia Autenticidade. Despois deses tres anos de "firmeza a pesar de todo", os evolutivos poderán ver como o seu panorama vaise clareando. Entretanto, examina o teu corazón: se el séntese ben, aínda cando o exterior sexa feo, é que vas polo bo camiño.
E O GRANDE CAMBIO MUNDIAL, a globalización, non a egoísta e negativa, unicamente centrada en facilitar que os menos escrupulosos se fagan co control dictatorial da economía planetaria, senón a positiva, integral, fraternal, xusta, solidaria, verdadeiramente democrática e niveladora, daráse nun grupo suficientemente numeroso de Constructores da Nova Era, capaz de converterse na levadura e na rede de consciencia que transformará e elevará á grande masa da Humanidade. . Quen aguanta, gaña.
Manuel Castelin, Marzal 2005, En Vilamaga de Vigo, San Pelaio de Navia, Galicia, frente as Illas Cíes, e en Xuño 2005, Cataluña, frente ao Cabo de Orfeo.
A CHAMADA DE ACUARIA INSTRUCCIÓNS DA NAI TERRA AOS ESPÍRITOS HUMANOS PARA O INICIO DO TERCEIRO MILENIO:
TEXTO UN
Na alborada esperto, polas cálidas mensaxes rodeado, que na noite como apertas me deixache, Vidamiña. Érgome, e a cortina do ciclo aparto, para verche amañecer dende miñalma sobre a outra beira deste río... Espállome no seu reflexo e nos cantaves que nas copas depronto chagradecen, renacida a selva enteira pola túa luz, e renovada. Agradezo eu tamén, me ofrezo e me dispoño: Sexan teus os meus pasos todos sobre o mundo neste día.
1.1 O CAMBIO DE CICLO A necesidade de mudanza e de transformación profunda que está a demandar con forza o teu interior -por iso resoa en ti esta chamada desde o seu mesmo título- e que está a demandar o mundo todo ao teu redor neste momento, débese a que estamos accedendo a un novo ciclo universal de cambio, limpeza, transformación e medranza. Este ciclo é moi especial para ti, porque é o que che cabe vivir neste momento, no cal o Ser Terra ascende, dunha maneira incomún, con todas as súas relacións externas e internas, e con tódalas entidades que o compoñen, incluída, naturalmente, a Humanidade, a un grao iniciático superior da súa evolución.
1.2 ESTIRÓN Estamos vivenciando un proceso que é normal no desenvolvimento dun ser vivo, xa sexa o do seu corpo, o dun planeta ou o de cada unha das súas células humanas; proceso que ás veces non é gradual, senón a estiróns, como cando o adolescente faise un xove home. Este proceso estaba previsto no Plan Cósmico e escrito nas Estrelas, desde que a Consciencia Cósmica que nos anima o proxectara, fai moitos milenios, a partir da súa propia Mente. A Mente da Consciencia Cósmica é a túa, é a miña e é a de todos e cada un de nós, os Seres Divinos, dotados da mesma omnipotencia latexante na Nosa Esencia, aquela que atinximos cando nos expandimos no Amor, cando facémonos Un con canto existe.
1.3 CONFÍA Confia no amor da túa Nai Terra, que rógache que che afirmes No que en verdade Es, con todo o teu amor, valor e equilibrio, e que desconectes a túa atención emocional do pesimismo, do desacougo, ou de calquera medio manipulador que contribua a manterche submerso en sensacionalismo negativo e morboso, ao servizo do medo, da confusión e da paranoia, ante a aparente agonía do vello mundo que coñecías.
1.4 SER UNHA ECUÁNIME TESTEMUÑA Desconectar emocionalmente a túa atención non quere dicir deixar de percibir o progresivo deterioro integral da sociedade coa que convives, nin enterrar a cabeza na area para non ver o que a ameaza: cada ser é unha unidade de percepción da Consciencia Cósmica, e a vosa natureza fundamental é percibí-lo todo para Ela. Mais pídovos que tratedes de percibir tan só como testemuñas as expresións características do mundo vello, isto é, decatándovos de todo, pero sen vos envolver con iso, sen vos identificar, nin a favor nin en contra; sen xulgar, sen reaxir por mor diso. E pensando, con amor e con confianza nas razóns de Deus, que de todo ten que haber, para que El poida manifestar todas As súas potencialidades, mesmo aquelas que a vós, desde a vosa perspectiva, vos poidesen parecer negativas.
1.5 APOCALIPSE Apocalipse significa visión, e o que Xoan describiu é a forma arquetípica e simbólica da escalada iniciática, para o Espírito Individual, e a de cada mundo da Era, para o Espírito Colectivo. Así que deixa de temer fins do mundo necesariamente catastróficos, ou de ameazar a outros con eles. Ningunha visión doutro pode determinar o teu porvir, a menos que ti che identifiques emocionalmente con ela. E de identificarche, non tes porque facé-lo co seu aspecto máis negativo, alomenos que padezcas a soberbia ilusión de che sentir irrecuperable. Así, é a enerxía paralizante do pesimismo a que, bloqueando e impedindo o correcto fluir da existencia, podería atrairnos calquera desastre, mentres que a nosa confianza en nós mesmos e na forza ascendente da Vida, poñe todas as divinas potencialidades do Universo á nosa disposición, para que naveguemos polo bo rumbo, entre as súas mudantes etapas.
1.6 PROFECÍAS Ningunha profecía, veña de quen veña, é de obrigado cumprimento, xa que vós sodes os únicos constructores do voso propio destino; coas vosas libres eleccións construídeo. Mellor que de profecías, deberíades falar de propostas e de avisos; pero sempre fascínavos máis aquilo que aparenta ser sobrenatural, ou procedente de fora de vós mesmos.
1.7 NATURAL-SOBRENATURAL Sen embargo todo é natural, e nada hai sobrenatural no Universo, e non existe cousa algunha, nin profecía, nin proposta, nin aviso, que non proveña da propia natureza do Ser Único, E o Ser Único está na natureza esencial de cada un de vós, sexa quen sexa o seu canal receptor-emisor aparente.
1.8 O PROFETA Profeta pode ser un simple humano calquera que, nun momento de expansión da súa consciencia, aínda que sexa ben temporal e transitoria, conecta co plan Arquetípico Cíclico do Ser dentro de si, e percibe claramente por que camiños estase a desenvolver a proposta colectiva da súa xeración e do seu ciclo. É dicir, a que a maioría das mentes dos Seres Divinos que sodes aceptáchedes e programáchedes como proxecto do mundo no que desexades vivir... O que planearan as vosas mentes creadoras, é o que viviredes. Profeta é quen comprende isto e comprende a súa época, así como os máis altos obxectivos e posibilidades da súa época, e quen elabora unha visión lúcida sobre o próximo grande atranco cara o que puidese estar a camiñar a súa xeración, se segue desviándose deles. Logo avisa a todos, para que corrixan e enderezen o rumbo, a fin de evitar o fracaso colectivo.
1.9 AUTOPROPOSTA ESENCIAL DO SER Realmente, proposta non hai máis que unha, eternamente: XOGO EVOLUTIVO. Esa é a autoproposta esencial do Ser, e antes de ascender na evolución, ten que permitirse descer, condición imprescindible, aos extremos involutivos da súa infinita escala de posibilidades de manifestación... para os transformar. Aínda que só para as consciencias parciais hai ascenso e descenso, victoria ou fracaso, altura ou baixeza... xa que a Consciencia Total sempre olla as cousas como a águia: e, desde alá enriba, todos os aparentes opostos se concilian e se sintetizan en Unidade.
1.10 PROPOSTAS PARTICULARES Porén, paralelas á Autoproposta Esencial do Ser Único no seu Presente Eterno, discorren as propostas colectivas e individuais específicas dos Seres Divinos, é dicir, das consciencias, parciais ou individuais, emanadas da Consciencia Total; ou sexa, as vosas consciencias, ás que son capaces de tomar decisións libres, ao longo da viaxe humana pola relatividade do Tempo. Así é como toda a Humanidade (a da Terra e a doutros moitos planetas e planos habitados por espíritos humanos), e cada pobo, e cada humano, elaboran, cos seus anhelos, sentimentos e pensamentos, unha proposta particular, ou proxecto de vida no seu propio ciclo e ámbito, cara cuxa realización confluen todas as potencias do Movimento Universal, máis efectivas canto máis sinerxizadas. Sinerxizadas significa que os desexos individuais multiplicáronse polo número de individuos que coincidiron cun desexo semellante, o cal fai maiores as posibilidades de que a súa proposta particular dea forma a unha parte, ou a un aspecto, da proposta colectiva xeral.
1.11 ADAPTACIÓN AO CICLO Non importa como sexa cada proposta, nin se é conveniente ou non á consciencia parcial que a propuso: a Consciencia Global adáptase a cada unha delas e, na súa Infinita Capacidade, axúdaas a desenvolverse todas paralelamente e, con todas elas, por diverxentes que semellen, crea as condicións do Seu Xogo. O seu Xogo consiste en ir harmonizando todos os conflictos e paradoxas aparentes, ata facé-las converxer, a base de amor, nun cauce único: o do ciclo característico de cada era, o cal se corresponde co que marcan, a cada momento ou período, as relacións específicas dos macrocorpos planetarios e estelares, cuxas poderosísimas influencias vibratorias afectan ás pautas de comportamento de todos os microcorpos que moran no seu campo.
1.12 SEN ELUDIR OS RETOS E canto maior fose o conflicto, máis intensa e máis plena de pracer e de aprendizaxes será a súa solución. E no Seu Xogo, o Ser atrévese con todo, e non hai reto que non acepte, nin aparente conflicto que eluda, nin camiños que se poidan desviar de El, porque El é O Camiño, A Verdade e A Vida. E tamén é o que crea o problema e o que crea a solución do problema.
1.13 CONDENADOS A SALVARNOS A chave do noso triunfo no Xogo Da Vida parte da comprensión amorosa e intelixente de que todos estamos "condenados a salvarnos", é dicir, a evolucionar para mellor; porque todos somos esencialmente Un, todas as nosas aparentes diferencias e dualidades pertencen a un nivel baixo da nosa consciencia e, en canto o amor eleva o nivel, confluen e conxúganse na Unidade. E o Todo-Un é Deus, ou sexa, A Suprema Perfección, que non é estática, senón dinámica, viva, polo que continua perfeccionándose eternamente, tanto como a súa infinita capacidade creativa dea de si. E ningún ser está fóra desa Suprema Perfección Dinámica, nin da súa Natureza, nin da súa Lei. E nela contéñense tanto a Luz como a Sombra, e a Luz e a Sombra están nela en perpetuo cambio dinámico, aceptándose mutuamente e complementándose, sen contradicción entre elas e con perfecto Amor, para xerar e manter a Vida do Ser na Vida de todos Os Seus Seres.
1.14 CHAMADA DE ACUARIA Desde que comecei a propagar as mensaxes e consignas do Ciclo de Acuarius ata agora, houbo tempo dabondo para que todo o mundo se informase (cada un a través dos filtros do seu propio nivel de condicionamento cultural) da proposta de adaptarse conscientemente ao novo ciclo evolutivo, e da conveniencia, e ata da pura necesidade, para a supervivencia individual e planetaria, de se mover a favor da súa corrente neste momento de transición.
1.15 RECADO COMÚN Todos fostes avisados e aconsellados: deixei tantas mensaxes como cabezas había; e, aínda que a envoltura externa da mensaxe variase, o recado era o mesmo para todos.
1.16 LIBRE ELECCIÓN E houbo tempo e estímulo dabondo, tamén, para que cada persoa escollese entre desenvolver en si e nos seus fillos, as enerxías propias do momento evolutivo, a fin de plantar ben plantada a árbore da renovación humana sobre o propio terreno persoal ben estrumado... ou, polo contrario, seguir estancada nas súas prácidas, infelices ou indiferentes rutinas.
1.17 FIN DE CURSO Por propia elección vosa, consciente ou subconsciente, están xa case concluídas todas as probas selectivas (dígoo así para que o entendades) do fin do ciclo ou curso anterior na Escola Terra, delimitados os graos de aprendizaxe e recoñecidos (por si mesmos, desde o máis elevado de si mesmos) os méritos dos espíritos que ben o aproveitaron. ... Comprázeme poder dicir que houbo, ao longo dos últimos dez anos, moi bo aproveitamento, individual ou en grupo, nunha boa cantidade de vós, a consecuencia da cal desinfláronse algúns dos karmas máis terribles e catastrofistas que ameazaban á Humanidade da superficie da Terra. É dicir, que o traballo esforzado e sincero desa levadura luminosa no medio da masa escura, compensou os efectos acumulados do conxunto das vosas creacións e accións negativas como Humanidade Terrestre... e hai, ademais, moitos seres de luz do voso entorno cósmico colaborando activamente coa vosa decidida vontade de ascender. Felicítovos, por esa inconmovible fe e por ese sinaladísimo esforzo, a aquilos que lograstes manter viva a vosa lapiña de luz, e aínda acrecentá-la e comunicá-la aos vosos próximos, a pesar da terrible escuridade e desesperanza que envolvíavos fai un cuarto de século. Cada quen recollerá, ben desenvolvido e multiplicado, aquilo mesmo que, esencialmente, sementou.
1.18 AUTOELEXIDOS Como consecuencia diso, xa lucen unha marca nas súas frontes, unha marca de luz, a maioría dos Autoelexidos; é dicir aquilos que escollestes construir o primeiro ciclo do Mundo Novo en vós mesmos aquí, agora e xa, e habitá-lo e disfrutá-lo como Pioneiros. Para iso podedes seguir este Plan Cósmico que vos propoño, ou calquera outro que sexades capaces de deseñar co voso libre albedrío, mais que inclua tamén expandir as frecuencias vibratorias do Planeta Terra, e as daqueles dos seus habitantes que o desexen, a un nivel de amor, consciencia e liberdade moi superior ao actual. E que supoña, ademais, poñerse a facé-lo xa.
1.19 RETARDATARIOS Mentres que os máis Retardatarios poderán seguir repetindo o seu programa kármico, como tamén eles mesmos escolleron libremente, ata que por fin se farten de repetir e de repetir, e fagan por superá-lo e por se reintegrar ao nivel ascendente do resto dos seus irmáns.
1.20 SEN ESTORBOS Mais, en tanto que chega ese día, non lles será permitido que sigan estorbando coa influencia da súa, ata agora, obsesionante programación de baixa e negativa frecuencia, a quen arelan construir o ceo sobre a Terra. Aquilos que logren expandirse no sentimento real de Amor Universal, recibirán uns poderes tan grandes que, ao seu carón, os que non o logren, veránse claramente diminuídos nas súas posibilidades de lles causar danos imprevistos. Xa que calquera dos seus propósitos poderá ser desvelado polos Pioneiros de Acuarius apenas sexa esbozado nas mentes dos Retardatarios; co que poderán anticiparse ás súas accións negativas, e corrixí-las ou eludí-las.
1.21 A TERRA ADULTA A Terra, con todos os seres que escolleron, consciente ou inconscientemente, dar un salto a un nivel superior de expansión das súas consciencias, pasa da súa idade adolescente á de xove adulto, muda de ciclo, de velocidade en torno ao seu eixo e de frecuencia vibratoria. Este é o momento de entusiasta alerta para aquilos que soñaron co cambio e rezaron, traballaron e perseveraron por el. Quen, por terse mantido conectados, sincronizaron, consciente ou inconscientemente, as súas máis altas aspiracións persoais coas aspiracións do seu Eu Cósmico, terán a alegría de ver abrirse para eles, en calquera momento, a Porta que lles situará, de repente, na CUARTA DIMENSIÓN DA CONSCIENCIA. Velade e unídevos.
1.22 ASIGNATURAS PENDENTES Desde agora, ata que se cumpla o primeiro subciclo de cincuenta anos do Terceiro Milenio , é dicir, no transcurso dunha xeración vosa polo plano físico, os espíritos encarnados Autoelexidos tendes unha oportunidade ideal para resolver as vosas "asignaturas pendentes". ...Ou sexa, para purificar totalmente as vosas relacións kármicas, por medio da sincera rendición á Vida e da expansión das vosas consciencias no amor a todo canto existe, dentro e fóra de vós...e para perdoar, sinceramente, a todos os vosos debedores.
1.23 TRANSICIÓN A ACUARIUS Tamén é o momento ideal para que vaiades re-ocupando o espazo emocional e mental onde se contiñan os vosos antigos hábitos, e substituíndoos polas novas enerxías de Conexión e Integración Cósmica, que supoñen o clímax final da Era de Piscis. ...Así como as da súa transición cara a Unificación e consecuente Fraternidade Universal, propias do Espírito e do Signo de Acuarius, que van sendo, neste período, máis e máis progresivamente reforzadas polo seu entorno vibracional de relacións planetarias específicas. Este signo caracterízase por ser ben sorprendente e explosivo, así que é mellor que a súa chegada atópevos preparados, e o mellor dispostos posible, para que se produza nas vosos vidas unha mudanza de cento oitenta graos en dirección descoñecida.
1.24 A SOMBRA INEVITABLE Debedes ter presente que, ata que acheguedes aos niveis máis altos de expansión das vosas consciencias, onde todos os opostos cásanse e sintetízanse en harmonía, por cada nova virtude que incorporedes, encarnareis tamén, inevitablemente, á sombra, ao defecto oposto a esa virtude, que será o karma que vos corresponda neste novo período. ...Ou sexa, o condicionante principal e o reto que vos fará superarvos en relación có anterior, neste ciclo do voso Xogo Eterno, iniciado na última metade do século que está a acabar agora.
1.25 GRANDES OPORTUNIDADES Xamais antes que hoxe estivo a Humanidade tan rodeada de oportunidades evolutivas de alto nivel, resultado do esforzo de moitísimos espíritos de luz que traballaron, vidas e vidas, para converter á escura crisálida humana nunha borboleta resplandecente. Non creades, inxenuamente, que estades sós no inmenso Cosmos: sodes a obra dunhas intelixencias creadoras cuxa superconsciencia está a anos-luz de adianto con relación á vosa, aínda que sexades o mesmo que elas en esencia, e é hora de que os xardineiros veñan recoller os nutridos froitos, e tamén a arrincar as malas herbas, do xardín que un día plantaron.
1.26 INICIACIÓN GLOBAL Chegou o momento de expandirse para a vosa frecuencia vibratoria, o que cadra cunha iniciación global de todo un sistema esférico de varias ducias de mundos habitados, nas súas distintas dimensións, por entidades de diferentes graos de consciencia, coas que a evolución da Terra está ligada. Xa que todos xuntos conformades, conformastes desde sempre, unha unidade orgánica e funcional de vida no Cosmos. Dentro de cada un destes mundos pódese existir vibrando en sete dimensións de frecuencia, distintas mais interpenetradas, e cada unha delas está, á súa vez, dividida noutros sete graos de calidade evolutiva. A Humanidade da superficie da Terra, por exemplo, acostuma considerar a calidade cultural e económica da súa vivencia, falando de "Primeiro, Segundo e Terceiro Mundo", pero, a nivel evolutivo, hai moita xente do chamado "Primeiro Mundo" que se atopa no máis baixo dos planos da consciencia. No interior Da Terra vive unha Humanidade moito máis adiantada que a da superficie, mais non podedes percibí-la aínda que cadredes no mesmo espazo, xa que vós vibrades na Terceira Dimensión, e eles na Cuarta. Igualmente existen humanoides, nun grao da Escala máis baixo que o o voso, que vibran na Segunda Dimensión da Consciencia... no Aquí e Agora da Eternidade do Ser coexisten o pasado, o presente e o futuro da medida humana do tempo.
1.27 EXPLORADOR ESTELAR O espírito humano non restrinxe a súa existencia encarnada ao plano físico terrestre, senón que é o resultado dun experimento feito por altos creadores estelares, que visaba producir, a través da evolución, un explorador estelar nato, con capacidade para se manifestar e vivenciar as súas experiencias evolutivas en infinitos mundos e baixo múltiples formas. O Ser do espírito humano abrange todas as dimensións que sexa capaz de imaxinar, xa que as crea a medida que a Súa Mente as pensa, e logo vainas coñecendo desde adentro, vivindoas e séndoas efectivamente, en todos os Seus planos.
1.28 ALIADOS Poderosos aliados do voso Eu Superior, semellantes a El na súa Esencia e nos seus designios, tanto no voso planeta como fóra del, tanto dentro como fóra de cada un de vós, están axudándovos XA a eliminar o que aínda vos impede entrar en pleno uso das posibilidades que vos corresponden neste ciclo. Hai veintidós puntos na Terra onde agora mesmo están a ser iniciados con eficaz disciplina, sólida, selectiva e rigorosa, os grupos máis entusiastas e auto-comprometidos de aspirantes a constructores activos da Nova Era. Distínguense por ser lugares de natureza potente, bela e luminosa, que atrae aos peregrinos buscadores de si mesmos, desde moi variados países. Son potas de cosmopolitismo progresista, onde se cocerá o caldo de cultivo da nación planetaria, baixo un Arco Iris de esperanzadas alianzas, tanto terrestres como celestes, formada por tódalas cores do espectro humano, que únense nun compacto feixe, sen que se perda a potencia específica do máis enxebre de cada unha. É premisa fundamental, para recibir dos vosos Aliados a Iniciación Acuariana e para expandí-la logo coa súa axuda, que consigades crear ou integrarvos en agrupacións tan fraternalmente harmónicas como comprometidas, tan eficaces como respectuosamente abertas á colaboración solidaria, e que renuncien, desde o principio, a provocar, aceptar ou manter loitas de poder con outros grupos de signo e forma diferentes, inda que visan os mesmos obxectivos planetarios.
1.29 GUÍAS Os grandes Avatares e Guías da Humanidade, os santos e iluminados de todas as épocas, a potencias contidas na vosa liñaxe máis as vosas relacións planetarias e interdimensionais todas, millóns e millóns de seres, Irmáns Maiores vosos, apóianvos con todos os seus poderes, para que deades neste momento o grande salto cara a vivencia efectiva na Cuarta Dimensión da Consciencia. Chegou o tempo, como ocorre cada dous mil cen anos, en que aquilos Altos Seres que fixeron de Mestres Iniciadores das máis potentes culturas en cada Nova Era, se volquen en masa de novo a colaborar de forma activa cos vosos esforzos, individuais e persoais, por purificarvos e sutilizarvos. Aínda que só o farán se de verdade desexades que vos colaboren, e se demostrades o voso interés dando, voluntariosamente, os primeiros pasos cara unha mudanza en profundidade. Xa que, sendo todo unha Unidade, a intelixencia do Macrocosmos coida da saúde e do harmónico desenvolvimento dos Microcosmos nel contidos, aínda que respectando o libre albedrío das consciencias evolutivas autónomas que o compoñen. Este cambio e ascensión ao que se vos convida a sumarvos, pasa, fundamentalmente, polo despregue de toda a vosa capacidade de vos amar a vós mesmos e a todos os seres de tódolos reinos e dimensións; así como da vosa aceptación amorosa da xustiza de calquera situación e circunstancias que vos envolvan neste momento.
1.30 EXPANSIÓN VIBRATORIA Esta aceptación e este despregue de Amor expandirán, se sodes sinceros, as vosas frecuencias vibratorias e a vosa consciencia, pasando tamén pola activación e polo uso operativo das potencias contidas, desde sempre, na totalidade dos vosos conectores biopsíquicos interdimensionais, da vosa memoria xenética e do deseño actual do voso cerebro e sistema nervioso xeral.
1.31 PODER CREADOR E con iso está advindo o natural desenvolvimento da consciencia adulta da Humanidade, e o tempo no que, por fin, todos poidades crear con atento coñecemento das Leis de Creación, así como o de proxectarvos positivamente, e asumindo plena responsabilidade sobre os vosos actos creadores.
1.32 MENSAXEIROS DE LUZ Forzas sutilísimas, Mensaxeiros de Luz, Seres Divinos que non son senón Vós Mesmos, só que nun plano máis elevado da Consciencia Unha, lograron abrirse paso entre as barreiras rutinarias das vosas percepcións. Milleiros de mestres de sabedoría, de espíritos xa realizados, encarnáronse nesta época para vos acordar co seu exemplo, e para axudar, coas súas poderosas vibracións de Alto Amor, a que se realice este Plan Cíclico.
1.33 ANCORANDO ACUARIUS Só fai falta que cada un de vós desexe intensamente ancorar todos estes dons nas vosas almas -xa que vós sodes A Terra-, con firme vontade, espírito de servizo e consciente libre albedrío. E que afirméis o que os seus valores representan da única maneira eficaz: facéndovos un con eles na vosa vida e no voso entorno cotián; con impecable honestidade e sen medo.
1.34 VIVENCIAR O NOVO CICLO Para comezar a vivenciar plenamente o novo ciclo da Terra, é dicir, desa Terra Adulta que todos soñastes algunha vez, a condición é non arrastrar saudade algunha do tempo ido, nin ningunha división interna entre O que se É e o que se cré que se é... Para o cal é imprescindible situarse, canto antes, nos planos máis elevados da consciencia, co impulso dun auténtico sentimento de Amor Universal. Tamén é necesario renunciar a mentir, tanto aos demais como a un mesmo; e despois coidar, diligentemente, de se manter expandido.
1.35 RESOLUCIÓN DE CONFLICTOS Os espíritos encarnados que aínda arrastren eses vellos conflictos fundamentais, terán que pasar por un período algo duro ata que os resolvan, mentres contemplan como os seus irmáns mellor adaptados disfrutan con felicidade das novas condicións. NINGÚN DE VÓS É MALO; simplemente, A maioría SODES UNHA ESPECIE PLANETARIA aínda MOI XOVE, con bastante aínda por aprender... e só comeza a despuntar o froito dunha planta cando chega a estar maduro dabondo. Outros moitos reencarnastes aquí para resolver asignaturas pendentes, que xa non podíanse seguir experienciando no voso mundo anterior, cando ascendeu, coa flor e nata da súa Humanidade, a un curso superior de evolución, sen que vós quixésedes ou pudésedes adaptaros ás condicións requeridas para o ascenso. E outros, menos, viñestes desde mundos e planos moito máis adiantados, coa nobre misión de aprender; inda que a mesta vibración dominante puido máis cá vosa autolembranza e vos dominou. Pero todos e cada un de vós podedes estar ben seguros de que, antes de nacer, escollestes persoalmente, -e con total liberdade e consciencia-, tanto o personaxe que representades nesta encarnación, como as circunstancias envolventes que lle condicionan... e o escollestes así porque é o que o voso Ser sabe que convén ao voso momento evolutivo.
1.36 XUSTA ACEPTACIÓN Estás a sufrir?...pois agradece por todo o karma negativo que vas queimando, para poder chegar á altura onde xa terías que estar situado nesta época.. A mellor maneira de ascender, o camiño sen perda, é a aceptación da xustiza daquelas circunstancias que vos manteñen contraídos na vosa vibración, e limitados na vosa consciencia. Debedes facer un esforzo por amar esa xustiza, autoimposta polas vosas propias decisións -e non polas doutros-, así como esas circunstancias e limitacións; ademais de comprender que todos os vosos irmáns se atopan na mesma situación. Asegúrovos que ese recoñecemento da xustiza de calquera circunstancias en que vos achedes, e ese mínimo de amor e aceptación, se son sinceros, serán suficientes para vos expandir a niveles máis elevados da consciencia onda vosa situación comezará a mellorar.
1.37 NOVAS CONDICIÓNS As novas condicións residirán, fundamentalmente, na activación en vós de potencialidades do sentimento e da mente que ata agora se encontraban, para a inmensa maioría, latexantes no eterno presente do seu Ser Real, mais aínda durmidas para a súa personalidade, no interior dos seus conectores biopsíquicos nos planos mestos, que son os vosos vórtices enerxéticos, os chamados chakras, e as súas conexións etéricas co ADN dos vosos xenes. Estes conectores son puras ondas de enerxía mental e anímica, vibrando en determinada frecuencia: acordá-los é só unha cuestión de aumento cualitativo de frecuencias vibratorias: para iso, perdoade, perdoaos, aceptade con tolerancia as insuficiencias dos demais , así como as vosas, deixade de xulgar, de criticar e de mentir. Abrídevos ao amor confiado e atento, e a aprendizaxe do novo, e elevade a vosa vida cotiá á vibración da firme alegría fraternal, harmonizada con todo. Así, viviredes moito máis felices e espertaredes, sen dúbida, os vosos talentos acuaríanos. Con eles guiándovos, a Forza omnipotente do Amor espertará, tamén, a vosa potencialidade de percibir os Planos Etérico e Astral con clarividencia, clariaudiencia e telepatía; o cal vos abrirá moitísimas outras portas de espazos funcionais da vosa mente, que hoxe nin podedes aínda imaxinar que posuides.
1.38 A NAVE CÓSMICA Esta etapa inmediata será a da Consciencia Global, a do coñecemento e uso das vosas enerxías internas máis finas, as que producem que a energia formadora siga ao pensamento, e a da vosa expansión voluntaria pola Realidade Espacial e Pluridimensional. A misión de Acuarius é usar a Terra, por fin unificada nunha sólida e grandiosa vontade común, como plataforma para proxectarse ás Estrelas, como unha nave exploradora na que o Ser Humanidade cumpla co seu destino de descubridor do Cosmos, é dicir, da parte máis ampla, consciente e sutil do seu propio Ser: A CELESTE.
1.39 COINCIDENCIA Nesta transición dun ciclo ao outro, ambos niveis de consciencia, tanto o dos Adiantados descubridores de Acuarius, como o dos Retardatarios que aínda non chegaron ao clímax de Piscis, coincidirán no mesmo espazo-tempo humano. ... Para reforzamento, por contraste, das cualidades evolutivas dos primeiros, quen DEBERÁN IDENTIFICARSE COA SÚA VISUALIZACIÓN VIVENCIAL DO MUNDO NOVO, ATA QUE O DEAN A LUZ EN SI MESMOS...
1.40 DERRADEIRA OPORTUNIDADE ...E para dar a súa derradeira oportunidade aos Retardatarios máis evolucionados, quen, ao propiciar coa súa actitude, e sufrir en carne propia a morte do mundo que coñecían, amaban e odiaban, identificados con el, obterán diso leccións aceleradas, grazas ás cales talvez permítanse a si mesmos dar o salto ao nivel autoconsciente no último momento.
