O GRAN XOGO DA VIDA

 

Portugués

Español

 

 

as 110 estacións de consciencia, no labirinto do camiño evolutivo

 

MANUEL COSTAS CASTELIN

O noso camiño pola Vida é un intrincado Labirinto, que nos leva de experiencia en experiencia e de lección a lección, dentro da gran aventura de aprender a ser o ser.

A cuestión é quedarnos repetindo ata a morte o papel do monicaco lambón que xa sabemos representar tan ben...

...ou intentar o esforzo de converternos no home ou na muller universal primeiro,

  e despóis, no ser humano cósmico que levan dentro tódalas boas sementes da nosa especie.

 

Este xogo é unha guía para @s esforzad@s camiñantes do Gran Sendeiro.

 

  Para lembrar o esquema completo, ir a

O CAMIÑO EVOLUTIVO

 

ESQUEMA DO LABIRINTO: Base e Camiño.

BASE DO XOGO Arquetipos: - Os 10 perpetuos esenciais que nos conforman interiormente e que nos acompañan sempre.
Submundo Astral:  

- As 20 caras do ego, emocionalidade elemental e vulgar, que ten que transformarse nos poderes persoais do noso ánimo.

 

CAMIÑO

 

- As 8 etapas e o resto das 110 estacións de aprendizaxe, cada vez máis elevado, da evolución psíquica humana: dende a simple potencialidade, ata a maestría do vivir.      (remarcados en negrita, os Arcanos Maiores)

 

TEXTOS DO LABIRINTO:

 

A BASE DO XOGO

Base do Xogo 1:   OS 10 PERPETUOS ESENCIAIS QUE NOS CONFORMAN:

0S.gif (4010 bytes)  0- O MISTERIO:

O eterno impulsor da evolución: Pozo sen fondo que me atrae a súa infinitude.

1S.gif (3690 bytes)  1- O AR:

Consciencia cósmica en liberdade: Luz interdimensional móvil para explorar o misterio.

2S.gif (3411 bytes)  2- O PAI:

A forza consciente do espírito desenvolvendo e activando tódolos os meus potenciais, dende  o seu trono entre as minhas cellas. A miña vontade de ser e de expresarme.

2S.gif (3411 bytes)  3- O FOGO:

O instinto voraz que impulsiona o meu ego á realización dos meus desexos. Para convertelo no meu aliado, debo ter moi claro que é o que quero, como o quero y canto quero pagar por iso.

44S.gif (3411 bytes)  - O FILLO:

O verbo encarnado no meu corazón. Deus na Humanidade. O Meu Íntimo, o meu mestre interno, a mente superior que guía a miña transformación diaria.

2S.gif (3411 bytes)  5- A AUGA:

O correcto ou incorrecto uso da miña imaginación subconsciente fai que se convirta na miña musa inspiradora, activa e realizadora, ou no narcótico que me estancará no pantano das fantasías irrealizables.

2S.gif (3411 bytes)  6- A NAI:

A miña alma subconsciente está chea do amor que a Vida sinte por mim, e de tódolos poderosos arquetipos que ela depositou alí como sementes e modelos para a miña evolución.

2S.gif (3411 bytes)  7- A TERRA:

Sou unha célula inteligente deste planeta, que trata de server á harmonía evolutiva do conxunto, aprendendo a aplicar adecuadamente as energías creativas do meu amor.

2S.gif (3411 bytes)  8- O GUARDIÁN DO LIMIAR:

O pensamento lóxico intelectual abre ou pecha os portóns de comunicación entre o meu espírito sutil, a miña alma subconsciente e a miña materia, segundo supere ou non as probas que está poñendo continuamente a miña vontade de evolución.

2S.gif (3411 bytes)  9- A SOMBRA DA LUZ:

O temor que paraliza a miña crecenza integral. A hábil autojustificación da miña cobardía, disfrazada de prudencia e de responsabilidade material.

 

Base do Xogo 2:   SUBMUNDO ASTRAL, bagaxe emocional, caras do ego, ou as 20 pedras que ten que pulirse durante o Camiño Evolutivo:

2S.gif (3411 bytes)  10- A BESTA:

Un poderoso dragón de vintecatro cabezas vive no meu océano emocional, mantendo prisioneira a miña ánima pura, e acaparando para sí tódolos poderes do meu ánimo. O seu nome: Egoísmo.