1.41 DESTRUCCIÓN O espírito de destrucción do vello descargará o seu poder ata se baleirar, para que o de construcción do novo poida manifestarse, nos seus comezos, sen atrancos, e progresar camiño doutro equilibrio en tensión entre as forzas materializadoras e as sutilizadoras, sen o cal non é posible a manifestación do Ser, nin a súa estructuración nun mundo de formas que están a vibrar en diferentes frecuencias de onda.
1.42 REESTRUCTURACIÓN O conxunto xeral desta próxima estructuración das vosas enerxías nunha nova frecuencia, aínda que só se trate dun grao máis da infinita Escala da Consciencia, será vivenciada efectivamente por vós como unha oitava incomparablemente máis alta do Xogo Eterno do Ser, unha boa mellora sobre a que xogabades ata agora.
1.43 PASO DE XIGANTE Os Autoelexidos se liberarán das últimas contraccións da súa consciencia mediante o seu propio esforzo amoroso, individual e grupal, que será grandemente facilitado, ao non ter xa, practicamente, nun principio, quen contamine o seu paradigma, ou escenario mental global, posto que os Retardatarios se quedarán vibrando nunha frecuencia tan baixa, que non poderá afectar demasiado á súa. ...De maneira parecida a como hoxe tampouco vos afecta demasiado a frecuencia en que vibra o Reino Animal, nin os seus propósitos nin as súas accións. Porén, lembrade que houbo un tempo en que si vos afectaba, e moito; e sabede que a lexión de egos elementais que conforma a consciencia de cada animal mamífero, é exactamente A MESMA que conforma ao voso. Só que o seu mando unificado non está rexido aínda por un espírito humano, isto é, individual, autónomo e vibrante no plano intelectual, senón por un espírito dévico ou anxélico colectivo, que vibra no plano astral. Por causa diso, aínda que cadredes no mesmo espazo-tempo cos corpos físicos e anímicos dos animais, as súas percepcións específicas fan que a forma deste mundo lles pareza completamente diferente que a vós. Igual vos ocorre con relación á corrente de Consciencia Irmá, manifestada en corpos elementais, que chamades Reino Vexetal: as árbores son seres que viven nunha Realidade que ocupa o voso mesmo espazo-tempo. Elas saben que os humanos existides, a causa da vosa acción sobre eles, pero só poden percibirvos pasivamente, ou a nivel vibratorio; xa que non teñen uns sentidos semellantes aos os vosos. Exactamente así, sen sentidos semellantes e a nivel pasivo e vibratorio, é como vós podedes percibir o moi real mundo dos espíritos da natureza. Da mesma maneira coexisten, e incluso se relacionan, todas as dimensións do Ser no mesmo punto, vibrando, sen embargo, en mundos e dimensións diferentes. Por iso, só aparece o mestre, aínda que desde sempre fose o seu veciño, cando o discípulo está preparado, é dicir, cando as súas percepcións ábrense á dimensión da consciencia na que o mestre vibra normalmente. Así, quen leve algún tempo aberto e desexe realmente ascender, terá agora mesmo unha OPORTUNIDADE DOURADA que só se dá durante un pequeno período de SETE anos, cada dous mil cen, para dar un paso de xigante na evolución da Humanidade Planetaria.
1.44 AVANCE ACELERADO E toda a Terra, con eles, fará un avance rápido cara unha vibración alta dabondo como para que aos máis demorados non lles sexa posible degradá-la, e para que se lles poida axudar mellor a integrarse cando por fin muden, e os seus espíritos, en novos corpos, reincorpórense voluntariamente a ela.
1.45 O EDÉN O Edén está próximo; e será un Edén que diseñaredes á vosa propia medida entre todos, igual que antes tamén deseñastes entre todos, coa vosa potencia creadora de Seres Divinos, o vello mundo en que tendes gozado, sufrido e aprendido ata agora.
1.46 CENTRARSE NA CONSTRUCTIVIDADE Se ti queres continuar a túa experiencia de vida consciente na Terra Adulta, ben sexa no teu corpo actual ou en novos vehículos máis sutiles e adaptados, centra desde agora mesmo a túa atención principal na CONSTRUCCIÓN DO MUNDO NOVO, conectado ao Canal Inspirador do teu Mestre Interior, á túa comprensión intelixente de que o mundo en que vives está a ser construído polos teus pensamentos e sentimentos, e ao firme compromiso cos máis nobres anhelos do teu corazón, cos da túa familia e camaradas, e cos de todas as almas afíns.
1.47 ACEPTAR A OUTRA CARA ...Así como tamén, coa amorosa aceptación, desapaixonada e desidentificada, de calquera aspectos adversos que poidan portar (coma outra cara da súa luz), cada un e todos os seres entre os que vives aquí e agora, e ti mesmo, que es un máis deles. Lembra que, canto máis vos coñezades, máis recoñeceredes as vosas insuficiencias. Transparencia significa, tamén, unha enorme comprensión, tolerancia e perdón cara elas... tanto nos demais , como en vós mesmos.
1.48 EVIDENCIA DO ESPERTAR Se estás atento, será polo teu calor interior e polo dos teus pequenos círculos próximos, que chegará a ti a evidencia do espertar da Consciencia Planetaria no ser dos espíritos avanzados da Humanidade, cos que comezarás a conectar. ...E, ao tempo, e como por ósmose, conectarás tamén con todas aquelas persoas que viven o espírito da súa propia época e o desta proposta.
1.49 MANTER A CALMA Non che preocupes o máis mínimo porque o mundo vello interno e externo, individual e colectivo, que tan estable e tan poderoso te parecía ata agora, vaia derruíndose sobre as súas caducas estructuras ao teu redor... nin pola desesperada alarma das xentes, que o percibirán sen ver unha posible solución.
1.50 NI SEQUERA OPINES Tampouco o ataques. Nin sequera opines sobre iso. Todo o máis, aporta constructividade e esperanza ao Novo que estás a construir.
1.51 O PODER DA ATENCIÓN LEMBRA: darlle atención emocional ao mundo vello, xa positiva ou negativa, é deixarse arrastrar xunto a el pola súa agonía. Xulgá-lo e criticá-lo significaría caír no desamor, o cal acabaría provocando o encarná-lo en ti, para darche ocasión de o coñecer e de amá-lo.
1.52 LEI FUNDAMENTAL DA ATENCIÓN: AQUILO NO QUE DE VERDADE CREADES E AO QUE ATENDADES EMOCIONALMENTE, VOS ATRAE CARA A SÚA REALIZACIÓN. TODO AQUILO QUE NEGADES, ODIADES OU VOS NEGUEDES A PERCIBIR, TAMÉN VOS ATRAE DA MESMA MANEIRA (ATENCIÓN NEGATIVA).
1.53 NON DEIXAR DE AMAR Por moi real e terrible que perciban os teus atentos sentidos a destrucción do vello entorno, non afectaráche no esencial se nón che identificas con ela, pero coa condición de non deixar de darte conta de que está a ocorrer. E coa condición, tamén, de non deixar de amar a todos os seus actores, nin de aceptar e respectar as súas circunstancias, por eles mesmos libremente escollidas, incluso as que che parezan máis negativas. E cóidache moito de non tomar partido en contra, NIN DE XULGAR, nin de alegrarche demasiado da decadencia do que non se sostén máis, xa que o que ves caír fóra, está derrubándose, igualmente, dentro de ti. TODOS SOMOS UN.
1.54 ACEPTAR SEN ENVOLVERSE Se percibes e aceptas que o mundo vello exista e sexa perfecto tal como el é, e que haxa persoas que o amen e que o manteñan, e se respectas a súa libre elección, e as amas, malia non concordar (lembrando que Deus tamén se manifesta a través delas); e se nón che envolves emocionalmente co que ocorre, senón que che mantés conectado en amor con todos eses seres, mentres, ao mesmo tempo, permaneces entregado coa maior parte da túa enerxía á construcción do Mundo Novo... o caduco espírito do mundo vello non poderá engancharte na súa caída.
1.55 CENTRARSE NO AMOR O tráxico, mais respectable destino libremente electo polos Retardatarios, será como unha adversa ficción allea que se desenvolve paralela á túa vida real, sempre que a túa mente estexa centrada nesta frase: "EU AMO TODO CANTO EXISTE E OCORRE, MAIS SON O MUNDO NOVO QUE AMAÑECE".
1.56 ESCOLLE O TEU MUNDO Comprobarás como, efectivamente, coexisten varios mundos distintos no mesmo espazo e tempo aparentes, sen se interferir demasiado, e como ti podes escoller a túa vivencia naquel que mellor se axuste aos teus propósitos vivenciais, sen interferir nos outros e sen ser interferido por eles, aínda que respectándoos e amándoos, por ser eles, tamén, manifestacións do Ser.
1.57 CREA O TEU UNIVERSO Xa que o Universo é producto da mente, a imaginación dos Seres Universais é creativa, e son os nosos pensamentos convencidos quen o sosteñen nun tipo de realidade, ou de frecuencia de onda... ou quen fan que os seus aparentes conflictos se esvaezan para nós, (ao expandirse a nosa vibración), cando aquel nivel de realidade, aínda que o continuemos percibindo, xa non interesa máis ás nosas emocións.
1.58 SABEDORÍA CREATIVA Esa comprobación experiencial afirmará en ti a sabedoría creativa que necesitas adquirir para colaborar con eficacia na empresa de edificar o Edén sobre a Nova Terra.
1.59 MANTEÑA LIMPA A SÚA ATENCIÓN A túa atención é a túa vida e a túa consciencia. Non a contamines, senón manté-la confiadamente ocupada na construcción perseverante do presente, aquí e agora e xa, nos adentros e fóra, sempre posta no Amor ao Todo e a cada Ser Divino, e confiando na súa sabedoría constructora do seu propio mundo, sen o criticar, e sen tentar corrixí-lo en oposición forzada ao seu libre albedrío.
1.60 O NOBRE INTENTO E comprende que o intento desapegado, aínda que confiado e entusiasta, de colaborar a erguer o Paraíso de Deus nesta terra pasaxeira, é a mellor maneira de ir edificándoo realmente sobre a solidez inmortal e eterna dos nosos espíritos.
FIN DO TEXTO UN
TEXTO DOUS
No día dhoxe, pola miña Intuídarealidade apostando, Facendo uso da máis prezada firme liberdade, comprometoma traballar ben consciente ó Seu servizo, ata que xa non máis diferencias perciba entre a Vida -cósmica, indubidábel, absoluta, luminosa, omnipotente- e esa pequena durmevida que a soña e a presaxia. O invisíbel en min minspira e mencamiña, ouh amado Misteriniciador da miñalma, polo visíbel a peregrinar con Autlembranza. Eu atendo (a miña antena rendida ó Amorlevado), e sen demora, no Seunome actúo. Tenso arco flexíbel do meu corpo, moldeo con todo canto sinto unha seta de aguzadintelecto rematada, e apunto: intenso, atento, serenado, facendomun cas armas e co branco. "Eu son Aconsciencia" -poño no puntomira-, disténdome... mentrego ao Centro... ... e denantes disparar, ben xa sei que me acertei.
2.1 A ANTENA Considera o centro do teu Ser, individual e cósmico, para todo este período de transición, o teu Lugar de Poder máis seguro, ferramenta, medicina, escola e protección, O PUNTO QUE HAI NO MEDIO DA TÚA FRONTE, ENTRE AS CELLAS, Unha Antena Mental Invisible comezará a desenvolverse aí, tan pronto como perdoes sinceramente a todas as persoas que teñan contas pendentes contigo, xa sexan conscientes ou inconscientes, as que lembres e as que non; e cando che PERDOES TAMÉN a tí completamente, como eu, En Nome Da Vida, che perdoo agora mesmo, se ti o desexas.
2.2 O PERDÓN Recebe este perdón xunto cunha sincera aperta imaxinaria do teu propio Mestre Interno -a Luz de Deus no teu núcleo central-. Réndete a El, abrazándoo en calquera ser humano esperto á Súa presencia, (ata podes renderte a El abrazando calquera vella árbore que che atraia), ao tempo que Lle ofreces, no teu corazón, un serio compromiso de rendición, é dicir, de sometimento de todas as forzas que che compoñen, ao Seu comando sobre a túa consciencia, de agora en adiante.
2.3 COMPENSAR Se podes compensar materialmente, ou por medio dunha satisfación moral, directa ou segreda, os teus principais erros, faino xa. Se nón é posible, reza e desexa o mellor para os teus acredores; e sénteche, con iso, liberado.
2.4 COMPRENDER Lémbrate que só comprendendo, desculpando e amando o que antes se odiaba ou se temía, se transmutan por completo os karmas remordientes en destino luminoso.
2.5 RENDICIÓN LIBERADORA TODAS AS TÚAS DÉBEDAS QUEDAN SALDADAS, E AS VIBRACIÓNS NEGATIVAS QUE CHE ESCRAVIZABAN, SEPARADAS DA TÚA AURA, NO PRECISO INTRE DA TÚA SINCERA RENDICIÓN AO TEU MESTRE INTERNO.
2.6 RENACEMENTO A partir dese momento, percibe que quedache limpo como un bebé e alégrache por iso: COMEZA A CHE AMAR A TI MESMO E A TODO.
2.7 OFRENDA A TÚA CONSCIENCIA Á CONSCIENCIA E que todo canto penses, sintas e fagas, o sexa desde a túa ANTENA MENTAL, onde ofrendarás intencionadamente, a cada hora, AO NOSO SER PLANETARIO, as máis sentidas enerxías xeradas polas túas vivencias, xa sexan pracenteiras ou dolorosas, igual que se ofrenda un incenso, para que El aplique o máis puro delas, a súa quintaesencia, alá onde máis necesario sexa, á feliz e harmónica evolución de Tódolos Seres en AMOR, XUSTIZA, CONSCIENCIA E LIBERDADE.
2.8 ELIMINAR PESO INÚTIL Vive a vida como unha abraiante aventura, desligándote, en primeiro lugar, de todo canto che impede realizar os máis sagrados impulsos do teu corazón, poñendo canto antes orde na túa casa, consultando ao Anxo da Morte no teu interior para que che axude a eliminar canto che atranca e para pasar o que che sobra, con desapego e agarimo, a quen poida está-lo a necesitar.
2.9 GAÑAR LIBERDADE Faiche rico en tempo persoal e liberdade, vivindo sen permitir que volten a pecharse ao teu redor as cadeas da rutina, da falsa seguranza, da va apariencia, da autoimportancia ríxida, da inflexibilidade e da desconsideración.
2.10 VELENOS DA ALMA Libérache, moi especialmente, da falta de agarimo e bo humor en relación a tí mesmo e aos teus irmáns; da retranca, do sarcasmo, do escepticismo... e, máis que nada, do contaminante veleno de toda crítica negativa ou mordaz.
2.11 SAÍR DO BURACO Independízache, dunha vez para sempre, do prexuízo alleo ou do pusilánime medo á crítica, así como tamén do sentimento de culpa, da baixa estima, do pesimismo, do esmorecemento, da tristura, da queixa e do isolamento. Cando che aceptes como es, e cando deixes de criticar aos teus irmáns, sexan como sexan, ningunha crítica ou rechazo poderá ferirche. Aínda que todos poidesen ler o teu pensamento, se nada tes que ocultar, se de nada che avergonzas, nada terás que temer.
2.12 AMÁ-LO TODO Todo é perfecto tal como se presenta: ama o teu momento e circunstancia e as dos demais , sexan cales sexan; asume con amor a túa autoconfianza, a túa alegría e a túa serena aceptación da xustiza do que ocorre, xa que ti mesmo o xerache. Confía na miña promesa de que AMAR CANTO EXISTE E OCORRE AO TEU REDOR, por malo que semelle, fará que todo se expanda e que as circunstancias melloren; especialmente se logras amar a quen che está a perxudicar.
2.13 LUCIDEZ Ama sempre, che estima, acepta, che rende a Quen dispuxo con total sabedoria que este momento sexa como é; e a Voz Amada irá medrando e medrando en ti, e non deixará que voltes a cometer erros inconscientemente. Antes de tres horas terás clarísima na túa mente a comprensión de calquera erro cometido e o estímulo para o corrixir, para o compensar e para quedar axiña liberado del.
2.14 VIVIR CON MAIÚSCULA VIVIR, con Maiúscula, significa vibrar no Amor, a Consciencia, a Xustiza e a Liberdade: AMOR é activa solidariedade fraternal co resto da Humanidade e do Universo que es e que somos, sen excepción algunha. CONSCIENCIA é conexión esperta, atenta, íntima, directa e confiada co máis elevado de ti mesmo, no teu interior e no teu exterior. XUSTIZA é aceptar que nós mesmos somos os responsables ou irresponsables creadores de tódalas condicións que rodean á nosa persoa e ao noso mundo. LIBERDADE é manter por tí mesmo o rumbo cara ao teu obxectivo principal nesta vida, coidando, aínda no medio da túa dependencia do resto dos seres que es, de desprenderte con flexibilidade de canto che impida decidir e crear o teu propio destino directamente desde a túa máis elevada identidade e vontade.
2.15 VIXILANCIA Coida, sobre todo, de non permitir que a neglixente acumulación de desorden, dispersión, apego e SUXIDADE ENERXÉTICA -que non deixarás de recoñecer a tempo- oculte de novo a túa Luz Interna e che desconecte Da Fonte. Atenta firmeza contigo mesmo.
2.16 RELIXIÓN, ESCOLA E REALIDADE Vive a relixión da perfecta Vida cotiá, que é a túa verdadeira Escola Iniciática de Sabedoría, integralmente consciente de canto fagas en cada momento, sabendo que só o presente é A Realidade, sen che espallar cara o pasado ou o futuro; e sen deixar nada importante para despois.
2.17 MEDITACIÓN ACTIVA Converte todas a túas accións nunha ofrenda ritual á Vida, en continua meditación activa, servizal, comunicativa, constructiva e sempre, sempre, amorosamente solidaria.
2.18 CASUALIDADES MÁXICAS Ve en todo e en cada persoa a Deus e aos seus sinais, estate atento á sucesión de máxicas "casualidades" coas que namora contigo o teu Eu Maior. ...Xa que todo canto paréceche realidade no mundo da Terceira Dimensión, o que es capaz de percibir actualmente, non é senón un limitado símbolo da Realidade integral e multidimensional na que vive o teu Ser. O máis auténtico de tí é, precisamente, ese vacuo que non podes tocar nin medir, ese Misterio invisible que os mellores artistas son quen de suxerir entre as formas aparentes, ese silencio que conecta á música dos teus instrumentos coa das Esferas, ese Algo inexpresable que dá sentido ás palabras, case infantís, que trocan os amantes.
2.19 SINCRONIZARSE Sincronízache alegremente ao compás do ritmo da Melodía Cósmica que canturrea no teu propio canal, e danza con Ela, Nela e Sendo Ela. Xa que tu es vibración, e toda vibración há de resoar afinada coa Sinfonía Universal.
2.20 RENDICIÓN AO EU Para escoitá-la, adáptate, pois, ao compás que Ela marca; nunca, como durante este período, foi máis importante cantar xuntos, danzar ou meditar en grupo, ben compenetrados e ordenados, ou decretar, orar e visualizar ao mundo tinguido de Amor Universal por un Lóstrego Rosa saído do corazón. Orade e traballade xuntos, brunindo os vosos egos individuais no contacto interactivo co grupo; adaptaos a unha boa afinación cun colectivo de homes e mulleres, cuxas vontades estexan predispostas a atender a Voz do Espírito dentro de si. Os teus compañeiros e compañeiras serán os espellos onde coñecerás a túas propias virtudes e defectos por reflexo directo. E réndeche ás instruccións de Deus, que che chegarán, a través do teu Mestre Interno Esencial, o Espírito da Humanidade, como un claro diálogo interior; o cal será máis e máis fluidamente percibido por ti, canto máis che abras á confianza, á alegría, á fe no Mundo Novo e ao amor activo a Deus, a quen vislumbrarás no interior de tódolos seres, de tódolos reinos, de tódolos mundos e planos, e por detrás de toda apariencia.
2.21 OS SERES DIVINOS Deixa que Deus se exprese e se amose a través de tí en todo o que fas e en todo o que es... e vivirás a Vida Divina que che corresponde, como SER DIVINO QUE ES. Pois tódalas formas de cada reino son animadas por espíritos de diversos graos de consciencia, Seres Divinos ou con potencia para sé-lo, e o que chamais DEUS non é senón a relación en cósmica comunidade de todos eles e de todos vós, feitos Un pola vosa máis alta harmonía.
2.22 SER FELIZ Enche a túa Vida de felicidade facendo continuamente o Amor coa túa Alma, a túa Musa, a túa Metade máis espiritual, dedicándolle todas a túas experiencias e realizacións, xa sexan visibles ou invisibles, ca mesma alegre paixón có que un xove puro lle leva flores á súa amada cada día; o que che fará sentir e pensar ca linguaxe sagrada da Poesía, e remozará ao máximo o teu ánimo e a túa mente.
2.23 RESPIRACIÓN Cárgache plenamente de enerxía, respirando relaxado e profundo, de maneira cada vez máis calma, máis completa e máis consciente, a toda hora do día; sentíndoche amorosamente comunicado, a través do teu respirar, con tódolos seres que compoñen a creación, tanto os visibles como os invisibles. Pensa que no universo todo é enerxía, e que cada ser se alimenta das enerxías que os outros seres producen. Sabe que non só o reino vexetal troca enerxía vital contigo. Sabe, tamén, que o alimento máis fino que intercambias ao expirar non é o gas carbónico, senón a vibración dos pensamentos e dos sentimentos que proxectas sobre o planeta. Agradece, pois, cando che cargas de aire, lévao ata o ventre e o coxis, e de alí, a súa esencia feita luz, pola columna enriba, ata a coroiña. E envía todo o teu amor, como un perfume ofrendado ao Cosmos, cando exhalas.
2.24 PEDIDE Fala tres veces ou catro ao día co teu xenio Subconsciente, para lle indicar que desexas atopar o lugar e as relacións onde poidas emprestar o máximo de servizo co que naturalmente es e tes, desenvolvendo a túas potenciais a plena creatividade, gozosamente, sen demasiado esforzo, e disfrutando da Abastanza Divina.
2.25 SEN LÍMITES Se ben concreto e responsable no que pedes, e xeneroso contigo mesmo, e cos demais que es, ao pedir. Xamais poñas límites á infinita capacidade de Deus para curar, perdoar, dar e transformá-lo todo, xa que o Universo e as súas leis tan só están mantidos polo Seu pensamento.
2.26 NATUREZA Intégrache canto poidas coa Natureza, facendo exercicio nela. Mantente san e flexible, escoita o teu corpo e re-esperta a túa sensibilidade camiñando en silencio polas súas sendas, falando no teu interior cos millóns de espíritos elementais que a animan, dentro e fóra do teu corpo, e atendendo aos seus sinais máis co corazón que coa cabeza. Empresta atención ao relóxio biolóxico que marcan O Sol, A Lúa e A Terra. Vive de maneira ritual e concentrada os cambios cósmicos: durante cada solsticio e equinoccio tes SETE HORAS para adaptar e programar conscientemente o teu corpo e a túa psique, de modo que todo neles, máis todo o que es fóra dos teus corpos individuais, se dispoña a colaborar, de modo unificado e correcto, na realización dos teus proxectos para a estación que entra. Que cada primavera poidas renovar os lazos que che unen á túa parella, celebrando unha íntima e sagrada festa nupcial por todo o alto, tras ter queimado na Candea Da Paz todas as tearañas acumuladas sobre a vosa relación durante o pasado inverno. Cando se cumple cada CICLO DE SETE ANOS da túa vida, tes unha oportunidade case milagrosa, pero que está no voso programa interno como mecanismo natural de rexeneración, para vivir intensamente un retiro de SETE DÍAS, durante o cal todas as células do teu corpo poden renovarse e reaxustarse. O corpo humano foi deseñado para durar douscentos anos. Pero a vosa desconexión cos ciclos naturais, a vosa pésima alimentación, a présa e o desacougo durante o día, e o incorrecto descanso durante a noite, envelléceno.
Um ansioso temor à vellez e á morte impele a moitos a va ilusión de manter a xuventude exterior por custosos medios artificiais, en lugar de inverter en facer crecer interiormente, de maneira gratuita, a luminosidade enerxética, que é a que mantén a firmeza das ondas-forma que configuran a beleza e saúde do físico. Esa luminosidade, expresión da harmonía entre o voso etérico, emocional, mental e espiritual, configura tamén, nun plano máis alto, un corpo de luz inmortal. Lembrade que o corpo de luz que construades e manteñades coa vosa positividade integral é o único que vai pervivir da vossa manifestación presente, cuxa maduridade ou inmaduridade condicionará a saúde, beleza e potencias das formas corporais que moldeará no seu torno na vosa manifestación seguinte. Deus ensina a ciencia de adaptarse ao ritmo evolutivo do Cosmos a través da Grande Profesora, a Natureza; que é, coa Humanidade incluída nela, o maior dos símbolos externos que O representan.
2.27 SOÑOS Que ninguén entre no sono, que é unha pequena morte, sen antes terse reconciliado polas asperezas do día, tanto consigo mesmo como cos seus. Non deberías cargar demasiado o estómago despois do pór do sol; oxalá que estiveses baleiro de restos do alimento asimilado ao deitarche, xa que as horas de sombra son as que usa o teu organismo para se rexenerar, mais esa función se inhibe se a enerxía ten que estar atendendo a unha pesada dixestión. Cultiva mellor a lixeireza. Sénteche de noite viaxando co teu corpo astral nunha espiral de luz, mentres a túa envoltura física descansa tendida no leito. Contempla a túa imaxe nun espello, ata que, tamén no soño, che vexas nel reflexado. Empresta, ademais, atención AOS SOÑOS, e máis que a lembrar as súas imaxes e acontecimentos e, que son caravanas de contedores mentais á miúdo só cargadas de outros contedores baleiros, e non de ideas ou símbolos, á interpretación sintética e intuitiva das súas mensaxes e das inspiracións que aflorarán en tí ao erguerche e antes de meditar.
2.28 ANTENARSE Sabe que a primeira hora da mañá é a mellor para antenarte e conectarte co Teu Ser Real, para agradecer pola vida, para reforzar mentalmente desde El a realización dos teus proxectos; para che solidarizar, desexando felicidade e iluminación a tódolos seres... e para ofrendar á Egrégora da Humanidade e ao Propósito da Existencia as mellores vibracións que xerarás durante todo o día.
2.29 O DIARIO Apunta as túas reflexións principais, con poucas palabras no teu diario, ben lexible, pois talvez poidan aproveitar a outros algún día tanto como a tí mesmo, e rele-las dúas semanas antes de comezar cada nova estación do ano, anotando, despois, os seus ensinos-síntese.
2.30 DIÁLOGO INTERNO Pouco a pouco, ese diálogo interior amigo, sabio e elevado, se superporá á charlatanería inconsciente do ego individual e colectivo; de tal maneira que non terás posibilidade de os confundir.
2.31 ESCOLA NOCTURNA Cómpreche ir durmir cedo e co aparello dixestivo xa baleiro de lastres que che impidan voar. Trata, tamén, de limpar un pouco a túa mente das preocupacións do día, ou de imaxes artificiais e externas, meditando no vacuo e orando un pouco, antes de che recostar na túa cama, para pedir aos teis guías internos que che leven de viaxe. Podes contemplar un cadro, ou escoitar unha música. Porén, o mellor é imaxinar que te vacías como um tanque aberto, encanto relaxas os teus músculos ao máximo. Visualiza como se alza arredor de tí un círculo luminoso de protección; pon na túa mente a imaxe, ben detallada, recendente e táctil, do teu lugar de poder, e, desde alá, céntrache na túa Real Identidade, a que te inspira quando expiras, pedindo desde ela lembrar a esencia dos teus soños... e a túas noites, como os teus días, estarán cheas de aprendizaxes. Se no medio deles aparece unha presenza na que o teu corazón recoñece a unha das envolturas simbólicas do teu Mestre Interno, non lle fales, pero extende a túa man e, se a toma, séguelle. Se acordas de repente na madrugada, estáche seguro de que é para aliviarte de algunha negatividade; pasa a túas mans sobre a túa cabeza e os teus ollos, e entrega o que che sobre a quen se ocupan da limpeza do astral nocturno do planeta, abanándoo cara o teito. Logo envíalles tamén unha oración por unha Terra Unida, e volta relaxadamente ao soño, sentíndoche máis descansado. Ao acordar, mellor se é ben cedo, permanece remoendo as ideas que o descanso elaborou e que puxo no limiar da túa consciencia. Fíaas, sintetízaas, érgueche suavemente, e anótaas... logo concédeche unha primeira media hora de calmo rodaxe mental, antes de entrar en movimento... verás, despois, que día tan enérxico e inspirado.
2.32 BALANCE ANUAL Escribe o teu BALANCE ANUAL DE DESCUBERTAS, o que ordenará a sucesión de aparentes "casualidades" nun todo coherente, che fará percibir con perspectiva de conxunto as leccións aprendidas, así como os teus progresos nas probas da propia Senda Evolutiva, e permitiráche esbozar aquilos obxectivos fundamentais, cara os que encamiñarás os teus rumbos no ano seguinte.
2.33 COMUNICACIÓN INTERNA Esa comunicación, ademais, limpará por dentro a túa psiquis, e manteráche consciente da túa aventura espiritual e da túa misión neste plano, así como cheo de entusiasta enerxía, paz interior (mesmo no medio da maior actividade), e desbordante inspiración creativa, procedente do conxunto sinérxico de Todos Os Outros Seres Divinos, que sabes que tamén es.
2.34 SINCERA RENDICIÓN O colal inspirador, que fará de tí un medio para que o Amor, a Sabedoría e o Poder benfeitor do Cosmos derramen as súas bendicións sobre a Terra, será maior, máis constante e máis rico, canta maior vaia sendo a túa SINCERA RENDICIÓN AO COMANDO DO MESTRE INTERNO (O SER PLANETARIO E CÓSMICO QUE ES), sobre a túa personalidade celular externa.
2.35 O VEHÍCULO DO EU A túa personalidade individual non foi deseñada e potenciada para se dedicar tan só ao egoísta coidado da súa propia supervivencia e benestar celular; senón, e como función principal, para unificarse cos seus semellantes, formando conxuntos harmónicos capaces de vehicular a enerxía sutil do Eu Cósmico e Integral que os anima, sobre os organismos vivos do Plano Físico; a fin de canalizar a Luz da súa Consciencia sobre as súas-nosas partes menos conscientes e máis sombrías.