2S.gif (3411 bytes)  11- O VAGAMUNDAXE:

Todo o meu inmenso potencial se desbaldíse porque ainda non puse de acordo as miñas enerxías para que, no canto de espallarse, se concentren nun obxectivo común.

2S.gif (3411 bytes) 12- A ANSIEDADE:

As miñas enerxías están a beira do espasmo, porque a continua culpabilidade por mor do pasado, ou as miñas preocupacións polo futuro, impídenme alimenta-las con a única realidade, que é o aquí e o agora.

2S.gif (3411 bytes)  13- AUTOCONDICIONAMENTO:

Biblioteca inútil ocupando un cerebro dormido.

2S.gif (3411 bytes)  14- A INCONSTANCIA:

Desexar tantas cousas á vez impídeme concentrarme para realizar unha sequera.

2S.gif (3411 bytes)  15- A SOBERBIA:

Unha persoa chea tan só de sí mesma, sempre estará vacía.

2S.gif (3411 bytes)  16- O BLOQUEO:

A dúbida é unha pechadura que bloquea a colaboración do poderoso subconsciente cósmico na realización dos meus soños. A fé é a chave que me abre a el.

2S.gif (3411 bytes)  17- INTOLERANCIA:

As persoas máis temibles deste mundo, son as que cren estar na posesión da única verdade, sen respeto ao que podan crer os demais.

2S.gif (3411 bytes)  18- A DESESPERANZA:

O meu maior momento de tolemia chega cando alcanzo a esquecer como a Vida me ama, e como me ten axudado eternamente.

2S.gif (3411 bytes)  19- A IMAGINACIÓN DESCONTROLADA:

Trato de voltar en min pensando e falando das cousas reais que percibin con a miña propia experiencia, e deixando de lado todo o teórico e mental que leí ou escoitei doutros.

2S.gif (3411 bytes)  20- A CEGUEIRA:

Nunca perdeu tanto o seu tempo a águia como cando se puxo a aprender do corvo.

2S.gif (3411 bytes)  21- A SEPARATIVIDADE:

Tódolos elementos que interveñen para que unha persoa leve unha existencia irreal, actúan do mesmo modo: Impedindo e silenciando o desenvolvimento e a manifestación do Eu Superior.

2S.gif (3411 bytes)  22- O AUTOMATISMO:

Os hábitos e rutinas diminuen e degradan a atención consciente con que debería desfrutar do único que teño: A miña vida cotiá. Contra rutina: ritual.

2S.gif (3411 bytes)  23- A FALSEDADE:

O pior autoengano é deixar de ser eu mesmo, para ocuparme da representación do personaxe por quen quero que me tomem.

2S.gif (3411 bytes)  24- A VIOLENCIA:

Cando choco con alguén, sei que debo buscar no seu espello aquilo que teño que transmutar de min mesmo.

2S.gif (3411 bytes)  25- A SENSUALIDADE:

A beleza maior da vida consiste en degustala intensamente, con tódolos meus sentidos físicos, emocionais e espirituais unificados, en perfeita consciencia e compartir. O desequilibrio entre eles, a mecanicidade e o egoísmo, degradan toda a potencia elevadora do meu pracer.

2S.gif (3411 bytes)  26- A APATÍA:

É mais doado poñerme unha etiqueta de impotencia ou de indiferencia, do que comenzar a traballar para que muden as circunstancias que me impiden facer o que desexo facer.

2S.gif (3411 bytes)  27- O APEGO:

O apego é a pesada áncora que impide o meu avance espontáneo e consciente no aquí e agora.

2S.gif (3411 bytes)  28- A IRRESPONSABILIDADE:

Se o que necesito conquerir só se pode conquerir danando os demais, o meio ambente ou a min mesmo, seguro que non é a miña necesidade, senón a miña tolemia.

2S.gif (3411 bytes)  29- O EXTREMISMO:

Se polarizo en un dos seus extremos o Xogo da Vida, o convertirei en unha pura fantasía mental, pasiva e intanxible. Se o esaxero polo outro extremo, fago del unha loita obsesionante e neurótica, e tórnome doadamente en aquilo que estou atacando. Equilibrio!

 

 

AS 8 ETAPAS DO CAMIÑO EVOLUTIVO

 

1ª ETAPA: MUNDO DE ILUSIÓN. O camiño vulgar. Terra.

2S.gif (3411 bytes)  30- A POTENCIALIDADE:

Dentro de min está todo: a águia resplandecente que me proxectará ás alturas, ou a serpe ponzoñosa que me arrastrará pola mediocridade, se a deixo.

2S.gif (3411 bytes)  31- O BUSCADOR:

Ó andar faise o camiño, e somente ó andar.

2S.gif (3411 bytes)  32- A ILUSIÓN:

Non me deixo fascinar: Cando intento adaptarme a sistemas creados por outros, desvíome do meu propio camiño, que só pode construílo o meu fluir espontáneo e profundo sobre a corrente das miñas tendencias persoais.

2S.gif (3411 bytes)  33- A AVENTURA:

Para chegar á Terra da Sabiduría, esgotarei antes tódalas miñas tolemias.

2S.gif (3411 bytes)  34- AS MAÑAS:

Cando deixo de confiar en min mesmo e na Vida, perdo o senso do Xogo do Viver e empezo a construir cambaleantes castelos de raposerías que rematan sustituindo a pura e sinceira expresao do meu ser.

2S.gif (3411 bytes)  35- A PREPOTENCIA:

Cando creo que xa sei, é que xa a ignorancia apoderouse de min.

2S.gif (3411 bytes)  36- A DESORIENTACIÓN:

O discurso exterior e as miñas propias fantasías provocaron a dispersión e a confusión das miñas enerxías de atención. Preciso acalmarme e atopar de novo o meu centro.

2S.gif (3411 bytes)  37- ATENCIÓN!:

Enerxía involutiva pronta a caer sobre min, se me durmo.

2S.gif (3411 bytes)  38- O MATERIALISMO:

A vibración máis densa e o discurso vulgar dominante envolvéronme de tal maneira, que perdín a visión da realidade e a lembranza de min mesmo. Necesito urxentemente sair do seu fascinio e colocar a matéria no seu xusto lugar.

2S.gif (3411 bytes)  39- A ESCLAVITUDE:

Derradeiro aviso: Desperta, rompe as tuas cadeas, límpate de vampiros, examina a túa situación, muda o ciclo, e reemprende o camiño hacia la Única Liberdade.

 

2ª ETAPA: INICIACIÓN. Despertando. Saturno.

2S.gif (3411 bytes)  40- AUTOEXAME:

É hora de deter a miña nave totalmente e de preguntarlle à Morte o que debería resolver, do que me debería desprender, e o que verdadeiramente me importaría se só me quedasen tres horas de vida.

2S.gif (3411 bytes)  41- RECOÑECEMENTO:

Farei desaparecer os meus confictos cando os entenda na sua derradeira raiz. De nada me serve andar podándolles as polas.

2S.gif (3411 bytes)  42- A RENDICIÓN:

O acto mais importante na vida de un ser humano intelixente e valeroso, é chegar a ser capaz de render as mañas do seu ego, sometendo esa poderosa personalidade ó comando do seu Eu Superior.

2S.gif (3411 bytes)  43- PURIFICACIÓN:

O Ser brilla en toda a súa excelencia cando se ispe e se limpa de todo canto non era seu.

2S.gif (3411 bytes)  44- INTERIORIZACIÓN:

Escoito atentamente as sabias inspiracións do Íntimo no meu corazón, fluo espontáneamente nas suas primeiras intuicións e non deixo que o ego as deforme na su propia conveniencia.

2S.gif (3411 bytes) 45- A RECEPTIVIDADE:

Me convirto en aquilo no que poño a miña consciencia. A miña atención receptiva ó elevado  dame asas. A miña neglixencia e o meu automatismo tenden a encadearme ós graos máis baixos da consciencia, onde rebulen os monstros creados polas mentes neglixentes.