FIN DO TEXTO DOUS
TEXTO TRES
Fai manar por min, pura xenerosidade e abastanza, o que ti sabes xa que máis necesitamos. Dame para repartir: do teu sangue arteria quero ser paro teu corpo, Ou tamén vea, se ti mo indicas. Calquera situación, momento e circunstancia vida plena se me fai se un paso máis supón, carAltura; se a miñas potencinternas estimula, se ao Proxecto Da Vida están servindo, se regan o recuncho escuro e fundo onde segue a nosa sementde luz inda durmida.
3.1 RENUNCIAR AO PASADO Abandona a túa antiga imaxe de ti mesmo e as súas limitacións, DEIXA ATRÁS A VELLA PEL, renuncia ao teu pasado e ao arquivo memorial de pre-conceptos, pre-xuízos, e pautas programadas de comportamento automático e repetitivo...
3.2 MENTALIDADE EMBRIONARIA Todo o que críades que sabíades sobre a vida e sobre vós mesmos, non era máis cá vosa inxenua mentalidade embrionaria. Este é o momento longamente anunciado: colaborade coa vosa Nai Terra para que poida, por fin, darvos a luz como verdadeiros Homes e Mulleres.
3.3 HUMANIDADE RENACENDO SENTIDE QUE RENACEDES AGORA: Espíritos Autoconscientes controlando corpos dóciles e ben adestrados, con mentes planetarias, sobre un planeta ao fin tan civilizado e ben comunicado, como para que sexa posible administraros unha reeducación básica conxunta.
3.4 A HISTORIA ADULTA Agora SI que é posible: AGORA é que vai comezar a Historia da Humanidade, con Maiúscula, en canto este Ser se faga consciente de si mesmo e comece a tomar decisións unificadas e a proxectarse ao seu ámbito natural, que é o Espazo. ...E todo o anterior non foi senón xestación celular, infancia e preparación, por moito que denosten os Tempos Modernos os catastrofistas, servos da negatividade e do medo... SEMPRE SE EVOLUCIONA CARA ALGO MELLOR.
3.5 TRABALLAR LIBREMENTE Desapegadevos de todos aquilos compromisos e hábitos que impidan a vosa liberdade de acción renovadora, e vos entregade, en todo momento do voso día, ao Traballo Planetario.
3.6 O CONSELLEIRO FIEL Seguide, sen as modificar por temor nin por adaptá-las ás convencias do ego, AS PRIMEIRAS INTUICIÓNS XENEROSAS DO VOSO CORAZÓN, que vos aconsellarán acertadamente sobre a tarefa a ser realizada. SORRIDE cada mañá ao erguervos, sorride cada vez que vos dirixades a un irmán, sorride ao recoñecer os vosos defectos e aceptá-los; sorride a ese ser tan necesitado de sorrisos que nin é capaz de sorrir; SORRIDE cada vez que vos lembredes... Sabede que o voso eterno amor, A Vida, se alimenta dos vosos sorrisos, e que, a través deles, tamén vos alimenta e aconsella.
3.7 TEREDES MEDIOS E non vos preocupedes polas vosas necesidades materiais, persoais ou familiares; nin polos medios para realizar a vosa obra, que vos serán suministrados da maneira máis conveniente pola Vida, se confiades nela, así como o contacto coas persoas que vos axudarán, no momento máis precisamente oportuno.
3.8 OS VOSOS ANXOS Cultiva as virtudes do teu corazón, e sabe que cada unha delas é un anxo posto ao teu servizo, ao que podes invocar para que che axude e che alimente, así como antes lle potenciache e alimentache a el, coa ofrenda intencionada das túas mellores vibracións á Egrégora do Ser Planetario que xuntos Sodes. A energía se adapta aos moldes que formou o sentido pensamento. Os que estades aquí "repetindo curso", teredes que facer un esforzo suplementario para domar ao voso demo da rebeldía, e para o converter no anxo da correcta canalización das vosas potencias internas.
3.9 REZAR
Pois sabede que REZAR non é senón canalizar as vosas mellores enerxías por unha invisible rede imaxinal (que non é unha entelequia, senao que efectivamente existe nos vosos planos de mais potente realidade), cara a Egrégora do Ser Planetario, é dicir, cara un Deposito Mental Colectivo, en dirección ao Depósito Mental Colectivo do Supraconsciente Terrestre, para que poidan ser usadas por tódalas entidades do voso entorno Cósmico. Igualmente a Egrégora devolverávolas, cando as necesitedes, ao igual que fai un banco, aínda que acrecentadas pola misericórdia e a xenerosidade do Banqueiro Divino. O que vos gustaría que Deus vos dese, dádeo antes á Egrégora: ofrendádelle conscientemente as vosas ideas máis profundas, as vosas descubertas, os vosos proxectos ou as vosas oracións para un mundo mellor, as vosas obras artísticas ou sociais, as vosas cerimonias, ritos e festas, a vosa alegría, a vosa tenrura cara un neno ou a vosa apreciación da beleza dun serán... Ofrendade ao Ser Planetario non só os vosos máis belos sentimentos (como a esencia sutil dos vosos goces estéticos) senón incluso aquilos sanamente sensuais, como os derivados dunha boa comida ou dunha grata relación sexual co ser que amades... que cada vez que disfrutedes dun san pracer o agradezades Á Vida e desexedes que Ela proporcione un pracer semellante a todos os seres que o desexen. Facédeo así, e a vosa felicidade persoal será bendicida e acrecentada polo voso Ser Colectivo. Sentide-vos todo o tempo conectados amorosamente con todo o Universo. E se son dádivas materiais o que desexades, dade, igualmente do que teñades, pouco ou moito segundo as vosas posibilidades, aos representantes da Egrégora Planetaria sobre o Plano Material: é dicir, a aquilos dos vosos irmáns e irmás, preto ou lonxe de vós, que máis o estexan necesitando. E se vos atopades pasando por un período de preocupación ou apertamento económico, ou de angustia sentimental, ou de baxeza espiritual... respirade fundo, alzade a cabeza cara a imaxinaria Egrégora, e ofrendádelle a vosa sincera aceptación da xustiza daquilo que as vosas propias proxeccións erradas provocaron... ... Ofrendádelle tamén, sabendo que servirá para toda a especie, os ensinos e descubertas derivados da profunda aprendizaxe da dura lección. Ofrendádelle o voso valor e paciencia para pasar polo mal momento; así como a vosa firme confianza en que o aguantaredes sen vos derrubar, ata que chegue o auxilio misericordioso da Vida, ou ata que volte a lucir o sol trala treboada.
3.10 O UNIVERSO RESPONDE Non importa con que nome ou con que rito Lle invoquedes; se sodes amorosos e sinceros, se vibrades nos vosos máis auténticos sentimentos cando a El vos dirixades, o Universo que Sodes vos responderá, da mesma amorosa e sincera forma, e a través do mesmo canal con que permanecedes na súa conexión, cando repousedes, confiados, nunha fase receptiva ou meditativa.
3.11 A FÍSICA CREADORA DO AMOR Dentro de pouco, todo o que aínda agora chámase Metafísica, será Ciencia Física e se coñecerán e aplicarán con lóxica exactitude á construcción efectiva do Mundo Novo, as LEIS CREADORAS DO AMOR CÓSMICO.
3.12 SACERDOTE-CANAL Un sacerdote consagrado pola súa propia autenticidade debería ser a penas un limpo canal mental consciente desas Leis, que se ofrece sincera e Á Vida como medium transmisor, para que Ela derrame Os seus dons a través del sobre os seus irmáns e sobre o seu entorno.
3.13 SERVIDOR DA VIDA ...E que fai da súa propia vida un esforzo calmo, pero comprometido e constante, por se manter impecable, atento, digno e fiel ao Poder que emana máis elevado de si; e como humilde servidor de todos os seus irmáns e irmás, sen máis móbil que un puro amor a Deus, quen habita o ceo interior de cada un deles.
3.14 CONEXIÓN DIRECTA Póndevos á tarefa de facervos todos vós os meus sacerdotes e sacerdotisas en cada lar, xa que esa é unha etapa natural na vosa evolución espiritual, e non deleguedes a vosa misión persoal de conexión, colaboración e evolución no servizo ao voso Eu máis Alto, en mans de intermediarios profisionais... o cal acostuma conducir á fosilización rutinaria, xerárquica e institucionalizada do Poder. Estamos a comezar um novo tempo de iniciación colectiva e de espiritualidade directa, sen intermediarios. Aquel que non ten fillos, aquel que se sente só, aquel que recibiu riquezas Da Vida, ou aquel que teña o sustento asegurado pola Sociedade, a causa da súa imposibilidade de traballar, que se ocupe, aínda máis cá aquilos outros que teñen que usar o seu tempo para producir, en axudar activamente á evolución positiva do conxunto da Humanidade, á axuda individualizada aos seus irmáns máis necesitados, e á promoción dos talentos sen recursos que estexan a crear proxectos de concienciación ou de constructividade planetaria. Facédeo amorosa e xenerosamente; e a Vida multiplicará as vosas riquezas e vos colmará de amor e de lexítimo sentimento de utilidade.
3.15 SINERXÍA A potencialidade invocadora espontánea do Verbo creador que sodes desde sempre, se multiplicará por SINERXÍA, cando varios de vós vos xuntedes a canalizar, unificados no Ser, malia vos revestir de personalidades diferentes, as bendicións de Deus sobre o voso Mundo.
3.16 ESPÍRITO SANTO O que chamades a manifestación do ESPÍRITO SANTO e os seus carismas, non é outra cousa que o real poder rexenerador da sinerxía dun colectivo humano, cando todos os seus membros se atopan tan ben afínados e transparentes entre eles mesmos, como conectados coa Divina Fonte.
3.17 COMUNIDADE FACÉDEVOS COMUNIDADE. Non necesitades vivir xuntos para iso, mais si compor un ben conectado grupo de traballo e de medranza: sede como un coro de bondadosos e alegres anxos revestidos de carne, que expanden harmonía por doquier. E espreitade ao tempo, con firmeza de guerreiros, dentro de vós mesmos, se existen trabes bloqueantes de egocentrismo no ollo propio, mellor que andar buscando a palla no ollo alleo... E transmutade en comprensión e real autoestima, calquera insuficiencia ou negatividade persoal, liberándovos e liberando aos outros, inmediatamente despois, de todo debilitador sentimento de CULPA, ou de toda manipulación para creá-la nos demais, xa que iso é o verdadeiro PECADO ORIXINAL, causa primeira da infelicidade da Humanidade. Canto máis perfecta a afinación sinérgxica do voso grupo, canto máis amorosos, solidarios e sinceros sexades entre vós, maior Poder canalizaredes, xa que o Universo non deixa nunca de usar un bo órgao, cando varias das súas células conseguen conformá-lo. Xamais os problemas persoais dun membro do grupo ou entre dous ou varios membros, deberían interferir coa disciplina e a eficacia do traballo común, nin proxectar sementes de disgregación no conxunto. É mellor que sexan resolvidos fóra da asamblea ou do salón de sesións, por medio de diálogo respectuoso, cara a cara, dos afectados, e, de ningunha maneira, por detrás. Ámbalas partes poden solicitar un moderador, ou o apoio deun foro, se o precisan. O FORO ou grupo terapéutico de puimento voluntario dos egos individuais por expresión, desafogo, confrontación comprensión e conciliación, débese celebrar SEPARADAMENTE das asambleas de planificación e de traballo, ás cales todos haberían de achegarse como se chega a un templo, imbuídos completamente do seu máis alto Eu Colectivo, así como dispostos a obedecer, de boa vontade e sen discusión, a dirección do líder previamente escollido, pola vontade de todos e de cada un, para dirixir, coordinar ou moderar ese traballo. A puntualidade, por respecto ao tempo de vida dos demais, debería ser sagrada, de modo que o salón de sesións se poda pechar cinco minutos despois da hora marcada para o encontro, para que non se corte a enerxía que comeza a xerarse segundo se abre a sesión. Un bo comandante abrirá ritualmente o traballo, entregándoo ao Espírito; en caso de que se trate dunha asamblea, concederá a palabra, con absoluta liberdade de expresión, pola súa quenda no círculo, ao que a solicite cun aceno, e retirarálla a quen non sexa breve e concreto ou respectuoso con calquera; non podendo ninguén, senón el, interromper a quen fala. Aínda que durante as súas quendas expuxo e defendeu os seus puntos de vista persoais como un máis, os quince minutos finais do tempo marcado para que dure unha xuntanza, os empregará o líder para compor áxiles e imparciais conclusións, en base a todo canto se falou, tal como el o entendeu, e en pedir unanimidade, ou correccións breves ás mesmas, claras e concisas, sen máis discusión. Ninguén debería abandonar a xuntanza ata que o comandante feche ritualmente o traballo, xa que iso supón crear unha fisura enerxética por onde se baleira grande parte da sinerxía conseguida... todo aquilo que non tivo unha definición clara ou unha aceptación unánime, pode quedar adiado, sempre por escrito, para outra xuntanza, e non antes de tres días (para dar tempo a que os egos se remansen e mediten). É bo darse conta de que a ambigüidade e o seguidismo son tan negativos como a terca e pesada inflexibilidade, tanto sexa a dun membro calquera como a do líder, no prevalecemento dos criterios persoais sobre a vontade manifesta da maioría, xa que o obxectivo principal dunha fraternidade acuariana é conseguir a firme, transparente e desapegada harmonía dos seus membros. Pero de maneira ningunha iso pode ser un atranco para a súa boa cohesión e para o seu eficaz funcionamento práctico... A perfecta igualdade só é posible cando todos os egos unificánse na polaridade máis alta do Ser de cada un, que non é outro que o Espírito Unimúltiple e libre. Quen falte a unha xuntanza á que se comprometeu a asistir, ou non envíe a ela, ou nomee, a un representante autorizado a falar e a decidir por el, non debería ter dereito a voto no asunto que se debata. O correcto é que acepte, sen resistencias, a conclusión do grupo asistente. Tan importante como que os individuos logren harmonizarse dentro dun grupo de traballo, é que o grupo mantéñase aberto, sen exclusivismos nin seitarismos, á respectuosa colaboración eficaz, leal e cumpridora, con outros grupos de esencia común, por moi distintas que semellen as súas formas ideolóxicas, as súas maneiras de se organizar e de actuar, e os seus estilos proxectivos. Pois non hai unha vía preferente de realización, senón tantas como tipos esenciais de persoas; cada un debe buscar aquela coa que mellor resoe subxectivamente, pero sen desprezar xamais ás outras, e louvando a rica diversidade con que o Ser se manifesta en todos Os seus planos. Que as células formen órgaos, e que os órgaos se integren entre si, aportando cada un a súa propia función, no organismo vivo que forman todas as consciencias humanas do Cosmos.
3.18 PEDIR REBOSANDO DÁDIVAS Non fai falta que pidades para vós, senón só que imaxinedes, agradecidos e con absoluta seguridade, que xa estades en posesión de canto necesitades, o cal vos sobra, vos desborda, e vai da vosa Divina Unidade Na Esencia, ao mundo todo... alá onde xustamente se precisa, con xenerosa abastanza, e coa mesma prodigalidade con que a Natureza frutifica cando está ben regada.
3.19 ADMINISTRAR O PODER Quen derrama a riqueza en Nome da Vida, na Riqueza Mesma vive e ten o seu Ser. QUEN AMA AO MUNDO TODO COMO DEUS O AMA, PODE DAR REAIS E EFICACES ORDES AOS ESPÍRITOS ANXÉLICOS NOS QUE AS SÚAS VIRTUDES SE CONVERTEN, para que xoguen coas "casualidades" que ligan e moldean as Leis Naturais, levando o Poder Divino aos lugares e persoas concretas, onde vós mesmos consideredes que é máis necesaria A Súa acción rexeneradora.
3.20 RITUAIS O que chamades RITUAIS non son senón as maneiras máis atentas, ordenadas e eficaces, neste momento da vosa aprendizaxe, de asumir, individual ou colectivamente, os poderes do voso Verbo Creador (Ou da Consciencia-Vontade Divina que sodes cando conectades xuntos co EU SON), para expandir amorosamente a vosa vibración ata A Súa Altura... e para canalizar, a través dela, As súas potencias cara o voso plano.
3.21 INVOCAR-EVOCAR Como os rituais dependen do desenvolvimento evolutivo da mente humana, da súa progresiva autoconsciencia e autocontrol, a Ciencia Invocatoria... (chamar á manifestación ao que xa existe no plano mental do Subconsciente Colectivo), ou a Evocatoria... (Criar novas formas-pensamento e darlles vida duradeira no Subconsciente Colectivo para poder traballar con elas)...van mudando, segundo vai abríndose a unha maior comprensión do seu Ser e dos mecanismos da súa mente, o Paradigma da Humanidade.
3.22 REPETIR SEN COMPRENDER Por iso, é perder o tempo tratar de obter coñecementos e poderes máxicos, extraindo fórmulas de vellos grimorios e de amofadas tradicións de mentalidade ultrapasada... Imitar e repetir sen comprender, é como sementar sen saber que logo hai que escardar e regar. Tampouco adianta se envergonzar da aparente simpleza das oracións da propia cultura e andar repetindo mantrams, igualmente simples, em linguas exóticas, só porque, como non se entenden, parecem máis suxerentes. Cada persoa está conectada ao poder secular da egrégora da súa propia cultura genética, que impregna completamente á parte grupal da sua mente profunda.
3.23 VIVENCIAR O coñecemento podese herdar, copiar, mercar ou roubar, pero a sabedoría só advén como froito cultivado das vivencias persoais. Por iso, os maiores poderes do Verbo Creador dependen da creatividade segura daquel que sabe porque conectou, e están a salvo da súa utilización inadecuada por temerarios irresponsables, por imitadores ignorantes ou por intelixencias sen amor.
3.24 PODER O poder creador é froito do proceso natural daquel que se atreveu a experienciar vivencialmente desde dentro e non desde fora; daquel que por vivir en si, sen medo e entregadamente, aquilo que quería comprender, comprendeu ata a médula, sintetizou o aprendido na súa esencia, e personalizou a envoltura da esencia; adaptando ao seu propio estilo e ao da súa época as formas externas, de tal modo que aquilo que expresa non é máis que a espontánea, firme e solta maneira en que sai cara fóra o que chegou a ser dentro, coa potencia convincente e luminosa do Auténtico, que se impón por si soa sobre calquera forza.
3.25 VIRTUDE INSPIRADORA Os rituais efectistas que corresponden a cada época, a cada ciclo e a cada momento, seránvos inspirados a cada un polos meus Anxos, (que non son outra cousa que as vosas virtudes)...cando as desenvolvades de tal maneira no voso corazón, que a súa luz sexa capaz de transmutar completamente as mediocres rutinas do voso acotío... na Suprema Arte de Vivir Conscientemente o Acotío.
3.26 RITOS E RUTINAS A partir daí, toda a vosa vida será máxica, pero os vosos ritos reducirán a súa eficacia cada vez que se contaminen de rutina. XA QUE TODA RUTINA É UN RITO DEGRADADO POLO AUTOMATISMO, QUE É O CONTRARIO DA CONSCIENCIA.
3.27 LETARGO E SUXIDADE Isto é, perderedes todos os vosos poderes adquiridos coa virtude, na mesma medida en que permitades que a vosa virtude se aletargue ou se suxe. Se aletargará na inconsciencia, cando deixedes de estar atentos ao presente, e se suxará, cada vez que cometades un erro conscientemente.
3.28 O MAGO CRIADOR E OS SEUS ALIADOS Por iso, o Mago Creador do seu proprio destino é un atento artista, sempre conectado co Seu Xenio e digno da sua Musa. E un guerreiro espiritual impecable, en continuo e desapegado combate para se manter alerta Sendo o seu Eu Son de forma natural. E tamén se acha constantemente concentrado en desenvolver máis e máis os seus anxos internos, a base de lles sacar enerxia-atención aos demos (ou defectos, ou emocións negativas), que se corresponden con eles, e que son a sua contrapartida. Pasade revista acotío ás vosas Forzas: considerade cuidadosamente, tal como un bon xeneral, a disciplina, a firmeza e a adecuada preparación dos vosos colaboradores mais íntimos... Veleiquí aos aliados astrais, ou anxos, ou virtudes, ou poderes, dun Guerreiro ou dunha Guerreira do Arco Iris, eses que acompáñanvos e axudanvos na conquista, mantemento e defensa cotiá de vós mesmos. Son as vosas armas e ferramentas imprescindibles para a construcción de Acuarius, tanto a interna, individual, como a externa, colectiva e planetaria: 1- AUTOLEMBRANZA DO EU INTEGRAL E REAL, DISCRETA HUMILDADE, DIGNA SIMPLICIDADE, SINCERA CONSIDERACIÓN e TRANSPARENTE NATURALIDADE ESPONTÁNEA: ...A FORZA DIVINA, conquistada á SOBERBIA EGOLÁTRICA, á PREPOTENCIA, ás LOITAS DE PODER, á MENTIREIRA VAIDADE, e á HIPOCRESÍA ELITISTA. 2- fe , RESOLUCIÓN, CONFIANZA NA VIDA e DESAPEGADA XENEROSIDADE, DADIVOSA E COMPASIVA: ... Virtudes do VALOR, Gañadas ao APEGO TEMEROSO, á BAIXA AUTOESTIMA, ao DESACOUGO BLOQUEANTE, á MESQUIÑA COBIZA ACAPARADORA, e á AVARICIA. 3- VONTADE IMPECABLE DE AMOR UNIVERSAL e CANALIZACIÓN RESPONSABLE DA ENERXIA CRIATIVA, CARA A PURA UNIFICACIÓN CON TODOS E CO TODO: ...A SUPREMA FIRMEZA, resgatada do EGOCENTRISMO EGOÍSTA, da CREATIVIDADE IRRESPONSABLE, física, emocional e mental, da LASCIVA DISPERSIÓN E DESPILFARRO ENERXÉTICOS, da PREGUIZA, a NEGLIXENCIA, do MORBO e da LUXURIA POSESIVA. 4- PACIENTE SERENIDADE, TENRURA, HUMOR, SENTIDO DA OPORTUNIDADE E DA HARMONÍA; CALMA, TOLERANCIA, , PAZ, EQUILIBRIO, FLEXIBILIDADE, CUMPRIMENTO DO COMPROMISO E ACEPTACIÓN DA XUSTIZA: ...Anxos da ECUANIMIDADE, conquistados á IRA, a PRECIPITACIÓN, a PRÉSA, a EXPLOTACIÓN ABUSIVA, a RÍXIDA IMPOSICIÓN; á TRAMPOSA MANIPULACIÓN, ao EXTREMISMO e á VIOLENTA AGRESIVIDADE DESCONTROLADA. 5- FIRME MODERACIÓN, AUTORESPECTO, AUTOSOBERANÍA, AUTOCONTROL, LIMPEZA, SINXELEZA E LIBERTADE DECISORIA: ...Enerxías de LIBERDADE, que se arrebatan á GULA, á RASTREIRA ESCRAVIZACIÓN á VULGARIDADE MATERIALISTA e á DEPENDÉNCIA dos PRÓPRIOS HÁBITOS INCONVENIENTES. 6- SOLIDARIA FRATERNIDADE, RENUNCIA A TODA CRÍTICA, RESPECTO ABSOLUTO AO LIBRE ALBEDRÍO DOS DEMÁIS, LEALDADE e VALORACIÓN ACTIVA DO IRMÁN: ...Poderes da AMIZADE, que se obteñen desinflando a ENVEXA SEPARATISTA, a CHISMORRERÍA, o SARCASMO, a RETRANCA, a DESCONSIDERACIÓN, a DESLEALTADE, a COMPETENCIA AGRESIVA, o SEITARISMO, a INTOLERANCIA e O EXCLUSIVISMO. 7- DILIXENTE ESPÍRITO DE SERVIZO, ATENTA CONSTRUCTIVIDADE, CREATIVIDADE CONECTADA, TRABALLO CON AMOR, PUNTUALIDADE E DISCIPLINA; PERSEVERANTE SENTIDO DA ORDE E DA ORGANIZACIÓN; NOBRE IMPULSO CARA A PERFECCIÓN E RITUALIZACIÓN DA VIDA: ...Poderes de REALIZACIÓN, que se conquistan liberándoos da PREGUIZA, do DESORDE, da INERCIA e da APATÍA; da MEDIOCRIDADE, da INCONSTANCIA, do AUTOMATISMO e da RUTINA. Agora que quedan enumerados os vosos poderes anxélicos, LEMBRADE QUE NON SODES ANXOS, SENÓN HUMANOS, aspirade aos poderes da perfección, mais sen deixarvos obsesionar por eles, sen competir por eles con os outros ou con vós mesmos, sen esixir perfección a ninguén, e sen convertir a vosa aspiración en alienante ansia espiritual.
3.29 OS TEMPLOS DE ACUARIUS Que os vosos corpos e os de todos os vosos irmáns e irmás, así como a Natureza Incontaminada, sexan os vosos máis venerados templos, onde practicaredes a relixión da consciente harmonía na vida acotía... sempre co lume do Amor aceso no altar-corazón, e proxectando o seu calor cara todos e cara todo o demais que Somos. Xuntádevos en fraternidades ben compenetradas, e comezade a construir o Edén sobre A Terra, creando xuntos, por toda parte, parques e xardíns abertos a todo o mundo. Esixide aos gobernos que convertan en zonas protexidas as grandes montañas e as praias que aínda non foron contaminadas pola comercialización. E destas, ide recuperando o que sexa posible recuperar, sen danar a ninguén. Lograde que se vos concedan ou adquiride, especialmente, para disfrute de toda a comunidade, as áreas de nacemento de fontes e ríos e os grandes bosques que aínda queden. E sacralizádellos, de xeito que quen entre a gozar deles o faga coa consciencia e co respecto con que se debe entrar nun templo. Volcade sobre estes espazos sagrados todo o voso traballo feito amor e a vosa creatividade: practicade neles, nos vosos momentos libres, como se fosen oracións ofrecidas a Deus dentro dos vosos irmáns, ou como unha verdadeira disciplina integral de medranza espiritual, a xardínería comunitaria e o cultivo de pequenas hortas entre os macizos de flores. Buscade, na relaxada colaboración coas persoas que se dediquen a estas actividades, aos vosos futuros compañeiros sentimentais e camaradas espirituais, xa que no traballo desapegado, amoroso e creativo é onde coñeceredes aos guerreiros e guerreiras de Acuarius, e non na oca leria das tabernas. Decorade os estanques, as sendas e os claros con esculturas tan ben compenetradas coa paisaxe, que semellen obra da mesma natureza, sen outra sinatura que a do Espírito, Quen non rubrica as súas creacións nin se gaba, nin moito menos, especula con elas. Que cada sete anos sexan retiradas e renovadas, a excepción das doce que a votación de todos os membros da Fraternidade escolla, por ampla maioría, como as formas que máis identidade propia dan ao espírito peculiar de cada espazo específico do lugar. Sendo as sobrantes doadas gratuitamente a aquilos pequenos centros de poboación que se comprometan a rodeá-las dun espazo axardinado, e sempre limpo, de disfrute público. Que podades bañarvos ou tomar o sol nus con naturalidade en praias, piscinas, lagoas, regatos, estanques e cascadas ante a ollada pura dos vosos irmáns e irmás e dos vosos nenos; e que haxa zonas de beleza e de silencio reservadas ao san e íntimo goce dos amantes. Así como outras onde, quen o desexe, poida estudar, meditar ou traballar ben concentradamente, en actividades non contaminantes nin barullentas, sen ser turbado. Que entre os bosques haxa tamén frutais de toda estación, os cales oferezan gratuitamente alimento a quen o desexe tomar alí mesmo, comungando a abastanza divina xunto aos seus irmáns, aínda que ninguén poida levarllo fóra dos portóns do Espazo Sagrado para especular con iso no mercado. Cando traiades comida ou bebida de fóra do Parque, xuntádea coa que os demais trouxesen, e compartide o banquete da fraternidade, ao que se pode sumar libremente calquera paseante que o desexe, con só pedí-lo. ...Podendo estar seguro de que vos abriredes a el como irmáns, e que tenderedes pontes á súa amistade, aínda que se trate dun estranxeiro ou dun completo descoñecido, de tal xeitoque, cando vós viaxedes, poidades disfrutar da mesma acollida en calquera outro Parque Templario de calquera lugar do mundo. Que haxan tamén espazos adecuados para que os viaxeiros e peregrinos podan acampar a cuberto durante tres noites. E outros onde calquera que desexe impartir ensinos ou sanación, tocar música ou crear arte, poda ofrecer os seus dons a calquera que lle faga a gracia de os receber; con absoluta libertade de expresión, e sempre gratuitamente, sen que ninguén desexe outro aplauso que un sorriso agradecido. Creade amplas zonas destinadas á xuntanza comunitaria durante o día e aos festivais e representacións durante a noite. Que todo acto da vosa vida acotía se sacralice cunha conexión ritual co Todo e cun agradecemento, a cada inicio ou a cada peche de calquera actividade vosa. Que vivan nos Parques Sagrados animais inofensivos en libertade, e que todo o mundo os respecte e coide, para que a sua presenza, así como os cantos das aves entre as pólas, vos axuden a comprender que o sentido da existencia está na continua e variada celebración do milagre da vida, de forma persoal e espontánea. Así pois, criade espazos onde podades practicar ceibemente cerimonias sagradas de múltiples formas, xamais pechadas nin excluíntes, plenas de canto colectivo e de danzas ritualísticas, rodeadas sempre de beleza, estimulando a participación activa e libre de todos e a creatividade conxunta; e onde se acabe compartindo, na Roda Fraternal, as sentidas aprendizaxes persoais derivadas de cada experiencia. E onde, postos en pé, eleven todos a súa eséncia, fundóndoa no mais alto, como unha agradecida ofrenda ao Espírito. Se celebrades ritos entre grandes penas, éstas recollerán as vosas vibracións e as manterán condensadas, amplificando despois as das seguintes celebracións que alá se realicen. Que só entrar no Parque Templario eleve imediatamente toda a vosa tónica espiritual, mental e emocional, oxixene os vosos pulmóns e rexenere as vosas células. Que vos sintades nel como no verdadeiro Lar da Família Humana. Non hai liberdade posible sen unha orde pactada e aceptada previamente por todos; así, deben estar ben delimitadas as zonas onde podades cociñar, acampar, escoitar sons procedentes de aparellos, traballar a cuberto en aulas, espacios de sanación ou obradoiros comunitarios, e aparcar os vosos vehículos. Cuidade todos de que se preserve a naturalidade limpa e enxebre do Espacio Sagrado. Que só se acendan fogueiras en espazos vixiados e dispostos para iso, e que non quede logo, en calquera lugar do que disfrutásedes, o menor rastro do voso paso, se non as vosas mellores vibracións, para que as disfruten, como un perfume, os que alí se acheguen, despois de que partírades.