2S.gif (3411 bytes)  46- ALERTA PERCEPCIÓN:

Nin un só deses pensamentos ou sentimentos me pertence. Insisto e permanecer en serena atención ó meu Ser Real, o que habita na Sabiduría, por detrás desa cortina de fume formada polas miñas vanas preocupacións.

2S.gif (3411 bytes)  47- A PROFESORA:

A propia Vida, os sucesos do meu camiño, as persoas que me vou encontrando e toda a miña vivencia persoal, son os meus mestres e os únicos libros vivos que me serven para acadar a sabiduría.

2S.gif (3411 bytes)  48- A LEI:

Cada quen merécese o que soña.

2S.gif (3411 bytes)  49- REALIÑAMENTO:

Reencontrando a función para a que fuí concebido.

 

3ª ETAPA: CAMIÑO DO CORAZÓN. Coñecendo o propio Valor. Marte.

2S.gif (3411 bytes)  50- ESPERTAR:

Desperto por un intre a meu Deus adurmiñado, e lembro os camiños que o meu corazón soñou dende sempre: Aquí e agora é o único momento posible para recorrelos.

2S.gif (3411 bytes)  51- A ELECCIÓN:

Para continuar, abren-se ante min as duas grandes rutas: A común, do aparente menor esforzo, e aquela outra do enfrentamento tenaz con as miñas contradicións, ata transmutalas nos meus poderes persoais. É a hora de decidir.

2S.gif (3411 bytes)  52- O INTENTO:

No día de hoxe, pido á Vida que me enfronte, unha depóis doutra, con todas as minhas contradiçoes internas, a fin de realizar o intento de superalas, para tomar nas miñas maos soberanamente, como un espírito maduro, as rendas do meu propio destino.

2S.gif (3411 bytes)  53- O PEREGRINO:

Eu Sou o Camiño, a Verdade e a Vida.

2S.gif (3411 bytes)  54- A CONFIANZA:

Non importa se existen ou non os deuses, o Universo compórtase como se existisen, se eu o creo.

2S.gif (3411 bytes)  55- A MEDITACIÓN:

Póñome atentamente a disposición da Vida en todo canto fago, a toda hora do día e da noite... e ela me enche de sí coma a un cáliz.

2S.gif (3411 bytes)  56- TRABALLO CON AMOR:

Coma unha árbore froiteira da froitas: así quero realizarme, devolvendo amorosamente á Vida a culminación cíclica de sí mesma.

2S.gif (3411 bytes)  57- O ÁNIMUS:

Eu sou, fundamentalmente, a forza que me impulsa a co-crear o meu propio destino, fazéndome, no primeiro lugar, señor de mín mesmo.

2S.gif (3411 bytes)  58- DESAPEGO:

O desapego son as alas de Pegaso. Non caigo na trampa de malgastar a miña atención con o mundo vello, nin para criticalo. Intento permanecer centrado na construcción do novo mundo en mín mesmo e no meu entorno, con todo o meu amor, máis desapasionadamente.

2S.gif (3411 bytes)  59- FRATERNIDADE:

A vida cotiá é o meu único templo, o meu continuo reto e a miña relixión. Non espero encontrar a Deus, que é o Amor, lonxe da relación amorosa con tódolos demais fillos da Vida que me rodean.

 

4ª ETAPA: A ESCOLA DA NAI. Desenvolvendo o Femenino Interno. Venus.

2S.gif (3411 bytes)  60- A LEVIDADE:

Se eu mesmo me coloco, soberanamente, ó nivel do chan, ninguén me poderá derrubar. Se me valeiro de auto-importancia, ascenderei coma un globo.

2S.gif (3411 bytes)  61- SERENA ACEPTACIÓN:

Permanezco tranquilo no ollo do furacán, aceptando tódalas probas e lecións que a Vida me manda para fortificarme e completarme.

2S.gif (3411 bytes)  62- O ENTUSIASMO:

Un conflicto interno superado é unha lección aprendida, unha potencia persoal valerosamente desenvolvida e un triunfo que me acende en leda confianza en min mesmo e na Vida.

2S.gif (3411 bytes)  63- A SINTONíA:

Sintonizo cariñosamente con o meu Grupo de traballo cósmico: Sei que estades ahí, meus compañeiros, ainda que nin coñezco a maioría . Imaxino un ponto na Alma Colectiva da Humanidade, onde envío as minhas melhores ideias e sentimentos. Alimentando á Egrégora Planetaria, tambén me sinto alimentado por ela.

2S.gif (3411 bytes)  64- A HARMONÍA:

Cando me distendo, presto atención, me afino e me deixo levar suavemente, ó compás da Melodía da Vida, percibo que todo está animado polo mesmo Espírito, e atópome integrado no Todo coma un acorde mínimo, máis imprescindible, da Harmonía Infinita.

2S.gif (3411 bytes)  65- O FOGO INTERIOR:

Só cando fago que as miñas contradicións internas confróntese, xenero enerxía dabondo para impulsar a miña nave anímica a un grao superior de evolución.

2S.gif (3411 bytes)  66- CREATIVIDADE:

Procuro converter, con fluidez e espontaneidade, cada un dos meus praceres e das miñas dores en un acto creador, que brindo humildemente á Creatividade mesma.

2S.gif (3411 bytes)  67- SENSIBILIDADE POSITIVA:

As ondas do mar nos mostran o ritmo da Vida, a respiración do planeta: fluxo, refluxo...  Adáptome ó ritmo e flúo con el.

2S.gif (3411 bytes)  68- A VIDA:

Graciñas, Señora das Augas, espírito femenino do planeta, por tódolos teus amores e dons. Retómame agora, Miña Nai, e dá de novo a luz ó teu Fillo eterno.

2S.gif (3411 bytes)  69- EQUILIBRIO EMOCIONAL:

Cando coloco no seu xusto lugar a cada unha das forzas diferentes nas que a Vida se manifesta em mín, fágome un coa Vida en toda a súa maxestade.

 

5ª ETAPA: A ESCOLA DO PAI. Desenvolvendo o Mestre Interno. Xúpiter.

2S.gif (3411 bytes)  70- ENERXÍA DE TRANSFORMACIÓN:

Para saltar a un grao novo de madurez, a un ciclo superior de evolución, vaciareime antes de todos os meus conceptos anteriores posibles, e me prepararei serenamente para soportar o reventamento tardío dos que ainda queden.

2S.gif (3411 bytes)  71- A DISCIPLINA:

Anchearei con constancia a miña ánima, ata que sexa capaz de abarcar de novo ó Todo.

2S.gif (3411 bytes)  72- CONSTRUCTIVIDADE:

Reorganizo ordenadamente as miñas enerxías, a fim de poñelas a levantar, coas pedras brutas da miña base anímica, a pulida pirámide da miña propia plataforma espiritual.

2S.gif (3411 bytes)  73- COOPERACIÓN:

Tódalas riquezas e poderes da Vida pasam a través de mín cando xúntome ós xenerosos, coma un arco máis do gran acueducto de amor con que rega este planeta a enerxía do Cosmos.

2S.gif (3411 bytes)  74- A RENOVACIÓN:

Un ciclo superior de evolución, un grao máis alto de verdadeira madurez nun ser humano, mídese pola súa leda e espontánea disponibilidade para servir.

2S.gif (3411 bytes)  75- AUTODOMINIO:

Cabalgo habilmente sobre as miñas enerxías elementais, mentres aprendo a facer da miña mente e da miña língua instrumentos do amor.

2S.gif (3411 bytes)  76- TENRURA:

A expresión espontánea e aberta do afecto é a chuvia que faz medrar o jardín do amor entre os homes.

2S.gif (3411 bytes)  77- A MISERICORDIA:

Xulgar, condenar e punir están reservados unicamente a quen está tan alto que pode ver a ánima de todo. as únicas armas do guerreiro da Vida son a tolerancia, a comprensión e o perdón.

2S.gif (3411 bytes)  78- FLEXIBILIDADE:

Non me opoño a unha gran forza: retrocedo suavemente ata que se debilite, e avanzo daquela, sen ningunha dúbida, ata o final.

2S.gif (3411 bytes)  79- FIRMEZA:

Poderei construir calquera cousa se a miña base é sólida. A maior solidez dun home é xenerada pola súa confianza na súa propia impecabilidade.