3.30 TRABALLO COAS TÚAS POTENCIAS Mellor un bosque que unha casa, cando vos xuntedes en sinerxía, porque todos os seus devas e elementais se unirán ao círculo que trazaredes e consagraredes, para traballar protexidos nel, tras ter invocado, con convencida fe e firmeza, a axuda da Totalidade do Ser que Sodes. Eles amplificarán o grao da vosa enerxía-consciencia, tornándovos canais máis finos, sensibles e receptivos. Tendes as vosas potencias á orde para comezar a construir no plano astral o que queirades decretar. Pero...MOITA ATENCIÓN!...lembrade que vos facedes responsables e que acabaredes padecendo en carne propia todo o que elas executen de errado no Círculo de Traballo Creador, servindo aos vosos desexos, aínda que sexan desexos inconscientes. SETE son os comandos da túa Mente creativa, ou os rexentes planetarios do teu propio camiño Zodiacal, ou os Arcanxos ante o trono do teu Ser Divinal, ou os teus poderes persoais... ou sexa, a suma das túas principais cualidades, talentos ou virtudes, que rexen aos teus propios elementais internos, e que proxectan a vontade do teu EU Maior sobre os externos. SETE son as direccións nas que o teu verbo creador pode proxectarse sobre o espazo-tempo da mente humana: Este, Sur, Oeste, Norte, Enriba (o Pai Ceo), Abaixo (A Nai Terra), e Adentro (o Fillo, o Corazón da Humanidade). Cada unha delas está rexida por unha das Potencias básicas do teu Ser Divinal. ...Cada un podedes invocá-las ou evocá-las polo nome, o mito e a forma que tradicionalmente lles deu a vosa propia cultura local...Ou ben recorrer á creatividade para os chamar como queirades. A avantaxe de recorrer aos nomes tradicionais, é que xa está formada unha grande egrégora, no Plano Astral, polos millóns de persoas que deron, durante séculos, forma colectiva ás súas virtudes individuais, representándoas baixo o nome e atributos dun planeta, ou dun Deus, ou dun mestre, ou dun santo, ou dun animal totémico, ou dun ton do Arco Iris, ou dunha nota musical, ou dun mantram vocal, ou dunha etapa da vida, ou dunha das direccións cardinais, ou dun arcanxo, ou dun heroe ou símbolo calquera, xa sexa da historia, ou do mito, ou dos contos... O inconveniente, é que todas as egrégoras das vellas tradicións están moi contaminadas de pensamento supersticioso e de sentimento mercantil ou seitario, aspectos adversos de todas as fórmulas relixiosas que foron usadas sen consciencia durante séculos, por tantos imitadores mediocres e seguidores fríos, ou intereseiros, do mestre xenial que as compuxo, como unha expresión natural da auténtica conexión Consigo Mesmo que sentía. Así pois, que a intelixencia do teu corazón aconsélleche cando debes usar ou non fórmulas tradicionais e coñecidas para traballar cun colectivo, mentres que o que eu che aconsello é que empregues sempre a túas propias fórmulas orixinais, limpas, creativas e directas, para traballar contigo mesmo, a fin de evitar calquera caída na va idolatría do que non son senón fórmulas. Porén, os personaxes arquetípicos do teu interior -os distintos aspectos de Si Mesmo cos que o teu Eu Subconsciente xoga o Xogo do Amor Universal- responderánche igualmente, tanto con fórmulas alleas comprendidas, como con formas persoais fluintes, se os chamas e lles dás ordes con forte fe e sentimento, imaxinándoos e visualizándoos con detalle e realismo, sen a menor dúbida de que DEUS EN TI, actuando a través de cada unha das túas propias forzas, se manifestará no Teatro do teu Mundo. Xa que... MAXIA É CREATIVIDADE.
3.31 O PLANO MODELO DE CREACIÓN Ponche en pé de cara cara o lugar por onde nace o sol, estende a túa man cara diante, xira, sobre tí mesmo, seguindo o movimento da terra arredor do seu eixo, de esquerda a dereita, e vai trazando imaxinariamente co teu dedo, "No Nome do Teu Divino Ser", un CÍRCULO DE PROTECCIÓN, un campo enerxético sagrado, no cal desenvolverás, sen a menor interferencia externa, o teu Traballo Máxico creador, coa axuda das túas SETE POTENCIAS INTERNAS E INTERDIMENSIONAIS: Sente ao Oriente, diante de ti, ao Espírito do elemento AIRE e do PLANO INTELECTUAL. El é esa parte de tí que coida da xustiza, da discriminación e do equilibrio do teu pensamento. E quen che mantén atento, consciente, sereno, cordo, poderoso, firme e conectado en directo coa Fonte, sempre renovada, de Luz Intelixente Universal, desde a túa antena frontal. Que o teu ollo frontal interno sexa como o da águia, a quen non se lle escapa o menor detalle a rente de terra, sen deixar de ter a máis alta e ampla perspectiva de conxunto. Pensa no Neno Puro que levas dentro e en todos os nenos do planeta, para quen creas un mundo mellor co teu esforzo; comezando por ti mesmo; vestíndoche, cada mañá, de primavera. Segue o camiñar, dador de luz, do Sol cara o sur, xirando á túa dereita, e sente, en tódalas dimensións do teu Ser, ao Espírito do elemento LUME e do PLANO ENERXÉTICO-ETÉRICO, quen proxecta as sagradas enerxías constructivas de Deus a través da túa acción servizal sobre o mundo; e que é, tamén, quen administra, alimenta, dirixe e controla ata a súa total realización, as obras que emprendes en Nome Da Vida e pola súa gloria. Sente a túa enerxía activa, sexa cal sexa a túa idade, plena de xuventude e de vigorosa flexibilidade, como os Grandes Felinos do Sul. Que sexas un digno modelo e exemplo para os xoves guerreiros e guerreiras da Nova Era. Que o teu Verán fágache froitificar. Segue xirando co Sol cara a dereita, polo camiño da manifestación e da evolución, e saúda, en Occidente, ao Anxo, forte como un Urso, que representa ao Espírito do elemento AUGA e do PLANO EMOCIONAL, o aspecto interdimensional da túa Identidade Individual e Global, no que che sentes como Ser Humano Adulto e Completo, en pleno autodominio de todas a túas potencias. O Anxo da Saúde Emocional protéxeche, libérache, facendo morrer o caduco en ti, reorganízache, purifícache, cúrache e cura aos demais, usando a túa aura de amor, ben como escudo, ben como canal. Que a tarde do Outono da vida tráiache a merecida colleita de canto sementache pola mañá e traballache a mediodía, e que poidas disfrutá-la en paz, con toda a túa familia universal, na intimidade amorosa do voso cálido lar planetario.
IMAXE DO CÍRCULO SAGRADO
Xira un cuarto máis do Círculo Sagrado e olla cara o Norte, saudando no teu corazón ao Espírito do elemento TERRA en ti, que impera sobre o teu PLANO FÍSICO, sólido e paciente como un Touro ou un Búfalo, austero e solitario como unha Cabra de Montaña, preto do ceo, ben conectado. El é a Suma das túas Experiencias, o Xenio Subconsciente, esa parte de ti que planifica o teu mundo e que programa o teu destino elexido, obedecendo ás proxeccións, xa voluntarias ou involuntarias, da túa mente e da túa palabra creadora. El activa o Espírito e deixa á porta do Consciente as súas mensaxes mentres a materia durme. Que a medianoite da túa ancianidade rodéeche do amor de xoves guerreiros e guerreiras do Arco Íris, ben preparados e cheos de mérito, atentos a non perder nin unha brasa do facho da sabedoría que extraiche da vida, e que, agora que chegou o teu Inverno, amorosamente lles transmites, para que sigan acendendo primaveras coa súa Lapa Inextinguible. Eleva agora a túa vista ao Ceo por encima da túa cabeza, é dicir, á cúpula do teu Templo Persoal, onde está sempre, iluminando o teu camiñar como un Sol, o LOGOS PAI da túa Trindade Espiritual, é dicir, o seguinte aspecto, moitísimo máis elevado que o aspecto máis elevado da túa personalidade, do teu SER INTERDIMENSIONAL E CÓSMICO. El representa o papel da Entidade Directora do teu Ciclo presente, O Mestre Solar, a quen é a túa misión servir como canal; o modelo intuído cara o que tendes a integrarche totalmente, de maneira natural, nesta etapa do teu eterno percurso ascendente pola infinita escala evolutiva do Todo que Es. Agora inclínache cara o LOGOS NAI, representado Pola Terra e Pola Lúa, é dicir, a túa materia física e as túas emocións básicas, que debes brunir, con toda firmeza e con todo amor e equilibrio, para converter o teu Chumbo en ouro e realizar a Grande Obra Humana: darche a luz a ti mesmo nun grao máis alto da Escala Evolutiva. Aquí debes de considerar, que xunto á Eternidade inconmovible do teu espírito, os pés do teu vehículo corporal apóianse sempre sobre O Espírito da Vida e da Morte, ou sexa, do cambio e da TRANSFORMACIÓN, que che acompañará en todos os teus tránsitos e que che aconsellará, se che acostumas a consultarlle, sobre o que realmente é importante e merece a pena prender á túa enerxía para o levar ata a etapa seguinte. Debes enviarlle sempre, apenas o vislumbres, todo resto inútil do pasado, toda culpa ou peso sobrante, e calquera negatividade, xa sexa física, emocional ou mental, que desexes transmutar en positivo poder persoal. Un verdadeiro guerreiro espiritual está sempre en axexo da menor manifestación comparativa e separadora do ego, para converter a súa enerxía en poderosa pureza unificada. Acaba este reconto das túas potencias volcando a túa atención para dentro de ti, tocando o teu peito e sentindo como resoa no teu corazón a voz do Íntimo, o LOGOS FILLO, o Espírito da Humanidade en ti, O QUE SABE, a túa Inspiración, que non é outra cousa que o xenio da túa Especie, a suma das Enerxías de Sabedoría de todos os espíritos das innumerables xeracións de homes e mulleres, xa encarnados, xa desencarnados ou aínda en semente, que en ti moran. TI ES A HUMANIDADE. TI ES A SÚA NOVA ERA. Sente ao Espírito Colectivo DOS DEMAIS SERES HUMANOS QUE ES, brillando como unha estrela no máis profundo da túa noite interna; conectado á túa aparente individualidade, e reflexando, dentro de ti, a luz do teu Mestre Solar, tanto como a da túa Mestra Lunar. Esa é, ademais, a parte túa Central, a que coordina, desde a túa TRINDADE ESPIRITUAL INTERNA, a todas a túas outras potencias elementais en harmonía. Escóitalle, obedécelle, rende a túa individualidade ao TRIO DIVINO sentidamente, namora coa túa Inspiración, coa túa Musa e co teu Mestre Interno, que son as persoas esenciais do UN EN TI. Pensa, sente e actua desde o teu EU HUMANIDADE, dirixindo a túa enerxía, na medida en que sexas capaz, cara ao ben de toda a Humanidade e do Planeta, e esas Identidades Superiores túas coidarán de que sempre estexas ben amado e acompañado, protexido, aconsellado e guiado polo mellor dos camiños, xa que a túa vida está ao Seu servizo. Convídoche, agora, a facer algo diferente: Detén o Tempo, xirando no Círculo Sagrado ao revés que antes, de dereita a esquerda, seguindo a dirección oposta á do habitual movimento da Terra e á das agullas dos reloxios feitos polo Home. Camiña Tempo atrás, con calma, e olla máis alá da túa primeira encarnación humana, máis lonxe que todos os antepasados humanos cuxa lapa esencial segues mantendo viva no teu peito. Agradécelles que sigan vivindo dentro de ti, e continúa contemplando, aínda máis lonxe, de onde ves. Segue xirando cara atrás e contempla todos os Reinos Naturais e espíritos elementais que en ti se harmoni zaron e se unificaron, para formar un organismo autoconsciente tan complexo como o teu... e transmítelles o teu respecto. Contempla a alba da Terra, cando o teu espírito eterno aínda non tiña máis vehículo que unha masa de gases ígneos xirando no espazo... Vaiche aínda máis atrás, cando formabas parte do Sol; ou do Centro Galáctico do que o Sol e as súas estrelas irmás saíron, como unha grande frota de astronaves, portando nos seus núcleos o teu Ser e a túa semente. E máis atrás, antes do Grande Estoupido Manifestador... cruza a Porta de Plutón, pola que che situas por encima do Tempo, e céntrache na contemplación da Unidade Cósmica no Grande Vacuo, no útero creador do Pai-Nai Cósmico onde todo o porvir, e ti incluído, repousa, latexante, xestándose na Mente Divina... ...Agradece ao teu Ser por Canto Es, no teu Eterno Presente, e regresa ao teu Presente Temporal, ese que aparenta ser distinto que o Pasado e o Futuro, cara ao punto cardinal por onde nacen o Sol e os horarios humanos. Tanto por un lado como polo outro da Espiral Da Vida, xa polo lado dereito, dextrógiro, expandindo a túa enerxía constructiva cara ao mundo, ou polo esquerdo, levógiro, devolvéndoa á Fonte Orixinal Distribuidora, (Ou á Egrégora), sabes que todo camiño conduce a Deus Unimúltiple; e que tamén o teu presente eterno é O Seu. E que todos os teus irmáns e irmás humanos, e que todos os animais e plantas, e os vales e montañas, e os ríos e as nubes, e os mares, e os outros planetas e as entidades de infinitas formas que os poboan, son vehículos vivos do Seu Ser, igual cá ti... Así que continúa agradecendo, e, desde o teu centro, ESTENDE O TEU AMOR A TODO... e torna ao Principio Intelixente que o rexe todo, por encima do espazo-tempo aparente aos teus sentidos, facendo que diga o teu corazón humano ao Corazón do Cosmos en Ti: "FAGASE NA MIÑA VONTADE A TÚA".
3.32 SENSIBILIDADE LEMBRADE QUE SABEDORÍA É UN ESTADO ESPECIAL DE SENSIBILIDADE e non unha va acumulación de datos intelectuais. A POESÍA, e non a razón, é a linguaxe da sensibilidade. Preservade e respectade a beleza natural da creación, porque nela, e na poesía dos mitos estelares da Humanidade, están escritas, en linguaxe consciente ou subliminal, todas a miñas instruccións para que cada un de vós chegue ao máis alto de si, e para converter o plano en que vos desenvolvedes, no Paraíso dos espíritos encarnados.
3.33 ESPAZOS SAGRADOS Mentres coincidades no tempo coas últimas intolerancias do mundo vello que poidan afectarvos, considerade tamén, como espazos sagrados, a alcoba onde practicades a alquimia do amor coa vosa parella, o comedor onde dades grazas Á Vida polo alimento acotío cos vosos fillos, parentes e amigos... ... Os vosos lugares de traballo grupal, as vosas salas de cura, os vosos laboratorios, as vosas aulas e obradoiros de creación, e todos aquilos lugares onde vos unides, en solitario ou en cadea, cos vosos Mestres Interiores, compañeiros e aliados, para traballar con intimidade, discreción, concentración e seguranza, no direccionamento constructivo das enerxías sutiles.
3.34 TEMPLOS DA TRANSICIÓN Mantende consciente e coidadosamente limpos eses espazos, xa sexan físicos ou imaxinarios, de calquera vibración inharmónica ou superficial. Sen esquecer aos vosos corpos e á Natureza, considerádevos como os Templos da Transición á Nova Era. Máis especialmente, se se trata de espazos de terapia, limpeza ou curación.
3.35 CRER É CREAR TENDE CLARO QUE CANTO IMAXINADES, O CONSTRUIDES REALMENTE NO VOSO PRIMEIRO PLANO DE INFLUENCIA. E QUE CRER É CREAR.
3.36 O LUGAR DE TRABALLO Imaxinade ou marcade no voso lugar de traballo grupal (tanto como no voso Refuxio Interior Mental), unha porta interdimensional simbólica, por onde vos chega a Divina Luz, desde o máis Alto ou o máis Profundo de vós mesmos. No Templo do Corpo equivale ao centro enerxético do alto do cráneo. Imaxinade outra (no Templo do Corpo equivale ao ano) por onde saia de vós e se queime e se transmute, todo canto vos impede Ser Plenamente No Ser.
3.37 O CÍRCULO SAGRADO Fundidos co Ser Real, trazade, no Seu Nome, no voso lugar de traballo creador, o Círculo de Protección, gardado nos seus catro puntos cardinais, enriba, abaixo e no voso centro, polas vosas SETE máis altas virtudes ou potencias, cada unha visualmente representada por un lóstrego colorido do Arco Iris; ordenándolles que non deixen entrar nin saír da esfera mental que vos envolve, ningunha vibración negativa. Resguardados por elas, traballaredes, no Altar ou na Mesa de Sesións que, no Templo do Corpo, equivalen ao centro do corazón; porque no Amor se resumen todas as Virtudes da Divindade, e cando logrades vibrar xuntos en Amor, Deus se manifesta en vós con todos os Seus poderes.
3.38 ARCANXOS Sentídevos nese clásico círculo cerimonial, que foi usado pola maioría das tradicións, ou en torno á tamén tradicional mesa de sesións, como sendo de verdade Un con Todo no corazón da Esencia, rodeados e gardados polos poderosísimos Arcanxos que conforman a suma das vosas virtudes, multiplicadas pola Presenza Divino que invocastes no voso Centro.
3.39 FE CREADORA Pensade, con convencemento absoluto (FE), que eses Arcanxos, aínda que non son outra cousa que puras formas-pensamento e sentimento, aínda son máis reais que os vosos limitados corpos de carne e oso, pois non hai nada máis próximo á perfecta Realidade Divina que as virtudes humanas auténticas.
3.40 A VOSA REALIZACIÓN Sabede que manter cheas de amor e de poder divinal estas virtudes, e que pó-las a traballar na construcción acotía do Mundo Novo, e na amorosa axuda aos vosos irmáns, é a misión de vida e de realización que vos trouxo a este Plano. Sabede que a misión fracasaría se permitísedes, neglixentemente, que as máis elevadas formas-pensamento que sustentan toda a vosa estructura se degradasen por falta de alimentación positiva, xa que o seu espazo sería ocupado logo polas forzas negativas do seu reverso, que se converterían nos vosos demos obsesores.
3.41 GAÑAR O CEO O que chamades GAÑAR O CEO non é senón vivir neste Plano, ou noutros máis sutiles, inmersos na vibración expandida e na positividade virtual ou anxélica que vós mesmos creastes. A dimensión de consciencia á que accederedes despois dista, terá unha calidade directamente proporcional á da sinceridade da vosa loita actual por domar aos vosos demos internos, a base de aceptación e de amor...e así converté-los en forzas aliadas, controladas e dirixidas polas vosas virtudes.
3.42 ENERXÍAS ACUMULADAS Esas enerxías, acumuladas nos Planos Astral e Mental, seguirán sendo os vosos aliados, ou os vosos atrancos kármicos, segundo a súa calidade vibratoria, en posteriores encarnacións no Plano Físico, ou en calquera das vosas manifestacións en calquera outro.
3.43 O LABORATORIO ALQUÍMICO Que o voso lugar de traballo grupal, que é a proxección externa e colectiva do voso lugar de traballo interno individual, ese que está situado no centro da mente de cada un, sexa o Laboratorio Alquímico ou a Sala de Partos onde nace o Mundo Novo, non só en cada un de vós, senón tamén en todos os seres Da Terra, se chegades a convertervos nuns bos catalizadores. Alquimizar significa chegar a lograr (despois de ter concentrado e fundido ao sentimento e á razón nun obxectivo común, o máis elevado), que o voso corazón sinta como pensa a cabeza, e que a vosa cabeza pense como sente o voso corazón, e todo iso con naturalidade, sen necesidade de propoñérolo, e sen o máis mínimo esforzo.
3.44 A PROBA DO LUME Saberedes que isto se estará en verdade realizando, cando notedes como se funden e dilúen no espello do grupo os vellos egos separatistas, soberbios e mesquiños, incluída a vosa posible ilusión elitista de apóstolos, escollidos ou iniciados... ante a humilde e amorosa consciencia de estar, por fin, construindo algo que é grandioso e que é tamén, e ao mesmo tempo, ben simple. ...Aquilo para o que encarnárades tantas veces antes, e para o que vos ligastes coa maioría da xente que coñecedes.
3.45 REPETINDO CURSO Considerade, tamén, que algúns de vosoutros e de vosoutras talvez non sexa a primeira vez que vos reunides desta maneira, senón que estades a repetir un curso que, no seu día, non logrou cumprir os obxectivos que vos marcara o voso Eu Maior previamente. Considerádeo, con maior razón, os que xa sabedes, fai tempo, que estades claramente posuídos polo demo da rebeldía, especialmente aquilos aos que máis lles custa harmonizarse, de forma pura e transparente, cun grupo de irmáns e irmás que se xuntan sen máis propósito que aprender, servir e elevarse espiritualmente...
Procurade, pois, estar atentos para facé-lo ben esta vez; xa que é a vosa última reencarnación neste grao da Terceira Dimensión. Se nón facedes agora todo o posible para pasar á Cuarta, teredes que continuar nista, pero recomezando o ciclo dos seus graos evolutivos pola Prehistoria, onde teredes que compartir curso cos espíritos primitivos, recén ascendidos, que veñen da Segunda Dimensión e do Reino Animal.
3.46 LEVADURA DO MUNDO Recoñecede, entre as persoas que vos rodean, ás células do órgano universal que conformades xuntos; facédeo funcionar e, con iso, SEDE A LEVADURA DO MUNDO.
3.47 SENTIR COMO SE... Con só imaxinar, sinceramente postos no máis elevado do voso Amor por todo e por todos, alineados en harmónica cadea, e resoando en rede con tódolos espíritos de luz do Cosmos, as características ideais da Terra Adulta como se xa existisen... comenzaredes a facé-las realidade.
3.48 FACER COMO SE... CON SÓ COMPORTARVOS ACOTÍO, CON TODOS OS SERES, COMO SE XA VIVÍSEDES NO MUNDO NOVO, a vosa imaxinación conxunta se converte no Plan Modélico a partir do cal, eses Arcanxos cuxo poder mantédes coa forza da vosa sentida fe, organizarán aos anxos ou guías astrais da súa liña ou frecuencia vibratoria específica. ...Estes, á súa vez, organizarán, coa vosa enerxía, aos devas e aos elementais das formas...para que trazen, sobre o Plano Astral, os cimentos etéricos a partir dos que se configurará o voso Proxecto no Plano Físico, e prenderá, como unha semente, na alma de toda a Humanidade.
3.49 PERSEVERANZA ... Para iso, debedes ser capaces, tras delimitar claramente os vosos obxectivos, de perseverar neles e de colocar, esforzada mais desapegadamente, as primeiras pedras e suor, ou os elementos materiais da Obra, sobre o terreno limpo e consagrado, no momento oportuno para comezar. ... O cal debe coincidir co momento en que todo comeza a rebrotar na Natureza, a Primavera... ou aproveitar eses momentos sagrados en que se abren os portons interdimensionais: Solsticio e Equinoccio. Santificar as Festas consiste en non deixar perderse na rutina os días máxicos en que todo, no voso entorno, se dispón a mudar de ciclo. Xuntádevos coa Natureza en cada período propicio para a transformación ou a sembra mental; desenvolvede, co voso agradecemento ritual, a vosa conexión amorosa co Todo, e a vosa alegre celebración colectiva a base de cantos, cerimonias e danzas vibrantes; mais sempre ben ordenados e afinados os participantes, así como ben diferenciadas as potencias específicas de cada sexo, para xerar un excedente de enerxía que vos recargue a todos e que, ao mesmo tempo, sexa unha ofrenda ao Cosmos, para agradecer a que El vos está a dar en todo momento.
3.50 DESAPEGO Tamén é moi importante que vos desapeguedes dos resultados do voso traballo; plantade a semente sen aspirar aos froitos. Sen dúbida, a vosa Consciencia Eterna veráos ao cabo do tempo. Sen dúbida, a Totalidade que Sodes os disfrutará; pero, se cadra, non a través dos vosos efémeros corpos, nin dos seus sentidos físicos individuais e actuais.
3.51 AUTOLEMBRANZA Lembrade o que Sodes, como cada formiga lembra que ela é O Formigueiro. Lembrade que ata o aparentemente máis baixo, perdido e demorado de vós, o É tamén. 3.52 CALIDADE ESPIRITUAL ESE ESFORZADO DESAPEGO DARÁ A VERDADEIRA MEDIDA DA VOSA FE, E DA CALIDADE ESPIRITUAL DO VOSO SERVIZO.
3.53 EGRÉGORA Lembrade que o voso traballo conxunto crea unha poderosísima EGRÉGORA, e que esa egrégora é un depósito de enerxía mental, que alimentará o voso espírito durante enormes ciclos da súa eternidade, e que marcará as directrices das súas sucesivas manifestacións.
3.54 COIDAR O ALIMENTO MENTAL Coidade, pois, de que a vosa egrégora sexa fornecida de materiais mentais da máis alta calidade, e non a deixedes contaminarse de egocentrismo, competición, pensamentos desprezadores ou desprezables, dúbidas debilitadoras, cego interés inmediato, desacougo, elitismo, xerarquizacións ou vás fantasías.
3.55 XOGANDO O XOGO DIVINO Pensade, sentide e comportaros como deuses sabios, iguais, compasivos, todopoderosos e eternos, que estades a crear cos vosos pensamentos, sentimentos, palabras e actos, a semente dun Universo perfecto, no que viviredes durante inmensos períodos, experimentando en vós mesmos o desenvolvimento e a combinación das potencias que sementastes antes.
3.56 MATERIALISMO ESPIRITUAL De ningunha maneira vos apeguedes demasiado ao espazo físico do voso Laboratorio Alquímico persoal ou grupal, nin aos instrumentos simbólicos de traballo ritual, aínda que os tratedes con sacro respecto, xa que, como todas as cousas materiais, son puras representacións perecederas do Imperecedoiro.
3.57 SUPERSTICIÓN Superstición é confundir ao símbolo con aquilo que representa. Esa confusión é idolatría, e che aparta inmediatamente da conexión co Real, que conseguías referenciándoo ao que o símbolo significaba; e tamén contrae a túa frecuencia vibratoria e rebaixa a amplitude da túa consciencia, escravizándoche ao mesto.
3.58 O LUGAR DE PODER Entendede que o voso verdadeiro Laboratorio, Templo, Círculo e lugar de conexión cos vosos compañeiros e aliados, así como o Santuario onde se manifesta a Presenza do Ser na vosa consciente harmonía, non pode ser outro que o Centro do voso espírito, aquel Lugar de Poder onde podedes recollervos e reciclarvos, en calquera intre entre as actividades acotías, con só imaxiná-lo no voso Terceiro Ollo, o que está entre as cellas e olla cara dentro.
3.59 CONSTRUCCIÓNS ETERNAS Todo o que construades no voso Centro, alá onde verdadeiramente sodes capaces de vos sentir Un co resto dos Seres, sobrevivirá, aínda cando os vosos corpos físicos e todas as vosas realizacións humanas desaparecesen e xa estexan esquecidas pola Historia.
3.60 RITOS INÚTILES Un rito serve, fundamentalmente, para dúas cousas: cando traballas en solitario contigo mesmo, para que a túa vontade habitúe ao teu corpomente a se adaptar a un cambio que desexas; a base de gravá-lo por repetición consciente. E, cando traballas cun grupo, para establecer un cauce coñecido, sempre igual, sobre o que canalizar toda a enerxía conxunta do grupo, dunha maneira ordenada, cara a progresiva consecución do obxectivo común. A repetición automática de fórmulas simbólicas que non se comprenden, ou de ritos baleiros de sentimento, é tan inútil como tentar rexer o voso comportamento por leis e por tradicións ancestrais totalmente desfasadas, e que xa non se corresponden coa maneira de pensar e de sentir das persoas intelixentes que viven, realmente, na onda mental do voso mundo actual.
3.61 A ESCOLA DA VERDADE Veleiquí NOVE FASES que cómpre desenvolver ordenadamente ao longo do proceso dunha Cerimonia Sagrada: 1- Trazado do Círculo de Protección e Purificación da área e dos participantes. 2- Presentación de cada individuo ante o grupo e breve exposición das súas expectativas persoais. 3- Concentración conxunta no obxectivo común a atinxir. 4- Orientación simbólica dos vosos aliados e potencias mentais sobre o terreno, fixando o lugar de cada unha sobre o Plano Modelo de Creación. 5- Invocación e visualización imaxinaria detallada dos atributos simbólicos de cada unha das vosas potencias. Pedíndolle que se poña a cumprir a súa función específica cara á consecución dos obxectivos visados. 6- Crecente unificación de todas as potencias invocadas, do físico, emocional, mental e espiritual de todos os participantes, e do entorno, visible ou invisible, na soa Entidade Esencial do Ser que Todos Somos. 7- Liberación fluinte, sentida, espontánea e creativa das enerxías unificadas, elevando gradualmente a vibración conxunta, atentos a calquera sinal que se produza, para a traducir posteriormente a mensaxe. 8- Cando máis abertos, reconducí-lo todo a unha comunión íntima e circular, en conexión directa, agradecida e emocionada co Ser. 9- Retorno ao voso ámbito habitual, sentindo-vos renacidos, irmanados e moitísimo máis atentos e conscientes, así como dispostos a pórvos na activa realización dos compromisos asumidos, libremente, ante o Eu Maior. A Vida acotía, especialmente a familiar e a laboral, será a palestra na que comprobaredes se o voso Traballo Sagrado, no Templo ou Na Natureza, serviu realmente para transformar a vosa vella mentalidade e as vosas actitudes habituais, mediocres, inconscientes e automáticas, en atentos ritos que axuden a facer do voso día unha obra de arte... ou se só foi unha mascarada de necios presuntuosos disfrazados de santos e embriagados pola vibración do colectivo.
3.62 A OBRA DE AMOR E lembrade que mil rituais e dez mil boas intencións non valen máis que unha só obra de sincera, efectiva e desapegada atención ou axuda amorosa a un irmán que a está a pedí-lo, e que, aínda que se trate dun perfecto descoñecido, leva dentro de si ao mesmo Deus chamando ao teu corazón. E que a súa dor, por moi merecida ou ilusoria que semelle externamente, é a túa noutro dos teus corpos, é dicir, noutro momento, forma e circunstancia do teu propio Ser. E se nón tes nada para dar, detente un momento, lle ollas aos ollos e lle das un sorriso, unha caricia, unha palabra amable; mais dálla sentindo, con fe e calor total, que a través do teu amor, todas as bendicións do Todopoderoso se volcan sobre o teu irmán e lle inxectan o que verdadeiramente necesita para se alzar ao máis alto de si. Entón, segue o teu camiño sen mágoa, sen preocupación, sen apego, e sen a menor dúbida de que o Universo fará o mellor que teña que facer por esa persoa, en honra a ti e a ela, tanto no seu interior como fose... despois de que ti prácticache a primeira cura de urxencia ás súas feridas.
3.63 ESCRITURAS SAGRADAS Toda Escritura Sagrada é unha mensaxe metafórica, un conto para mentes infantís, que fala a un tempo e a unha mentalidade, e que ten diversas leituras, segundo o estado de consciencia de quen o recibiu e de quen o le. Cando o neno faise maior, acantoa os contos no baú do faiado e busca seguir adquirindo coñecementos de adultos.
3.64 O OBSOLETO Pasado a súa época, cando a Humanidade medra internamente e amplía a súa visión, aínda que a Autoproposta Esencial do Ser continue, toda proposta parcial e subxectiva, revelación, profecía, aviso, chamado, ou mensaxes cíclicos, quedan obsoletos e son renovados.
3.65 ATENCIÓN! Tamén esta mensaxe o será.
3.66 FUNDAMENTALISMO ...E desperdiciará a súa encarnación quen trate de facer dela un dogma fundamentalista eterno, unha vez vencido o seu tempo . 3.67 MANIPULACIÓN ...E cargará cun pesadísimo karma quen trate de terxiversá-lo ou de manipulá-lo, para que serva ás súas conveniencias materiais, aos seus devezos de poder ou de influencia, ou aos do seu grupo.
3.68 OPOSICIÓN REACCIONARIA OU quen trate de invocá-lo para se opor con violencia aos que inspirarei para que o renoven, especialmente se, no fondo do seu corazón, os opositores intuen a honestidade e coherencia dos argumentos dos renovadores.
3.69 RENOVACIÓN CONTINUA A RENOVACIÓN DO UNIVERSO É CONTINUA: En cada momento, os espíritos máis abertos e conectados da Humanidade recollen coas súas Antenas Frontais a miñas instruccións para o inacabable cambio evolutivo, poñendo ao día as formas que envolven a Eterna Mensaxe, segundo o ciclo. E a miña Inspiración chega a todos por igual, aínda que cada cal a interprete segundo os seus gustos: ao meditador, ao profeta, ao poeta, ao artista, ao científico, ao filósofo, ao soldado no fronte, ao pastor de cabras, ou á rapaciña namorada. E, se cadra, ao mesmo tempo, a todos eles, en moitos países diferentes.
3.70 FACEDE-VOS TODOS OS MEUS PROFETAS Mellor que seguir a profetas "únicos" ou que discutir pola interpretación precisa da letra simbólica dun libro sagrado, de calquera tradición anticuada e manipulada... facédevos todos os meus profetas e tratade de conciliar en respectuosa síntese, co corazón, e non coa cabeza, o aparentemente oposto, recibido agora mesmo no seu corazón polos meus outros profetas, que son cada irmán e cada irmá os vosos.
3.71 A FORMA MÚLTIPLE Pois a cada un fálolle, a cada intre, a través do filtro da súa propia lingua, nivel de comprensión e condicionamento cultural, e lle dou consellos e ensinos prácticos, que axuden ao progreso do seu momento evolutivo específico, e ao dos seus. Sen embargo, a Mensaxe Esencial foi a mesma para todos durante milenios.
3.72 O CORAZÓN SABE E o voso corazón coñécea moi ben, e só por reafirmar o que para a sabedoría do voso corazón é evidente, me dirixo ás vosas cabezas coa limitada linguaxe de cada época, forxada polo cambalache material e polo politiqueo.
3.72 RESOAR NO AMOR ...Até que achegue o intre evolutivo en que deixedes de vos comunicar con palabras locais que vos separen e, no seu lugar, o Amor Universal faga resoar as vosas almas, por fin UNIDAS.
3.74 A GRANDE VERDADE A GRANDE VERDADE xurdirá da conxunción harmónica entre as pequenas e relativas verdades, que reflexaredes todos e cada un de vós, desde a vosa encontrada Esencia. ESA CONXUNCIÓN HARMÓNICA MARCARÁ O GRANDE DÍA DO TRIUNFO DA HUMANIDADE.
3.75 O GRANDE DÍA É AGORA MESMO Traballade, non por que chegue O Grande Día nun remoto futuro ideal, senón por facer do voso presente, aquí e agora e á medida do voso entorno persoal, O Grande Día, construindo, xunto aos vosos irmáns e irmás, tixolo a tixolo, a Torre Escalonada do Entendemento Universal, que vos fará enlazar o Ceo e A Terra en Unidade. E non vos preocupedes se o voso traballo tan só é capaz de abranger o voso pequeno círculo, familiar ou profisional, que iso xa é moito. Mais belo será o Xogo dos Seres Divinos se cada día hai unha pequena iluminación, que se chegase a iluminación absoluta dunha vez; co cal o Xogo acábase, e hai que voltar a comezar. Construíde a Torre esta vez, non con elementos materiais, senón cos pequenos, pero preciosos, triunfos acotíos de conseguir poñervos de acordo, alegre, sincera e elevadamente, en todo canto poidades.
3.76 XOGUETES PREPARATORIOS Como nenos xogando con xoguetes, a vosa imaxinación creadora sempre toma do Arquetipo Evolutivo aquelas cualidades, emocionais e mentais, que corresponden ao traballo esencial que debedes desenvolver en cada ciclo. Primeiro coñecédelas no seu aspecto material, construindo máquinas que responden ao movimento das leis físicas que descubristes; máis tarde chega o traballo interno, que consiste en situar á vosa mente e psique nas mesmas frecuencias vibratorias e leis, pero as que se corresponden coa seguinte dimensión sutil, o que xa será posible e razoable de visionar para os máis espertos de vós.
3.77 ESBOZOS É como se fixésedes un esbozo no plano máis mesto, antes de tentar reproducí-lo e perfeccioná-lo no plano enerxético, aínda que, en realidade, a idea estaba nas vosas dimensións sutiles e pouco a pouco, viñestes a manifestá-la no físico, primeiro no voso entorno, e despois incorporándoa na sensibilidade persoal do propio corpomente, que é onde mellor podedes achegar a coñecer as súas potencias e a despregá-las.
3.78 ONDAS URANIANAS Así, nesta transición ao novo ciclo de Acuarius, no cal Urano é o rexente dos espazos sutiles do Eterno Presente do voso Ser, os cales vibran nunha dimensión máis elevada e constante que o Espazo-Tempo dual do seu fillo Saturno, comezastes a coñecer as leis físicas das ondas e a desenvolver moitos xoguetes informáticos. Un grande número de vós entraredes na Consciencia Planetaria e Global, simplemente reuníndovos con persoas de ALONXADOS LUGARES, tras acceder aos Salóns da REDE CÓSMICA de comunicación Virtual, que cada día vos facilitará contactos máis complexos e sensibles, permitíndovos traballar, producir e relacionarvos, dirixindo todo desde as vosas mentes creadoras e vivindo, ao mesmo tempo, integrados coa Natureza.
3.79 COMUNIDADES VIRTUAIS Moitos deses Salóns Virtuais se manterán nunha vibración profana, trivial e puramente comercial; algúns faránse verdadeiros instrumentos de superstición, de morbo e de negra manipulación. Mas noutros, acabarán por se comunicar auténticos Constructores da Nova Era, para traballar xuntos pola Humanidade e polo Planeta, en conexión sinérxica e sagrada co Espírito, desenvolvendo unha nova mentalidade na que todos os conceptos usados teñan como centro a vosa Realidade Esencial Unicista, a fin de que, pouco a pouco, vaiades superando o dualismo.
3.80 AS DÚAS PROBAS BÁSICAS DO INICIADO Ata que chegue ese día, se formarán na REDE verdadeiros laboratorios e Templos de Traballo Teúrxico, que agruparán a milleiros de persoas ou a pequenos círculos autoseleccionados e agrupados por niveis de comprensión e espírito de servizo, mais nunca elitistas, pechados, nin excluíntes. Ser servizal levadura na masa, sen se tornar soberbio nin elitista, é a Primeira proba básica pola que há de pasar todo Iniciado. A Segunda consistirá en ser capaz de conciliarse coas súas polaridades máis contrastantes.
3.81 O INIMIGO-MESTRE Aquilos dos vosos irmáns con os que máis violentamente choquedes no nivel superficial das formas, serán os que maiores tesouros de sabia comprensión terán para vós e para eles mesmos, en canto vos expandades no amor, e vos propoñades sinceramente atopar o punto de equilibrio profundo entre as teses de ambos. Con eles, precisamente, e dunha maneira moito máis intensa que coas persoas máis afíns, ás que amastes sempre, experimentaredes as vosas primeiras comunicacións intuitivas, resoando un con outro, pensamento a pensamento e sentimento a sentimento.
3.82 ENFRONTAR PARA CONCILIAR O Amor che enfronta sempre cos teus opostos, a fin de que convertas a oposición en síntese harmónica. É así como se funden as Partes no Todo, sen perder o seu propio carácter nin a súa bagaxe. Como se funden en un o home e a muller; sen deixar de ser masculino o home e feminina a muller. Porque a Divina Unidade é o resultado da harmonización da Divina Dualidade, a pequena escala. E, a grande escala, o resultado da harmonía da Divina Multiplicidade. Quen iluda a necesaria confrontación para medirse, coñecerse, entenderse, resolver, comprenderse, perdoar e harmonizarse, verá como se repete esa asignatura pendente, con sufrimento, en todas as súas próximas relacións.
3.83 REPETIR EN CARNE PROPIA Quen afonde no rechazo, na intolerancia e na separación, en lugar de tratar de conciliar e de unir, terá que aprender a mesma lección dunha maneira máis lenta e dorosa, convertido naquilo mesmo que rexeitou, ata que o comprenda amorosamente, ao experimentá-lo en carne propia. Unha grande cantidade de espíritos que, na súa encarnación anterior, contribuiron a xenocidios de pobos enteiros, son os mesmos que, na actual, forman parte das sociedades máis explotadas e asoladas pola especulación despiadada ou polos mercaderes da guerra. Ou, tamén, deses pobos xa claramente ameazados de extinción. A maioría dos anteriormente masacrados renaceron na metade deste século, no medio da desnaturalizada Civilización Occidental, a mesma que os masacrara antes; e moitos deles chegaron a converterse, seguindo as tendencias da súa alma, en auténticos Guerreiros e Guerreiras do Arco Iris, que traballan activamente por recoller a sabedoría dos últimos sabios naturais, por autocultivarse, por deter a destrucción da Natureza e por construir unha Terra, por fin unida, na que haxa xustiza, liberdade, paz e benestar para todos.
3.84 FLUÍDE, ADIANTÁDEVOS E DESCUBRIDE Aínda que todos acabaredes concluindo cada unha das vosas etapas, tarde ou cedo, non perdades o voso tempo evolutivo en tediosas repeticións de curso. Os que lestes esta Chamada con interés e resoando con ela, desde o principio deica aquí, teríades que decatarvos de que esta debería ser a vosa última reencarnación na Terceira Dimensión. Xa é dabondo. Trata de levar á práctica o que che resoa dela e que sabes moi ben que che convén; e os portóns dun mundo novo, máis pleno e máis sutil, abriránseche, para che deixar saír do círculo vicioso e sen esperanza que non consegues resolver nin superar definitivamente. Fluíde no pracer de vos adiantar á descuberta do novo, e non no aburrimento, nin na dor, da continua caída cega ante os mesmos atrancos archicoñecidos.
3.85 MACRO E MICRO Lembrade tamén que, da mesma maneira en que vós cuidedes atentamente do microuniverso que depende de vós, o voso templo-corpo e o voso templo-entorno (A Humanidade e o Planeta), así as Entidades Macrocósmicas e superconscientes das que vós dependedes, vos atenderán e coidarán. Para a maioría da Humanidade da Cuarta Dimensión que habita no interior do voso planeta, por exemplo, un humano de superficie é pouco máis que un animal inconsciente e salvaxe; e poderían facer experimentos xenéticos con vós coa mesma frialdade insensible con que vós empregades chimpancés como cobaias nos vosos laboratorios.
3.86 O TODO QUE SOMOS Todo está en Todo, todos temos que coidar do Todo que Somos, especialmente dos seres que están a vibrar no grao da Escala da Consciencia que ven xusto embaixo do noso. Lembrade sempre que a felicidade do órgano é a mesma cá de cada unha das súas células.
3.87 APRENDIZAXE SUTIL NO MESTO Canto tendes aprendido, ata agora, a facer coas máquinas, os vosos xoguetes preparatorios, e coas enerxías do mundo físico, servirá de adestramento á vosa consciencia para aprender a facé-lo, tamén, co poder das enerxías sutiles da vosa mente e dos seus aliados cósmicos.
3.88 TELEPATIA Cando cheguedes a cruzar o mundo todo con redes de comunicación directa ou virtual, nas que vos relacionedes con unicismo e traballedes co sincero sentimento de Amor Universal que se deriva, naturalmente, de se considerar Un con Todos os Seres, será o momento de ascender a un nivel vibratorio superior. Nese nivel quedarán, de pronto, obsoletas todas as máquinas usadas polos grupos de presión que manipulan a opinión pública, xa que se comezará a desenvolver ampliamente, nos máis sensibles de vós, unha potencialidade que sempre portastes dentro, e que non funciona aínda por causa do voso terror a mostrar as partes máis falsas e máis escuras do voso pensamento. Unha vez superado ese atranco, os membros da establecida REDE DE SERVIDORES DE ACUARIUS, continuarán traballando globalmente polo REAL cambio de Era, e pola unificación planetaria; mais xa non a través de comunicación tecnolóxica, que, para entón, estará ben manipulada por moi baixos e escuros intereses, senón TELEPÁTICA.
3.89 PERCIBIR A VERDADE No momento en que o Vello Mundo se achegue ao seu maior grao de distorsión da verdade, aquilos de vós que estivésedes a edificar con empeño O Novo Mundo, obteredes da vosa propia semente evolutiva, a través da autoaceptación e da tolerancia, da apertura amorosa aos demais e da sincera transparencia, a faculdade de percibir a verdade sempre, sempre, sempre. . 3.90 AS ONDAS DE ACUARIUS Desenvolver as vosas sensibilidades físicas, emocionais e espirituais, para que a vosa maneira de vivir e de vos relacionar poida axustarse a esa potencia arrolladora, é un dos maiores avances evolutivos que están previstos polo Espírito Creador neste Ciclo. Estudiade o símbolo do Aguador: preguntádevolo que é o que se están a levar as súas ondas, transparentes e purificadoras, ao tempo que regan.
3.91 O SENTIMENTO FUNDAMENTAL E é un só camiño o que vos leva a poder ler, con absoluta percepción clarividente e clariaudiente, na Mente Colectiva: o camiño do Amor Universal. Telepatía é unha consecuencia directa do correcto desenvolvimento deste Sentimento Fundamental, sen o cal o Cosmos non lograría manterse coherente, ou sexa, manifestado.
3.92 O QUE CHAMADES DEUS Poderes como a Telepatía corresponden ao nivel de vibración no que estamos expandidos dabondo como para nos sentir Un con Todos os Seres do Cosmos. O que chamades Deus é, en verdade, o conxunto harmonizado desa unidade múltiple de tódolos Seres Divinos, de tódalas Dimensións do Ser, manifestados ou non, que sustentan a Vida Universal.
3.93 CONTROLAR A IMAXINACIÓN Fai tempo que imaxinárades a Telepatía. Todo canto sodes capaces de imaxinar e de desexar con forza, será posible realizá-lo, así que trata de non despilfarrar o teu Poder. Non permitas á túa imaxinación creadora vagar por fantasías perniciosas, inmundas ou vás, nin enxendrar temores que acabarían precipitándose sobre ti; nin prexulgando sobre que o teu irmán fai ou deixa de facer.
3.94 A VOSA RESPONSABILIDADE MAIOR Cada quen obterá aquilo no que máis pensa: A VOSA ATENCIÓN É A VOSA VIDA, O VOSAO PODER E A VOSA RESPONSABILIDADE MAIOR.
3.95 ONDE ESTÁ O MEU SER? Onde a vosa atención está habitualmente, está o voso Ser Todo e a vosa realización, que será gozosa ou frustrante, segundo como sexa a calidade daquilo ao cal máis atendedes emocionalmente.
3.96 RECIBIR CAPACIDADES Cando sexades sinceros canais baleiros e rendidos ao Íntimo, recibiredes, a través deles, grandes capacidades para convencer, liderar, educar e curar en nome Da Vida.
3.97 VOCACIÓN REAL Se sentes ese chamado, cando saibas distinguí-lo das megalomanías do ego, non dubides en che ofrecer a servir nos máis altos postos directivs da túa comunidade, ou incluso do planeta.
3.98 PODER SEN LÍMITES Xa que todas as portas abriránseche en canto estexas a actuar, sen sombra de egocentrismo no corazón, sendo digno canal de transmisión da enerxía constructiva do NOSO Ser Planetario.
3.99 FLUI NO TEU Deixándose fluir cada un na súa propia vocación, tendencias e aptitudes, tal como quen danza, mais integralmente presente en acción constructiva.
3.100 FROITIFICA E nese momento, o Universo todo sorrirá satisfeito, porque, aínda que foron necesarias tantas e tantas estériles encarnacións, finalmente a túa semente se converteu en froito.
FIN DO TEXTO TRES
TEXTO CATRO
Entregoma ti, Almadomundo, se queres me tomas. Arrancatrancos, meu canal despexa. Xa úsame. Que través do meu amor, o Amor se derrame sob a Terratoda, sob os meus irmáns. Belo anxo Da Morte, cara oculta Da Vida, candoqueiras, ven; xamais da miñamisión perdo teutempo. O que se pode perder, se ben se viviu? Cando che praza, ven: atento, ledo, disposto, sen sombra de temor, eterno sigo, á seguinte etapa, como sempre, irei contigo.
4.1 DIGNOS FILLOS DA VIDA Facédevos dignos fillos Da Vida, destemidos campións total e desintereseiramente entregados ao servizo da Unidade Fraternal, a Paz e o Benestar Planetarios, e eu derramarei, a través dos vosos limpos canais, todos os dons da Abastanza Cósmica, para que sexa posible recrear, coa vosa solidaridade harmónica, o Edén sobre a Terra. ...Pois chegou a época propicia para converter nunha realidade ese vello anhelo do espírito humano.
4.2 A TORRE DE BABEL E non esquezades que, se vos adormecedes na desconfianza nos demais, na desunión e no egoísta separatismo irracional ou intereseiro, esborrallaredes todo o construído sobre as vosas propias cabezas. Iso é o que ilustra o mito da Torre de Babel: a torpe creación dun mundo de confusión, no que vos arrastraríades dificultosamente entre os entullos do desentendimento, por vós mesmos sementado, durante moitas vidas...
4.3 DESCONFIANZA CORROSIVA Dubidar é normal e san, e forma parte do prudente mecanismo mental con que o ser humano analiza, discerne e escolle prudentes decisións. Pero desconfiar dos irmáns, é unha falta de amor que só enxendra división.
4.4 CHAMAR AO DIABO Quen desconfia, está a invocar ás forzas máis escuras que moran no interior do seu irmán, igual que no interior de calquera outro ser humano e que en si mesmo (as sombras inherentes á súa luz), para que afloren sen control á superficie, no seu irmán e en si mesmo, e se manifesten na súa propia contra.
4.5 MAXIA NEGRA Quen xulga negativamente a outro, que, en esencia, é unha parte de si mesmo, está a facer maxia negra de maneira necia e suicida.
4.6 EFECTO RETORNO COMO TODO É UN, DESCONFIAR E XULGAR AOS DEMAIS É DEGRADAR E DEGRADARSE. NAQUILO QUE XULGAS NEGATIVAMENTE NO TEU IRMÁN, CHE CONVERTERÁS.
4.7 VALORIZAR E VALORIZARSE RECOÑECÉDEVOS MUTUAMENTE O VOSO SUPREMO VALOR: CRER EN DEUS É CRER NA DIVINDADE INTERNA QUE HAI, SEN EXCEPCIÓN, EN CADA ALMA DE CADA SER.
4.8 A ILUSIÓN INFERNAL DO MUNDO-INFERNO Non emprestedes máis atención aos que vos din que A Terra é un mundo-inferno, ou un val de bágoas, onda viñestes a purgar supostas culpas, por un pecado orixinal e por unha Caída. O inferno é só o inferior estado de consciencia que padecen aquilos que sempre están lamentándose das súas limitacións, ollándoo todo con gafas negras, autoculpándose, ou buscando eterna culpa nos outros. Ese tipo de sadomasoquismo espiritual é o que normalmente compón, tanto as xerarquías eclesiásticas impositivas e excluíntes, como os represores tribunais inquisitoriais.
4.9 O MITO DA CAÍDA O mito da Caída só ilustra, (salvo cando se trata de espíritos que escolleron libremente repetir encarnación nun nivel mesto, ao ascender os seus irmáns máis evolucionados a unha dimensión máis sutil), o Descemento Voluntario dos Espíritos Autoconscientes, para axudar ao progreso e encher de feliz Luz ás partes máis inconscientes da Manifestación do Ser Universal que Sodes. ÉSE É O XOGO DIVINO, precedido pola elección ou creación dun escenario cheo de dificultades, onda aventura eterna de evolucionar se faga máis intensa.
4.10 O SENTIMENTO DE CULPA O sentimento de culpa é só un mecanismo psicolóxico de autoalarma e autolimpieza que foi emanado con vós para que tendésedes sempre, no voso xogo evolutivo, cara unha maior pureza e perfección. Xa que, ata os máis rebeldes de vós, sodes Seres Divinos que escollestes, voluntariamente, vivir a aventura fascinante de vos somerxer na máis escura materia, para realizar o traballo de reincorporá-la Á Luz. Pero coidado: ata os máis fortes e ceibes guerreiros podedes ser aprisionados e escravizados se permitides que o voso corpo emocional sexa envolto por esa rede, a da culpa, tan sutil que case sempre resulta desapercibida; pero que é unha arma moito máis destructiva que calquera outra coa que vos poidesen agredir de fronte. Non vos deixedes manipular. Non vos deixedes manipular. Non vos deixedes manipular. Alerta atención. Meditade profundamente e facede análise do voso pasado, porque as manipulacións sentimentais das que fostes obxecto de nenos, gravaron na vosa psique un programa inconsciente e repetitivo que vos fai vulnerables a manipulacións semellantes, ou que propicia que tamén vós vos convertades en manipuladores de vós mesmos e daqueles a quen máis amades. Pero a maior escravización non é a emocional, senón a espiritual: Atención especialísima a aquilos que levan, vidas e vidas, construindo imperios temporais sobre o sentimento de culpa espiritual de tantos altos espíritos que se arrastran pola lama, obsesionados polo seu anhelo de perfección, o cal crea abismos case insalvables entre o que foron desde sempre, e o que lles parece que son, e o que lles falta para ser o que quixesen ser. Nunca se sentiu tan mal a águia como cando se namorou do corvo e o tomou como mestre... E pobre daquel esvelto cisne que estaba convencido de ser o máis loubán dos parrulos. Lembrade sempre Quen, en verdade, Sodes. Axexade o menor sentimento de corrosiva culpa que haxa en vós; sacádeo á luz e examinade se o creastes vós mesmos ou se alguén o puxo alí como unha rede, para atraparvos. Comprendédeo e perdoade, lembrade Quen Sodes, en Realidade, e perdoade tamén a vós mesmos. Liberádevos de intereses alleos, de falsas necesidades e de falsas imaxes persoais. Recuperade a vosa autoestima, o voso criterio propio sobre o que vos fai felices e a vosa independencia; e mantédevos serenamente atentos a non deixarvos manipular; coidando, ao mesmo tempo, de que a propia vixilancia non vos isole dos demais por exceso de coirazas, nin vos faga escravos dela, pois a continua desconfianza produce o medo, e o medo che desconecta do poder e da claridade do amor.
4.11 LIBERÁDEVOS DOS INQUISIDORES O Deus que adoran os que se arrogaron o elitista papel de "redentores profisionais de pecadores" ou aqueloutro de "únicos, verdadeiros e indiscutibles canais intermediarios entre o Divino e o humano" no Teatro do Mundo, non acostuma ser o Deus do Amor, senón o da prepotencia impositiva, o exclusivismo egolátrico, o seitarismo e o medo. Deixade que esa mentalidade, puro mundo vello, sexa arrastrada e disolta polas ondas transparentes de Acuarius, esas que derramam e espalham para todos o Conhecimento que antes se reservaba ás elites. Se hai demasiados lobos é porque hai demasiados borregos. Pero aceptade os lobos e os borregos sen os criticar, e tamén os amade, porque cumpren unha función. Tamén é O Supremo Amor, lembrade, quen move os seus fios no Teatro do Mundo. Liberade a vosa atención, con tanta comprensión e paciencia como convencida firmeza, daqueles que remarcan e esaxeran o que consideran que portades ou realizades de negativo, a fin de facervos sentir fracos, e de manipularvos para o seu exclusivo benefício e predominio. Acuarius é progresista confianza na igualdade, liberdade e fraternidade, na divindade esencial de tódolos seres, e na transparencia amorosa entre eles, que non teme á confrontación de razóns aparentemente contrapostas, porque está seguro de que o Espírito Individual, tanto como o Espírito Colectivo, saberán achar o punto de conciliación harmónica entre elas, en canto se desenmascaren os egos. Non participedes en ningún grupo no cal a cúpula dirixente pode xulgar e condenar a un membro sen lle deixar antes expor abertamente as súas razóns ante un Consello Grupal, onde estexan presentes todos aquilos outros membros a quen el considere, no seu corazón, como os seus irmáns.
4.12 O VALOR DOS ATRANCOS O aparentemente negativo que hai en vós non é máis que o condicionante e o sentido do voso Xogo. Sen atrancos non hai aventura nin campións, sen involución non hai evolución posible; sen opostos complementarios non habería manifestación da vida. Nin sería factible o xogo da eterna transformación do Ser, por falta dunha estructura interdimensional entre o sutil e o mesto.
4.13 LIMITACIÓNS PROTECTORAS Ao igual que, cando un neno nace, ten que pasar por longos anos de limitación, ignorancia e dependencia, ata poder asumir a súa liberdade, poderes e responsabilidades latexantes de adulto, así o Ser Humanidade tivo que pasar por unha longa, limitada, ignorante, dependente e conflictiva infancia, mentres chegaba o momento en que podía facerse cargo da suma das súas múltiples e variadas enerxías, ao fin unificadas baixo un autocontrol responsable.
4.14 CONSCIENCIA PLANETARIA ADULTA ESE MOMENTO CHEGOU; os que antes desenvolvan en si a súa adulta Consciencia Planetaria, influenciarán coa súa visión e co seu exemplo ao resto das células humanas, ata conseguir que toda a Humanidade acceda ao seu estado adulto e creador.
4.15 A MULLER Á PAR Polo seu propio mérito, as MULLERES xa deixaron ben demostrado, no último século do segundo milenio, que as diferenzas entre elas e os HOMES son só biolóxicas, culturais e sociais. Isto é, superficiais, aínda que necesarias ao funcionamento díaléctico do mundo dual no que vivides.
4.16 ENCARNACIÓNS ALTERNADAS O eterno Espírito Santo que sodes, esencialmente, non ten sexo nin dualidade, e encarna unhas veces nun corpo de home e outras nun de muller, segundo el mesmo considere libremente o que cómpre ao seu próximo xogo vivencial. Existen planos de evolución nos que o ser humano non está tan sexualmente diferenciado como no o voso, o seu corpo é hermafrodita, é dicir, contén as potencialidades de ámbolos sexos, e no momento en que se fai precisa unha función determinada, a función move ao órgano específico a se desenvolver. Tamén no voso plano hai animais e plantas hermafroditas. Cada home contén unha muller interior, e un home interior cada muller. Non vos completaredes como persoas ata que cheguedes a un bo equilibrio colaborador entre as vosas dúas polaridades. Quen non logra un equilibrio harmónico co sexo oposto, non logrará tampouco o equilibrio entre as súas polaridades interiores, e será, entretanto, un ser infeliz, por inmaduro. Para conseguir ese equilibrio, o primeiro de todo é ser quen de percibir a igualdade esencial de tódolos espíritos, sexa como sexa o corpo do que se revestan. O seguinte, é liberar á propia mente de prexuízos culturais acerca do outro sexo, así como renunciar a calquera intento de relacións de dominación sobre outra persoa, por mor do tipo de polaridade sexual predominante no seu corpo. Pola lei de compensación, o dominador de onte será o dominado de mañá, para que poida comprender, nese tipo específico de encarnación, o sentimento que experimentaron os a el foran anteriormente sometidos.
4.17 LEI KÁRMICA DO AMOR Vivenciaredes en carne propio todos os aspectos do Ser -até os máis escuros-, que non sexades capaces de comprender amorosamente nos outros: LEI DO AMOR. Quen os comprende, non necesita experimentá-los máis entrañablemente.