 

6ª ETAPA: CONCILIACIÓN DE OPOSTOS: Mercurio.

2S.gif (3411 bytes)  80- AUTOLEMBRANZA:

Calquer ponto do universo pode ser o seu centro. O centro de toda mente humana é o concepto ilimitado que chamamos Deus. Ainda que viva viaxando continuamente por tódalas realidades e fantasías do ser, quero lembrarme sempre de que o meu fogar é no Centro da miña mente.

2S.gif (3411 bytes)  81- O LABIRINTO:

Abre ben os ollos: a Vida estáte poñendo a proba.

2S.gif (3411 bytes)  82- A INSPIRACIÓN:

É moi doado coñecer cando Deus fala en mín: cando, sen propoñelo, deixo que o máis elevado e desprendido do meu ánimo fale, Deus está falando en mín.

2S.gif (3411 bytes)  83- CERTEZA INDOMABLE:

Sei que realizarase o meu soño, o día no que saiba claro o que vou facer con el.

2S.gif (3411 bytes)  84- LEDA GRATITUDE:

O que quere a Vida en troca de tódolos seus dons? O que toda mae quere dos seus filhos: a nossa ledicia.

2S.gif (3411 bytes)  85- O AMOR:

Cando sou realmente consciente de que todo é a mesma cousa, o amor non é senón o sentimento que desprendese con naturalidade desa auto-identificación.

2S.gif (3411 bytes)  86- ENTREGA TOTAL:

Coa miña propia vontade e esforzo, cheguei ata onde puiden chegar. Agora  entrégome nas mans da miña amada metade invisible, e espero, atento e confiado, a que ela me señale o bo camiño a seguir.

2S.gif (3411 bytes)  87- TEMPERANDO POLARIDADES:

A luz é luz porque apoiase na sombra. Deixo de loitar contra a metade de mín mesmo, e me concentro en sacar o máximo proveito posible da alternancia consciente e oportuna dos meus movimentos opostos.

2S.gif (3411 bytes)  88- A ALQUÍMIA:

Darei a luz de mín mesmo unha mente amplia e clara, e un corpo espiritual que sexa perfeito vehículo para a miña conciencia, en tódolos planos de realidade do meu Ser.

2S.gif (3411 bytes)  89- SÍNTESIS:

Só cando consigo a cooperación harmónica e equilibrada do meu   Mestre Interior e da miña Musa Inspiradora, é que tomo real posesión das miñas potencialidades de realización.

 

7ª ETAPA: O FIN DO MUNDO. Deixando atrás o vello. Lúa.

2S.gif (3411 bytes)  90- PERCEPCIÓN INTUITIVA:

Cando xá estou valeiro de ansiedades, desexos e fantasías egoicas, podo tornarme en limpo canal de resonancia dos grandes arquetipos que dirixem a evolución de todo dende a matriz do Ser.

2S.gif (3411 bytes)  91- A ÁNIMA:

Musa do meu corazón, Señora da Luz, mente amiga, a miña cara metade, a miña eterna compañeira, anímame e inspírame na Gran Aventura.  E, sobre todo, espértame cada vez que me durma.

2S.gif (3411 bytes)  92- RECICLAXE:

Chegou o momento de parar un pouco, de acabar de dixerir o ultimamente assimilado, de liberarme unha vez máis do que non é meu, e de axeitar e aprontar calmadamente os meus poderes persoais, mentres prepárome para o paso definitivo.

2S.gif (3411 bytes)  93- O BO COMBATE:

Sen vacilar, lanzome adiante a facer o que teño que facer, coste o que coste, atento as instruccións da miña Ánima, para rescatar o meu eu auténtico de tódalas circunstancias que lle están impedindo manifestarse.

2S.gif (3411 bytes)  94- A TRANSMUTACIÓN:

Mestre do Amor, Espírito Evolutivo da Humanidade, ven, toma posesión deste vehículo teu no plano físico, comanda os meus sentidos, ilumina a miña mente e apróntame para realizar os teus obxectivos.

2S.gif (3411 bytes)  95- A MORTE:

Só se pervive trala auto-destrucción. Non se consigue a intensidade máis que a costa do ego. A semente que non se enterra para xerminar, resécase e esterilízase na superficie.