4.18 A LIBERACIÓN DOS SEXOS As mulleres están a recuperar, neste final da Era de Piscis, a súa igualdade de dereitos en relación ao home, en parte grazas á súa propia loita activa pola súa dignidade e, en parte, porque contan con moitos aliados entre os mellores homes, que non desexan unha compañeira submisa, senón a toda unha Guerreira da Vida, tal como eles son. Pero non se trata de que se fagan uniformemente iguais ou ambiguos, senón de que, manténdose as mulleres ben femininas e os homes ben masculinos, saiban tratarse e complementarse, con tal respecto e con tal amor, que Acuarius se converta na Era da grande síntese e na do desenvolvimento da Quintaesencia, porque ambos os dous polos, sen que ningún deles tente diminuir ou apagar ao outro, foron capaces de achegar, cada un, ao máximo do seu poder, e, desde alá, xuntarse en harmonía para enxendrar o Mundo Novo. Facédeo así, xa non polas mulleres e polos homes, senón polas vosas fillas e fillos: axudade a construir un mundo mellor para eles, e cumpriredes ben coa Vida. A liberación definitiva da muller, tanto como a do home, non debe basearse noutra cousa que na liberación de todas as cadeas de desamor, ignorancia, desconfianza, competitividade e divisionismo que aínda inhiben o pleno resplandor dos espíritos humanos, sexa cal sexa o sexo dos seus vehículos físicos.
4.19 SEXUALIDADE INTEGRAL Vos foi dado o sexo, non só para procrear corpos materiais para as vosas consciencias, senón tamén para crear, con san gozo, corpos sutiles, nos que o voso amor se expande interdimensionalmente en vibración e fai de ambos amantes un só Ser, Divino e Completo.
4.20 O AMOR OFENDIDO Pero cando o pracer do amor se restrinxe ao corpo, e non vai alén da envoltura física, se está a ofender gravemente ao santo espírito que o anima. E o mesmo ocorre cada vez que se fai o amor, sen delicadeza nin oportunidade, permitindo que o intelecto interfira ou analice desde fora, ou que a atención se desconcentre de calquera outra cousa que non sexa a tenra comunicación íntima e totalmente entregada a un puro sentir o aquí e agora eterno, en enxebre fusión co ser amado, e coa parte menos coñecida da vosa propia alma reflexada no seu espello.
4.21 FIDELIDADE Por iso, a fidelidade á parella que o corazón escolleu finalmente, é fundamental, en tanto que haxa verdadeiro amor no corazón, para vos conducir ás máis altas coutas da vosa evolución; mesturar con ela outras enerxías sexuais, significa confundir e degradar toda a egrégora enerxética anteriormente construída no Astral polo amor de ambos.
4.22 SACERDOTES DO AMOR O sexo consciente e amoroso é unha das maiores vías á liberación do espírito e á transcendencia; mais o home há de se converter, durante el, en Sacerdote do Amor, e a muller, na súa Sacerdotisa. Non son esposos os que asinaron un contrato ante un xuíz ou un sacerdote e logo se esqueceron del. Esposos son todos os amantes que están dispostos continuamente a espir as súas almas de máscaras, tanto como de resquemores e de rutinas, ante o Espírito Divino que anima á súa parella, abondo antes de espir os corpos para o Sagrado Banquete do Amor. Tampouco son esposos os que cometen a ofensa, ante si mesmos e ante O Amor, de se presentar no Banquete de Voda co corpo emocional suxo, e sen engalanarse de comprensión, de perdón, de autoestima e de pureza. Unha relación amorosa entre dous esposos debe ser unha cerimonia de plenitude que ten que prepararse previamente, para que se poida realizar coa maior sacralidade e beleza. Non sexades menos cós animais, que anteceden cun cortexo a cópula. O primeiro de todo é a creación dun ambiente de harmonía, beleza e paz; o ambiente que se merece un Templo do Amor, aínda que só sexa un templo virtual. Unha vez dentro del, cada un irá sacando, pouco a pouco, ante a lapa do Espírito representada polo amor da súa parella, todo canto de escuro haxa no seu corazón; mentres o outro escóitao atentamente, sen xulgar nin discutir, comprendendo e perdoando; e tomando nota mentalmente de canto pode servir para mellorar a relación. Cando os dous se confesaron, queimando todo sentimento de culpa no lume do Amor, cando se renunciou a todo resentimento, xa que non hai ser mortal que sexa, en maior ou menor grao, algo máis que un simple aprendiz de Deus, chega o momento fermoso do troco de presentes. Que saia entón de cada un, e sen que o outro esixa nada, o compromiso, ante si mesmo, de desenvolver solucións para todo aquilo que o seu compañeiro expresou antes como motivo do conflicto entre ambos. Que ese compromiso, claramente enunciado, sexa o teu regalo de amor á túa parella, máis precioso que mil alianzas de ouro e diamantes, se se cumpre. E non prometades a perfección, senón unha maior atención e esforzo para ir conseguindo pequenos logros concretos, no prazo dun mes, sobre aquilo máis importante a solucionar. Que ningún dos dous force ou manipule ao outro, senón que ambos, centrados na Divindade Interna da súa parella, propicien que o mellor de si mesmos aflore xenerosamente, varrendo as sombras como as varre a alba, e permitindo que amañeza o sagrado día da comunión en plenitud. Facede, dese día enteiro, a Festa da Beleza; que tanto vós como todo o voso entorno se tinxan de esplendor grazas ao despregue da creatividade amorosa de cada un. E que, cando chegue a noite, o voso leito sexa xa un altar onde o aspecto feminino de Deus se atopará co seu aspecto masculino, con toda a cerimonia e a gloria que tan alta unión se merece. Porque un intercambio sexual entre un home e unha muller é un acto de maxia no que se xuntan as máis poderosas enerxías do Ser, para convocar sobre vós a tódalas potencias da Creatividade Universal. O voso mundo será un Edén cando deixedes de empregar o acto sexual como desafogo das vosas tensións negativas, chimpándoas ao outro como quen as chimpa ao lixo. En lugar diso, queimádeas no Lume Da Paz, primeiro, e vinde, despois, a selar a vosa ben construída harmonía na Enchente do Amor, con todo dereito e dignidade. Cando se xuntan integralmente os corpos físico, emocional e mental de ambos esposos, algo novo se xera sempre, aínda que non se trate dun fillo físico. Que cando vos acheguedes ao Banquete do Amor teñades ben claro, previamente, o novo que queredes traer ao voso mundo, que debería coincidir co regalo que vos prometestes o un ao outro e a vós mesmos, durante o Cortexo. Se isto faise ben, no momento de maior acumulación de enerxía, a enerxía se transmutará, e ambos amantes se converterán en perfectos canais do Divino Amor, e poderán ancorar os seus poderes no mundo, para facilitar a consecución de Harmonía alá onde máis se necesite. Que o día que segue a aquel en que gozastes da plenitude do amor sexa tamén sagrado, e que cada un dos dous o use para agradecer á Vida as dádivas que xa comezou a xestar para ambos. Que as agradeza venerando á súa parella co emprendimento, a pleno entusiasmo e creatividade, dos obxectivos propostos; sen a menor dúbida de que todo o Universo conspirará, despois do Ritual Máxico que desenvolveran, para que poidan realizá-los cumpridamente.
4.23 O AMOR TRANSCENDENTE A través do amor transcendente coa muller ou co home amado, a vosa alta vibración de dedicada tenrura creadora esténdese a tódalas mulleres, homes e nenos do mundo, os envolve, os harmoniza e ata os cura, e tamén vos torna moi magnéticos e atractivos. Mas é preciso facé-lo con sacralidade, lealdade e desapego; do contrario, ese poder converteráse en maxia negra e vos perderá. Cómprevos vos agrupar en CÍRCULOS DE HOMES e CÍRCULOS DE MULLERES onde desenvolver, interactivamente, e dunha maneira discreta e transparente ao tempo, un traballo profundo de redefinición e actualización das potencialidades específicas da enerxía de cada sexo, e das condicións que hai que adecuar para que a relación coa vosa parella se converta na vosa maior escola de descubrimento interno, complementación harmónica e medranza a todos os niveis. Despois dun breve encontro ritual, con presentacións individuais, dentro dun Círculo Sagrado ao aire libre, cada grupo de persoas do mesmo sexo debería separarse doutro e queimar as enerxías pesadas que trouxeron do exterior, durante un par horas de traballo físico colectivo na natureza, o que lles serviría tamén para se coñeceren na acción e para se unificaren. Ao caír a tarde, cada grupo pode reunirse, separado doutro, compartindo unha noite enteira; ao longo da cal deberían exporse e debaterse os seus conflictos interiores e exteriores co sexo oposto, buscando e anotando posibles solucións para restablecer a harmonía. Durante o debate colectivo, coidade, especialmente, de tres puntos: - mantéde a sacralidade do asunto, renunciando ao uso de termos vulgares para se referir ao sexo físico, e evitando calquera retranca ou ridiculización do sexo oposto como colectivo. - Renunciade a falar desde a xeralización e desde o teórico aprendido, e centrádevos nas propias experiencias de cada un, falando desde un equilibrio entre o que o corazón sente e o que a cabeza pensa, e expresando, con transparencia, os vosos sentimentos persoais sobre o asunto, estudando tamén, serenamente, a distancia que hai entre o que sentides e pensades... e o que facedes. -Durante o debate débese evitar discutir, criticar e dar consellos. O útil á vosa evolución é sacar á luz canto hai dentro, perdoando e perdoándose, tras comprender e desculpar. Recomendo-vos dicir, con toda consciencia "EL É DEUS!", cada vez que se fala doutra persoa, por grandes que parecesen os seus erros; e, tamén, "ES DEUS!", cada vez que un dos vosos compañeiros descubre e recoñece os seus; o cal queimará todo sentimento de culpa e lle devolverá ao seu natural estado de divina harmonía e de amor unificado e expandido. -Ao marcharse a durmir, cada persoa debese relaxarse ao máximo, e entregar todo o debatido ao Espírito, para que El-Ela ordene e harmonice todo o procesado durante o soño. Moita atención, ao erguervos, ás inspiracións que haxa na mente de cada un; Anotádeas e adaptade a elas a vosa tónica. Logo, embelecede o voso aspecto. -Pola mañá, reunídevos ambos sexos ritualmente no Círculo Sagrado engalanado, ante a Natureza e ante o Espírito, e comunicade as vosas conclusións e as vosas propostas de solucións, sen alzar a garda, nin esixir nada nin discutir. Escoitade con total atención ao outro, sen que ninguén se sinta para nada atacado por calquera cousa que se exprese, que non é máis que un sentimento ou unha idea do outro, un apunte, un esbozo, que está comezando a camiñar cara o seu punto de equilibrio, por escuro que aínda semelle. Coidade de facer todo isto ordenada, breve e rotativamente, e de que ninguén interrompa a quen teña a palabra. Que todos e cada un propóñanse ser breves, non emitir xuízos, nin condenas, nin agresións verbais, nin tentar xustificarse. Mellor que pedir resposta inmediata a algo que che afectou, é esperar con paciencia a que che chegue a túa quenda na roda, para que teñas tempo de o meditar. Xa que o único verdadeiramente importante é sacar á luz, con total serenidade e sen se alterar (é dicir, sen que "o outro", o ego, substitua ao Espírito), aquilo que estaba oculto, tanto o belo como o feo. Xa que a verdade contén sempre unha mestura de ambos. Vos podedes pór de acordo entón, nos puntos que cada sexo debe estudar e considerar ata a próxima xuntanza. E, a partir daí, que só haxa comunión de ambos grupos, comida compartida e festa, con cancións e danzas colectivas. Lembrade que a mudanza do mundo comeza polo cambio individual cara unha maior harmonía, e pola da vosa maneira de educar aos fillos; ofrecéndolles un bo exemplo de amor transcendente, e manténdovos no voso Centro, máis alá do ego e os seus continuos conflictos. Oxalá que vexades o crucial que é a vosa responsabilidade e que obredes sen demora.
4.24 CRIAR UN MESÍAS Outro dos papeis fundamentais da muller na súa propia liberación e na do mundo, se se sabe unir a un compañeiro que estexa á súa altura espiritual, é facilitar a encarnación e o correcto desenvolvimento de algún dos milleiros de Espíritos Mestres que, nesta época, agardan por un corpo e unha familia adecuados, para vir a axudar ao mundo no seu grande salto evolutivo. Pero non se trata de ter grande número de fillos, senón de crear, co maior amor, a tantos como poidan ser educados, co máximo de calidade humana posible, por cada parella. Cada membro da parella debe estar ben consciente de que o máis importante que pode transmitirlles aos nenos, é o seu propio traballo por conseguir equilibrio interno como persoa, ben complementado e harmonizado co do seu parceiro. Iso dará bases ao equilibrio entre o masculino e o feminino interno de cada un dos fillos. Un fillo é unha enorme oportunidade para que os seus pais ou tutores medren integralmente ante o seu espello. Son moi poucos os anos da vosa vida que compartides con eles, xa que o voso deber é darlles asas, para que poidan voar pola súa conta. Facede que lembren eses anos como felices, seguros e ornados dos mellores exemplos e valores. E que entendan que a vida é unha grande escola evolutiva na aventura. Non sexades tan protectores que as súas asas medren raquiticas, nin tan disciplinarios que cheguen a odiar a disciplina. De novo, equilibrio, e que eses poucos anos sexan unha amorosa escola de esforzados constructores dun mundo novo, o cal, loxicamente, será unha estensión global perfeccionada do modelo efectivo que viviron na casa dos seus pais... Vede, pois, a importancia da vosa responsabilidade.
4.25 LEVADURA NA MASA Aínda que a evolución é un proceso individual, e nunca automático, cento corenta e catro mil homes e mulleres iluminados, ou sexa, 144.000 instrumentos simbólicos da elevación das frecuencias da mente grupal, serán levadura suficiente para facilitar moito, por resonancia mórfica, a transmutación, individuo a individuo, dunha grande masa da Humanidade. Ti podes ser un deles; de feito, é-lo en potencia: Para realizar ese intento naciche, e para sementar esa boa semente nos teus fillos; ao igual que todos os espíritos encarnados da túa xeración sen excepción; aínda que non todas as flores dunha froiteira conseguen chegar a se converter en froitos.
4.26 ATENCIÓN Á LUZ Estade atentos, pois xa hai moitos destes seres luminosos camiñando sobre a Terra en corpos de carne, masculinos ou femininos; talvez no voso mesmo vecindario hai un. O sinxelo esplendor da súa vida acotía, a felicidade de quen o rodean e o espontáneo espírito de perfección que gusta de pór en todas as súas obras, volo revelará.
4.27 A HUMILDAD RECOÑECE Pero só os recoñeceredes se houbese, verdadeiramente, tanta humildade receptiva como devezo de luz no voso corazón.
4.28 A SEGUNDA VINDA Os mitos con que as distintas culturas da Terra esperan un Mesías, a segunda vinda de Cristo, do Mandhi, do Buda-Maitreia, de Vishnú, de Quetzalcóalt ou Viracocha ou de calquera outro nome para o mesmo concepto, só falan da chegada do Ser Humanidade ao seu estado adulto, cando o Mestre Interno, que sempre estivo dentro de cada un de vós, poida, por fin, entenderse perfectamente co Mestre Interno do voso veciño, que é O Mesmo.
4.29 A ETERNA MENSAXE DA NOSA ESENCIA Entón poderedes comprobar que, por atrás da palla das palabras, a Esencia Divinal de cada ser consciente fala un linguaxe semellante para expresar o mesmo eterno mensaxe: o da Unidade Fraternal e Planetaria.
4.30 ANXOS ENCARNADOS Os que xa podedes comprender todo isto, sede os meus Mensaxeiros, a miñas Virtudes e Potencias Personificadas, os meus Anxos Encarnados: Propagade, co voso exemplo e traballo vivencial, a alegría do Vivir Consciente, o amor á Natureza, a fraternidade humana, o libre intercambio cooperativo cultural e racial, a mestizaxe e eclecticismo renovadores e enriquecedores... ...A paz en liberdade, a nivelación económica global e a disolución de todas as fronteiras, que ata agora só serviron, realmente, ao dominio explotador e feudal duns poucos en cada país sobre a grande maioría.
4.31 INSTRUMENTOS DIVINOS Mudade os vosos restos de infantil sentimento separatista polo adulto unificador, e O meu Espírito Cósmico, actuando desde dentro de vós, vos converterá en eficaces instrumentos, cos que transformará o Mundo.
4.32 O ÚNICO QUE CONVENCE O brillo da vosa felicidade, a espontaneidade con que celebraredes continuamente A Vida, e o voso evidente progreso, curación e benestar, convencerán aos máis temerosos e escépticos, sen necesidade de proselitismo.
4.33 XOGOS CADUCOS Pois O PROSELITISMO PERTENCE AO MUNDO VELLO, igual có fanatismo, o puritanismo, a coacción e a violencia.
4.34 GUERREIROS E GUERREIRAS DO ARCO IRIS PREDICADE, GUERREIROS E GUERREIRAS DO ARCO IRIS, CO QUE SODES E CO QUE FACEDES, NON CON PALABRAS NIN COACCIÓNS. Que o voso único combate consista na conquista de vós mesmos e no continuo mantemento da paz, medranza, liberdade e prosperidade do Reino conquistado.
4.35 NON ATACAR AO MAL Mantédevos equilibrados e NON ATAQUEDES AO MAL, nin coa palabra, nin con accións, nin co sentimento, nin sequera co pensamento; pois só conseguiríades transformarvos naquilo que criticades. O mal non é senón a vosa propia enerxía vital nun estado pouco puído, bruto, indixesto. Da mesma maneira que transmutades duros gráns e sementes, cociñándoos ata os facer tenros, saborosos e dixeribles, así, cada unha das vosas durezas anímicas, debe ser cociñada no forno alquímico do amor universal, a consciencia, a xustiza e a liberdade, para pór esa enerxía no xusto grao de equilibrio, aquel no que vos podedes servir do seu poder como virtude positiva e constructiva.
4.36 EN NOME DA VIDA Entregade as vosas mensaxes e dons só onde sexades convidados, e SEMPRE EN NOME DA VIDA, da Totalidade Que Somos, rexeitando o protagonismo da vosa personalidade externa, que non é máis que unha ferramenta.
4.37 ADULTERACIÓN NEFASTA O protagonismo do voso ego adulteraría a mensaxe e diabolizaría o poder. Sede como Deus, que todo o creou pero en parte ningunha puxo A Súa sinatura.
4.38 ANXOS OU DEMOS As vosas enerxías poden ser ora anxos, ora demos, dependendo tan só da vosa intención interna cando as proxectades.
4.39 FORXAR CEO, FORXAR INFERNO Toda enerxía que proxectedes, positiva ou negativa, tornará a vós centuplicada por tódalas enerxías afíns coas que se xuntou na súa xira; e ese será o Ceo ou o Inferno que vós mesmos forxaredes para vós mesmos, no voso propio mundo.
4.40 INTENCIÓN PURA- ATENCIÓN POSITIVA COIDADE, POIS, DA PUREZA DA VOSA INTENCIÓN TANTO COMO DA POSITIVIDADE DA VOSA ATENCIÓN. Pois por elas xulgará a vosa imparcial Consciencia Interna en que punto da escala evolutiva vos atopades en cada momento; e se subindo ou baixando, se expandindo ou contraíndo as vosas frecuencias vibratorias.
4.41 MANTERS DISPONIBLE Mantédevos en todo momento disponibles para percibir calquera cousa que se vos presente para a Conciencia Cósmica; atentos, limpos de parcialidade, amando todo canto ocorre, cos vosos canais ben conectados, e en harmonía coa rede interdimensional das vosas relacións e co voso grupo de traballo. Facédevos un órgano útil, potente e digno de ser usado polo Ser Universal para se manifestar. Exercitádevos en limpar os vosos ollos das escamas da rutina, a fin de que sexades quen de percibir o, ata agora, descoñecido.
4.42 RECICLARSE Recicládeos continuamente na Natureza, que purificará as vosas enerxías; no amor transcendente da parella e da familia, e na cooperación cordial, desinteresada e amorosa con tódolos seres, que as expandirá e as elevará. Estade atentos a mantervos sempre en equilibrada unidade con vós mesmos, cos vosos allegados, con toda a Humanidade e con todo o voso entorno.
4.43 O AMOR É TOTAL OU É EGOÍSMO Non se pode amar a Deus sen amar a todas as súas Emanacións, os Seres Divinos, tódolos viventes, onda súa Esencia e a súa Potencia habita ao noso redor, ben próxima. Considerade, valorade e respectade a Divina Esencia, ata no máis aparentemente perdido dos vosos irmáns.
4.44 A LEI DO AMOR Lei do Amor: UN XUÍZO NEGATIVO SOBRE UN IRMÁN ENVILECE INMEDIATAMENTE A VOSA TÓNICA ENERXÉTICA, VOS DENSIFICA E VOS PECHA NA CONSCIENCIA LIMITADA E FRUSTRADA DO EGO. E só pode ser compensado cun SINCERO ACTO DE AMOR DIRIXIDO AO MESMO IRMÁN.
4.45 PERDOADE E CREDE SEMPRE E lémbrovos: PERDOADE E CREEDE SEMPRE NO HOME. E na súa sincera capacidade para se rexenerar e para corrixir todos os seus erros. Perdoade e crede SEMPRE, e non setenta veces sete, como vos foi dito noutra época, cando aínda érades demasiado rudos.
4.46 OS ESPELLOS DO EU Porque o que vedes en cada home, muller ou neno, e o que sentides a cada hora ante a natureza que vos envolve, é só o reflexo do voso propio ser interior. 4.47 DISTRIBUIR Non hai no universo maior poder, riqueza e sabedoría que o Amor Divino; pero só se manifesta realmente cando flui, cando se distribui desde nós, cara os que o necesitan aínda máis que nós.
4.48 PORQUE SOMOS UN Ninguén pode salvarse só, porque somos todos Un: A Humanidade Planetaria, que camiña conxuntamente cara o seu Destino Cósmico.
4.49 NECEDADE SEPARATISTA Sería inxenuidade absoluta por parte da célula dun rin enfermo, pensar que ela se vai salvar aínda que o resto do rin se gangrene, pero algúns de vós aínda padecen esa ilusión fanática, chea de necio e exclusivista orgullo de casta.
4.50 O DIABO E O AMOR Dicir O DIABO é só dicir soberbio, ilusorio e absurdo sentimento de separación; escravitude aos vosos vicios e autolimitacións mentais, temor supersticioso e castrante. Dicir O FILLO DE DEUS é falar do voso realista sentimento unificador de Amor Universal: lóxico e san egoísmo cósmico, se comprendemos a nosa Unidade Esencial. Dicir O EGO é nomear a ese desordenado conxunto de sentimentos desconectados e de conceptos prefabricados que ocupa os mais BAIXOS E SUPERFICIAIS NIVEIS DA NOSA MENTE, e que sempre compara calquera persoa ou cousa coa súa propia limitada e variable idea do que cada un sodes, co cal vos separa do que, en verdade, sodes: O EU ilimitado e incomparable, no cal todo se contén.
4.51 CANDO ASCENDERÁS Ascenderás ás máis altas aprendizaxes e posicións de responsabilidade planetaria, cando vaias formando a outras persoas para que sigan desempeñando as actividades que exercías, co mesmo amor e eficacia cá ti mesmo as desempeñabas antes.
4.52 NON RETEÑADES NADA Non reteñades nada; e menos que nada o Poder; todas as riquezas e honras con que o Cosmos vos bendice son para ser pasados aos que veñen detrás e máis os necesitan; comparados ao DIVINO PRACER DE DAR, son bagatelas.
4.53 BLOQUEAR O PODER DEIXADE QUE O PODER FLUA E FLUA A TRAVÉS DE VÓS PARA O MUNDO, disfrutádeo mentres flui e entregádeo; porque o Poder vos corrompería e abafaría, se o bloqueásedes por querer acumulá-lo.
4.54 REFINAMENTO ENERXÉTICO SELECCIONA MOI BEN AS ENERXÍAS físicas, sexuais, emocionais e mentais con que alimentas ao teu corpomente e ao teu espírito; porque aquelas frecuencias vibratorias que asimilas, as pasas a outros, e delas fasche responsabel. Ten ben en conta a oportunidade dos ciclos: a mesma enerxía, por asimilada ou proxectada fóra do ciclo adecuado, pode estar diminuída na metade nos seus poderes. O Sol, a Lúa e os Planetas influencian a vosa calidade e gradación enerxética en cada momento. O mago é un xardineiro esperto, que sabe sementar ou regar, na lúa adecuada, as sementes das súas realizacións no xardín do Mental. A Ciencia dos Ciclos e Influencias Cósmicas será altamente desenvolvida e tecnoloxizada en Acuarius; entrementres, recollede todo canto poidades do coñecemento dos ciclos dos últimos sabios naturais que quedan en cada rexión; revisade a Astroloxía á luz da comprobación estadística, e axeitádea aos avances da Astronomía, da Física Cuántica, e da Psicoloxía dos Arquetipos.
4.55 VIVIRÁS OS EFECTOS DO TEU PODER ...Estade seguros de que o que creades agora co poder da Mente Suprema, canalizado a través do voso Verbo individual, causará efectos inimaxinables en grandes ou pequenos universos, que aínda se están a xestar no Útero Cósmico; nos cales seguirá habitando, durante as súas próximas manifestacións, a vosa consciencia eterna e multidimensional, xa sexa como Rexente dese mundo, ou ben como ínfima célula súa, segundo o grao de evolución que atinxades neste ciclo.
FIN DO TEXTO CATRO
TEXTO CINCO
Entrego meutempo máis amoroso ó agarimo dos meus; intúo que, ó final dos meus días, só aquilos que foron bencompartidos serán balance da miña vida, e apenas pegadas de soño fugaz o resto. Agradezo intensamento prazer da tuabeleza, ouh vida, a miña paixón por ti, sempre ás nosas partes máis escuras se trasferindo. Que nos meusollos o teu ledamor disipe todasombra, que só saia dos meuslabios teu consolo, que dean miñasmans á esperanza do mundo forma, nas caricias túas.
5.1 RECEPTIVIDADE MENTAL Meditar é escoitar ao teu Ser. Meditar é tan imprescindible para a tua saúde integral como respirar, ou sexa, deixarche alimentar pola Sua enerxía. Trata de dedicar cotidianamente um tempo a pedir orientación ao Teu Mestre Interno, e permanece depois facendo SILENCIO MENTAL, centrado na tua antena frontal, ata que sintas que chegaram a ela as inspiracións do teu corazón.
5.2 MEDITACIÓN SINÉRXICA Será moito máis eficaz se meditades en sinerxía, especialmente en todo momento no que unha asamblea non logra poñerse de acordo, ou na que se xerou calquera tipo de tensións entre os seus membros. Alternádeos homes e mulleres e vos tomade das mans en círculo, a esquerda cara enriba, recibindo a enerxía do voso veciño, ao tempo que inspirades, levándoa de chakra en chakra pola columna ata a punta da lingua, que toca o oco alto do padal e transmítea ao coronario. Logo sóltase a lingua, exhálase o aire,e pásase a enerxía ao compañeiro, pola man dereita volta cara abaixo.
5.3 O GRANDE MODERADOR Deixade que se silencien os egos e que sexa o voso Mestre Interno quen vos concilie coa solución xusta, que ten que contentar a todos, sen excepción nin imposición. E non esquezades a eficacia da terapia do sorriso, do perdón e da aperta.
5.4 RECAPACITACIÓN Repasa a túa evolución dos últimos meses, e toma nota do que progresaches a todos os niveis, despois de ter pasado un tempo centrado no Eu Son, confiando animosamente Na Vida, sementando boa vibración con amor e constancia, e non permitindo que a preocupación, o temor ou as queixas contaminen a túa mente.
5.5 A OFRENDA Á VIDA E celebra, celebrade, NON PAREDES DE CELEBRAR, que a maior ofrenda á Vosa Nai Terra é a expresión da vosa alegría en apertas sinceras e gozosa comunicación creativa, compartindo xenerosamente os dons recebidos, axudándovos mutuamente a medrar; con atención moi especial aos nenos, aos débiles, aos anciáns e aos buscadores que o pidan, e conectando co Ser Planetario por medio da meditación e da oración, para logo expresar, multiplicar e expandir a alta vibración canalizada, en arte, poesía, música, cantos e danzas comunitarias.
5.6 CANTO COMUNITARIO O canto comunitario é un inmediato e poderosísimo instrumento de elevación da frecuencia grupal, que vos conecta co Subconsciente Colectivo e que canaliza, desde el, as instruccións e as potencias transmutadoras do Ser Humanidade, tanto como as do Ser Terra, sobre o voso ambiente. No momento en que a telepatía se xeralizar, a voz humana quedará reservada para servir á función fundamental do Chakra Laríngeo: crear a través do canto e do decreto.
5.7 OS CATRO PUNTOS DO CANTO Para iso, debedes coidar, moi especialmente, de catro puntos: - Que haxa unha intención sagrada previa. - Que haxa cada vez máis disciplinada e xeométrica afinación harmónica entre vós. - Que permanezades en silencio receptivo tras cada canción. - E que canalicedes sentidamente, cara un común obxectivo constructivo previamente delimitado, a enorme columna interdimensional de enerxía xerada polo voso canto.
5.8 O ÓRGANO-CANAL COLECTIVO Chegará así un momento en que formaredes un órgano sonoro adecuado, para que a Intelixencia Cósmica poida interpretar a Súa propia Música a través de vós. É deste xeito que o Ser Humano faise co-creador universal, xa que todo se crea a través do son, do Verbo. O Universo é unha inmensa sinfonía. Quen consegue entoar e resoar perfectamente con ela, faise un coa Frecuencia Divina.
5.9 A REDE DO AMOR En canto lográsedes formar unha rede de equipos sinérxicos de traballo guiados polo Espírito, elaborade inmediatamente amplos proxectos de educación e saúde planetaria, con especial dedicación aos refuxiados, as nacións deprimidas e, en toda parte, ás xoves xeracións, e a rescatar a sabedoría dos anciáns, esencia da vida, antes de que se perda. E póndevos inmediatamente ao servizo, decretando, unidos en cadea, no mental e no astral; e axudando coa vosa indomable fe e co voso suor, a que o que decretades se concrete no físico. A través da práctica constante melloraréis ao máximo, día a día, a vosa eficacia manifestadora.
5.10 COMEZAR POR CASA Coidade de construir, en primeiro lugar, a Santa Paz e a Harmonía no voso interior e nos vosos lares, xa que só canalizados pola vibración da serenidade, poderán derramarse os dons de Deus, para acelerar conscientemente a evolución do Mundo, a través de vós. E lembrade que seredes tentados polo voso propio Eu Maior antes de que se vos concedan poderes para instruir a outros. Os pais teñen que ser capaces de lograr o equilibrio entre firme autoridade e amorosa liberdade responsable en si mesmos, ou, alomenos, tentar achegarse a el teimudamente. Para poder transmitir aos seus fillos, co seu exemplo, o impulso cara esa preciosa síntese. As persoas maiores de cada comunidade deben formar Consellos de Anciáns e reasumir a súa función deliberadora, de maneira que toda a Sociedade véxase fortalecida pola súa sabedoría e pola súa experiencia da vida. Súa é a misión de atopar e definir o esencial da súa propia cultura, para logo poder recoñecer, tamén, o esencial de todas as culturas do planeta.
5.11 ATENCIÓN CONTINUA Á TÚA ONDA Emprestade atención á vosa vibración persoal en cada momento, xa que o que fundamentalmente sodes é unha frecuencia. Ocupadeos de que non se alimente de inmundicias, de manté-la limpa e serena, de a equilibrar de inmediato en canto se comeza a polarizar demasiado cara calquera extremo, e de expandí-la sempre no Amor, que é o equilibrio perfecto e dinámico entre os aparentes opostos. Lembrade que non existen ben nin mal, senón só equilibrio ou desequilibrio con relación ao propio centro, ao momento e ao ambiente.
5.12 A MISIÓN DE ACUARIUS Seguide, urxentemente, pola recuperación da Ecoloxía e da Sanación Integral Planetaria que é tarefa parella á da elevación da consideración e respecto masculinos cara a Muller, xa que a súa nivelación profisional, económica e cultural as conseguirá ela por si mesma, como xa comezou a facer. Acrecentade, si, os vosos esforzos pola solidaria nivelación do que aínda chamades o Terceiro Mundo, parte do cal convive co Primeiro. É preciso cambiar completamente un sistema económico baseado no crédito ao estado circustancialmente mais poderoso, por unha moeda social mundial que responda a um real troco de servicios. Axudade ao seu desenvolvimento das nacións deprimidas, sen repetir erros paternalistas, especulativos ou anti-ecolóxicos, e veredes unha prosperidade xeral no mundo que agora é impensable para aquilos que desconfian, na súa mesquindade e estreiteza de miras, que o Planeta sexa capaz de suministrar abastanza sobrada para todos.
5.13 VALORES BÁSICOS Non quero máis que UN MUNDO na Terra Adulta: e que haxa nel, como hai no resto do Macro e do Microuniverso, tanta variedade e multidimensionalidade, como interrelación cooperativa, solidaria e FRATERNAL. Compremetedeos todos a compilar e respectar un Código de Valores Básicos e Esenciais XA comúns a todas as culturas. Iso será máis sabio que perdé-lo tempo presente e a paz futura tratando de deseñar, ou de impor, outra utópica ideoloxía ou relixión mundial, ou calquera sistema "unitario" (ou totalitario) de crenzas e costumes, que continue atentando contra o dereito básico á diferencia de gustos, formas, estilos, ideas, métodos, e contra a liberdade de consciencia de cada un.
5.14 FRATERNIDADE Traballade pola igualdade de dereitos e consideracións dos sexos e dos pobos; polo libre intercambio, circulación e establecemento de persoas; e pola cooperación e apertura de relacións comunitarias entre continentes enteiros, con vistas á gradual desaparición de fronteiras e de prexuízos raciais. E pola creación dunha Patria Planetaria, que non será uniforme, senón rica en natural multidiversidade, e sempre respectuosa co aparentemente diferente, sen o sentir separado.
5.15 NON MATARÁS O maior dos sinsentidos que arrastrades desde o pasado é a guerra. Só hai unha maneira de acabar con ela: negarse a matar. A Lei Divina de Fraternidade Universal, o mandamento "NON MATARÁS", está por encima de todas as leis que poidan facer os gobernos dos estados. Non aceptedes que os gardiáns da orde porten con eles armas mortais, senón apenas disuasivas ou aletargantes. Non aceptedes, nin que se fabriquen nin que se vendan, armas mortais no voso planeta. Negádevos a pagar impostos para o asasinato. Alegade o voso dereito á liberdade de conciencia. Esixide que as fábricas de morte sexan reconvertidas en industrias civís e pacíficas. Humanizade e axilizade a lei e a administración de xustiza. Trocade as cadeas por eficaces centros de terapia da alma que se manteñan a si mesmos con traballo ben disciplinado e ben pago, como calquera outra comunidade, onde o importante non sexa o castigo do delincuente, senón a súa reeducación personalizada e a súa perfecta reinserción, o antes posible, e cun longo seguimento posterior. Debedes considerar eses centros de reinserción tan importantes para a paz mundial como o son as escolas infantís e xuvenís e os contidos dos medios de comunicación. O carácter dunha sociedade depende do que se sementou nas mentes dos seus fillos. Unha iniciación neglixente e mediocre só pode producir cidadáns neglixentes e mediocres. A escola debe ser un ensaio ben real do modelo de comunidade que se aspira a conseguir para mellorar o presente. Ensinade aos vosos fillos, non a aprendizaxe memorística de un programa convencional de estudos, senón a acceder por si mesmos ao coñecemento que lhes interese em cada momento, e a utilizá-lo.
Non aceptedes que ningunha comunidade poida castigar os erros dun dos seus fillos coa pena de morte irreversible. Considerádea, xa desde agora mesmo, como un signo de barbarie social ultrapasada, igual cá tortura, a cadea perpetua, a guerra, a escravitude, as dictaduras, os partidos "únicos", a corrupción dos dirixentes, a inquisición, os monopolios, a inxustiza ou ineficacia estatal, a contaminación do medio ambiente, a explotación infantil, a desigualdade de oportunidades entre os sexos, o racismo ou o terrorismo. Considerade un vil xenocidio que se bombardee a un pobo ou que se lle bloquee no imprescindible para a vida, por causa da cega soberbia dos seus líderes. Non aceptedes que sexa usado inxustamente o poder que os pobos conceden aos organismos supranacionais para manter a harmonía e o progreso mundial. Esixide que só os probadamente mellores de cada país formen parte das asambleas dirixentes dos órgaos planetarios e se manteñan nelas. Eles deben ser persoas capaces de antepoñer o ben planetario aos seus intereses nacionais ou particulares; esixídelles máis cá ninguén, a través dunha democracia eficazmente global, que é a vosa primeira responsabilidade social. Debedes aspirar a que o desenvolvimento dos medios faga tan áxil, directa e eficaz a comunicación entre todos os cidadáns do mundo, que poidades suprimir a intermediación dos políticos profisionais e, por fin, autogobernaros, dentro dunha sociedade mundial ben educada e organizada, onde todo o que é de interés común está inmediata e virtualmente a disposición de calquera e pode ser revisado e mellorado por calquera. Non caiades máis nas trampas dos vendedores de conflictos, de armas, de destruccións masivas, de falsas liberacións ou reconciliacións e de posteriores reconstrucións nas que un país queda escravizado pola súa débeda e polos seus forzados compromisos. Multiplicade os organismos internacionais de mediación e resolución das causas das guerras, e aplicade solucións pacíficas preventivas, antes, e non despois de que estale o conflicto.
Formade un corpo mundial de intervención que apague a guerra de forma inmediata e pacífica, alá onde apenas comeza a producirse. Que a apague no nivel dos dirixentes en confrontación violenta, antes de que a súa tolemia implique aos seus pobos. Non aceptedes máis, de xeito ningún, que os vosos dirixentes vos envíen armados a matar e a morrer porque non souberon cumprir co traballo para o que foron escollidos, que consiste en chegar a acordos xustos, respect uosos, razoables e posibles, dunha maneira civilizada e pacífica, ante unha mesa de negociacións. Quen por causa de se negar a matar sexa martirizado, será un mártir do Amor, e a súa vida, aínda que acurtada, valerá, ante a súa Esencia Eterna, máis que cen vidas de resignado conformismo, de indiferenza, de insensibilidade, de cegueira ou de covardía. 5.16 ORDE MUNDIAL Na patria Planetaria do Home e da Muller non se permitirá a guerra nin entre os países máis remotos, da mesma maneira que non se permite que unha familia emprenda agresións violentas contra outra, nun barrio dunha cidade moderna, sen ser todos eles desarmados e reducidos de inmediato, como delincuentes, polas forzas da comunidade. Mas lembrade sempre que non é posible a paz sen amor, sen tolerancia co diferente e sen xustiza solidaria. E que o xusto non é a igualdade, senón a equidade: a cada un o que lle corresponde, segundo o seu merito ou as súas necesidades reais.
5.17 RESPONSABILIDADE INELUDIBLE Somos todos células do Un, e ninguén, nin nación nin persoa algunha, pode inhibirse da súa parte de responsabilidade pola harmonía ou limpeza do conxunto do Mundo, que é o seu Corpo Maior. Poderían permanecer as células do teu cerebro indiferentes, como se non tivese que ver con elas a dor das da túa perna (membro inferior, a chaman), que se gangrena? ... Benaventurados, pois, os campións da Paz, da Solidariedade Equilibradora e da Unificación Planetaria. Sabede que, para poder sobrevivir aos cambios climáticos que se avecinan, as razas non terán máis remedio que mesturarse.
5.18 ACTUALIZAR TRADICIÓNS Ao mesmo tempo, que os xoves de cada pobo e rexión se preocupen de recoller o coñecemento experiencial dos sabios do seu lugar; e que estes limpen as súas tradicións de oscurantismo, uníndose en Consellos de Anciáns, e que aprofunden no esencial das súas raíces, desbrozando a palla das formas, para tratar de redescubrir, no fondo, o Espírito que inspira a cada nación; e para conectar aos xoves con el. Xa que todos os Espíritos Nacionais son facetas específicas do Ser Planetario e, no seu xeito anxélico, é dicir positivo, tenden a complementarse mutuamente. Non creades que os vellos deuses de cada cultura morreron. Son formas-pensamento poderosísimas que seguirán influindo sobre os pobos que as crearon e os cultuaron, incluso dous séculos despois de se ter esquecido os seus nomes e os seus mitos; así que cómpre coñecé-los, sincretizar a súa esencia e harmonizarse con ela.
5.19 CELO DE LIBERDADE De xeito ningún permitades que calquera máfia ou grupo de cobizosos sen escrúpulos acceda á dictadura universal, así como ollades actualmente con celo que non ocorra nas vosas nacións, ás que queredes libres. Lembrade que cada pobo ten o goberno que se merece, porque, consciente ou inconscientemente, escólleo e consénteo.
5.20 O SISTEMA O Sistema non é algo alleo, senón que sodes vós mesmos, o voso sistema de facer as cousas da comunidade, ou de permitir que sexan feitas. Desligarse do empeño común por conseguir unha patria, sexa local ou planetaria, libre, próspera e digna, é tan suicida como non lavarse, nin tratarse inmediatamente das enfermidades que poden ir aparecendo sobre o propio corpo.
5.21 OS MEUS CORPOS SUPERIORES A túa familia, a túa comunidade, a túa nación e o teu planeta son os teus corpos superiores, e es tan responsable deles ante O Ser e a Vida Cósmica, xa polo que fagas ou xa polo que deixes de facer por eles, como o es pola saúde e o benestar do teu corpo físico, do teu corpo emocional, do teu corpo mental ou do teu espírito inmortal. A inxustiza que se lle fai ao máis modesto dos cidadáns, é unha inxustiza que pode recair sobre todos os cidadáns. A paz, a liberdade, a xustiza e a unificación planetaria non é un asunto exclusivo dos políticos, senón unha tarefa que compete a todos os cidadáns da Terra. Procura que non teñas nunca que pedirche contas a ti mesmo pola túa neglixencia.
5.22 CONSTITUCIÓN PLANETARIA Sede moi coidadosos, á hora de redactar a Constitución Planetaria: que non sexa un acordo de cúpulas dirixentes, senón unha decisión da ampla maioría do pobo, minuciosamente debatida en todos os seus puntos durante un ano polos parlamentos, que someterán despois, non unha, senón tres opcións diferentes á votación popular, con atención especialísima ao control comunitario dos medios de comunicación, dos servizos sociais, das finanzas e das forzas da orde. Rexeitade a liberdade de explotación do home polo home tanto como a de imporse pola forza das armas. Deixade ben clara a igualdade esencial en dereitos e obrigas de tódalas comunidades, sen privilexios nin dereito de veto, e que é o espírito da dignidade do ser humano dentro de cada individuo e a súa intelixencia quen vota, e non o poder económico ou militar das comunidades e estados nos que se encontra integrado.
5.23 PROXECTARSE AO ESPAZO Cando logredes unirvos nunha Federación Terrestre sólida, as inxentes riquezas que agora despilfarra cada nación en prepará-las guerras, en facé-las, en reconstruir estructuras tras elas, suporán un excedente tan grande que non só haberá de sobra para que tódolos habitantes da Terra vivan nun excelente nivel, senón que vos dará potencia, tanto para crear marabillas tecnolóxicas, como para aumentar moito máis a vosa demografía, a fin de estender a semente humana polo espazo. Iso forma parte da evolución natural dos mundos, e equivale ao momento no que un rapaz chega a adulto, e no que se sente impulsado a buscar a outros seres e a outros corpos, onde espellearse, completarse e reproducirse. Ao principio seguiredes apoiándovos na tecnoloxía, como ata agora, pero día chegará no que a Humanidade, como un todo, cruzará os portóns das súas limitacións físicas, e converterase nun viaxeiro estelar, que levará á vosa consciencia a unha ampliación infinita, vivenciando as distintas manifestacións da Realidade, de mundo en mundo e de plano en plano.
5.24 RELACIÓN INTERPLANETARIA Que, cando chegue ese momento, a vosa unidade planetaria sexa ordenada e poderosa, porque ides necesitá-la. Xa que o Terceiro Milenio non só será o do derramamento da semente humana polo espazo sideral, senón que tamén constituirá a etapa de relación activa da Humanidade Adulta Terrestre con outras comunidades cósmicas de seres conscientes, que abondan moito máis do que vos podedes imaxinar, e en tódolos planos... ... E algunhas delas levan moitos séculos servíndose da Terra e dos terrícolas.
5.25 DE TODO HAI NO COSMOS Ata agora vivistes constreñidos ao voso reducido ámbito terráqueo, sen facervos notar demasiado, pero no momento en que comecedes a estendervos, vos confrontaredes con outras civilizacións planetarias, máis ou menos avanzadas que ao vosa. E de todo hai no Cosmos: unhas aliméntanse da enerxía do voso amor e liberdade e outras, como aquelas que máis tempo levan influenciándovos, das ondas da vosa limitación e do voso medo, que eles fomentan, manténdovos somerxidos baixo un diluvio de información negativa, a fin de que a vosa autoestima estexa polo chan e vos impida unificarvos a plena potencia. Sabede que, cando vos comunicades coas potencias máis elevadas do voso espírito, estades, tamén, comunicándovos con civilizacións espaciais de altísima consciencia, que velan por vós, e que non deixarán de acudir na vosa axuda, en caso de que vos vísedes agredidos por un inimigo espacial demasiado poderoso, se vos pondes de acordo en lanzar, dentro de todos vós, unha sincera petición de auxilio ao voso Ser Cósmico.
5.26 UNIFICA E VENCERÁS Nongunha civilización cósmica é indiferente á dirección que vai tomando o voso desenvolvimento, xa que toda afecta a todo no Universo. Segundo a calidade da vibración en que estexades, vos sentiredes atraídos por uns ou por outros, cando os coñezades. Mantédevos espertos, para non chegar a divinizar a quen só desexa explotarvos. Como sempre, polos seus métodos e polas súas obras, e non tanto polos seus avances materiais, os coñeceredes. Igual que ocorreu na vosa historia colonial, os máis organizadamente unidos e adiantados imporán a súa hexemonia a aquilos que aínda seguen despilfarrando a súa preciosa enerxía constructiva, e as súas posibilidades de evolución global, en arcaicos enfrontamentos tribais, ou en separacionismo nacionalista, racial ou relixioso, que son nefastas formas colectivas do egocentrismo individual.
5.27 A LEI DE UNIFICACIÓN E SÍNTESE E o farán con todo o dereito da Lei Cósmica de Unificación e Síntese, clave natural do progreso universal. ... Por moi dolorosa que poida resultar a aquelas persoas ou pobos, ou planetas, tan atrasados, que non entenden que a sobrevivencia dunha célula individual calquera depende da súa dedicación, como principal tarefa, a que o órgano superior universal, do que forma parte, funcione correctamente. Por agora, a vosa relación xeral co voso propio corpo, co corpo colectivo chamado Humanidade e co do planeta en que vivides, que é o voso corpo maior, é, en verdade, abondo cancerígena.
5.28 ANIMAIS E PLANTAS Por esa razón, as consciencias superiores das que dependedes, vos manteñen vixiados, controlados e limitados; xa que, ata que ascendades a un nivel de consciencia máis responsabel, sodes un grave foco de contaminación en todos os sentidos, xa que a maioría de vós se deixa rexer máis polos seus instintos animais, aínda, que pola súa razón e sentimentos humanos.
Polo mesmo, vos recomendo moi especialmente que coidedes de ser máis considerados e atentos cos vosos irmáns dos outros Reinos Naturais, comezando polos ANIMAIS E PLANTAS DOMÉSTICAS, xa que tamén eles, como vós, van experimentar un enorme salto evolutivo nos próximos tempos.
5.29 PRÁCTICAS DEGRADANTES Cómprevos aumentar a delicadeza do voso trato cara eles e acabar con certas prácticas que todos sabedes que son degradantes, aínda que vos cegue o afán de lucro. A desnaturalización tecnolóxica e xenética de animais e plantas, causará moi pronto gravísimas alteracións biolóxicas entre os que se alimentan destes seres, que proceden da mesma Esencia e teñen o mesmo Destino e posibilidades evolutivas que vós, aínda que as súas formas momentáneas e as súas funcións cósmicas vos poidan parecer moi diferentes, porque o seu centro de consciencia vibra em uma diferente lonxitude de oda que o vosso, como os vexetais e como muitos outros seres que vos resultan invisibles.
5.30 LEI DE CORRESPONDENCIA Non esperedes que as Entidades Superiores das que sodes células e órgaos, para cuxas elevadas consciencias a maioría de vós sodes case como animais, mais xa sen a inocencia do animal, vos traten de distinta maneira daquela en que tratades ás células e órgaos do voso propio corpo, e ás entidades vivas externas que de vós dependen. Como é abaixo é enriba, e viceversa. Estades avisados. Seguro que seredes capaces de comprender isto e de corrixí-lo. Os máis intuitivos poderedes imaxinar no que se converterá o mundo vello cando a primeira xeración dos espíritos que hoxe habitan aínda en corpos de animais, así como os máis adiantados da Segunda Dimensión, vexan ante si as Portas da Terceira Dimensión abertas, e ascendan en masa. Nacerán entre os humanos no mesmo nivel evolutivo no que os Retardatarios escolleran libremente permanecer, para continuar repetindo a lenta inercia da súa manifestación. ... Imaxinade o seu horror cando descubran que terán que convivir co primitivismo innato dos espíritos recén chegados á súa dimensión, nunha relación de circunstancias materiais e de apariencia física practicamente iguais cá dos mutantes encarnados no seu seo. ... Os cales, ao principio, se deixarán iniciar polos Retardatarios nas artes da civilización, pero que, deseguido, as utilizarán contra eles como arma para impor, sen case escrúpulos éticos arraigados, as vigorosas demandas de poder absoluto das súas almas instintivas e salvaxes.
FIN DO TEXTO CINCO
TEXTO SEIS
Ó torrente cósmico de Enerxiesperta aberto, Apúntome. Lánzome. Conéctome. Ó máximo atento, pra non me durmir entros rápidos ou entros lentos, retortos meandros... Pois no meucentro delicadamente porto, comoquen leva o primo bebé dun planeta, un precioso tesouro de luz prós meus. Xuntos novosvellos camaradas da miñalma que a fortuna tiven datopar no meu camiño, ó compartir a beleza da paisaxe e da aventura, agradezo como a vida me mostra no reflexo canto somos, fun, son e seremos, alenaló de toda forma e toda busca.
6.1 O OBXECTIVO FUNDAMENTAL O Obxectivo Fundamental desta proposta neste tempo é lograr que os humanos se unifiquen en harmonía e decreten, con absoluta firmeza, a construcción do Mundo Novo á medida dos seus máis altos e nobres desexos.
6.2 O TRABALLO FUNDAMENTAL E este é o Traballo Fundamental para o lograr: xuntarse en grupo, non para discutir puntos de vista enfrontados, cousa propia do ciclo anterior, senón para atopar claves de entendemento común a pesar das diferencias, que se consideran tan naturais como respectables, e sempre conciliables, ata lograr funcionar unidos como sanas células, intelixentes e responsables, dun órgano vital do Corpo Cósmico.
6.3 CENTROS DE CONEXIÓN A túa transformación e o teu traballo serán máis eficaces se che unes a outros Espertos e comezades a crear centros nos que o espírito xeral estexa conectado a recibir individualmente e a sintetizar despois, conxuntamente, as instruccións do Mestre Interno.
6.4 APRENDENDO A SER O SER Neles aprenderedes a ser perfectamente eficaces e responsables pola vosa parte da misión común, sen vos identificar coa vosa personalidade ou o voso grao, que é só simbólico.
6.5 INDIVIDUO E COLECTIVO A respectar, compartir e estructuraros nunha orde social necesaria, sen que a estructura colectiva afogue a libre creatividade individual.
6.6 UNANIMIDADE CONVENCIDA A contrastar con harmonía, tomando acordos por unanimidade convencida, mellor que por maioría, na que sempre déixase a alguén en teimuda oposición marxinada. E a falar pouco, e a atendervos mutuamente e sentirvos moito, para desenvolver as vosas potencias de comunicación intuitiva, telepática.
6.7 NOBRE ADAPTABILIDADE A adaptarse aos outros confiando na súa intención interna, cedendo flexiblemente e renunciando á tediosa discusión en todo o que non é importante. E a abandonar conscientemente os comportamentos egocéntricos, que bloquean a manifestación sinérxica e individual do Espírito.
6.8 DIGNA OBEDIENCIA Tamén a obedecer eficazmente as ordes dos responsables recoñecidos de cada parcela de traballo, que marcan o ritmo sobre o que o resto do grupo debe acompasarse, sen que iso supoña a continuación dunha relación xerárquica fóra do traballo.
6.9 IGUALDADE NO ELEVADO Pois todos os seres son esencialmente iguais e, como a súa Esencia é o máis elevado que teñen, conseguir IGUALDADE NO ELEVADO, e non ao revés, será a maior Dignidade Humana.
6.10 ADESTRAMENTO LOCAL, PROXECCIÓN GLOBAL Esas experiencias, así como as de lideranza humilde, benhumorada, firme e desapegada, serán adestramento fundamental para despois proxectarvos na comunidade global.
6.11 O BO LÍDER O MELLOR LÍDER RITUAL SERÁ O MELLOR SERVO DE TODOS. Mentres dirixe unha cerimonia en nome do Espírito, debe considerárselle un instrumento sagrado de canalización, aínda que, ao acabarse o ritual sexa, apenas, un ou unha máis dun grupo que talvez conte con outros lideres mellor capacitados para dirixir outras áreas do traballo colectivo. Todos emprestarán atención ao Espírito Divino no comandante, coordinador, facilitador, moderador ou director dun traballo ritual, e ao seu ritmo tentarán compasarse, acelerando ou reducindo o propio, para que o grupo enteiro se converta nunha máquina de creación mental, perfectamente sincronizada.
6.12 A DISCRECIÓN É ESENCIAL Discreción e delicadeza. Que calquera discusión se realice fóra do traballo, especialmente as discusións sobre a perfección formal do ritual.
Sendo importante a forma, sopórtase mellor unha imperfección formal, causada por un erro ou un despiste do líder, que un choque de egos, o cal produciría un corte na enerxía grupal durante a cerimonia, e desharmonía emocional entre os participantes.
6.13 ATENCIÓN TELEPÁTICA Discreción, absoluto respecto e amable fraternidade entre todos os participantes, que se completará con ordenada disciplina e atención telepática e amorosa, sempre alerta ao comandante da sesión, apoiando inmediatamente as súas ordes e aceptando, sen susceptibilidade persoal, as súas correccións. E se hai neglixencia ou egocentrismo ou indelicadeza no líder á hora de comandar, tende absoluta seguranza de que o propio Espírito se llo demandará persoalmente antes que a ninguén. Porén, fóra do ritual, a súa autoridade non pode emanar doutra cousa que do agrado que os outros sintan por atender as súas suxestións e apoiar as súas iniciativos. E acaba cando se acaba, con razóns de peso para a maioría, a confianza en que poida servirlles mellor que outro.
6.14 A VERDADEIRA NOBREZA Un verdadeiro líder espiritual non é celoso do poder que canaliza, nin competitivo, e fai todo o posible para elevar aos seus colaboradores ao seu propio nivel con todo amor, e sabe delegar traballo neles, ou proporlles á asamblea para asumir un nivel máis alto de lideranza e responsabilidade. Incluso está disposto a cederlles o seu lugar se se lles ve potencia para conseguir desempeñarse ben nesas funcións. Para o cal, cada tres anos, ou cando non se considere apto para resolver unha crise demasiado complicada para el, ou cando haxa claro descontento na metade dos seus compañeiros, coloca a súa lideranza a disposición da asamblea; a fin de que esta decida, por votación segreda, se reelexí-lo, ou se dar oportunidade de dirixir a outros candidatos, un dos cales será proposto polo líder saínte.
6.15 DAR ASAS Tamén un bo comandante sabe descentralizar e repartir a súa responsabilidade e o seu mando, tratando de que cada membro do seu grupo se faga o máis autosuficiente posible, e logre, canto antes, establecer perfecta comunicación coa Fonte de todo poder, sen precisar máis de intermediarios, nin de dirección, nin de apoios.
6.16 ESTIMULAR A INDEPENDENCIA ... Nin de se separar cismática nin traumaticamente dos seus compañeiros; porque todos eles previron e aceptaron con sabedoría, desde un principio, que cando cada un medrase dabondo, seguiría estendendo a Mensaxe polo mundo á súa maneira, sen que os demais se sentisen divididos nin abandonados, senón, polo contrario, expandidos. Sede como as mazorcas de millo ou as espigas de trigo, estreitamente unidas para se desenvolver, mas que, cando cada iniciado xa está maduro para seguir traballando de maneira autónoma, se dissemina a súa semente, da que saen novas plantas e novas mazorcas ou grelas, para que sigan esparexendo as súas sementes ao vento, e enchendo a Terra de rica diversidade de especies, fillas dunha Esencia común, que se respecten nas súas liberdades e que, ao mesmo tempo, colaboren entre si libremente.
Nos grupos máis libres e, ao mesmo tempo, máis igualitarios e máis colaboradores e fraternais co diferente, recoñecerán as xeracións seguintes aos máis auténticos servidores de Acuarius.
6.17 VILES LOITAS DE PODER Que cada iniciador sexa como un bo pai, que non se sente abandonado nin traizoado, senón honrado e realizado, cando o seu fillo maior independízase e forma nova familia pola súa conta, baseándoa nos principios en que foi formado, mais acrecentándolle a súa propia sabedoría vivencial, marxe maior ou menor de flexibilidade, persoal estilo e liberdade creativa na forma, sen deixar de amosar absoluto respecto á común Esencia. Pero son os devezos de centralizar e controlar, as diferencias de forma e as mesquiñas loitas de poder o que ofende aos egos, e o que provoca traumáticos cismas, separacións e inimizades. A esencia de Acuarius é comprensión, adaptación, tolerancia co diferente ou co discrepante, respecto ao libre albedrío e á opinión de cada cal. E unidade fraternal a toda proba; porque o amor sempre está por encima da lei.
6.18 A LEI DE LEIS O Amor, principal eixo sensible e escala interdimensional da Forza da Vida entre os Uni-versos, é a Única Lei, e todo o demais son regulamentos revisables por común acordo dos membros do grupo. Aínda que fundara a empresa, o bo líder sabe que calquera empresa é tamén a obra de todos os que colaboraron e se esforzaron para a erguer, traballando nela durante anos.
6.19 O GRUPO MANDA E que eles son os que deben decidir, cotexando os obxectivos, as promesas e os programas, cos logros e as obras realizadas, e medindo, tamén, o seu nivel de conexión efectiva coa Fonte, que é o fundamental. ... Así como o nivel de respecto, medranza interior e fluiente harmonía no grupo, valoracións que lles servirán para deliberar periodicamente se se senten ben liderados, ou se preferen votar para dar oportunidade de que o faga mellor outro candidato o candidata a canal director, ao cabo dun prazo convenido.
6.20 O maior ÉXITO En calquera caso, o maior éxito dun creador é demostrar que a súa obra está ben cimentada, deixando dea tutelar no momento oportuno, e retirándose á sombra, aberto a novas misións e a máis profundas canalizacións, ou incluso á servizal subordinación a un mando oportuno. ... Mentres o creado por el dá testemuño da súa vitalidade facendo camiño por si mesmo, escollendo libremente novos rumos cara a Altura.
6.21 REBELDIA DISGREGADORA Pero coidado coa rebeldia disgregadora, as desconfianzas e dúbidas corrosivas, a loita polo poder, a envexa, a demagoxia, a influencia numérica dos máis mediocres, a comodidade preguiceira, a comenencia mesquiña, a bisbillotación e a desvalorización dos irmáns, a degradación materialista dos obxectivos, a polarización de tendencias nos extremos. Coidado con esquecer que só nos agrupáramos para equilibrar no punto medio, para conciliar, sintetizar e harmoni zar...
6.22 A SOMBRA DA LIBERDADE Xa que as tendencias competidoras e divisionistas son os aspectos escuros da liberdade grupal e social, así como o que a corrompe e dá pretextos á esmagante actuación, presuntamente rexeneradora, dos tiranos máis abusivos.
6.23 AS DÚAS TENTACIÓNS Quen desconfia por sistema dos seus líderes, recibirá desconfianza sistemática cando, tarde ou cedo, chegue o seu momento de liderar, pois todos vós, sen excepción, pasaredes pola proba do mando, igual que pola da obediencia disciplinada e consciente. ... E quen vos proba, igual que quen vos tenta, é sempre o voso propio Eu Maior, aínda que utilice para iso a persoas intermediarias.
6.24 MÁIS DURA SERÁ A CAÍDA Quen usurpa, por medio de intrigas, un grao de poder que unha persoa sincera recibiu do Espírito e exercía con honestidade e eficacia, verá como ese poder mal conseguido muda de signo, se volta contra el e contra os seus seguidores e produce o seu ruidoso derrubo ao máis baixo, despois de té-lo encumbrado, aparentemente, ata o máis alto, para que máis dura sexa a caída. Que ninguén esqueza esta promesa Da Xustiza Cósmica.