2S.gif (3411 bytes)  96- REXENERACIÓN:

A morte do ego é a semente fértil do meu Eu real. A nosa realidade é que somos deuses. Eu xá sou O Que É, só despertar, sentilo, disfrutalo ata o fundo, e deixar de procurar ansiosamente vanos soños exteriores.

2S.gif (3411 bytes)  97- A RELIGACIÓN:

Cando xa non queda nada que eu non poda amar, todo vólvese Deus ante os meus ollos.

2S.gif (3411 bytes)  98- A PORTA DE LUZ:

No momento no que esté preparado, a Porta abriráse ante mín. Adiante.

2S.gif (3411 bytes)  99- REENCONTRO:

Cando deixo de buscar, encóntrome. Todo o que me completa escóndese atrás do fantasma da miña carência.

 

8ª ETAPA: CORONACIÓN E RETORNO: Renacemento. Sol.

2S.gif (3411 bytes)  100- O DELEITE:

É hora de celebrar e de disfrutar do meu encontro de amor coa Vida. Deixo todo o demais e  entrégome ó gozo.

2S.gif (3411 bytes)   101- UNIFICACIÓN:

Sou a consciencia consciente de si mesma e da consciencia do inconsciente. Sou a Consciencia Absoluta.

2S.gif (3411 bytes)  102- A SEIDADE:

Sou completo cando Sou eu mesmo.

2S.gif (3411 bytes)  103- SABIDURÍA:

A Vida é o xogo das agachadas do Ser consigo mesmo. Xógoo intensamente, aquí e  agora, como se fose a miña única realidade, pero non me esquezo de que non é máis do que unha diversión temporaria da nosa Identidade Unimúltiple e eterna.

2S.gif (3411 bytes)  104- O PODER:

O Xogo de Ser o Ser é a arte de ser feliz. A felicidade acontece cando me completo, ó sair do personaxe e do teatro, para renderme ó meu ser cósmico e sentirme, en verdade, un con el. Ahí descubro que no Ser están, ó mesmo tempo, o Saber, o Ter e tódolos poderes da Vida, unificados ó servicio da sua propia harmonía.

2S.gif (3411 bytes)  105- A VERDADE:

Atopar a Verdade significa ter chegado, por fin, a ser un coa Miña propia verdade.

2S.gif (3411 bytes)  106- SERVIDOR CÓSMICO:

Sei que sou unha onda máis da Consciéncia, axudando a conformar a Vida Universal. Sei que a felicidade do organo asegura a felicidade de cada unha das súas células e viciversa, e entrégome gozosamente ó meu servir.

2S.gif (3411 bytes)  107- A COMPASIÓN:

Aprendido que todos somos Un e que a sabiduría, a riqueza e o amor que non se comparten,  transmútanse en oscura alienación, creo que xa estou na hora de poñerme a practicar.

2S.gif (3411 bytes)  108- A MAESTRÍA:

Como sou capaz de ascender ó mais alto, tambén o sou de descender ó mais baixo, sen deixar de ser o ser, nin esquecerme demasiado de mín mesmo.

2S.gif (3411 bytes)  109- O AXUDADOR:

Coñecendo ben o bo camiño, fresca e firme a lembranza de mín mesmo, retorno á universidade da vida cotiá, para practicar o aprendido, servindo os meus irmaos.

 

...E VOLTA A COMENZAR, POLA ESTACIÓN CERO DO LABIRINTO...

 

Manuel Costas Castelin

Amazonia 1988

 

triojo.jpg (92337 bytes) ir a "O LIBRO DA VIDA"

Mensaxe revelada a os Rosacruces de Portugal

¿Queres ver as PINTURAS de MANUELCASTELIN que se corresponden con os glifos do GRAN XOGO DA VIDA?

ESTELAS DEL PEREGRINO  "ESTELAS DO   PEREGRINO"

GALEGUIDADE 

IIr a  "A CHAMADA DE ACUARIA" mensaxe  inspirada a Xose Fisterra polo Espírito da Selva. 

E-mail: castelin@hotmail.com

 

arriba