6.25 AUTO-CORRECCIÓN Que ninguén esqueza, tampouco, que quen empregue de maneira egocéntrica o poder divino que lle foi confiado para mostrar o rostro amoroso de Deus aos seus irmáns, verá como todo ese inmenso poder se converterá en instrumento da súa auto-corrección.
6.26 PERDICIÓN E durísimo será o destino de auto-corrección que se forxe quen tente dirixir a enerxía sinérxica do Espírito Santo do seu grupo, co seu consentimento ou sen el, cara abertos ou velados obxectivos de mago negro.
6.27 O PRINCIPAL E O SECUNDARIO NON ESQUEZADES QUE A MAIOR FORZA E RIQUEZA E META DE CALQUERA EMPRESA É A súa XENTE, e que todo o demais é secundario.
6.28 VALORES FUNDAMENTAIS Concentrádevos nos valores importantes: as potencias da alma inmortal de cada membro, desenvolvéndose ante o espello do grupo de traballo.
6.29 O XOGO E O SEU FROITO Iso permanecerá. E é o único que xustifica as vosas efémeras realizacións humanas, que non son máis que o pretexto e o marco do xogo evolutivo do Espírito.
6.30 COIDARVOS DE... . COIDARVOS DE repetir os programas de corrupción grupal do mundo vello: non sigades como un rebaño a mestres externos por moito tempo, nin a soberbios gurús; nin volas deades de gurús nin de pobo elixido. Acuarius é iniciacion colectiva, non existem mais gurús, senón desinteresados aguadores: humildes canais espalladores e facilitadores dun Coñecemento Universal que xa está a disposición de todos Un mestre que non che envía, desde o principio, a contactar co teu propio Mestre Interno e a desenvolver toda a autonomía posible, non é un mestre, senón un manipulador de ignorantes. Por causa do apego á evolución conseguída, ou polo desexo de ser recoñecido, ou polo infantil complexo de superioridade e autoridade xerárquica, así como por causa da envexa, ou polo cego ou covarde servilismo seitario, involuciona calquera iniciado e se degrada.
6.31 MANTÉDEVOS INDEPENDENTES Mantédevos independentes, directamente conectados co voso íntimo centro inspirador e amorosamente respect uosos e solidarios con tódolos demais seres. E rexeitade o seguidismo dogmático, a crenza fanática, a obediencia cega e o culto á personalidade dos vosos instructores. Lembrade que teredes moitos instructores na vida, e de moi diferentes graos de integración entre o seu Eu Divino e a súa lexión humana de egos contradictorios... Un instructor non é senón un discípulo algo máis adiantado que vós nalgúns aspectos, se cadra inferior noutros. Non lle esixades ser un exemplo de perfección nin lle critiquedes as súas torpezas, despistes, erros e debilidades. Polo mesmo, tampouco lle endeusedes. Xa é moito se se atreveu a sinalar a meta á que aspira a chegar, e se avisa sobre os perigos nos que tropezou, ao longo da parte do camiño por el percorrido, a os que veñen aínda moito máis atrás. Santo só é Deus. Un título de Iniciador conferido por outro Iniciador dunha tradición calquera a un iniciado, é unha garantía tan fiable, ou tan pouco fiable, como un título de médico dado a un discípulo avanzado por unha Faculdade de Medicina: recoñéceselle unha preparación suficiente como para comezar a practicar pola súa conta. Pero é doado entender que a súa verdadeira carreira comeza a partir do momento no que abandona aos seus mestres e atrévese a lanzarse a voar e a ser creativo en solitario, sobre a bagaxe de acertos e erros da súa propia experiencia práctica. Podedes ter instructores que vos inicien e que, máis tarde, vos animen a estender as vosas asas fóra do niño, mais lembrade, cando comecedes realmente a voar, que o único Mestre Fiable está no voso propio corazón, e que a menor dúbida ou vacilación sobre isto, vos fará caír en picado cara o abismo.
6.32 FACILITADE A INDEPENDENCIA AXUDADE A CADA HOME OU MULLER QUE VOLO PIDA, A APRENDER A COMUNICARSE CO MESTRE INTERNO DENTRO DE SI; E DE MANEIRA NINGUNHA VOS FAGADES INTERMEDIARIOS OU INTÉRPRETES DESA COMUNICACIÓN. Ofrendade a independencia da súa propia Luz a aqueles que se vos achegan, atraídos polo fulgor da o vosa.
6.33 PARA QUE É A SOCIEDADE? Aínda que a estructuración social sexa necesaria para vivir en sociedade, lembrade que se edifica para servir de base á evolución espiritual do home, e non o home para servir a estructura material algunha.
6.34 SEITARISMO Coidado coa creación de egocentrismos grupais en xeral: seitas ou igrexas exclusivistas ou excluíntes, instituicións prepotentes, comunidades pechadas, círculos ocultos, razas escollidas, fanatismos, fundamentalismos adoradores, interpretadores e manipuladores da letra de calquera Libro, inquisicións xulgadoras e perseguidoras, tradicións desfasadas, grupos de presión ou máfias encubertamente centradas na ávida adquisición de lucro material, autoridade, influencias, poder político... ou pura e mesquiña vaidade espiritualista.
6.35 AGUANTADE FIRME Se calquera dos vosos círculos de traballo entra nese xogo, non vos retiredes de inmediatato, para que non queden os elementos menos críticos totalmente a merced dos manipuladores.
6.36 CONFIA NO TEU IRMÁN Antes ben, permanecede discretamente atentos e na sombra, confiando, ata o límite prudente, na propia consciencia divina dos aparentemente enganadores e enganados, ata que eles mesmos demostren que, o que a outros parecía un erro, non o era.
6.37 INTÉNTAO OU ata que perciban que si era un erro e o reparen por si mesmos, coa comprensión amorosa e desculpadora do grupo... ou ata que xurda a oportunidade de reorientar cara a síntese e cara a liberdade a consciencia do grupo, sen o dividir.
6.38 SAÍDA DIGNA Se aínda así non o conseguides, abandonade o grupo definitivamente, sen escándalo nin loita nin xenreira, abanando o pó acumulado no voso calzado antes de saír; e consolándovos pensando que do negativo e dos aparentes fracasos extráense excelentes aprendizaxes.
6.39 PROSTITUCIÓN ESPIRITUAL COIDADO coa comercialización dos dons do Espírito: O que grátis recibistes, grátis o deberedes distribuir. Quen traballa como Servidor do Mundo debe esperar, con confianza total e sen medo nen apego, que o Rector do Mundo facilite á súa intelixencia os medios e contactos que necesita para autoxestionar e cumprir a súa misión, de tal maneira que non teña que rebaixá-la comercializándoa. Meditade sobre o exemplo dos grandes mestres do pasado, e non sobre o daqueles que se aproveitaram dos seus ensinos: que tanto cada instructor como cada grupo de traballo traten de manter e administrar unha economía independente, sen que teñades que converter a vosa AXUDA á RECONEXIÓN CO SEU PROPIO MESTRE INTERNO de quen vola pida, ou a CANALIZACIÓN DE CONSOLO E SANACIÓN DIVINA aos vosos irmáns e irmás, que son as partes máis espirituais e sagradas do voso servizo... en algo que teña que pagarse con diñeiro. Non confundades esa parte do voso traballo, na que sodes puros e baleiros instrumentos do voso EU máis alto, que é o mesmo que anima aos vosos irmáns, coa didáctica ou productiva, na que non vos diferenciades dun profesor, instructor, terapeuta, médico, hosteleiro... ou de calquera outro productor que segue as leis do troco entre o que se oferta e o que se demanda que rexan no seu entorno social. O voso traballo espiritual non se pode converter em un pretexto para o parasitismo elitista. Se o pacto social do lugar no que estades a traballar establece que tendes que producir algo tanxiblemente útil que serva para xerar diñeiro e pagar con el aos outros membros da comunidade, a fin de que vos alimenten, vos aloxen... ou para vestir, viaxar, dar estudos aos vosos fillos, ou disfrutar de estradas e servizos públicos... Ao César o que é do César, e a Deus o que é de Deus. Téndeo claro, e confiade na abundancia divina. E que xamais deixedes de emprestar os vosos outros servizos, xa didácticos, xa productivos ou de alimentación ou hospedaxe durante os vosos seminarios ou dinámicas de grupo, só porque a persoa que os precisa e ten interés non poida trocar diñeiro por eles. Que troque o traballo que saiba ou poida facer para vos colaborar; e se non, confiade, xa que credes nel, que o Espírito pagará a súa parte coa doazón xenerosa que outros con máis medios vos farán. Mas, se non sodes quen de asentar ben os pés sobre a terra porque pasades demasiado tempo ollando ao ceo, pedide con dignidade, e Deus vos dará a través dos vosos irmáns, que son o Seu Rostro e as Súas Mans na Terra. Pero nunca, nunca, nunca, poñades mesquiñas condicións prefixadas á transmisión dos Seus dons, dende Si Mesmo a Si Mesmo, a través de vós. Se non sodes guerreiros dabondo para deixar de temer pola vosa supervivencia material, para confiar na Vida e en vós mesmos, e para Administrar o Sagrado sen comercializá-lo, desde esa firmeza e ese amor... dedicádevos mellor a calquera outro dos necesarios e honestos traballos polos que o mundo paga con dinheiro.
6.40 OSCURANTISMO Coidado tamén con quedarse enganchados aos símbolos e ás muletas, perdendo de vista a Esencia; preservádevos do materialismo espiritualista e da creación de supersticións. Non sigades dividíndovos e pelexándovos, como necios fanáticos, pola palla das formas, azuzados polos que tentan extrair negro poder das vosas ilusións, senón sede intelixentes dabondo como para unificaros en torno ao grán dourado da Esencia, onde toda diferencia entre os homes se esvaece.
6.41 NEGRAS CADEAS Coidado coas leis, regulamentos, xerarquías, fanatismos, alianzas de comenencia con círculos xerárquicos de baixa vibración, institucionalismo, burocratizacións, cega compracencia no xa conseguido e politiqueo espiritual. Por aí comeza a maxia negra a bloquear o Poder e a corrompé-lo.
6.42 A RAZÓN DO CORAZÓN Mantédevos no mundo sen ser do mundo, descomplicados e espontáneos, pero sempre moderados e discretos, aplicando, en todo momento, as razóns amorosas e intuitivas do corazón, e non a letra morta da lei.
6.43 OS MEDIOS DE ACUARIUS Dispoñede da Tecnoloxía para estender a comunicación e a Mensaxe, e para formar unha enorme Rede de desinteresados servidores de Acuarius, ata que xurda a Telepatía en vós. Xa que a Tecnoloxía foi inspirada aos espíritos inxeniosos neste tempo para que servise, fundamentalmente, á vosa nivelación e unificación planetaria e á vosa proxección estelar; e para iso, e non para aumentar as diferencias entre os seres humanos, foron axudados a materializar as súas teorías na práctica. Aquilos que mercades e almacenades esterilmente patentes de inxenios tecnolóxicos que poidesen beneficiar á Humanidade, porque a súa saída á luz obrigaría a cambios no sistema de intereses egoístas que vos lucran, estades a demorar a evolución global, e cargaredes cun karma tan pesado ante o voso propio Eu Maior, como os contaminadores da Natureza, os manipuladores da información, os políticos corruptos, os magos negros, ou os fabricantes e vendedores de armas e de guerra.
6.44 INFILTRACIÓN Resgatade da mediocridade aos medios de comunicación de masas, infiltrándovos pouco a pouco neles, levando sempre a Luz onda máis escuridade haxa, con discreción, calma, valentía, espírito de servizo e xenialidade. Regade Luz como auténticos Augadores do Jardín da Nova Era. Mantende a Boa Onda, sintonizados sempre coa Frecuencia máis Alta, a Emisora do Amor Global. E xamais, xamais, deixedes de ver Na Terra o Paraíso que estades a construir, e no Home, por moi baixo que aínda se perciba o seu nivel, a un ser que aprende a ser Deus. Xamais TRAIZOEDES ESA ESPERANZA, ou pasaredes, automaticamente, a engrosar as filas dos Retardatarios.
6.45 O MAIOR ACTO DE AMOR ECOLOXIZADE A TECNOLOXÍA, que cada día se fará máis sofisticada; descentralizádea, abaratádea ao máximo e poñédea a disposición de calquera intelixencia responsable, educada nos programas de construcción gradual da patria Planetaria. ... E que comprenda que non hai maior acto de amor a Deus e de espiritualidade que axudar activamente aos nosos irmáns, con todas as nosas forzas, para que poidan resolver por si mesmos, e á súa maneira, aquilo que máis urxentemente necesitan.
FIN DO TEXTO SEIS
TEXTO SETE
Hoxe día é de baleirar pramencher: na miña vida poño orde e concerto, os seus ocos abro, e desprenddela todo escuro acúmulo, limitesmedos, todo peso van que matranque o nobrintento delevar meu ser dende a lama ata a estrela.
DIncondicionado veño e á Sualtur melevo; Anque meuspés sarrastran cada día pola lama, indanon coñece Eureal limite algún. Gravarás agora, mente humana, xunta lembranza indelébel DEvidente, o propósito certo da existencia: "Estou aquí a espiralar a consciencia na inconsciencia".
7.1 ANTENA ALZADA Deixade de vivir Acuarius nos libros, non fagades máis cursos teóricos, non vos enchades máis a cabeza de informacións alleas; que non farán senón confirmar, por unha banda, e dispersar por outra: ponde en práctica dunha vez o que xa sabedes, centrados nas vosas antenas mentais, por onde recibiredes as enerxías formativas do Cosmos. Non fagades caso senón das sabias inspiracións do Ser Planetario, que sempre resoan no voso corazón. A letra impresa, como a deste libro, non é senón elemental literatura preparatoria. Ti xa o liche, e seguro que poucas cousas del son novas para ti, e que o que é novo, e che resoa e che parece convincente, é porque o teu corazón o sabía desde sempre. Abonda de libros. Os libros son didáctica para principiantes...o cal é unha PRIMEIRA ETAPA necesaria, claro; pero se entendiche ata aquí, eu che animo a que os abandones polo libro máis máxico de todos, que é a pel do planeta. Ponche a viaxar.Viaxar é a SEGUNDA ETAPA necesaria. Despois de moito camiño, un viaxeiro convértese en Peregrino, que é a TERCEIRA ETAPA: Un peregrino é unha antena alzada camiñando. O piloto do peregrino, o que marca o seu rumbo, é xa o seu corazón. O piloto corazón acostuma apartarte do coñecido e levarche aos lugares máis exóticos, sen programa nin prazo. Colocarte ante o espello do exótico, ante a "Outredade", pode ser unha magnífica maneira de desenvolver tolerancia primeiro, e despois inmenso respecto polos teus outros irmáns e irmás; con iso advén o sentimento de amistade universal, semente do amor universal. No Exótico, o peregrino queda fascinado ante a potencia enerxética da Natureza Virxe, ante os ritos étnicos e, se cadra, ante as plantas de poder e as escolas iniciáticas... mais, despois de enfrontarse ao reencontro co asombro, descubre que a Natureza e os seus poderes están en todas partes e en si mesmo, e que os ritos, as plantas de poder e as iniciacións, son muletas e escadas para rubir á etapa seguinte, e que, chegado a ela, hai que seguir camiñando, antena alzada, sen portar lembranzas de viaxe como pesos inútiles. Porque, cando se entendeu que os anhelos e os medos fundamentais dos seres humanos son os mesmos, e que todas as culturas, por distinta que sexa a súa forma externa, participan da mesma esencia básica, o peregrino redescubre a sabedoría esencial da propia tribo cultural entre a que naceu; isto é, as súas raíces, que desprezara antes porque estaba aburrido da súa coñecida forma; tanto, que era incapaz de ollar cara o seu fondo sen prexuízos nin desdéns. O peregrino encontra innumerables instructores ao longo da Senda Sagrada, e algún deles talvez resoar tanto co seu corazón, que o Mestre Interno, por un tempo, pode verse reflexado no instructor, que pasa a encarná-lo como mestre externo. Iso sería, non necesariamente, a CUARTA ETAPA. Pero calquera instructor, se é un instructor cun mínimo de mestría, sabe que ningún ser humano pode transmitirlle a outro a súa experiencia persoal e subxectiva da Seidade, que significa fundirse en amor co propio Ser... así que, tras che escoitar un pouco e darche o exemplo da súa propia felicidade, derivada de estar a fluir e vibrar no amor a Todo, o único que fai contigo é convidarche a namorar tamén co Mestre Interno... que vive, desde sempre no teu corazón. Despois dos corenta e cinco anos é inútil que andes aínda detrás de mestres externos ou que te deixes cativar por rancias liñaxes iniciáticas; deixa de ser un eterno discípulo fascinado polas formas, escolas e tradicións, e comeza a pór en práctica o que a túa experiencia che sinalou como fondo conveniente. Por tódolos camiños ascéndese ao mesmo lugar. A QUINTA ETAPA necesaria é vivir ese amor coa túa Outredade Interna; ao mesmo tempo chega o retorno ás túas raíces e a túa descuberta da sacralidade da Vida acotía. A SEXTA ETAPA é a da equilibración entre o triángulo celeste e o triángulo terrestre: a maioría dos seres humanos vívena construindo unha familia. A Grande Escola. A SÉTIMA, pasar da escola da familia á da comunidade: formar un grupo de traballo, con outras familias afíns, para ir construindo grupalmente unha Nova Sociedade. A OITAVA ETAPA supón o paso da Escola Superior á Universidade: A túa comunidade, xa ben harmoni zados e organizados os seus membros, se xunta con outras para ir construindo, unidas, o Mundo Novo Posible, en perfecta colaboración, con sensatez e eficacia, cada un firme no seu lugar, como órgano san do grande organismo. E sen seitarismos, nin espiritualismos que non toquen terra, nin nacionalismos excluíntes, nin loitas de poder. A NOVENA ETAPA é a do traballo responsable e delicado na dirección conxunta do proceso de Unificación Planetaria. A esa altura, xa non debe quedar en un nin rastro de egocentrismo individual, nin familiar, nin grupal, nin comunitario, nin tribal, nin rexional, nin nacional nin racial. O propio espírito e o Espírito Planetario fanse Un. Na DÉCIMA E ÚLTIMA ETAPA, o cidadán do mundo faise cidadán do Universo, e o seu espírito há de se fundir en amor co espírito do Todo; na Era de Piscis, isto supuña a disolución do Ego no Eu Cósmico e un certo afastamento do mundo.
Mais, na Era de Acuarius, non hai afastamento do mundo; ao contrario: a Décima Etapa marca o grao de coñecemento necesario para poder, realmente, facer unha boa labor polo mundo sem necesidade de disolver, senón de utilizar sabiamente um brillante ego magnético, ben rendido á dirección do Eu. Así que, agora que xa sabedes cal é o Plan, deixade de dar voltas sobre o vago ou o archiconocido, e camiñade sen demora cara o voso obxectivo seguinte. ... Buscade as vosas confirmacións, non máis na comparación ou na discusión da teoría, senón na sabia experiencia vital, que se vai extraindo do perseverante traballo práctico por harmonizarvos e unificarvos, ao máximo de xustiza, consciencia, comprensión, solidariedade e liberdade, con vós mesmos, coa vosa parella, os vosos fillos e fillas, irmás e irmáns, grupos, comunidades, rexións, nacións e confederacións de nacións...e sempre abertos á aperta, escoitando con calma ao corazón, antena alzada.
7.2 CLAVES DO CICLO A clave do meu chamado neste ciclo de transición entre Piscis e Acuarius é O DESEXO DE PROGRESAR, A RECEPTIVIDADE, O AMOR, A COOPERACIÓN harmónica e a desconexión total da vosa atención emocional en relación ao esborrallamento do mundo vello, sen deixar de amar aos seus compoñentes, aínda que semelle que vos poidan atacar, ou que ides ser arrastrados pola súa ruína.
7.3 MANEIRAS OBSOLETAS Non deades máis apoio aos que, en lugar de construir en silencio, aínda loitan contra os seus agresores, devolvendo ferro ao ferro: o mal rebrota sempre con máis forza onde é podado.
7.4 CENTRARSE NA MEDRANZA Percibídeo, aceptádeo tal cal é sen vos identificar, bendicide a Xustiza Cósmica que o está a usar para o que deba ser usado; concentrade a vosa atención principal, entusiasmo e confianza, en regar as raíces do Novo, que medrará imparable; e o Espírito Planetario, cuxa esperanza sodes, coidará de vós e vos protexerá en todo momento.
7.5 PROBACIÓNS Canto máis vos ofrezades a servir, con maiores probas seredes temperados polo voso propio Espírito antes de vos lanzar á acción real. Pero sabede que O Supremo Amor non vos porá ante ningunha que non estexades preparados para superar.
7.6 PERCIBÍDEO TODO Somos unidades perceptivas experienciais de Deus, e non hai ningunha percepción á que poidas negarche, nin experiencia ningunha de calquera signo pola que ti non poidas pasar exitosamente para lle servir.
7.7 QUEN CAIA Quen caia, que viva a fondo a súa caída; logo que reflexione, se erga, se perdoe, se adestre, e que o intente de novo co maior ánimo ata o triunfo. APRENDEDE A SER VENCEDORES.
7.8 CONDENADOS A VENCER Xa que estamos todos condenados á medranza, ao eterno perfeccionamento individual e colectivo e á Victoria. E ningunha barreira criou o Espírito capaz de pechar o paso, durante moito tempo, ás potencialidades creadoras do propio Espírito.
7.9 IGUALDADE NA ESENCIA Todos os seres somos esencialmente iguais, e todos podemos e debemos entendermos e harmonizarmos, e todos chegaremos, tarde ou cedo, á mesma meta. A única recompensa do que chegue antes, é o inmenso e ingrato traballo de axudar a que os que veñen detrás progresen, para que poidamos, por fin, reintegrarnos xuntos e completar o Ser que somos.
7.10 ANTE O SUFRIMENTO No momento de maior aparente dificultade e sufrimento, estade seguros de que unha etapa de maior expansión, progreso, paz, sabedoría e potencialidade se abre ante vós. O sufrimento, cando non xurde do cego pechamento no propio ego cheo de temor, ao que a Vida ten que dar un toque para que esperte, é apenas reto, preparación e disciplina para ascender a un grao maior.
7.11 SEMPRE ASCENDENDO A Vida Cósmica non está interesada na túa morte, pero si, e moito, no teu renacemento, que é a continuidade do Seu eterno Xogo Ascendente.
7.12 ABSOLUTA TRANSPARENCIA Cando non haxa en ti nada que ocultar, cando en verdade o teu amor por ti mesmo sexa tan sincero como polo resto dos teus irmáns e por todo o Cosmos que es, Deus, con todas as Súas potencias, se expresará a través de ti para iluminar o mundo, igual cá luz se expande, varrendo toda sombra, desde o interior dunha lámpada limpa e ben conectada.
7.13 EMPRESTARCHE AXUDA Cando creas que non che podes axudar a ti mesmo, axuda a outro que semelle máis necesitado, e che estarás a axudar; e se non houbese ningunha persoa preto a quen axudar, acariña a un can ou fala coas plantas. Descubrirás que todo é sagrado, e que o teu Grande Amor, o Espírito do Todo, está sempre contigo, tras de calquera forma, dando e dando.
7.14 NON CHE RESISTAS Non che resistas, non che resistas, non che resistas, está ben como está, ámao tal cal é e como está, o importante é amar.
7.15 SABEDORÍA Canto máis amedes, máis entenderedes. O amor é o que vos mantén abertos ao diluvio de inspiracións creativas que a Mente Cósmica está a sementar, en todo terreno estrumado, durante este ciclo crucial de transición.
7.16 VALOR Non temades á morte, pois eternos sodes. Incontables veces o voso Ser cruzou as portas da Morte, que son as da Vida nun vehículo novo... nutra dimensión, ou ben, tornando á dimensión física. Apegarse á efémera materia significa vivir angustiado ante os vosos inevitables cambios de ciclo e de forma externa. O corpo é para o gastar e, ás veces, para o arriscar, se o amor, a xustiza, a consciencia ou a liberdade así o demandan. Non vos apeguedes, pois, mais coidade ben dos vosos vehículos corporais, para merecer que cada vez A Vida os vos continúe entregando de mellor e mellor calidade e potencialidades.
7.17 A CLAVE DE TODAS AS CLAVES O AMOR é o camiño dos camiños, a fonte de todas as enerxías e o imán de todas as riquezas.
7.18 A TÚA MISIÓN CONFIADE E VOS IDENTIFICADE CO MESTRE INTERNO QUE HABITA ETERNAMENTE EN CALQUERA HOME OU MULLER, E O VOSO AMOR ACABARÁ POLO ESPERTAR EN TODA A HUMANIDADE... E ÉSE, EN SÍNTESE, É O ÚNICO TRABALLO QUE SE VOS PEDE REALIZAR.
7.19 O MESTRE INTERNO Porque o Mestre Interno es Ti.
A Humanidade, a Terra e A Vida e a Alma es ti e nada existe que non sexas ti. Todo canto fagas, o farás por ti mesmo. Faino, pois, co maior amor.
FIRMEZA E LUZ PARA TODOS Amazona Aquaria, Espírito da Selva. No nome da Nai Terra. FIN DO TEXTO SETE E DA "CHAMADA DE ACUARIA ".
NOTA FINAL ABSOLUTAMENTE NECESARIA:
Xosé de Fisterra é un personaxe literario inventado por Manuel Castelin, e "A Chamada de Acuaria" non é un texto revelado por un elevado espírito alleo ao autor, senón inspirado pola súa propia musa de artista, que non ten pretensión profética ningunha e que bebe nunha síntese de diversas fontes acuarianas (leituras, mestres atopados ou escolas iniciáticas nas que participou), que foron importantes para el e nas que investiu longos períodos da súa persoal procura evolutiva... en masticar e dixerir este feixe de crenzas que, ata agora, lle parecían a mítica espiritualista máis avanzada da súa época... antes de esquecer as partes que non se adaptaban bien ao seu acotío e de simplificar el resto, na súa personal maneira de ver e sentí-lo mundo.
...Aquí están -entre outros moitos- os ensinos de Ken Carey, ou de Carlos Pacini, ou do Santo Daime, ou de Domingo-Dias Porta e a tradición do Temazcalli Mexica, ou as da Fraternidade Universal de Iniciados... E todo mesturado e unificado da maneira en que se misturou e se unificou na cabeza de Castelin, sen que iso queira dicir que esa síntese sexa a mellor que se poida facer, senón aquela que máis resoaba co seu propio carácter, resistencias incluídas. Se nestes escritos empregouse un ton solemne y omnisapiente, propio dun texto revelado, é á mantenta; para que descubras, chegando ao final, como as apariencias enganan e como cualquer fundamentalismo baseado nun suposto Libro Sagrado só se sostén no desexo de crer do leitor. Calquiera puede pasar por un gran profeta se acerta a reconfirmar o que na maioría dos corazóns resona como necesario, conveniente ou verdadeiro desde la mentalidade da súa época. O corazón propio é o mellor Libro, pero nos sentimos máis seguros adorando e obedececendo ídolos, mestres e autoridades externas. Incluso hai quen mata e se mata por elas. O humilde contador de contos que isto escribe agradece os aportes das súas fontes e pide perdón pola súa argucia literaria. Tamén estende o seu agradecemento á Vida por terlle feito coincidir con grupos ou personas afíns, ante os que pode abrir durante un tempo todo su potencial creativo y de servizo sen menoscabo da súa liberdade, xa que persiste no intento de ser él mesmo neste mundo de clara ilusión, limitación e desgaste... aínda que cada día parécelle evidente que iso é unha cuestión algo más persoal que grupal. Para lograrllo, a teoría que más lle convence está neste libro, e o único que lle faría falta sería atención e constancia para poñerse ao traballo de levar la práctica ata o fondo. Iso igualmente vale para quen sinta resonancia con algunha outra teoría do coñecimiento: calquer camino sirve se un o segue ata o final. Entretanto, parece ser que o que lle tocou ao autor, durante os últimos anos, é de facer de ponte e de divulgador entre as diversas escolas que se foi encontrando no seu continuo camiñar; e se o que tiveche a paciencia de ler ata agora, che resultou resoante, seguro que che van a impresionar máis as fontes orixinais citadas, que este traballo literario, que ven sendo a crónica-síntese dunha peregrinación persoal polos inicios de Acuarius e polas súas místicas-míticas máis interesantes. O que máis lle gustaría ao autor sería axudar a lograr que se unisen NO ESENCIAL -como el tentou uní-las teóricamente na "CHAMADA"- varias tónicas acuarianas de distintos tipos, para traballar -cada un no seu, pero considerándose irmáns e respectándose -, pola realización persoal e colectiva de Acuarius. Un iniciado de certo nivel de consciencia é un iniciado ante calquera grupo auténtico que teña a mentalidade seitaria superada, inda que as formas, métodos e obxectivos a curto prazo sexan diferentes... E o que hai enfronte é un mundo vello e caduco que todos nós queremos mudar. Semella realista renunciar á vá pretensión de tentar unificar globalmente aos diversos grupos e tendencias, pois cada un ten, como o corazón, os rins e o cerebro, unha función concreta, diferenciada e necesaria no conxunto do corpo da Humanidade, pero estamos seguros de que a Sociedade de Acuarius será, a diferencia da de Piscis, unha multi-diversidade mestizada de mentes tan científicas como liberais e abertas, cada cal coas súas propias concepcións, pero todos unificados colectivamente pola sincera comunión co Espírito Santo, convivendo nun planeta pequeno moi ben organizado, ao tempo que proxectándose positivamente ao resto do Cosmos.
Que cada un de nós atope o seu propio lugar, e que a común Intelixencia Esencial nos ilumine a todos para que sexamos capaces, entre tanta confusión e tantos intereses, fascinacións, ilusións, vaidades e engaños que nos rodean, de nos plantar no campo de cultivo adecuado... ...aquel onda nosa semente de luz dea un froito que sexa tan nutritivo para nós mesmos, para a nosa realización e para a nosa continuidade eterna, como para enriquecer a todo o noso entorno de influencia.
(Últimas revisións: Maio 2004 e Marzal 2005, Vilamaga de Navia, Vigo, España.)
ÍNDICE E ENLACES
|